Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Estancias Prácticas III Código 653G01211
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Groba Gonzalez, Betania
Correo electrónico
b.groba@udc.es
Profesorado
Alonso Cadavid, Andrea
Darriba Fraga, María José
Gándara Gafo, Berta
Groba Gonzalez, Betania
Rama Fandiño, José Antonio
Trillo Costa, Javier
Vázquez Otero, Alba María
Correo electrónico
andrea.alonso@udc.es
maria.darriba@udc.es
berta.gandara.gafo@udc.es
b.groba@udc.es
jose.rama.fandino@udc.es
javier.tcosta@udc.es
alba.vazquez.otero@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral Esta materia pretende, mediante prácticas diarias dirixidas, desenvolver as competencias que permitan ao alumnado comprender e aplicar os coñecementos relacionados coa práctica clínica e/ou comunitaria da Terapia Ocupacional nos momentos do ciclo vital da infancia e a adolescencia.
Descritor: Estadías prácticas para aplicar teorías, fundamentos, metodoloxías, técnicas, avaliacións e valoracións de Terapia Ocupacional, traballando adecuadamente en equipo e desenvolvendo as funcións e destrezas propias deste profesional en diferentes entornos, centros, hospitais, institucións e grupos sociais e poboacións.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Desenvolver as habilidades prácticas necesarias para poder desempeñar actividades profesionais como terapeuta ocupacional: segundo o estadio de aprendizaxe e acordo ás competencias seleccionadas. En definitiva ampliar os coñecementos e a capacidade para aplicar: a teoría e a práctica de Terapia Ocupacional, as ocupacións terapeuticamente e as Actividades da Vida Diaria terapeuticamente en todas as áreas de desempeño ocupacional. A1
A3
A6
A7
A8
A9
A10
A12
A13
A14
A15
A16
A17
A20
A23
A29
A31
A32
A33
B2
B3
B5
B7
B8
B9
B11
B13
B14
B15
B17
B18
B19
B23
B24
B25
B26
B27
B28
B29
B30
B31
B33
B35
B36
B37
C1
C4
C6
C7
Observar, analizar e reflexionar sobre o centro de prácticas e as funcións do terapeuta ocupacional integrados ao sistema sanitario, educativo, domiciliario, laboral ou comunitario de referencia. Asimismo o/a alumno/a debe desenvonver a capacidade para manter a dignidade, privacidade e confidencialidade da persoa. A1
A3
A6
A7
A8
A9
A10
A12
A13
A14
A15
A16
A17
A20
A23
A29
A31
A32
A33
B2
B3
B5
B7
B8
B9
B11
B13
B14
B15
B17
B18
B19
B23
B24
B25
B26
B27
B28
B29
B30
B31
B33
B35
B36
B37
C1
C4
C6
C7
Observar, analizar e reflexionar sobre a relación terapéutica en terapia ocupacional. E, á súa vez, desenvolver a capacidade para unha comunicación efectiva co/a usuario/a, familias, grupos sociais e outros profesionais; capacidade para establecer unha relación de empatía co/a usuario/a, familia, grupos sociais e outros profesionais; e desenvolver a capacidade para permitir que os pacientes e os seus coidadores expresen as súas preocupacións e intereses e que poidan responder adecuadamente. A1
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A9
A10
A12
A13
A14
A15
A16
A17
A20
A23
A29
A31
A32
A33
B2
B3
B5
B7
B8
B9
B11
B13
B14
B15
B17
B18
B19
B22
B23
B24
B25
B26
B27
B28
B29
B30
B31
B33
B34
B35
B36
B37
C1
C4
C6
C7
Observar, identificar, analizar e reflexionar sobre o perfil do usuario dos servizos de terapia ocupacional. A1
A3
A6
A7
A8
A9
A10
A12
A13
A14
A15
A16
A17
A20
A23
A29
A31
A32
A33
B2
B3
B5
B6
B7
B8
B9
B11
B12
B13
B15
B17
B18
B19
B23
B24
B25
B26
B27
B28
B29
B30
B31
B33
B34
B35
B36
B37
C1
C4
C6
C7
Observar, identificar, preparar, analizar e reflexionar sobre algunhas técnicas empregadas en terapia ocupacional. A1
A3
A6
A7
A8
A9
A10
A12
A13
A14
A15
A16
A17
A20
A23
A29
A31
A32
A33
B2
B3
B5
B7
B8
B9
B11
B13
B14
B15
B17
B18
B19
B23
B24
B25
B26
B27
B28
B29
B30
B31
B33
B35
B36
B37
C1
C4
C6
C7
Desenvolver razoamentos e habilidades de orde superior no xuízo profesional e na toma de decisións. A1
A3
A6
A7
A8
A9
A10
A11
A12
A13
A14
A15
A16
A17
A20
A23
A29
A31
A32
A33
B2
B3
B5
B7
B8
B9
B11
B13
B14
B15
B17
B18
B19
B23
B24
B25
B26
B27
B28
B29
B30
B31
B33
B35
B36
B37
C1
C4
C6
C7
Dar o control ó estudante de ser un profesional autónomo que valora a súa contribución ó equipo e ó servizo. A1
A3
A6
A7
A8
A9
A10
A12
A13
A14
A15
A16
A17
A20
A23
A29
A31
A32
A33
B2
B3
B5
B7
B8
B9
B11
B13
B14
B15
B17
B18
B19
B23
B24
B25
B26
B27
B28
B29
B30
B31
B33
B34
B35
B36
B37
C1
C4
C6
C7
Desenvolver habilidades de exploración dos recursos de investigación en apoio á investigación e á practica baseada na evidencia. A1
A3
A6
A7
A8
A9
A10
A12
A13
A14
A15
A16
A17
A20
A29
A31
A32
A33
B2
B3
B5
B7
B8
B9
B11
B13
B14
B15
B17
B18
B19
B23
B24
B25
B26
B27
B28
B29
B30
B31
B32
B33
B35
B36
B37
C1
C4
C6
C7
Inculcar unhas habilidades para “a aprendizaxe ao longo da vida” e dun desenvolvemento profesional continuo; e un recoñecemento da importancia destes. A20
B6
C1
C4
C7
Desenvolver capacidade para: sintetizar un abanico de información que permita determinar se a persoa é susceptible de recibir tratamento de Terapia Ocupacional. Recoñecer e interpretar signos de función-disfunción da persoa en valoración e diagnóstico ocupacional. Asemesmo a capacidade para responder ás necesidades do paciente avaliando, planificando e desenvolvendo os programas individualizados máis apropiados xunto á persoa e o seu entorno, seus coidadores e familias e outros profesionais. En definitiva, utilizar o razonamento clínico revisando e reaxustando o tratamento. A3
A5
A7
A10
A13
A14
A15
B1
B2
B10
B13
B23
B37
C1
C4
C7

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. O proceso de intervención da Terapia Ocupacional na infancia e na adolescencia.

Estadías prácticas altamente dirixidas polos terapeutas ocupacionais docentes/titores dos centros conveniados. Nivel intermedio.

Aplicación de teorías, fundamentos, metodoloxías, técnicas, avaliacións e valoracións de Terapia Ocupacional, traballando axeitadamente co equipo e desenvolvendo funcións e destrezas propias deste profesional.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas clínicas A1 A3 A4 A5 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A20 A23 A29 A31 A32 A33 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B17 B18 B19 B22 B23 B24 B25 B26 B28 B29 B30 B31 B32 B33 B34 B35 B36 B37 C1 C4 C6 C7 60 0 60
Portafolios do alumno A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A20 A23 A29 A31 A32 A33 B1 B3 B5 B6 B7 B13 B15 B17 B18 B23 B24 B25 3 12 15
Estudo de casos A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A20 A23 A29 A31 A32 A33 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B10 B13 B17 B18 B19 B22 B23 B24 B27 B28 B29 B34 B35 15 5 20
Recensión bilbiográfica A1 A3 A4 A5 A7 A13 A14 A20 A29 A31 B1 B2 B3 B8 B12 B19 B22 B23 B24 B25 B36 1 5 6
Actividades iniciais A7 A8 A10 A11 A12 A13 A15 A16 A23 A31 A32 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B9 B11 B13 B14 B17 B18 B31 B33 B37 C1 C4 C6 10 0 10
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A3 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 A14 A15 A16 A17 A23 A29 B3 B19 B24 10 0 10
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas O ensino clínico pode entenderse como un proceso instruccional que ten lugar nun ambiente natural relacionado co exercicio dunha profesión, no que os/as estudantes observan e participan en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlles oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma.
As prácticas clínicas serán realizadas en todos aqueles centros conveniados coa Facultade de Ciencias da Saúde que teñan relación co ámbito da infancia e da adolescencia.
A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria. No caso de que o/a alumno/a non poida acudir puntualmente algún día, segundo o calendario de prácticas establecido, deberá comunicalo tanto ao centro conveniado como á coordinadora responsable da materia.

Permite adquirir as competencias específicas referenciadas nesta materia.
Portafolios do alumno É un cartafol ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo/a profesor/a, o que lle permite visualizar o progreso do/a estudante. O portafolios ou cartafol inclúe todo o que fai o alumno ou alumna, como: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do/a estudante realizado polo/a profesor/a, etc.

Permite adquirir as competencias específicas referenciadas nesta materia.
Estudo de casos Metodoloxía onde a persoa se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo, a través dun proceso de discusión. O alumnado sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.

Permite adquirir as competencias específicas referenciadas nesta materia.
Recensión bilbiográfica A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do/a autor/a da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia.

Permite adquirir as competencias específicas referenciadas nesta materia.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con esta metodoloxía preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Ademais permite a organización dos rotatorios, organización dos grupos de prácticas, información sobre os centros de prácticas e outros datos de interese.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Estudo de casos
Recensión bilbiográfica
Prácticas clínicas
Descrición
A atención personalizada farase, globalmente, mediante titorías personalizadas directas e virtuais, individuais e grupais.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A20 A23 A29 A31 A32 A33 B1 B3 B5 B6 B7 B13 B15 B17 B18 B23 B24 B25 Valorarase, ademais dos coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do/a alumno/a (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a integración de conceptos e a capacidade de resolución de problemas. 15
Estudo de casos A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A20 A23 A29 A31 A32 A33 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B10 B13 B17 B18 B19 B22 B23 B24 B27 B28 B29 B34 B35 Valorarase, ademais dos coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a integración de conceptos e a capacidade de resolución de problemas. 20
Recensión bilbiográfica A1 A3 A4 A5 A7 A13 A14 A20 A29 A31 B1 B2 B3 B8 B12 B19 B22 B23 B24 B25 B36 Valorarase, ademais dos coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a integración de conceptos e a capacidade de resolución de problemas. 5
Prácticas clínicas A1 A3 A4 A5 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A20 A23 A29 A31 A32 A33 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B17 B18 B19 B22 B23 B24 B25 B26 B28 B29 B30 B31 B32 B33 B34 B35 B36 B37 C1 C4 C6 C7 Valorarase: a puntualidade, a asistencia, a responsabilidade, a iniciativa, o interese, a actitude ante as normas, a relación co/a usuario/a, a relación co equipo de profesionais, a integración e a aplicación de conceptos teóricos-prácticos adquiridos previamente, as destrezas e os coñecementos adquiridos.

As ausencias xustificadas ás prácticas clínicas deberán ser comunicadas previamente ao centro conveniado, así como á coordinadora da materia e á coordinadora do título mediante email.
60
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificacións
expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5
del Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se
establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas
titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio
nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable
9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra (Graciable). A efectos desta materia, considerarase como Non presentado (NP) ao alumnado que non participe na totalidade de actividades de avaliación continua, tendo en conta as condicións que figuran a continuación.

