Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Desenvolver habilidades básicas propias da práctica da terapia ocupacional neste estadio de aprendizaxe, de acordo coas competencias seleccionadas. |
A6 A16 A19 A23
|
B6 B9 B14 B19 B23 B24 B26 B31
|
C4 C7
|
Observar, analizar e reflexionar sobre os centros de prácticas e as funcións das/os terapeutas ocupacionais integradas/os no sistema sanitario, educativo, domiciliario, laboral e comunitario de pertenza. Así mesmo, o alumnado debe desenvolver a capacidade para manter a dignidade, a privacidade e a confidencialidade das persoas. |
A8 A16 A19 A23
|
B3 B6 B7 B8 B19 B23 B24
|
C1 C4 C7
|
Observar, analizar e reflexionar sobre a intervención da terapia ocupacional nos diferentes ámbitos da disciplina. |
A19
|
B3 B6 B7 B8 B19 B23 B24
|
C1 C4
|
Observar, analizar e reflexionar sobre a relación terapéutica en terapia ocupacional.
|
A19
|
B3 B6 B7 B23 B24
|
C1 C4 C7
|
Observar, analizar e reflexionar sobre o perfil das persoas usuarias dos servizos de terapia ocupacional.
|
A19
|
B3 B6 B7 B8 B19 B23 B24 B31
|
C1 C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1.- Criterios xerais das Estadías prácticas I |
Tema 1.1.- Consideracións e aspectos éticos
Tema 1.2.- Normas e consideracións básicas dos centros de prácticas clínicas e/ou comunitarias
Tema 1.3.- Análise dos centros de prácticas clínicas e/ou comunitarias |
Tema 2.- Observación da intervención de terapia ocupacional nos centros de prácticas |
Tema 2.1.- Intervención desde terapia ocupacional nos centros de prácticas clínicas
Tema 2.2.- Intervención desde terapia ocupacional nos centros de prácticas comunitarias
Tema 2.3.- Habilidades básicas para a intervención desde terapia ocupacional |
Tema 3.- Rexistro da información en terapia ocupacional |
Tema 3.1.- Características xerais do rexistro da información en terapia ocupacional
Tema 3.2.- Uso de ferramentas tecnolóxicas para o rexistro e síntese da información |
Tema 4.- Observación de teorías, fundamentos, metodoloxías, técnicas, avaliacións e valoracións de terapia ocupacional nos centros de prácticas clínicas e/ou comunitarias |
Tema 4.1.- Análise das funcións e destrezas propias da terapia ocupacional
Tema 4.2.- Abordaxes de avaliación e intervención desde terapia ocupacional
Tema 4.3.- Cooperación co equipo interdisciplinar |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A23 B6 B14 B23 B24 B26 B31 C4 C7 |
1 |
0 |
1 |
Discusión dirixida |
A8 A19 B3 B6 B7 B8 B14 B19 B23 B31 C1 C4 C7 |
4 |
0 |
4 |
Portafolios do alumno |
A8 A19 B3 B6 B7 B8 B19 B23 B24 B31 C1 C4 C7 |
0 |
30 |
30 |
Prácticas clínicas |
A6 A8 A16 A19 A23 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B26 B31 C4 C7 |
20 |
12 |
32 |
Prácticas de laboratorio |
A6 A8 A16 A19 A23 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B26 B31 C1 C4 C7 |
20 |
6 |
26 |
Saídas de campo |
A6 A8 A19 A23 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B26 B31 C4 C7 |
5 |
10 |
15 |
|
Atención personalizada |
|
4.5 |
0 |
4.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Son actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe co fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con esta metodoloxía preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Dentro desta metodoloxía, enmárcanse a reunión de presentación da materia, e distintas actividades que se desenvolverán nas primeiras sesións de Prácticas de laboratorio. |
Discusión dirixida |
Trátase dunha técnica de dinámica de grupos na cal as persoas que integran o grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinadas por unha persoa que modere.
Dentro desta metodoloxía, enmárcanse as reunións de seguimento e peche da materia. |
Portafolios do alumno |
É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado nun período de tempo determinado, cos comentarios e cualificacións asignadas polas docentes, o que lles permite visualizar o seu progreso. O portafolios inclúe todo o que fai cada estudante, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso realizados polas docentes, etc. |
Prácticas clínicas |
O ensino clínico pode entenderse como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente natural relacionado co exercicio dunha profesión, no cal o estudantado observa e participa en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlle oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da terapia ocupacional. |
Prácticas de laboratorio |
Esta metodoloxía permite que o alumnado aprenda de maneira efectiva a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións. |
Saídas de campo |
Son actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario, relacionadas co ámbito de estudo da materia. No caso desta materia, estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, e a recollida de información.
Dentro das saídas de campo, inclúese a asistencia a actividades enmarcadas na programación do Marzo Ambiental da FCS, co fin de favorecer a participación do alumnado en accións vinculadas co coidado da contorna e a promoción da saúde. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Portafolios do alumno |
Prácticas clínicas |
Saídas de campo |
Prácticas de laboratorio |
Actividades iniciais |
Discusión dirixida |
|
Descrición |
A atención personalizada farase mediante titorías individualizadas ou en grupo reducido (segundo as necesidades do alumnado), en modalidade presencial ou virtual (a través da aplicación Teams).
Estas titorías poderanse realizar de luns a venres, entre as 09:00 e as 19:00 h. Levaranse a cabo por solicitude do estudantado interesado, ou a petición do profesorado da materia se o considera preciso, sendo programadas nun horario consensuado coas docentes, que non interfira en ningún caso coa asistencia e participación do alumnado nas restantes materias do título en que estea matriculado.
Ademais, tamén se brindará atención personalizada mediante o correo electrónico, e a través dos foros ou a opción de mensaxe privada do Campus Virtual. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Portafolios do alumno |
A8 A19 B3 B6 B7 B8 B19 B23 B24 B31 C1 C4 C7 |
Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (valorando de forma negativa os erros ortográficos, gramaticais e sintácticos), a adquisición de destrezas e coñecementos referentes ao contido da materia, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, e a actitude crítica e reflexiva. |
50 |
Prácticas clínicas |
A6 A8 A16 A19 A23 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B26 B31 C4 C7 |
Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a responsabilidade, a actitude ante as normas xerais da materia e as normas de funcionamento específicas de cada centro de prácticas, e a adquisición e aplicación de destrezas, coñecementos e conceptos, tanto teóricos como prácticos.
A asistencia a todas as prácticas clínicas é obrigatoria.
As ausencias xustificadas ás prácticas clínicas deberán ser comunicadas á coordinadora da materia, sempre que sexa posible de forma previa. Posteriormente, deberase achegar o xustificante correspondente. |
20 |
Saídas de campo |
A6 A8 A19 A23 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B26 B31 C4 C7 |
Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a responsabilidade, a actitude colaborativa (implicación co grupo, coas tarefas, exercicios e actividades propostas, e co desenvolvemento xeral das saídas de campo), e a adquisición e aplicación de destrezas, coñecementos e conceptos, tanto teóricos como prácticos.
A participación nas saídas de campo é obrigatoria.
As ausencias xustificadas ás saídas de campo deberán ser comunicadas á coordinadora da materia, sempre que sexa posible de forma previa á súa realización. Posteriormente, deberase achegar o xustificante correspondente. |
20 |
Prácticas de laboratorio |
A6 A8 A16 A19 A23 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B26 B31 C1 C4 C7 |
Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase:
1) A responsabilidade, a actitude colaborativa (implicación co grupo, coas tarefas, exercicios e actividades propostas, e co desenvolvemento xeral das prácticas de laboratorio), e a adquisición e aplicación de destrezas, coñecementos e conceptos, tanto teóricos como prácticos.
2) As tarefas, exercicios ou actividades prácticas, de carácter individual e/ou grupal, propostas durante o desenvolvemento desta metodoloxía.
A asistencia a todas as prácticas de laboratorio é obrigatoria.
