Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Aplicar técnicas de investigación que contemplen a diversidade humana e as súas implicacións sobre as ocupacións humanas. |
AI1 AI3 AI5
|
BI1 BI3 BI5 BI7 BI8 BI10
|
CI1 CI9
|
Coñecer as liñas de investigación relacionadas coa diversidade humana e, en particular, aquelas vinculadas coa ocupación humana. |
AI5
|
BI4 BI5 BI8 BI10
|
CI4
|
Capacitar para unha abordaxe holística da diversidade humana nos procesos de saúde e no desenvolvemento da actividade investigadora. |
AI1 AI3
|
BI2 BI3 BI6 BI7 BI9 BI11 BI12
|
CI4 CI7
|
Deseñar e desenvolver proxectos de investigación baseados na diversidade humana, acordes aos perfís profesionais do alumnado. |
AI1 AI3 AI5
|
BI1 BI2 BI3 BI4 BI5 BI6 BI8 BI9 BI11
|
CI1 CI2 CI7 CI9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución sobre a diversidade humana e outros conceptos relacionados. |
1.1. Conceptualización da diversidade humana.
1.2. Importancia da diversidade.
1.3. Introdución a outros conceptos relacionados (por exemplo: autonomía, dereitos, dignidade, equidade, estigma social, identidade, igualdade, inclusión, independencia, participación, xustiza). |
2. Aproximación ás múltiples diversidades. |
2.1. Aproximación á diversidade social e cultural (étnica, relixiosa, ideolóxica, política, etc.).
2.2. Aproximación á diversidade funcional.
2.3. Aproximación á diversidade e a identidade de xénero, e outros conceptos relacionados.
2.4. Aproximación á diversidade e a identidade sexual, e outros conceptos relacionados.
2.5. Aproximación á diversidade xeracional.
2.6. Achegamento a outros tipos de diversidade.
2.7. Marco normativo e legal de referencia a nivel autonómico, nacional e internacional. |
3. Conceptos e modelos de diversidade. |
3.1. Evolución histórica dos modelos vinculados coa diversidade funcional: modelo de prescindencia, modelo médico-rehabilitador, modelo de vida independente ou social, e modelo da diversidade.
3.2. Revisión de teorías relativas á diversidade e identidade de xénero: perspectiva cognitiva, perspectiva social (modelos de interacción sociocognitiva, modelos sociais), perspectiva da aprendizaxe social, perspectiva política, etc. |
4. Ocupación humana e as múltiples diversidades. |
4.1. Contextualización sobre a ocupación humana.
4.2. Implicacións da diversidade (social, cultural, funcional, de xénero, sexual, xeracional, etc.) na ocupación humana. |
5. Abordaxe holística da diversidade humana. |
5.1. Abordaxe holística da diversidade humana nos procesos de saúde.
5.2. Abordaxe holística da diversidade humana no desenvolvemento da actividade investigadora. Deseño e desenvolvemento de proxectos de investigación baseados na diversidade humana acordes aos perfís profesionais do alumnado. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
B2 B4 B5 B8 B10 B12 C1 C2 |
6 |
24 |
30 |
Discusión dirixida |
A3 B4 B5 B6 C1 C4 C7 |
12 |
6 |
18 |
Foro virtual |
A3 A5 B4 B5 B6 B8 B12 |
12 |
4 |
16 |
Investigación (Proxecto de investigación) |
A1 A3 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B12 C1 C7 C9 |
6 |
54 |
60 |
Presentación oral |
B2 B4 B11 C1 |
3 |
12 |
15 |
Solución de problemas |
A3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B12 C4 C7 |
3 |
3 |
6 |
|
Atención personalizada |
|
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para as temáticas centrais da materia, con actividades especificamente deseñadas para a súa análise. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Das 6 horas lectivas, 3 son presenciais e 3 son virtuais. |
Discusión dirixida |
Técnica de dinámica de grupos na cal as persoas integrantes do grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinadas por unha persoa que actúe como moderadora.
Das 12 horas lectivas, 9 son presenciais e 3 son virtuais. |
Foro virtual |
Estudo dirixido a través de materiais multimedia.
Todas as horas lectivas (12) son virtuais. |
Investigación (Proxecto de investigación) |
Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudantado identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
Todas as horas lectivas (6) son presenciais. |
Presentación oral |
Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e o profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Todas as horas lectivas (3) son presenciais. |
Solución de problemas |
Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Todas as horas lectivas (3) son presenciais. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Discusión dirixida |
Investigación (Proxecto de investigación) |
Presentación oral |
Solución de problemas |
Análise de fontes documentais |
Foro virtual |
|
Descrición |
A atención personalizada farase mediante titorías individualizadas ou en grupo reducido (segundo as necesidades do alumnado).
A tal fin, o alumnado dispón dun horario oficial de titorías, que se poderán realizar de modo presencial ou a través dos medios institucionais da UDC de atención a distancia (preferiblemente, a través da aplicación Teams).
Ademais, se fose preciso, estas titorías poderanse realizar fóra do horario oficial de titorías, de luns a venres, entre as 09:00 e as 19:00 h., especialmente, no caso do alumnado con dedicación parcial ou que presente dificultades para conciliar o estudo coa vida persoal e/ou laboral. Levaranse a cabo mediante a solicitude previa do estudantado interesado, ou a petición do profesorado da materia se o considera necesario, sendo programadas nun horario consensuado co equipo docente, que non interfira en ningún caso coa asistencia e participación do alumnado nas restantes materias do título en que estea matriculado.
Tamén se brindará atención personalizada mediante o correo electrónico, e a través dos foros ou a opción de mensaxe privada do Campus Virtual. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Investigación (Proxecto de investigación) |
A1 A3 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B12 C1 C7 C9 |
Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (valorando de forma negativa os erros ortográficos, gramaticais y sintácticos), a integración e aplicación de conceptos e procedementos abordados na materia, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, e a actitude crítica e reflexiva. |
50 |
Presentación oral |
B2 B4 B11 C1 |
Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de comunicación oral do alumnado, a capacidade de análise e de síntese, e a argumentación ofrecida nas súas intervencións. |
20 |
Análise de fontes documentais |
B2 B4 B5 B8 B10 B12 C1 C2 |
Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (valorando de forma negativa os erros ortográficos, gramaticais e sintácticos), a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos abordados na materia, a capacidade de análise e de síntese, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, e a actitude crítica e reflexiva. |
30 |
|
Observacións avaliación |
O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no artigo 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE nº 224 de 18 de setembro de 2003), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente/Matrícula de honra (Graciable). A efectos desta materia, considerarase como Non presentado (NP) ao alumnado que non participe na totalidade de actividades de avaliación continua, tendo en conta as condicións que figuran a continuación. Para superar a materia, cada estudante debe participar activamente en todas as metodoloxías propostas, e entregar todos os traballos solicitados. Ademais, deberá acadar unha nota global mínima de 5 puntos, e ter superada, como mínimo, a metodoloxía de Investigación (Proxecto de investigación), para o cal é preciso obter unha cualificación mínima do 50% da nota máxima (2,5 sobre 5 puntos). En caso contrario, non se sumarán nin serán tidas en conta as notas das restantes metodoloxías (Análise de fontes documentais e Presentación oral), e a cualificación global da materia corresponderase coa nota obtida na metodoloxía suspensa (Investigación). No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (febreiro), a/o estudante deberá repetir na segunda oportunidade (xullo) a entrega do(s) traballo(s) suspenso(s) ou non entregado(s). Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da Universidade da Coruña. A docente responsable da materia resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou noutros aspectos do seu desenvolvemento, que serán notificados ao estudantado coa suficiente antelación.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Tammy C. Hoffmann, Paul P. Glasziou, Isabelle Boutron et al (2014). Better reporting of interventions: Template for intervention description and replication (TIDieR) checklist and guide. BMJ, 348:g1687
Organización Mundial de la Salud (2001). Clasificación internacional del funcionamiento, de la discapacidad y de la salud. Madrid: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, Secretaría General de Asuntos Sociales, IMSERSO
Tania Esmeralda Rocha (2009). Desarrollo de la identidad de género desde una perspectiva psico-socio-cultural: Un recorrido conceptual. Interam J Psychol, 43(2):250-9
Marta Lamas (2000). Diferencias de sexo, género y diferencia sexual. Cuicuilco, 7(18)
Agustina Palacios, Javier Romañach (2006). El modelo de la diversidad: La bioética y los derechos humanos como herramientas para alcanzar la plena dignidad en la diversidad funcional. Madrid: Ediciones Diversitas
Agustina Palacios (2008). El modelo social de discapacidad: Orígenes, caracterización y plasmación en la Convención Internacional sobre los Derechos de las Personas con Discapacidad. Madrid: CERMI, Ediciones CINCA
Raquel Osborne, Cristina Molina Petit (2008). Evolución del concepto de género. EMPIRIA. Revista de Metodología de las Ciencias Sociales, (15):147-182
Manuela Crespo, Maribel Campo, Miguel Ángel Verdugo (2003). Historia de la Clasificación internacional del funcionamiento, de la discapacidad y de la salud (CIF): Un largo camino recorrido. Siglo Cero, 34[1](205): 20-6
Patricia García-Leiva (2005). Identidad de género: Modelos explicativos. Escritos de Psicología, (7):71-81
Marcela Schenck (2018). Incorporación de la diversidad genérico-sexual en salud: Claves teóricas para un modelo analítico. Rev Fac Der, (45)
Cristina Morales (2020). Lectura fácil. Ni amo, ni dios, ni marido, ni partido, ni de fútbol. Barcelona: Anagrama
María Esther Pérez Dalmeda, Gagan Chhabra (2019). Modelos teóricos de discapacidad: Un seguimiento del desarrollo histórico del concepto de discapacidad en las últimas cinco décadas. Revista Española de Discapacidad, 7(I): 7-27
Margrit Eichler (1991). Nonsexist research methods: A practical guide. Nueva York: Routledge
Carol Lynn Martin, Diane N. Ruble (2010). Patterns of gender development. Annu Rev Psychol, 61:353-81
Ignacio Calderón-Almendros, Paula Verde-Francisco (2018). Reconocer la diversidad. Textos breves e imágenes para transformar miradas. Barcelona: Octaedro
Ignacio Calderón-Almendros, Rafael Calderón-Almendros (2016). ‘I open the coffin and here I am’: Disability as oppression and education as liberation in the construction of personal identity. Disabil Soc, 31(1):100-15 |
|
Bibliografía complementaria
|
Organización de las Naciones Unidas para la Educación, la Ciencia y la Cultura (2005). Convención sobre la protección y la promoción de la diversidad de las expresiones culturales. París: UNESCO
Organización de las Naciones Unidas para la Educación, la Ciencia y la Cultura (2002). Declaración universal de la UNESCO sobre la diversidad cultural. París: UNESCO
Angels Ponce, Miguel Gallardo (2011). Diferentes. Guía Ilustrada sobre la DIVERsidad y la disCAPACIDAD. Barcelona: Fundación Adecco, OHL
Consejo de la Unión Europea (2013). Directrices de la UE para promover y proteger el disfrute de todos los derechos humanos por parte de las personas LGBTI. Bruselas: Consejo de la UE
Javier Romañach, Manuel Lobato (2007). Diversidad funcional: Nuevo término para la lucha por la dignidad en la diversidad del ser humano. En: Comunicación y discapacidades
European Commission, Directorate General for Research and Innovation (2011). El género en la investigación: Manual. Publications Office, Ministerio de Ciencia e Innovación
Gonzalo José Carbonell Aparici (2019). El movimiento de vida independiente en España. Revista Española de Discapacidad, 7(II): 201-14
RAINBOW (Rights Against INtolerance: Building an Open-minded World) (2012). Glosario de términos LGBT. http://www.rainbowproject.eu/material/es/glossary.htm
Begoña Rodríguez, Olivia Castillo (coord.) (2018). Glosario de términos sobre diversidad afectivo sexual. Madrid: Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad
Moscas de Colores (2021). Glosario LGBT. http://www.moscasdecolores.com/es/glosario-lgbt
Eulàlia Lledó Cunill (2009). Guía de lenguaje para el ámbito de la salud. Vitoria-Gasteiz: EMAKUNDE-Instituto Vasco de la Mujer
Maria Caprile (coord.), Núria Valles, Rachel Palmen (2012). Guía práctica para la inclusión de la perspectiva de género en los contenidos de la investigación. Madrid: Fundación CIREM
Naciones Unidas, Derechos Humanos, Oficina del Alto Comisionado (2012). Nacidos libres e iguales. Orientación sexual e identidad de género en las normas internacionales de derechos humanos. Nueva York, Ginebra: Naciones Unidas
Principios de Yogyakarta (2007). Principios sobre la aplicación de la legislación internacional de derechos humanos en relación con la orientación sexual y la identidad de género. http://yogyakartaprinciples.org/
Noemí Parra, Moisés Oliva (2016). Sexualidades diversas. Manual para atención de la diversidad sexual en las personas con discapacidad intelectual o del desarrollo. FEAPS Canarias
Andrés Gutiérrez (coord.) (2017). Trans. Diversidad de identidades y roles de género. Madrid: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Investigación en Ocupación Humana e Determinantes Sociais da Saúde/653862314s |
|
Observacións |
1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "V Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2023-2025)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: a.- Na súa maioría, solicitaranse en formato virtual e soporte informático. b.- De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Utilizarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.
2.- A docente responsable da materia resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou noutros aspectos da materia, que serán notificados ao alumnado coa suficiente antelación. 3.- A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da Universidade da Coruña ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un(ha) estudante no desenvolvemento dos seus traballos. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente unha cualificación de suspenso (nota numérica '0') na convocatoria en que se cometa a falta, tanto se a falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario. |
|