Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Dirección Estratéxica Código 660G01030
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Fernández Mosquera, Daniel
Correo electrónico
daniel.fernandez.mosquera@udc.es
Profesorado
Fernández Mosquera, Daniel
López Guerrero, Mario
Correo electrónico
daniel.fernandez.mosquera@udc.es
mario.lguerrero@col.udc.es
Web http://www.erlac.es
Descrición xeral A asignatura aborda os coñecementos básicos de modelo de negocio e o desenvolvemento de ferramentas para aliñar a xente coa estratexia e obxectivos da organización.

O curso consta de tres partes; na primeira parte leva ao coñecemento e uso de conceptos básicos de estratexia de negocio, (a definición da estratexia, os elementos que o compoñen, as vantaxes competitivas, os grupos de interese, factores de éxito, etc ...) conceptos que son necesarios para desenvolver capacidades para a segunda e terceira parte do programa.

Na segunda parte, desenvolveremos a estratexia da empresa, analizando o sector en que pode operar, a cultura da empresa (misión, visión e valores), a definición da organización para realizar a súa estratexia e os diferentes modelos organización para alcanzar este obxectivo.

Por último, a terceira parte vai traballar con diferentes ferramentas de conexión e aliñar a xente á estratexia da organización. Neste sentido, as persoas están integradas na estratexia da empresa que ocupa un papel fundamental no éxito de organizacións.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Organizar e dirixir a empresa. Dirixir ás persoas e guialas seguindo un modelo de negocio A10
A15
Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas. A13
Aprendizaxe autónomo. B14
Adaptación a novas situacións. B13
Organización y dirección de empresas. A10
Motivación para a calidade. B12
Traballo en equipos. B9
Razoamento crítico. B8
Toma de decisións. B5
Capacidade de xestión da información. B4
Capacidade de organización e planificación. B3
Capacidade de análise e síntese. B2
Resolución de problemas. B1
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1
Participar na elaboración e deseño de estratexias organizativas, desenvolvendo a estratexia de recursos humanos da organización. A23
Aplicar os coñecementos á práctica. A31

Contidos
Temas Subtemas
Parte I. Introducción e marco conceptual 1. A natureza da dirección estratéxica e a evolución do pensamento estratéxico
2. Análise do proceso de toma de decisións estratéxicas
3. Marco conceptual da estratexia empresarial
Parte II. Análisis estratéxica 4. Estrutura de mercado e competencia
5. Análise do sector industrial e da competencia
6. Análise de recursos e capacidades
Parte III. Formulación de estratexias 7. Estratexias competitivas xenéricas
8. Vantaxe competitiva e creación de valor
9. Estratexias de crecemento: Fusións e adquisicións. Cooperación e alianzas
10. Estratexias de diversificación e de internacionalización
Parte iV. Implantación de estratexias 11. Estratexia empresarial e estructura organizativa
12. Incentivos e organización. Planificación e control
13. Configuracións organizativas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Lecturas A10 A13 A31 B2 B9 B14 C6 6 24 30
Seminario A10 A13 A15 A23 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B12 B13 C1 C3 C4 C6 C7 22 44 66
Eventos científicos e/ou divulgativos A10 A31 C4 C6 C7 8 0 8
Sesión maxistral A10 A23 B2 B8 B12 C6 C7 22 22 44
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Conxunto de textos e documentación escrita editada como fonte de coñecemento nos contidos traballados
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudio intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións as que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia (presencial ou telemática) aos eventos convocados no eido da asignatura. Esta materia computa como asistencia a sesión maxistral, mesmo que non se produza no horario da clase.
Sesión maxistral Exposición oral completada co uso de medios audiovisuais e a introducción de algunhas preguntas dirixidas os estudantes coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar o aprendizaxe. A clase maxistral e tamén coñecida como conferencia, método expositivo e lección maxistral. Esta última modalidade soe referirse a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contenido que supón a elaboración orixinal e basada no uso casi exclusivo da palabra como vía de transmisión da información a audiencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Seminario
Lecturas
Descrición
O seguimento das lecturas, a presentación e exposición das lecturas e a xustificación e breve resumen da asistencia a eventos científicos ou divulgativos se realizarán nas datas e horario que acorden o profesor e os alumnos das recollidas na guía do estudante.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A10 A23 B2 B8 B12 C6 C7 Asistencia e participación nas actividades de clase (incluidas as probas autoavaliativas) mínima do 80% 10
Seminario A10 A13 A15 A23 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B12 B13 C1 C3 C4 C6 C7 Consistirá na realización das actividades prácticas e traballos relacionados cos distintos contidos abordados na materia. Entrega e exposición nas datas que se establezan pola docente. 75
Lecturas A10 A13 A31 B2 B9 B14 C6 Resumo dalgún dos libros suxeridos polo docente ou de libre elección do estudantado e elaboración dunha ficha de datos da lectura elexida. 15
 