As ausencias xustificadas ás prácticas de laboratorio deberán ser comunicadas á coordinadora da materia, sempre que sexa posible de forma previa á súa realización. Posteriormente, deberase achegar o xustificante correspondente. |
10 |
|
Observacións avaliación |
O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no artigo 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE nº 224 de 18 de setembro de 2003), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente/Matrícula de honra (Graciable). A efectos desta materia, considerarase como Non presentado (NP) ao alumnado que non participe na totalidade de actividades de avaliación continua, tendo en conta as condicións que figuran a continuación. Para superar a materia, cada estudante debe participar activamente en todas as metodoloxías propostas, asistindo de maneira obrigatoria (salvo ausencia debidamente xustificada) a todas as sesións prácticas (Prácticas clínicas, Prácticas de laboratorio e Saídas de campo), participando nas Actividades iniciais e de Discusión dirixida que se leven a cabo, e entregando todos os traballos solicitados (Portafolios). Ademais, deberá acadar unha cualificación global mínima de 5 puntos e ter superadas todas as metodoloxías de avaliación, alcanzando como mínimo o 50% da cualificación correspondente a cada metodoloxía. No caso de non acadar a cualificación mínima requirida nalgunha das metodoloxías, non se sumarán o resto de metodoloxías, e a cualificación global da materia corresponderase coa nota obtida na metodoloxía suspensa. No caso de ter varias metodoloxías suspensas, a cualificación global da materia corresponderase coa nota suspensa máis elevada. No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (xuño) pola ausencia non xustificada ou o suspenso das sesións prácticas desenvolvidas (Prácticas clínicas, Prácticas de laboratorio e/ou Saídas de campo), non se poderá superar a materia na segunda oportunidade (xullo), e a/o estudante terase que presentar na seguinte convocatoria, ao tratarse de actividades que, pola súa natureza, non son recuperables na segunda oportunidade (tal e como recollen as Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña, vixentes na actualidade). No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (xuño) pola falta de entrega ou o suspenso dos traballos correspondentes á metodoloxía Portafolios ou ao resto de metodoloxías, a/o estudante terá que repetir a entrega dos traballos suspensos ou non presentados na segunda oportunidade (xullo). Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da Universidade da Coruña. A docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou noutros aspectos da materia, que serán notificados ao estudantado coa suficiente antelación.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Suzanne M. Peloquin (2007). A reconsideration of occupational therapy's core values. The American Journal of Occupational Therapy, Vol. 61 (4)
European Network of Occupational Therapy in Higher Education (ENOTHE) (2004). Approaches to teaching and learning "practical" occupational therapy skills: Sharing best practice. Amsterdam: ENOTHE
Donna M. Costa, Susan K. Meyers (2007). Clinical supervision in occupational therapy: A guide for fieldwork and practice. Bethesda: AOTA Press
Council of Occupational Therapists for the European Countries (COTEC) (2009). Code of ethics.
World Federation of Occupational Therapists (WFOT) (2016). Code of ethics: Ethical core of occupational therapy.
Consejo General de Colegios de Terapeutas Ocupacionales (CGCTO) (2020). Código deontológico de terapia ocupacional.
American Occupational Therapy Association (AOTA) (1993). Core values and attitudes of occupational therapy practice. The American Journal of Occupational Therapy, Vol. 47 (12)
Jane Clifford O'Brien (2018). Introduction to occupational therapy, 5ª ed. St. Louis Missouri: Elsevier
American Occupational Therapy Association (AOTA) (2015). Occupational therapy code of ethics. The American Journal of Occupational Therapy, Vol. 69 (Supl. 3)
Edward A.S. Duncan (2022). Skills for practice in occupational therapy, 2ª ed. Edinburgh: Churchill Livingstone/Elsevier
Judith Palladino, Ruth N. Jeffries (2000). The occupational therapy fieldwork: Manual for assessing professional skills. Philadelphia: F.A. Davis Company |
|
Bibliografía complementaria
|
Begoña Polonio López (2001). Conceptos fundamentales de terapia ocupacional. Madrid: Médica Panamericana
Rosemary Hagedorn (1997). Foundations for practice in occupational therapy, 2ª ed. Edinburgh: Churchill Livingstone
Gary Kielhofner (2006). Fundamentos conceptuales de la terapia ocupacional, 3ª ed. Buenos Aires: Médica Panamericana
Jerónimo González Bernal (2020). Fundamentos de la terapia ocupacional. Burgos: Universidad de Burgos
Edward A.S. Duncan (2022). Fundamentos para la práctica en terapia ocupacional, 6ª ed. Barcelona: Elsevier
Ernesto López Méndez, Pilar Llorente Domingo, Miguel Costa Cabanillas (2023). Manual ilustrado de habilidades de comunicación. Madrid: Pirámide
Helen L. Hopkins, Helen D. Smith (2006). Terapia ocupacional, 9ª ed. Buenos Aires, Madrid: Médica Panamericana
Dulce Romero Ayuso, Pedro Moruno Miralles (2003). Terapia ocupacional: Teoría y técnicas. Barcelona: Masson
Janet Nagayda, Sarah Schindehette, Jaclyn Richardson (2005). The professional portfolio in occupational therapy. Thorofare: Slack
Mary Ann McColl, Mary C. Low, Debra Stewart (2015). Theoretical basis of occupational therapy, 3ª ed. Thorofare: Slack
Barbara A. Boyt Schell, Glen Gillen, Marjorie E. Scaffa (2015). Willard & Spackman: Terapia ocupacional, 12ª ed. Buenos Aires, Madrid: Médica Panamericana |
Para a elaboración do Portafolios do alumnado, recoméndase o emprego e aplicación dalgún dos seguintes modelos, que poden axudar a guiar e estruturar a reflexión sobre a experiencia nas prácticas e o proceso de aprendizaxe experimentado a nivel individual: Ciclo reflexivo de Gibbs Modelo 'Que? E entón que? E agora que?' Ciclo reflexivo integrado As catro F da revisión activa - Greenaway, R., Vaida, B. e Iepure, C. (2015). Active reviewing: A practical guide for trainers and facilitators. CreateSpace Independent Publishing Platform.
- Máis información en:
Marco de reflexión CARL Marco de reflexión das cinco R |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Bases Históricas e Documentación en Terapia Ocupacional/653G01108 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Dereito, Bioética e Terapia Ocupacional/653G01105 | Ciencias da Ocupación e Fundamentos de Terapia Ocupacional/653G01109 |
|
Materias que continúan o temario |
Procesos de Terapia Ocupacional/653G01204 | Estancias Prácticas II/653G01210 |
|
Observacións |
1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "V Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2023-2025)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: a.- Na súa maioría, solicitaranse en formato
virtual e soporte informático. b.- De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Utilizarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.
2.- A docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún
cambio na avaliación ou noutros aspectos da materia, que serán notificados ao estudantado coa suficiente antelación. 3.- Para a adecuada planificación das estadías prácticas, realizaranse (segundo o calendario oficial) varias reunións de coordinación académica: - Actividades iniciais: reunións destinadas ao establecemento de grupos de prácticas e a distribución de quendas e rotatorios. Ao comezo da materia, realizarase unha reunión para a presentación dos diferentes recursos de prácticas, as normas e consideracións básicas a ter en conta nas distintas sesións prácticas, e os traballos que se solicita realizar ao longo da materia, así como para a organización dos grupos e quendas de estudantes para cada sesión práctica.
- Actividades de seguimento e peche: reunións destinadas ao seguimento e supervisión do alumnado e a análise das sesións prácticas levadas a cabo. Durante o transcurso do cuadrimestre e ao final do mesmo, realizarase unha reunión de seguimento e unha reunión de peche da materia, co fin de facer un seguimento adecuado da participación e evolución do alumnado no transcurso das prácticas, e unha análise posterior dos recursos e sesións prácticas ás que asista.
- Coordinación da docencia: encontros entre a coordinadora da materia e as/os docentes e titoras/es terapeutas ocupacionais dos recursos de prácticas, de forma previa ao inicio das mesmas e de forma posterior.
4.- Normas mínimas: o alumnado deberá cumprir unhas normas xerais básicas de identificación persoal, puntualidade e respecto á poboación atendida nos recursos en que se desenvolvan as prácticas, así como ao seu equipo profesional e ás súas instalacións. Ademais, deberanse respectar as pautas mínimas específicas que cada centro estableza para o correcto desenvolvemento das estadías prácticas. 5.- A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da Universidade da Coruña ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un(ha) estudante no desenvolvemento dos seus traballos. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente unha cualificación de suspenso (nota numérica '0') na convocatoria en que se cometa a falta, tanto se a falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario. |
|