Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Adquirir coñecementos avanzados para o emprego e aplicación das TIC coas persoas con diversidade funcional. |
AI1 AI5
|
BI4 BI5 BI6 BI8 BI12
|
CI1 CI3 CI5 CI7
|
Coñecer e desenvolver propostas de intervención con aplicacións de programación fácil e outras ferramentas tecnolóxicas |
AI1
|
BI4 BI5 BI6 BI8 BI9
|
CI1 CI2 CI3 CI7
|
Desenvolver un proxecto de investigación que integre diferentes recursos tecnolóxicos para optimizar a intervención no ámbito da saúde. |
AI1 AI2 AI5
|
BI2 BI3 BI4 BI5 BI8
|
CI2 CI3 CI8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Software para programación fácil |
1. Características básicas.
2. Scratch, Makey Makey, Microbit e arduino
|
Gamificación como ferramenta para a intervención |
1 Conceptos e características fundamentais da gamificación.
2 Recursos para a boa gamificación.
3 Aplicación da gamificación como elemento de intervención.
|
Fogar Dixital e dispositivos para o control de contorna. |
1 Análise das características das ferramentas do fogar dixital. |
Aplicacións móbiles |
1. Recursos terapéuticos e para a xestión da saúde.
2. Revisión e análise das principais APP para a intervención e xestión de saúde.
|
Experiencias de aplicación e investigación en TIC con diferentes poboacións |
1. Envellecemento activo e participativo.
2. Infancia, adolescencia, ocupacións e solucións tecnolóxicas.
3 Desenvolvemento de productos de apoio para persoas con diversidade funcional a través da tecnoloxía de impresión 3D |
Intelixencia artificial na investigación en ciencias da saúde |
1. Fundamentos da intelixencia artificial. O dato en saúde
2. Aplicación de ferramentas de IA para mellorar a investigación en saude
3. Casos prácticos de alicacion |
Prácticas a través das TIC |
1. Desenvolvemento de aplicacións a través de software para programación fácil ( Scratch e Makey Makey).
2. Uso da gamificación online e elaboración de propostas con Mentimeter e Kahoot
3. Xestión do fogar dixital a través da ferramenta GoogleHome e vinculación de dispositivos.
4. Programación básica de APP para móbiles.
5. Produtos de apoio e recursos tecnolóxicos con materiais de baixo custo e impresoras 3D.
6. Emprego de intelixencia artificial xerativa para facilitar análise de datos de saúde
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas a través de TIC |
A2 B2 C1 C2 C7 |
7 |
10 |
17 |
Traballos tutelados |
A2 B2 C2 C8 |
2 |
16 |
18 |
Lecturas |
B3 B4 B5 B8 C8 |
0 |
6 |
6 |
Actividades iniciais |
A5 C5 |
1 |
0 |
1 |
Sesión maxistral |
A5 B3 B4 B8 C7 C8 |
7 |
2 |
9 |
Estudo de casos |
A1 B4 B5 B6 B8 B9 B12 C3 C5 C8 |
4 |
16 |
20 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas a través de TIC |
Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canle para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Das 7 horas lectivas, 4 son presenciais e 3 son virtuais. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do estudantado e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Das 2 horas lectivas, 1 é presencial e a outra é virtual. |
Lecturas |
Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte para afondar nos contidos traballados.
Durante o desenvolvemento da materia, compartirase a través do Campus Virtual diferentes textos, recursos multimedia e webgrafía para completar os contidos abordados na sesión maxistral.
Todas as horas son de traballo autónomo. |
Actividades iniciais |
Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe co fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Todas as horas lectivas (1) son presenciais. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Das 7 horas lectivas, 5 son presenciais e 2 son virtuais. |
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o estudante se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Das 4 horas lectivas, 1 é presencial e 3 son virtuais. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
Prácticas a través de TIC |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
ATENCIÓN PERSONALIZADA PARA O CONXUNTO DO ALUMNADO
A atención personalizada sirve para o seguimento da aprendizaxe de cada estudante por parte do profesorado. Farase, globalmente, mediante titorías personalizadas directas e virtuais, individuais e grupais.
Dependendo da formación de partida do alumno estudaranse uns casos ou outros. As prácticas tamén serán dirixidas a formación, ocupación ou interese do alumno.
A tal fin, o alumnado dispón dun horario oficial de titorías, que poderán realizarse de modo presencial ou a través dos medios institucionais da UDC de atención a distancia.
ATENCIÓN PERSONALIZADA PARA O ALUMNADO CON DEDICACIÓN PARCIAL OU DIFICULTADES PARA CONCILIAR O ESTUDO COA VIDA FAMILIAR E/OU LABORAL
A atención personalizada para o alumnado que, de modo xustificado, ten dificultades para conciliar o estudo coa vida familiar e/ou laboral, poderá realizarse:
· Nas condicións establecidas para o conxunto do alumnado.
· A demanda, previa solicitude por correo electrónico. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Estudo de casos |
A1 B4 B5 B6 B8 B9 B12 C3 C5 C8 |
A participación activa na clase e na proposta e debate dos casos plantexados será tida en conta na avaliaicion final.
A presentación do traballo final baseado nun caso supón ata o 40% da valoración global. Será entregado a través do Campus Virtual
|
40 |
Prácticas a través de TIC |
A2 B2 C1 C2 C7 |
Traballo realizado polo alumno durante o curso, en relación coas prácticas realizadas na aula.
Os traballo deben presentarse a través do Campus Virtual |
20 |
Traballos tutelados |
A2 B2 C2 C8 |
A realización de este traballo poderá ser grupal ou individual e realizarase ó remate da exposición dos contidos teóricos da asignatura.
O traballo consistirá na programación dun proxecto de investigación baseado no uso das TIC no ámbito da discapacidade.
Será entregado a través do Campus Virtual
|
40 |
|
Observacións avaliación |
As últimas valoracións contextuais das cualificacións finais, antes da súa formalización na aplicación informática, están baixo a consideración do profesor responsable da materia.
A cualificación final da materia exprésase de acordo co establecido no artigo 5 do RD 1125/2003, do 5 de setembro, para que o sistema de crédito europeo e o sistema de cualificación estean establecidos en títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional (publicado no Boletín Oficial do 18 de setembro de 2003). Sistema de clasificación: suspendido (0-4,9), aprobado (5-6,9), notable (7-8,9), destacado (9-10), matrícula de honra (graciable). Segundo os artigos 22 e 23 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Modificada polo Consello de Goberno de 29 de xuño de 2017) garantirase, especialmente, o seguinte:
Artigo 22º.- Publicidade das cualificacións: Para garantir o dereito a revisión nas probas orais, a nota será comunicada aos dous días lectivos seguintes á súa finalización, e a revisión estará baseada nos datos recollidos na acta e, no seu caso, nas evidencias gravadas, escritas e doutro tipo recollidas na súa realización. Artigo 23º. Revisión das cualificacións: Os estudantes terán dereito a revisar as actividades, os traballos e as probas que sirvan para a súa avaliación e a recibiren explicación razoada da cualificación que obtiveron.
En caso de ser necesario, debido á pouca participación do alumnado ou á baixa calidade dos traballos, levarase a cabo a proba escrita para a obtención da avaliación final do alumnado. Para superar a materia é necesario obter ao menos o 50% da valoración de cada metodoloxía proposta. A non asistencia a clase obriga á realización da proba escrita. A asistencia continua e entrega dos traballos propostos nos prazos, así como a superación dos mesmos, exime desta proba
Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo do alumnado de grao na Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 4/05/2017), cando un(ha) estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial establecida no artigo 4 (apartado 5) da devandita norma, en tanto non afecte negativamente ao proceso de avaliación da/o estudante. A ese efecto, as Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance da citada dispensa. Por tanto, a concesión á solicitude da devandita flexibilidade quedará á expensas da valoración e decisión da Comisión académica do Grao en Terapia Ocupacional, tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das materias.
Sobre a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. Nas actas figurará un non presentado nesta oportunidade.
Sobre a detección de plaxio: Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
A segunda oportunidade exise a entrega dos mesmos traballos e debe ser acordada co profesor para a planificación dos traballos grupais. Os contidos teórico-prácticos será avaliados mediante unha proba escrita se a ausencia do/a alumno/a e de máis do 50% das clases.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Groba Gonzalez, Betania. Nieto Riveiro, Laura. Pereira Loureiro, Javier. Pousada García, Thais et al (2009). Proyecto In-TIC: Integración delas personas con diversidad funcional en las Tecnologías de la Información y las Comunicaciones de la Revista de Terapia Ocupacional de Galicia. APGTO(www.revistatog.com) Pereira Loureiro, Javier. Martinez Normand, Loic A. fuertes, José Luis. Vázquez Naya, José Manuel(2008). Tecnologías de la Información y las Comunicaciones en la autonomía personal, dependencia y accesibilidad. A Coruña: Universidade da Coruña.(http://www.udc.es/biblioteca) Grande González, Ruben. Pousada García, Thais. Groba González, Betania. Pereira Loureiro, Javier.(2008)."Proyecto IN-TIC para la accesibilidad y usabilidad de las TIC en personas con diversidad funcional" en la revista". Revista informativa de la Asociación Profesional Española de Terapeutas Ocupacionales. Catálogo depulsadores, soportes y otras adaptaciones. Madrid : CEAPAT Sitio Web Proyecto In-TIC (2011). Sitio Web Portal ARASAAC: https://arasaac.org/ Sitio Web JClic: https://clic.xtec.cat/repo/ Sitio Web Libros Interactivos Multimedia (LIM): https://www.educalim.com/ PlataformaTecnoAccesible: https://www.tecnoaccesible.net/ Evaluación para el uso de Tecnologías de Ayuda de acceso al ordenador: http://etao-inico.usal.es/
Aplicación para el diseño en 3D: https://www.tinkercad.com/
Repositorios para la obtención de modelos en diseño 3D: https://www.thingiverse.com/ |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
1. Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do "V Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2023-2025)"os traballos documentais que se realicen nesta materia:
1.1. Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático. 1.2. Realizaranse a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. 1.3. De se realizar en papel: 1.3.1. No se empregarán plásticos. 1.3.2. Realizaranse impresións a dobre cara. 1.3.3. Empregarase papel reciclado. 1.3.4. Evitarase a impresión de borradores.
2. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
4. Segundo se recolle nas competencias transversais aprobadas no Consello de Goberno de Maio de 2017 deberase incluír na medida das posibilidades contidos que inclúan perspectivas de vida saudable, desenvolvemento sostible e dereitos humanos.
5. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas,…).
6. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
7. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero ou de outra índole e proporanse acción e medidas para corrixilas.
8. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, teñan necesidades para un acceso axeitado, inclusivo e proveitoso á vida universitaria. |
|