Observacións avaliación

Avaliación continua. Para
superar esta asignatura ao final do periodo académico, sen necesidade de
presentarse ao exame final, será imprescindible participar en, alomenos, no 80%
das sesións e acadar o 50% da calificación correspondente a cada unha das
restantes metodoloxías de avaliación (seminario e lecturas). De non alcanzares o
mínimo esixido nalgunha das metodoloxías, o/a estudante non aprobará a
asignatura en modalidade de avaliación continua e terá que facer a avaliación
final da asignatura.

Sistema antiplaxio: Tódolos
traballos presentados no marco da asignatura estarán suxeitos a unha revisión
antiplaxio. O docente reservarase o dereito de non avaliar traballos que
presenten un porcentaxe superior ao 10% de plaxio no seu contido.

Avaliación final. Quen
non asistira ás sesións ou non aprobara a avaliación continua terán dereito a
realizar un examen final na data oficial de xaneira/febreiro. A proba obxectiva
consistirá nun exame teórico-práctico con preguntas de resposta múltiple e
casos a desenvolver que engloben o contido xeral da asignatura.

Estudiantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia.
 Para poder aplicar este sistema, os/as estudiantes teñen que ter
recoñecida oficialmente a dispensa académica e comunicaclo no primeiro mes de
clases. Os/as estudiantes serán avaliados mediante un sistema de avaliación
continua cambiando a sesión maxistral por resumos de comprensión dos temas
tratados, mantendo en vixencia as metodoloxías de seminario e lecturas. No caso
de non superar a avaliación continua terán dereito a unha avaliación final como
a anteriormente descrita.

Avaliación extraordinaria. Tódolos/as estudiantes terán dereito a unha avaliación extraordinaria
oficial nos meses de xuño/xullo cunha proba obxectiva que consistirá nun exame
teórico-práctico con preguntas de resposta múltiple e casos a desenvolver que
engloben o contido xeral da asignatura.

As adaptacións curriculares para estudantes con discapacidade ou con necesidades educativas específicas serán pautadas pola Comisión de docencia do centro, previo informe do PAT.


Fontes de información
Bibliografía básica A. J. Strickland III , Alex Janes , Arthur A. Thompson , Ciara Sutton , John E. Gamble y Margaret A. (2018). Administración estratégica, Teoría y casos. McGraw-Hill

Bibliografía complementaria Grant, R.M (2010). Dirección Estratégica . Navarra, Thomson-Civitas-Aranzadi Libro
Albizu, E y J. Landeta (2001). Dirección Estratégica de los recusos humanos. Teoría y práctica. Madrid, Pirámide
Bueno, E; P. Morcillo y M.P. Salvador (2005). Dirección Estratégica. Nuevas perspectivas teóricas. Madrid, Pirámide
Porter, M. (2009). Estrategia competitiva. Técnicas para el análisis de la empresa y sus competidores . Madrid, Pirámide
Guerra, L.A. y Navas, J.E. (2007). La Dirección Estratégica de la Empresa. Teoría y Apliaciones. Navarra, Thomson-Civitas-Aranzadi
Alles, M.A. (2006). La dirección estratégica de Recursos Humanos. Granica
Moreno, A.; L.M. Uriarte y G. Topa (2010). La responsabilidad social empresarial. Oportunidades estratégicas, organizativas y de recursos humanos. Madrid, Pirámide
Porter, M. (2010). Ventaja competitiva. Creación y sostenibilidad de un rendimiento superior. Madrid, Pirámide


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Organización de Empresa/660G01003
Economía e Empresa/660G01007
Dirección e Xestión de RRHH I/660G01015
Dirección e Xestión de RRHH II/660G01016

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías