Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Ciencias da Ocupación e Fundamentos de Terapia Ocupacional Código 653G01109
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Rivas Quarneti, Natalia Yanaina
Correo electrónico
natalia.rivas.quarneti@udc.es
Profesorado
Nieto Riveiro, Laura
Rivas Quarneti, Natalia Yanaina
Veiga Seijo, Silvia
Correo electrónico
laura.nieto@udc.es
natalia.rivas.quarneti@udc.es
silvia.veiga.seijo@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende o desenvolvemento das competencias que permitan ao alumnado comprender e aplicar os coñecementos relacionados coa terapia ocupacional.
Descritor:
Coñecemento dos fundamentos teóricos e principios filosóficos, modelos, metodoloxías, técnicas e avaliacións de terapia ocupacional necesarios para recoñecer e interpretar os desafíos e oportunidades ocupacionais.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecementos e capacidades para aplicar a teoría e a práctica de terapia ocupacional. A1
A2
A8
A9
A19
A20
A29
B1
B3
B4
B5
B8
B10
B12
B13
B14
B23
B25
B26
B29
B31
B36
B37
C1
C4
C7
Coñecemento e capacidade para aplicar a ciencia ocupacional dentro do contexto da terapia ocupacional. A1
A2
A9
A19
A20
B3
B4
B9
B10
B12
B23
B24
B31
C1
C4
C7
Coñecemento e capacidade para empregar a ciencia ocupacional nun contexto interdisciplinar. A1
A12
A13
A19
A25
A26
A27
A28
B3
B4
B5
B8
B9
B12
B13
B14
B15
B16
B23
B24
B25
B26
B29
B31
C1
C2
C4
C7

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1.- A competencia da Terapia Ocupacional: ocupación e actividade



Contextualización da terapia ocupacional contemporánea:

- Fundamentos e principios filosóficos.

- Paradigmas da Terapia Ocupacional: implicación teórico-prácticas (paradigma da ocupación, paradigma mecanicista, paradigma contemporáneo e paradigma social).

- Ocupación e actividade ao longo da historia e discusións contemporáneas.

- Avances e retos da terapia ocupacional contemporánea (nacional-internacional)
Tema 2.- Ciencia da Ocupación


Historia da Ciencia da Ocupación

Definición

Características

Autores/as principais

Relación da Ciencia da Ocupación coa Terapia Ocupacional

Actualidade da Ciencia da Ocupación
Tema 3.- Modelos teóricos e de práctica en terapia ocupacional

Elementos teóricos que guían a práctica da terapia ocupacional: contextualización e identificación.
Características e aproximación á aplicación de modelos teóricos e de práctica en terapia ocupacional:

a) Modelo canadiense: Modelo Canadiense do Desempeño Ocupacional. Modelo Canadiense da Participación Ocupacional.
b) Modelo de Ocupación Humana.
c) Marco para a práctica da terapia ocupacional.
d) Modelo Kawa (río).
e) Introducción a outros elementos teóricos que guían a práctica: Integración Sensorial, COOP (Cognitive Orientation to daily Occupational Performance), Marco de Xusticia Ocupacional Participativa, Modelo desempeño ocupacional (Australia), PEO, PEO-P, y otros
Tema 4.- Contexto teórico e filosófico en que se enmarca a práctica da terapia ocupacional


Principios teóricos e filosóficos que sustentan a práctica da terapia ocupacional.
Aproximación a diferentes perspectivas e modelos de concepción da discapacidade e a diversidade funcional. Relación coa CIF.
Marco terminolóxico de referencia en terapia ocupacional.
Tema 5.- Habilidades e destrezas da terapia ocupacional Conceptualización das habilidades e destrezas profesionais.
Aproximación ás habilidades e destrezas implicadas na práctica da terapia ocupacional.
Tema 6.- Funcións e roles da terapia ocupacional Achegamento aos diversos ámbitos de actuación da terapia ocupacional.
Introdución aos roles e funcións desempeñadas na práctica da terapia ocupacional, en torno a 4 niveis: asistencia, docencia, investigación, e xestión e administración.
Aproximación á análise da actividade en terapia ocupacional.
Tema 7.- Relación terapéutica

- Conceptualizacións e procesos da relación terapéutica dende diferentes perspectivas filosóficas.

- Reflexividade sobre o posicionamento, dinámicas de poder e dimensión relacional das relacións terapéuticas.

- Relacións terapéuticas colaborativas para a xustiza ocupacional: dende o individual ao colectivo e comunitario. Implicacións para a práctica.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A1 B4 B14 B24 B37 C4 28 14 42
Prácticas de laboratorio A13 A12 A9 A8 A2 A19 A20 A26 A27 A28 A29 B1 B3 B5 B8 B10 B12 B15 B16 B29 B31 B36 25 50 75
Proba mixta B9 B13 B23 B25 B26 C1 C7 2 20 22
Lecturas A2 A1 A9 A25 B12 B16 B23 B24 C2 C7 0 20 20
 
Atención personalizada 3.5 0 3.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida polo profesorado en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Permite adquirir as competencias específicas referenciadas nesta materia.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que o alumnado aprenda efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.

Permite adquirir as competencias específicas referenciadas nesta materia.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto ás preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto ás preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Permite adquirir as competencias específicas referenciadas nesta materia
Lecturas Conxunto de textos e documentación escrita que se seleccionaron como fonte de profundización nos contidos traballados. As lecturas seleccionadas tratan sobre contidos aplicables á intervención profesional obxecto desta materia.

Permite adquirir as competencias xenéricas asignadas a esta materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada farase, globalmente, mediante titorías personalizadas presenciais ou virtuais, tanto individuais como grupais. O horario será consensuado co profesorado da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A13 A12 A9 A8 A2 A19 A20 A26 A27 A28 A29 B1 B3 B5 B8 B10 B12 B15 B16 B29 B31 B36 Metodoloxía que permite que o alumnado aprenda efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións. 25
Proba mixta B9 B13 B23 B25 B26 C1 C7 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto ás preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto ás preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. 60
Sesión maxistral A2 A1 B4 B14 B24 B37 C4 Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida polo profesorado en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
10
Lecturas A2 A1 A9 A25 B12 B16 B23 B24 C2 C7 Conxunto de textos e documentación escrita que se seleccionaron como fonte de profundización nos contidos traballados. As lecturas seleccionadas tratan sobre contidos aplicables á intervención profesional obxecto desta materia. 5
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no artigo 5 do Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente, 9-10 Matrícula de honra (Graciable).

A efectos desta materia, considerarase como Non presentado (NP) ao alumnado que non se presente á Proba mixta e/ou que non participe na totalidade de actividades de avaliación continua.

Para superar a materia o alumnado deberá superar todas as metodoloxías propostas e entregar todos os traballos solicitados. Para aprobar cada metodoloxía, débese alcanzar o 50% da súa cualificación máxima. No caso de que unha metodoloxía estea suspensa, non se sumarán as notas do resto de metodoloxías, e a cualificación para esa oportunidade corresponderase coa nota da metodoloxía suspensa. No caso de que haxa varias metodoloxías suspensas, a cualificación será a da metodoloxía suspensa coa nota máis elevada.

As Prácticas de laboratorio son obrigatorias. No caso de ausencia non xustificada ás Prácticas de laboratorio, non se poderá superar a materia na segunda oportunidade (xullo), e a/o estudante terase que presentar na seguinte convocatoria, ao tratarse de actividades que, pola súa natureza, non son recuperables na segunda oportunidade (tal e como recollen as Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña, vixentes na actualidade).

Os aspectos e criterios que se terán en consideración para avaliar as distintas actividades son a asistencia, participación e compromiso individual e grupal, a coherencia dos contidos abordados, a expresión oral e escrita, e os coñecementos demostrados.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académico” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da Universidade da Coruña.

A docente responsable da materia resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou noutros aspectos do seu desenvolvemento, que serán notificados ao estudantado coa suficiente antelación.


Fontes de información
Bibliografía básica Edward A.S. Duncan (2022). Fundamentos para la práctica en terapia ocupacional. Edimburgo: Elsevier
Miguel Ángel Talavera-Valverde, María José Bartolomé Domínguez (2012). Relación terapéutica en terapia ocupacional. En P. Moruno, M.Á. Talavera-Valverde. Terapia ocupacional en salud mental (pp.333-350). Masson
European Network of Occupational Therapy in Higher Education (ENOTHE) (2004). Approaches to teaching and learning ‘practical’ occupational therapy skills. Ámsterdam: ENOTHE
Mathew Molineux, Gail E. Whiteford (2022). Ciencia ocupacional: génesis, evolución y contribución futura (En Fundamentos para la práctica en terapia ocupacional). Edimburgo: Elsevier
Gayle J. Restall, Mary Y. Egan (2022). Collaborative relationship-focused occupational therapy: Evolving lexicon and practice. Canadian Journal of Occupational Therapy, 88(3), Pág. 220-230. https://doi.org/10.1177/0008417421102
Begoña Polonio López, Pilar Durante Molina, Blanca Noya Arnaiz (2001). Conceptos fundamentales de terapia ocupacional. Madrid: Médica Panamericana
Gary Kielhofner (2009). Conceptual foundations of occupational therapy practice (4th ed.). Filadelfia: F.A. Davis Company
Jennifer Creek, Anne Lawson-Porter (2007). Contemporary issues in occupational therapy: Reasoning and reflection. Chichester: John Wiley & Sons
Carmen Forn de Zita (2014). El Modelo Canadiense del Desempeño Ocupacional: Conceptos y Proceso. World Federation of Occupational Therapists Bulletin. 2014. 59 (1) p 34-40. ISSN/ISBN: 1447-3828.
Rosemary Hagedorn (1997). Foundations for practice in occupational therapy. Edimburgo: Churchill Livingstone
Susan M. Hussey, Jane Clifford O'Brien, Barbara Sabonis-Chafee (2015). Introduction to occupational therapy (4th ed.). St. Louis, Missouri: Mosby Elsevier
Judith Palladino, Ruth N. Jeffries (2000). Manual for assessing professional skills. Filadelfia: F.A. Davis Company
Gary Kielhofner (2008). Model of human occupation: Theory and application (4th ed.). Baltimore: Williams & Wilkins
Gail Whiteford y Clare Hocking (editoras) (2012). Occupational Science: society, inclusion, participation. Wiley-Blackwell
American Occupational Therapy Association (AOTA) (2020). Occupational therapy practice framework: Domain and process (4th ed.). The American Journal of Occupational Therapy, 74(Suppl. 2), Pág. 7412410010. https://doi.org/10.5014
Lilian Magalhães (2013). Ocupação e atividade: tendências e tensões conceituais na literatura anglófona da terapia ocupacional e da ciência ocupacional/Occupation and activity: trends and conceptual tensions in the Anglophone. Cadernos Brasileiros De Terapia Ocupacional
Pedro Moruno Miralles (2017). Principios conceptuales de la terapia ocupacional. Madrid: Editorial Síntesis
Mary Eagan Y Gayle Restall (Co-editoras) (2022). Promoting occupaitonal participation: Collaborative relationship-focused occupational therapy. Ottawa:CAOT-ACE
Edward A.S. Duncan (2009). Skills for practice in occupational therapy. Edimburgo: Churchill Livingstone-Elsevier
Rosemary Hagedorn (2000). Tools for practice in occupational therapy: A structured approach to core skills and processes. Edimburgo: Churchill Livingstone
Merrill Turpin, Jenniffer García, Michael K. Iwama (2024). Using occupational therapy models in practice: A fieldguide (2nd ed.). Edimburgo: Elsevier
Glen Gillen, Helen S. Willard, Clare S. Spackman, Catana Brown (2024). Willard & Spackman's occupational therapy (14th ed.). Filadelfia: Wolters Kluwer

Bibliografía complementaria Janet Nagayda, Sarah Schindehette, Jaclyn Richardson (2005). The professional portfolio in occupational therapy. Thorofare, NJ: Slack
Angels Ponce, Miguel Gallardo (2011). Diferentes. Guía ilustrada sobre la DIVERsidad y la disCAPACIDAD. Fundación Adecco-OHL
Jesús Gómez Tolón (2000). Habilidades y destrezas en terapia ocupacional. Zaragoza: Mira
Charles H. Christiansen, Carorlyn M. Baum, Julie Bass-Haugen (2015). Occupational therapy: Performance, participation, and well-being (4th ed.). Thorofare, NJ: Slack
William M. Marcil (2007). Occupational therapy: What it is & how it works. Clifton Park, NY: Thomson Delmar Learning
Steven D. Taff, Lenin C. Grajo, Barbara Hooper (2020). Perspectives on occupational therapy education: Past, present, and future. Thorofare, NJ: Slack
Kathlyn L. Reed (2024). Quick reference to occupational therapy (4th ed.). Austin, Texas: Pro-Ed
Dulce M. Romero Ayuso, Pedro Moruno Miralles (2003). Terapia ocupacional: Teoría y técnicas. Barcelona: Masson
Mary Ann McColl, Mary C. Law, Debra Stewart (2015). Theoretical basis of occupational therapy (3rd ed.). Thorofare, NJ: Slack
Jane Clifford O’Brien (2017). Therapeutic relationships. En J.C. O’Brien. Introduction to occupational therapy, 5th ed. (pp.160-170). Elsevier
Salvador Simó Algado (2015). Una terapia ocupacional desde un paradigma crítico. Revista TOG (A Coruña), Monog. 7, Pág. 25-40. https://www.revistatog.com/mono/num7/critico.pdf
World Federation of Occupational Therapists (WFOT) (). WFOT Statements. WFOT: https://wfot.org/about/wfot-statements


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Bases Históricas e Documentación en Terapia Ocupacional/653G01108

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Estancias Prácticas I/653G01110

Materias que continúan o temario
Procesos de Terapia Ocupacional/653G01204

Observacións
1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "V Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2023-2025)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Na súa maioría se solicitarán en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- A docente responsable da materia resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou noutros aspectos do seu desenvolvemento, que serán notificados ao estudantado coa suficiente antelación.

3.- Durante o período lectivo da materia, e sen que supoña unha alteración na asistencia do alumnado a outras actividades académicas, poderán programarse seminarios ou obradoiros de carácter optativo para afondar en certos contidos e técnicas moi específicas que complementan o desenvolvemento da materia.

4.- A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da Universidade da Coruña ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un(ha) estudante no desenvolvemento dos seus traballos. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente unha cualificación de suspenso (nota numérica '0') na convocatoria en que se cometa a falta, tanto se a falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.

5.- Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académico” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da Universidade da Coruña.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías