Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Procesos de Terapia Ocupacional Código 653G01204
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Miranda Duro, María del Carmen
Correo electrónico
carmen.miranda@udc.es
Profesorado
Miranda Duro, María del Carmen
Veiga Seijo, Silvia
Correo electrónico
carmen.miranda@udc.es
silvia.veiga.seijo@udc.es
Web
Descrición xeral Esta asignatura pretende el desarrollo de competencias que permitan al alumnado comprender y aplicar los conocimientos relacionados con el proceso de intervención en Terapia Ocupacional.

Descriptor:
Conocimiento de los fundamentos teóricos y principios filosóficos, modelos, metodologías, técnicas, evaluaciones y valoraciones de Terapia Ocupacional necesarios para reconocer e interpretar los procesos de terapia ocupacional en diversos contextos.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
O alumnado debe coñecer, facer e articular os coñecementos e habilidades necesarias para identificar, reflexionar e aplicar, a teoría e a práctica no proceso de Terapia Ocupacional. A1
A2
A7
A8
A9
A20
A33
B1
B3
B4
B12
B13
B25
B26
B29
B36
C1
O alumnado debe recoñocer, reflexionar e empregar distintos razoamentos o longo de todo o proceso de terapia ocupacional co fin de propoñer, revisar, adaptar e reaxustar as intervencións dende terapia ocupacional. A8
A33
B10
B13
C1
O alumnado debe comprender, xustificar e identificar o potencial da ocupación con fin terapéuticos e/ou de promoción da saúde. A1
A2
A9
B10
B12
B13
B23
B29
C1
O alumnado debe poseer o coñecemento e a capacidade para recoñecer problemas no desempeño ocupacional e identificar potenciais usos da ocupación nas diversas situacións nas que as áreas de desempeño ocupacional vense comprometidas. A2
A9
B1
B3
B10
C1

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1.- Razoamento clínico e comunitario en Terapia Ocupacional

Aplicación dos distintos tipos de razoamento en Terapia Ocupacional.
Tema 2.- Implicacións dos fundamentos teóricos xerais para o/s proceso/s de Terapia Ocupacional 2.1.- Articulación e aplicación dos fundamentos teóricos xerais no proceso de Terapia Ocupacional:

2.1.1.- Clasificación Internacional de Funcionamento, Discapacidade e Saúde (OMS).

2.1.2.- Selección dos Marcos de Referencia aplicados en coherencia coa práctica contemporánea da Terapia Ocupacional.

2.1.3.- Aplicación e uso dos diferentes Modelos para orientar a práctica da Terapia Ocupacional: Modelo Canadense de Desempeño Ocupacional, Modelo de Ocupación Humana, Modelo Kawa.

2.1.4.- Aplicación das principais ferramentas dos Modelos de Terapia Ocupacional.
Tema 3.- Estándares para a práctica clínica e comunitaria da Terapia Ocupacional 3.1.- Conceptualización dos estándares para a práctica:

3.1.1.- Aplicación dos estándares da terapia ocupacional nos diversos eidos: sanitarios e comunitarios.

3.1.2. - Derivación aos servizos de Terapia ocupacional:

- Derivación.
- Screening/avaliación inicial.
- Aceptación.
- Rexistro e documentación.

3.1.3- Avaliación ocupacional (e re-avaliacións):

- Principios xerais da avaliación ocupacional.
- Tipos de avaliación ocupacional según el modelo conceptual utilizado
- Rexistro, documentación e comunicación.

3.1.4.- Planificación de metas e obxectivos en colaboración e consenso coa persoa/s, grupo/s e poboación/s e coordinación co equipo interdisciplinar:

- Obxectivos centrados en ocupacións.
- Metodoloxía
- Rexistro, documentación e comunicación.

3.1.5.- Plan de intervención e intervención:

- Deseño consensuado coa persona.
- Análise terapéutica da Ocupacion e actividade características en Terapia Ocupacional, requisitos previos, guía da análise, adaptación, gradación, valoración terapéutica dos resultados da aplicación da ocupación e actividade
- Tipos de Intervención: individual e grupal.
- Intervención centrada na persoa, entorno e ocupación.
-Métodos e técnicas empregadas en Terapia Ocupacional e aplicadas na vida cotiá da persoa usaria.
- Habilidades de comunicación para o terapeuta ocupacional no contexto sociosanitario

3.1.6.- Resultados obtidos da aplicación da intervención:

- Re-avaliación ocupacional.
- Análise, interpretación e resumo dos resultados.
- Rexistro, documentación e comunicación.


3.1.7.- Finalización dos servizos e seguemento:

- Derivación e recomendacións
- Rexistro, documentación e comunicación

3.1.8.- Xestión e valoración dos servizos prestados:

- Principios de organización dos servizos, recursos humanos e materiais, seguridade dos usuarios e do profesional.
- Valoración do servizo prestado, enquisas de satisfacción da/o/s usuaria/o/s, familia e outras partes implicadas.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A7 A9 A20 B3 B10 B12 B13 B29 B36 5 0 5
Discusión dirixida A2 A1 A7 A8 B23 B25 B26 C1 3 0 3
Lecturas A7 A20 B1 B4 B10 B13 C1 0 25 25
Prácticas de laboratorio A7 A8 A9 A20 A33 B3 B4 B10 B23 B29 B36 18 5 23
Proba mixta A2 A1 A8 A9 A20 B3 B4 B10 B13 B25 B26 C1 2 10 12
Sesión maxistral A2 A7 A8 A9 A20 B3 B4 B23 21 0 21
Traballos tutelados A2 A1 A7 A8 A9 A20 A33 B1 B3 B4 B10 B12 B13 B23 B25 B26 B29 B36 C1 2 12 14
Eventos científicos e/ou divulgativos A2 A1 A7 A9 B1 B3 B4 B10 B12 B23 B25 B26 B36 5 0 5
Estudo de casos A2 A7 A9 A20 B1 B23 B29 C1 2 10 12
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. Permite adquirir as competencias específicas referenciadas en esta materia.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.Permite adquirir as competencias específicas referenciadas en esta asignatura.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións. Permite adquirir las competencias específicas referenciadas en esta asignatura.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Permite adquirir las competencias específicas referenciadas en esta asignatura.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como "conferencia", "método expositivo" ou "lección maxistral". Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Eventos científicos e/ou divulgativos Este evento científico refírese ao Ciclo de Conferencias en Terapia Ocupacional 2024: 25 anos de historia da Terapia Ocupacional na Universidade da Coruña.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta á descrición dunha situación específica que prantexa un problema que debe ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso) que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Estudo de casos
Descrición
A atención personalizada farase mediante titorías individualizadas ou en grupos reducidos, en función das necesidades do alumnado e das metodoloxías empregadas. As titorías realizaranse con previa solicitude do estudantado ou por petición do profesorado da materia. O horario das mesmas será no horario da materia ou nun horario consensuado entre o alumnado e o equipo de profesorado; sempre e cando non interfira co resto de actividades docentes doutras materias.


Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 A8 A9 A20 A33 B3 B4 B10 B23 B29 B36 Valorarase a actitude e participación: actitude colaborativa (implicación co grupo nas tarefas e no desenvolvemento xeral do laboratorio); participación (interacción empática, proactiva, analítica e construtiva); respecto (aos participantes do grupo, docentes e normas de funcionamento do laboratorio); responsabilidade (consigo mesmo/a e/ou co grupo, tanto na preparación dos traballos realizados durante o laboratorio como no proceso de ensino-aprendizaxe). A asistencia é obrigatoria e só se pode faltar de forma xustificada a unha sesión.
A asistencia á metodoloxía de eventos científicos será valorada nesta metodoloxía.
35
Proba mixta A2 A1 A8 A9 A20 B3 B4 B10 B13 B25 B26 C1 Valorarase, ademais dos coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do alumno/a (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos, así como a integración de conceptos). 35
Estudo de casos A2 A7 A9 A20 B1 B23 B29 C1 Valorarase o informe do proceso de terapia ocupacional realizado ao longo da materia, articulando a teoría e a técnica abordada na mesma. O emprego da literatura actualizada será importante, así como a súa debida xustificación no estudo de caso proposto. 30
 
Observacións avaliación
O sistema de
cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co
establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro (BOE 18 de
setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de
cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en
todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9 = Suspenso; 5-6.9 = Aprobado; 7-8.9 =
Notable; 9-10 = Sobresaínte; 9-10 Matrícula de Honra (Graciable). 

