Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Anatomía Código 661G01001
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Primeiro Formación básica 9
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Méndez Gallart, Roberto
Correo electrónico
roberto.mendez.gallart@col.udc.es
Profesorado
Garcia Moreno, Antonio María
Méndez Gallart, Roberto
Correo electrónico
a.garcia.moreno@col.udc.es
roberto.mendez.gallart@col.udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral O propósito desta materia é coñecer e comprender a estrutura, morfoloxía e función do ser humano san, como base para a comprensión ulterior das desviacións patolóxicas.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 Coñecer e identificar a estrutura e función do corpo humano.
B1 Aprender a aprender.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B19 Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C9 CB1.- Que os estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parta da base da educación secundaria xeral, e sólese atopar a un nivel que, si ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda dun campo de estudo.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Describir a estructura, morfoloxía e función dos distintos órganos e sistemas corporais, e as suas relacións en condicións de normalidade. A1
B1
B7
B8
B19
C1
C7
C9
Utilizar a terminoloxía técnica anatómica como instrumento de comunicación. A1
B7
B15
C1
C9

Contidos
Temas Subtemas
UNIDADE DIDACTICA I: XENERALIDADES. EMBRIOLOXÍA
.
TEMA 1.- INTRODUCCIÓN E XENERALIDADES
TEMA 2.- EMBRIOLOXÍA
UNIDADE DIDÁCTICA II: APARATO LOCOMOTOR
TEMA 1.- APARATO LOCOMOTOR
TEMA 2.- ARTROLOXÍA E MIOLOXÍA
TEMA 3.- OSTEOLOXÍA, ARTROLOXÍA E MIOLOXÍA DO CRANIO E DA CARA
TEMA 4.- OSTEOLOXÍA E ARTROLOXÍA DO TRONCO E COLO
TEMA 5.- MÚSCULOS DO COLO E DO TRONCO
TEMA 6.- CINTURA ESCAPULAR
TEMA 7.- CÓBADO E ANTEBRAZO
TEMA 8.- PULSO E MAN
TEMA 9.- CINTURA PELVIANA
TEMA 10.- XEONLLO E PERNA
TEMA 11.- NOCELLO E PÉ
TEMA 12.- VASCULARIZACIÓN E INERVACIÓN DOS MEMBROS
UNIDADE DIDÁCTICA III: NEUROANATOMÍA E ESTESIOLOXÍA
TEMA 1.- O SISTEMA NERVIOSO. BASES DE SISTEMATIZACIÓN ONTOXÉNICAS, ESTRUTURAIS, DE NUTRICIÓN E DEFENSA
TEMA 2.- MÉDULA ESPIÑAL. MORFOLOXÍA EXTERNA E CONFIGURACIÓN INTERNA
TEMA 3.- BULBO RAQUÍDEO. MORFOLOXÍA EXTERNA E CONFIGURACIÓN INTERNA
TEMA 4.- PROTUBERANCIA ANULAR E MESENCÉFALO. MORFOLOXÍA EXTERNA E CONFIGURACIÓN INTERNA
TEMA 5.- CEREBELO. MORFOLOXÍA EXTERNA E CONFIGURACIÓN INTERNA
TEMA 6.- CEREBRO. COMPOSICIÓN. MORFOLOXÍA EXTERNA E CONFIGURACIÓN INTERNA
TEMA 7.- VÍAS DA SENSIBILIDADE, MOTILIDADE E CONEXIÓNS CEREBELOSAS
TEMA 8.- SISTEMA NEUROVEXETATIVO
TEMA 9.- SISTEMA NERVIOSO PERIFÉRICO
TEMA 10.- ESTESIOLOXÍA
TEMA 11.- SENTIDO DA VISIÓN
UNIDADE DIDÁCTICA IV: ESPLACNOLOXÍA TEMA 1.- SISTEMA CARDIOVASCULAR
TEMA 2.- APARATO RESPIRATORIO
TEMA 3.- APARATO DIXESTIVO
TEMA 4.- SISTEMA URINARIO
TEMA 5.- SISTEMA REPRODUTOR
TEMA 6.- SISTEMA ENDÓCRINO

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 B1 B7 B8 C1 C7 C9 15 30 45
Sesión maxistral A1 62 40 102
Prácticas a través de TIC A1 B19 4 0 4
Proba mixta A1 B8 C1 C9 4 39 43
Presentación oral A1 B1 B7 B8 B15 C7 C9 1 10 11
Prácticas de laboratorio A1 B7 8 8 16
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Actividade na que os estudantes de forma autónoma profundizan ou relacionan coñecementos expostos polo profesor.
Sesión maxistral Actividade na que o profesor expón de maneira oral e con medios audiovisuais contidos teóricos do programa e a orientación bibliográfica dos mesmos.
Prácticas a través de TIC Actividade na que os estudantes visualizan modelos anatómicos do aparato locomotor (en 3D) para facilitar o recoñecemento espacial e función dos ósos, articulacións e músculos.
Proba mixta Proba escrita con pregunta curta e tipo test para avaliar, fundamentalmente, a aprendizaxe dos contidos teóricos.
Presentación oral Actividade na que os estudantes expoñen verbalmente o contido/ resultados dos traballos tutelados.
Prácticas de laboratorio Actividade na que os estudantes visualizan as estructuras torácicas e abdominais mediante a disección dun animal no qurirofano experimental.
Actividade na que os estudantes mediante a utilización da osteoteca do laboratorio profundizan nos coñecemento relacionado co aparato locomotor.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba mixta
Descrición
A atención personalizada relacionada coa proba mixta ten como finalidade atender as consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia. Farase de forma individualizada, ben de maneira presencial ou a través do correo electrónico.

A atención personalizada relacionada cos traballos tutelados ten como finalidade orientar os estudantes na realización dos traballos. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial ou a través do correo electrónico.





Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 B1 B7 B8 C1 C7 C9 A avaliación dos traballos farase tendo en conta os seguintes apartados:
. Descripción da estructura, morfoloxia e función dos distintos órganos e sistemas corporais, e as súas relacións en condicións de normalidade.
. Utilización de léxico específico.
Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. A puntuación mínima para superar a proba será de 5.
20
Proba mixta A1 B8 C1 C9 A proba constará de preguntas curtas e tipo test, relacionadas con contidos teóricos, lecturas e traballos tutelados.
Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. A puntuación mínima para superar a proba será de 5.
80
 
Observacións avaliación

Poderase realizar una avaliación parcial mediante una proba mixta das mesmas características cás descritas na avaliación. De realizarse, concertarase a data segundo o desenvolvemebto do programa.

2ª oportunidade , adianto de oportunidade e estudantes con matricula parcial a proba mixta é o 100% da cualificación.

A realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada,
implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se
cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se
produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose
necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica Martini, Frederic H (2018). Anatomía Humana, 9/e. Pearson
Netter FH. (2015). Atlas de Anatomía Humana. 6ª ed. Elsevier
Drake RL, Mitchell AWM, Vogl W (2015). Gray. Anatomía para estudiantes (3ª ed). Elsevier
Drake RL, Mitchell AWM, Vogl W (2013). GRAY: Anatomia basica (1ª ed). Elsevier
Tortora, Derrickson ( 2018). Principios de Anatomía y Fisiología (15ª ed). Panamericana
Gilroy, Voll, Wesker (2015). Prometheus. Anatomía. Manual para el estudiante. Panamericana
Anne M. Gilroy, Brian R. MacPherson, Lawrence M. Ross, Michael Schünke, Erik Schulte, Udo Schumacher (2013). PROMETHEUS.Texto y atlas de anatomía. 2ª ed. Panamericana
Paulsen F (2012). SOBOTTA. Atlas de anatomia humana (3 VOLS.) 23ª Ed. Elsevier

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Bioloxía/661G01002
Coidados Básicos en Enfermaría/661G01006
Fisioloxía/661G01105

Materias que continúan o temario
Enfermaría clínica III/661G01017
Enfermaría materno-infantil/661G01018
Enfermaría Clínica I/661G01034
Enfermaría Clínica II/661G01035

Observacións

Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO:

 

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

 NO CASO DE QUE A ENTREGA dos traballos, fose en papel:

- Non se empregarán plásticos

- Realizaranse impresións a dobre cara

- Empregarase preferntemente papel reciclado

- Evitarase a impresión de borradores.

 

- Na realización dos traballos tutelados, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluido aquel obtido a través de Internet, sen indicación expresa da sua procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade.

  - Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

  - Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías