Uso docente do inglés: será conveniente que o alumnado teña un
coñecemento básico de inglés para manexar material bibliográfico e/ou ler
algún texto escrito nese idioma e, sobre todo, consultar en Internet
distintas páxinas relacionadas coa materia da clase. Recoméndase que os
estudantes teñan un grao de coñecemento de inglés correspondente ao nivel A2
de usuario básico, recollido no documento do Marco común europeo de referencia
sobre coñecemento de idiomas
(http://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/marco/cvc_mer.pdf)
Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE
MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO:
- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta
materia, realizarase a través da plataforma Moodle, en formato dixital sen
necesidade de imprimilos.
- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores
da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a
docencia universitaria nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero
velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos
desenvolvidos na materia e nas actividades docentes realizadas co alumnado.
- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas dentro da aula, influíndo na contorna para modificalos e
fomentar valores de respecto e igualdade.
- Prestarase especial atención en detectar situacións de
discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón
físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a
un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
- Nesta materia, o profesorado, ten contraído o compromiso de
aplicación da normativa da UDC ante situacións de plaxio.
|