Para aprobar a
materia, o/a alumno/a debe participar activamente nas metodoloxías propostas,
entregar todos os traballos e acadar unha nota global mínima de 5 e ter superadas
polo menos a metodoloxía de Prácticas Clínicas e Estudo de Casos. Para iso, será
necesario ter unha cualificación mínima de 3,5 puntos (sobre 6) na metodoloxía
prácticas clínicas e unha cualificación mínima de 1 punto (sobre 2) na
metodoloxía estudo de casos, e só se terán en conta para a cualificación final
as notas das outras metodoloxías, se o/a alumno/a acada a dita puntuación nas mencionadas metodoloxías. En caso contrario, a nota da convocatoria corresponderá
á da metodoloxía suspensa correspondente (nota obtida nas Prácticas clínicas ou
Estudo de Caso). 

No caso de non
superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (xuño), pola
falta de entrega ou suspenso dos traballos correspondentes as metodoloxías
Portafolios, Estudo de casos e Recensión, o/a estudante deberá repetir a
entrega de traballos e participar de novo nas metodoloxías propostas na segunda
oportunidade (xullo).

No caso de non
superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (xuño), por
motivo de suspenso da metodoloxía de Prácticas Clínicas, non se poderá superar
a materia na segunda oportunidade (xullo), e a/o estudante terase que presentar
na seguinte convocatoria, ao tratarse de actividades que, pola súa natureza,
non son recuperables na segunda oportunidade (tal e como recollen as Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario da Universidade da Coruña, aprobadas polo Consello de
Goberno do 19 de decembro de 2013 e modificadas por última vez no Consello de
Goberno do 29 de xuño de 2017).

Segundo a norma que regula o réxime
de dedicación ao estudo dos/as estudantes de grao na Universidade da Coruña
(aprobada no Consello de Goberno do 4/05/2017), cando un estudante teña
recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito preferente
a elixir quenda se existen horarios diferentes na oferta de prácticas desta
materia.

Todos os aspectos relacionados con dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica

A bibliografía de referencia dependerá das especificacións dos/as profesores/as ou titores/as de prácticas.

Como orientación xeral, recoméndase a consulta das fontes de información referenciadas na materia “Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal na Infancia e na Adolescencia”.

Asemade, para a elaboración do portafolios do alumnado, recoméndase o emprego e aplicación do Ciclo Reflexivo de Gibbs:

Gibbs, G. (1988). Learning by Doing: A Guide to Teaching and Learning Methods. Oxford: Oxford Further Education Unit (https://hhs.hud.ac.uk/lqsu/Sessionsforall/supp/Gibbs%201988%20reflective%20cycle.pdf)

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Psicoloxía II/653G01203
Pediatría, Psiquiatría e Rehabilitación Infanto-xuvenil/653G01205

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal na Infancia e na Adolescencia/653G01207

Materias que continúan o temario

Observacións

1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do 'V Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2023-2025)', os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Na súa maioría se solicitarán en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- A docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros aspectos que serán notificados aos estudantes coa suficiente antelación.

3.- Para a correcta planificación das Estadías Prácticas, realizaranse, de forma previa ao comezo da materia (segundo o calendario oficial), varias reunións de coordinación académica:

-Actividades iniciais: Establecemento de grupos de prácticas e elaboración de rotatorios: Reunión da coordinadora da materia cos/as alumnos/as matriculados/as para a presentación dos recursos de prácticas e organización dos grupos de estudantes.

- Coordinación da docencia: Encontro entre a coordinadora da materia e os/as profesores/as e titores/as terapeutas ocupacionais dos recursos de prácticas, previo ó inicio e despois da finalización das mesmas.

4.- Normas mínimas:

Os/as alumnos/as deberán cumprir unhas normas xerais básicas de uniformidade, identificación persoal, puntualidade e respecto ós/ás usuarios/as, profesionais e instalacións do recurso de prácticas.

Ademais, deberanse respectar as pautas mínimas específicas que cada centro estableza para o correcto desenvolvemento das estadías prácticas.

5.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, incorporase a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.  

6.- A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da UDC ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un/unha estudante da materia no desenvolvemento dos seus traballos. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de 'suspenso' na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con 'suspenso' (nota numérica '0') na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías