Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Analizar, avaliar e aplicar as principais características estruturais e organizativas da atención sociosanitaria humanizada para xerar coñecemento. |
AI1 AI4 AI5
|
BI4 BI5 BI6 BI7 BI9 BI10
|
CI1 CI4 CI6 CI7
|
Deseñar e planificar proxectos de investigación para procesos organizativos centrados nas persoas. |
AI1 AI4 AI5
|
BI4 BI5 BI6 BI7 BI9 BI10
|
CI1 CI4 CI6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
CONTIDOS TEÓRICOS |
1. Construción colectiva de atención sociosanitaria humanizada
2. Modelo de xestión humanística.
3. Liderado transformador.
4. Responsabilidade social corporativa e sustentabilidade no campo da saúde social |
CONTIDOS PRÁCTICOS |
1. Deseño dun proceso de humanización nun contorno sociosanitario específico. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Seminario |
A1 A4 A5 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C1 C4 C6 C7 |
8 |
6 |
14 |
Traballos tutelados |
A1 A4 A5 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C1 C4 C6 C7 |
6 |
18 |
24 |
Proba mixta |
A1 A4 A5 B4 B5 B9 B10 C1 |
1 |
11 |
12 |
Sesión maxistral |
A4 A5 B4 C4 C6 |
6 |
18 |
24 |
Actividades iniciais |
B4 B5 B7 C1 C4 C6 |
0 |
1 |
1 |
|
Atención personalizada |
|
0 |
|
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Seminario |
Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Todas as horas son presenciais.
|
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Das 24 horas lectivas, 6 serán presenciais e 18 virtuais. |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
A hora será presencial. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Das 24 horas lectivas, 6 serán presenciais e 18 virtuais. |
Actividades iniciais |
Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
A hora lectiva será virtual. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Seminario |
|
Descrición |
A atención persoalizada realizarase durante o desenrolo do traballo tutelado e seminarios. Realizarase ben de maneira presencial ou a través das ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual da UDC, o email e TEAMS as canles principais de comunicación. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A1 A4 A5 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C1 C4 C6 C7 |
Traballo final onde se demostre o dominio teórico-metodolóxico da materia |
50 |
Seminario |
A1 A4 A5 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C1 C4 C6 C7 |
Terase en conta a participación activa e o traballo realizado polo alumnado. |
10 |
Proba mixta |
A1 A4 A5 B4 B5 B9 B10 C1 |
Proba que pode integrar preguntas tipo test, curtas ou de desenvolvemento. |
40 |
|
Observacións avaliación |
CRITERIOS DE AVALIACIÓN: é necesario aprobar o exame para sumar o resto das calificacións.MATRICULA PARCIAL e/ou con DISPENSA ACADÉMICA: deben poñerse en contacto coa profesora coordinadora da materia ao comezo do curso. Poderán realizar o mesmo proceso de avaliación que o descrito para a PRIMEIRA OPORTUNIDADE ou unha proba obxectiva final, sendo necesario acadar 5 puntos para superar a materia. SEGUNDA PROBABILIDADE E OUTROS. Poderán realizar o mesmo proceso de avaliación que o descrito para a PRIMEIRA OPORTUNIDADE ou unha proba obxectiva final, sendo necesario acadar 5 puntos para superar a materia. OPORTUNIDADE ADIANTADA. A avaliación consistirá nunha proba obxectiva para acadar 5 puntos para superar a materia. MATRICULA DE HONRA. Pode outorgarse ás puntuacións máis altas por encima de 9. NON PRESENTADO. A nota de Non presentado corresponderá ao alumnado que non realizou a proba mixta e que non acadou previamente a puntuación total de 5 nas outras actividades de avaliación. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica” , “dedicación a estudio” , “permanencia” e “fraude académico” se rexirán de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Ayuso Murillo, D., & amp; Herrera Peco, I. (2017). El liderazgo en los entornos sanitarios: Formas de gestión.. Ediciones Díaz de Santos
Maciá Soler, Loreto (2021). Gestión clínica. Elsevier
JOHN D. HUBER (2019). GESTIÓN DE LOS CUIDADOS ENFERMEROS Y LIDERAZGO. Elsevier
Villalobos Hidalgo, Julio (2007). Gestión sanitaria para los profesionales de la salud. McGraw-Hill Interamericana
SERGAS (). https://www.sergas.es/Humanizacion.
Higuera J.C.B. (2014). Humanizar la asistencia Sanitaria. Desclée de Brouwer
Borra, A.C. (2021). Humanizar la gestión sanitaria: Personas para personas: Justicia, transparencia y respeto.. Herder Editorial |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Uso docente do inglés: será conveniente que o alumnado teña un coñecemento básico de inglés para manexar material bibliográfico e/ou ler algún texto escrito nese idioma e, sobre todo, consultar en Internet distintas páxinas relacionadas coa materia da clase. Recoméndase que os estudantes teñan un grao de coñecemento de inglés correspondente ao nivel A2 de usuario básico, recollido no documento do Marco común europeo de referencia sobre coñecemento de idiomas (http://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/marco/cvc_mer.pdf) Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO: A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través da plataforma Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero: - Velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades docentes realizadas co alumnado.
- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Nesta materia, o profesorado, ten contraído o compromiso de aplicación da normativa da UDC ante situacións de plaxio |
|