Considerarase como "non presentado" (NP) aquel/a estudante que, estando matriculado, non se presente ás actividades de
avaliación establecidas para o curso académico. En ausencia de regulación
específica, considerarase "non presentado" cando: a) non complete a
avaliación continua segundo a guía docente, ou b) non se presente á proba do
período oficial de avaliación. A consideración de NP non consume convocatoria.

Valorarase a puntualidade e a asistencia obrigatoria ás
prácticas de laboratorio, podendo faltar como máximo a unha sesión xustificada (consultar a normativa vixente da universidade na que se inclúen as situaciones que se poden xustificar).
Para aprobar a materia, o estudante debe participar activamente, entregar todos
os traballos e superar todas as metodoloxías de avaliación. Os estudantes deben
asistir a eventos científicos como o Ciclo de Conferencias en Terapia
Ocupacional 2024: 25 anos de historia da Terapia Ocupacional na Universidade da
Coruña.

Será necesario obter unha cualificación mínima de 1,75 (sobre
3,5) na proba mixta e nas prácticas de laboratorio, e de 1,5 (sobre 3) no
estudo de casos. É necesario aprobar todas as metodoloxías para
superar a materia. En caso contrario, a nota será a da proba mixta. As notas
das outras metodoloxías serán consideradas na segunda oportunidade (xullo), se
están aprobadas e a proba mixta superada.
Segundo a
norma de dedicación ao estudo dos estudantes de grao da Universidade da Coruña
(aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012), os estudantes con matrícula a
tempo parcial teñen dereito a asistencia flexible e a solicitar dispensa
académica especial (art. 4, apartado 5), se non afecta negativamente á
avaliación. As Comisións Académicas da UDC concretan o alcance desta dispensa.
A concesión da flexibilidade dependerá da valoración da comisión académica do
Grao de Terapia Ocupacional, considerando as metodoloxías e criterios de
avaliación das materias.

A fraude nas
probas ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na
convocatoria correspondente, tanto na primeira oportunidade como na segunda,
cunha nota numérica de 0. Modificarase a cualificación na acta da primeira
oportunidade, se é necesario.

Todos los aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación al estudio", "permanencia" y "fraude académica" se regirán de acuerdo con la normativa académica vigente en la UDC

 


Fontes de información
Bibliografía básica

Christiansen, C. H.,Baum, C. M., & Bass-Haugen, J. (Eds.). (2015). Occupational therapy: performance, participation, and well-being (4th ed). Thorofare, NJ: Slack.

Crepeau, E. B., Willard, H. S., Spackman, C. S., Cohn, E. S., & BoytSchell, B. A. (2011). Willard & Spackman, Terapia Ocupacional (11aed). Buenos Aires: Médica Panamericana.

Dancza, K., & Rodger, S. (Eds.). 2018). Implementing occupation-centred practice: A practical guide for occupational therapy practice learning. Abingdon, Oxon: Routledge.

Duncan, E. A. S. (Ed.). (2020). Foundations for practice in occupational therapy (6th ed.). Edinburgh: Elsevier.

Durocher, E., Gibson, B. E., & Rappolt, S. (2014). Occupational Justice: A Conceptual Review. Journal of Occupational Science , 21 (4),418–430. https://doi.org/10.1080/14427591.2013.775692

Egan, M., & Restall, G. (Eds.). (2022). Promoting Occupational Participation: Collaborative Relationship-focused Occupational Therapy; 10th Canadian Occupational Therapy Guidelines; Guidelines for Occupational Therapy in Canada; Written for the Canadian Association of Occupational Therapists; Co-editors Mary Egan (PhD, OT Reg.(Ont.), FCAOT), Gayle Restall (PhD, OT Reg.(MB). Canadian Association of Occupational Therapists.

Fisher, A. G. (2013). Occupation-centred, occupation-based, occupation-focused: Same, same or different?. Scandinavian journal of occupational therapy, 20(3), 162-173.

Garcia –Margallo P. y otros. 2005. El análisis y la adaptación de la actividad en terapia Ocupacional. Madrid: Aytona

Kielhofner G. 2006. Fundamentos conceptuales de la terapia ocupacional. 3ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.

Kronenberg, F., Simó Algado, S., & Pollard, N. (2006). Terapia ocupacional sin fronteras: aprendiendo del espíritu de supervivientes . Madrid: Editorial Médica Panamericana.

Merlos, E. V., & Jiménez, M. S. J.(2010). Manual teórico práctico de terapia ocupacional: intervención desde la infancia a la vejez . Monsa-Prayma. Retrieved fromhttps://dialnet.unirioja.es/servlet/libro?codigo=582152

O'Brien , J. C. (2018). Introduction to Occupational Therapy . St . Louis Missouri: Elsevier .

Sladyk, K., Jacobs, K., & MacRae, N. (Eds.). (2010). Occupational therapy essentials for clinical competence . Thorofare, NJ: Slack.

Townsend, E. A., & Polatajko, H. J. (2013). Enabling Occupation II: Advancing an Occupational Therapy Vision for Health, Well-being, & justice through Occupation. Ottawa: Canadian Association of Occupational Therapists. 

Willard, H. S., Spackman, C. S., & Boyt Schell, B. A. (Eds.). (2016). Willard & Spackman: Terapia ocupacional (13aed). Buenos Aires: Panamericana.

World Federation of Occupational Ttherapists. (2009). Guiding Principleson Diversity and Culture. WFOT.

Bibliografía complementaria

Banyard, P., Cassells, A., Green, P., Hartiand, J., Hayes, N., Reddy, P. (1995). Introducción a los procesos cognitivos. Barcelona: Ariel.

Blesedell. C y otros. 2005. Terapia ocupacional 10ª ed. Buenos Aires ; Madrid : Médica Panamericana

Cormier, W., Cormier L. 1994: Estrategias de entrevista para terapeutas. Bilbao: Desclée de Brouwer.

Durante Molina, P., & Tarrés, P. P. (2010). Terapia Ocupacional en Geriatría. Principios y Práctica (3ª ed). Barcelona: Masson. 

Moruno Miralles, P., & Talavera Valverde, M. (2012). Terapia ocupacional en salud mental. Barcelona, España: Elsevier Masson. 

Gómez Tolón. J. 1997. "Fundamentos Metodológicos de la Terapia Ocupacional". 1ª Ed. Editorial Mira. Zaragoza..

Grieve, J. 1994. Neuropsicología para terapeutas ocupacionales. Buenos Aires: Panamericana.

Hussey S. y otros. 2007.Introduction to occupational therapy. St. Louis Missouri: Mosby Elsevier.

MacDonald, E.M. 1979. Terapia ocupacional en rehabilitación. Barcelona: Ed. Salvat.

Pedretti, L.W., Zoltan, B. 1990."Occupational Therapy. practice skillis for Physical Dysfunction". 3a Ed Editorial C. V. Mosby.

Romero A. MorunoP. 2003. Terapia ocupacional. Teoría y Técnicas. Madrid. Masson.

Romero A. Moruno P. 2005. Actividades de la Vida Diaria. Madrid. Masson.

Reed, K. 1992. "Models of Practice in Occupational Therapy". 3a ed. Editorial Williams and Wilkins.

Sánchez, L. 1996. Manual de técnicas Grupales de comunicación y Creatividad para terapeutas ocupacionales. APETO: Madrid

Banyard, P., Cassells, A., Green, P., Hartiand, J., Hayes, N., Reddy, P. (1995). Introducción a los procesos cognitivos. Barcelona: Ariel.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1.- Para axudar a conseguir un contorno inmediato sostible e cumprir co obxectivo estratéxico 1 y 2 do "V Plan de Acción do Programa Green Campus (2023-2025)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Na súa maioría se solicitarán en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- A docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros aspectos que serán notificados aos estudantes coa suficiente antelación.

3.- Durante o período lectivo da materia, e sen que supoña unha alteración na asistencia do alumnado a outras actividades académicas, poderán programarse seminarios ou obradoiros de carácter optativo para afondar en certos contidos e técnicas moi específicas que complementan o desenvolvemento da materia.

4.- A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da UDC ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un/unha estudante da materia no desenvolvemento dos seus traballos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías