Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Bioloxía Código 661G01002
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Fojón Polanco, Salvador Antonio
Correo electrónico
s.fojon@col.udc.es
Profesorado
Fojón Polanco, Salvador Antonio
Correo electrónico
s.fojon@col.udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral O propósito desta materia é abordar o coñecemento e comprensión dos principios básicos da bioloxía humana molecular e celular, a histoloxía e xenética humana, sobre a base do seu fundamento evolutivo e a relación morfoloxía- función. Asi como, iniciar ao estudantado no coñecenento da bioloxía dos microorganismos e dos parásitos, abordando aspectos estructurais, metabólicos e funcionais, comprendendo a importância dos microorganismos no equilíbrio saúde enfermidade, tanto no individuo como na comunidade.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A2 Comprender as bases moleculares e fisiolóxicas das células e os tecidos.
A3 Comprender a morfoloxía e a fisioloxía dos microorganismos e os parasitos.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 CB1.- Que os estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parta da base da educación secundaria xeral, e sólese atopar a un nivel que, si ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda dun campo de estudo.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Describrir a estrutura, orixe e función dos compoñentes celulares, tanto nas células eucarióticas como procarióticas. A2
B1
C1
C9
Recoñecer e diferenciar a organización, estrutura e función dos tecidos que constitúen os distintos órganos humanos. A2
B1
B8
C1
Comprender a organización, transmisión, expresión e mutacións do material xenético. A2
B1
C1
C9
Identificar os elementos que caracterizan o sistema ecolóxico do home, valorando a incidencia destes factores no ciclo saúde-enfermidade. A2
A3
B1
B3
B8
B20
C1
C3
Adquirir os coñecementos básicos sobre a bioloxía no seus aspectos metabólicos, xenéticos, ecolóxicos, taxonómicos, evolutivos e aplicados A3
B1
B2
B8
C1
C6
Coñecer e aplicar correctamente o vocabulario e a terminoloxía específica da microbioloxía A3
B1
B8
C1
C3
Identificar os microorganismos como produtores de enfermidade, recoñecer os mecanismos de transmisión das enfermidades infecciosas, explicar as resistencias naturais do corpo ante os axentes infecciosos. A3
B1
B8
C1
C6
Identificar as enfermidades infecciosas e parasitoses máis comúns, os seus axentes etiolóxicos, sintomatoloxía, tratamento e epidemioloxía. A3
B8
B11
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
UNIDADE I. INTRODUCIÓN Á BIOLOXÍA CELULAR E MOLECULAR
TEMA 1. Teoría celular
TEMA 2. Célula procariota e eucariota
TEMA 3. Membrana celular:
TEMA 3.1. Citoplasma e organelas
TEMA 3.2. Tráfico celular
TEMA 3.3. Núcleo

UNIDADE II. COMPOSICIÓN E ORGANIZACIÓN DA MATERIA DOS SERES VIVOS TEMA 1. Principios inmediatos: orgánicos e inorgánicos
TEMA 2. Principais rutas metabólicas


UNIDADE III. HISTOLOXÍA
TEMA 1. Introdución á Histoloxía
TEMA 2. Concepto de tecido
TEMA 3. Tecidos animais
TEMA 3.1. Tecido epitelial
TEMA 3.2. Tecido conectivo
TEMA 3.3. Tecido muscular (Liso e estriado)
TEMA 3.4. Tecido nervioso
UNIDADE IV. XENÉTICA
TEMA 1. Introdución á xenética
TEMA 2. Mecanismos xenéticos básicos
TEMA 3. Reprodución e transmisión da herencia
TEMA 3.1. Xenética bacteriana
TEMA 3.2. Herencia mendeliana e enfermidades monoxénicas
TEMA 3.3. Mutacións e variantes xenéticas
TEMA 3.4. Xenética molecular
UNIDADE V. INMUNOLOXÍA TEMA 1. Introdución á inmunoloxía
TEMA 2. Sistema inmune innato
TEMA 3. Sistema inmune adaptativo
UNIDADE VI. MICROBIOLOXÍA E PARASITOLOXÍA TEMA 1. Morfoloxía e fisioloxía dos microorganismos e axentes infecciosos más frecuentes no home.
TEMA 1.1. Virus
TEMA 1.2. Bacterias
TEMA 1.3. Parásitos
TEMA 1.4. Fungos e levaduras
TEMA 2. Crecemento microbiano e o seu control
TEMA 3. Infección e resistencia á infección



Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A2 A3 B3 B8 B11 C1 2 31 33
Presentación oral A2 A3 B2 B3 C1 C3 1 10 11
Traballos tutelados B1 B20 C1 C3 C9 5 18 23
Sesión maxistral A2 A3 B3 B11 B20 C6 C8 C9 28 28 56
Estudo de casos B1 B2 B3 B8 B11 B20 C1 C3 C6 C8 C9 10 15 25
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Proba escrita con pregunta curta e tipo test para avaliar, fundamentalmente, a aprendizaxe dos contidos teóricos.
Presentación oral Actividade na que o estudantado expón verbalmente o contido/ resultados dos traballos tutelados.
Traballos tutelados Actividade na que o estudantado, de xeito autónomo, profundiza ou relaciona coñecementos expostos polo/a profesor/a.
Sesión maxistral Actividade na que o profesor expón de maneira oral e con medios audiovisuais contidos teóricos do programa e a orientación bibliográfica dos mesmos.
Estudo de casos Actividade na que o estudantado analiza un suposto dentro das seguintes modalidaes: resolución de problemas ou comprensión

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizado relacionada coa proba mixta ten como finalidade atender as consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia. Farase de forma individualizada, ben de maneira presencial ou a través do correo electrónico.

A atención personalizada relacionada cos traballos tutelados ten como finalidade orientar ao estudantado na realización dos traballos. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial ou a través do correo electrónico.


Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A2 A3 B3 B8 B11 C1 A proba constará de preguntas tipo test, relacionadas con contidos teóricos, lecturas, estudo de casos e traballos tutelados.
Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. A puntuación mínima para superar a proba será de 5.
70
Traballos tutelados B1 B20 C1 C3 C9 A avaliación dos traballos farase tendo en conta os seguintes apartados:
. Descrición e síntese da información dos contidos ou temas relativos aos traballos.
. Utilización de léxico específico.
Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. A puntuación mínima para superar a proba será de 5.
30
 
Observacións avaliación

Poderase realizar unha avaliación parcial madiante una proba mixta das mesmas características ca as descritas na avaliación. De realizarse, concertarase a data segundo o desenvolvemento do programa.

Na segunda oportunidade conservarase a avaliación dos traballos tutelados acadada na primeira.

Adianto de oportunidade e estudantado con matrícula parcial: proba mixta 100% da cualificación.

A realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada,
implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se
cometa: o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se
produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose
necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica FORTOUT, T.; GONZÁLEZ, A.E. (2020). Biología celular e histología : preguntas y respuestas. Ciudad de México: TD&IS
FOJON POLANCO, S. (2019). Biología Humana. Oza-Cesuras (A Coruña): Biblos Clube de lectores
LIEBERMAN, M.; MARKS, A.D.; PEET, A. (2013). Bioquímica Médica Básica: Un enfoque clínico. L'Hospitalet de Llobregat, Barcelona : Wolters Kluwer Health. 4ª Edición
VOET, D.; VOET, J.G.; PRATT, C.W. (2016). Fundamentos de bioquímica: La vida a nivel molecular. Buenos Aires: Panamericana. 4ª Edición
PIERCE, B.A. (2023). Fundamentos de genética: Conceptos y relaciones. Madrid: Editorial Médica Panamericana. 5ª EDICIÓN
RODWELL, VICTOR W. (2018). Harper: Bioquímica ilustrada. Mexico D.F.: McGraw-Hill. 31ª Edición
COOPER, G.M.; HAUSMAN, R.E.; WRIGHT, N. (TRAD) (2017). La célula. Madrid: Marbán. 7ª Edición
CASSIMERIS, L.; LINGAPPA, V.R.; PLOPPER, G. (2012). Lewin Células. Mexico D.F.: McGraw-Hill. 2ª Edición
DE LA ROSA, M.; PRIETO, J.; NAVARRO, J.M. (2011). Microbiología en ciencias de la salud: conceptos y aplicaciones. Barcelona: Elsevier. 3ª Edición
MURRAY, P.R.; ROSENTHAL, K.S.; PFALLER, M.A. (2021). Microbiología médica. Madrid: Elsevier. 9ª Edición

Recursos internet

http://www.microbiol.org/vl_micro

www.seimc.org

www.cdc.org

Bibliografía complementaria PANIAGUA, R. (2003). Biología Celular. Madrid : McGraw-Hill Interamericana
MADIGAN, M. T.; MARTINKO, J.M.; PARKER, J.; BROCK, T.D. (2003). Brock, Biología de los Microorganismos. Madrid: Prentice Hall. 10ª Edición


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Anatomía/661G01001
Fisioloxía/661G01105

Materias que continúan o temario
Enfermaría Comunitaria I/661G01014
Enfermaría clínica III/661G01017
Estancias Clinicas I/661G01025
Enfermaría Clínica I/661G01034
Enfermaría Clínica II/661G01035

Observacións

Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XÉNERO:

 

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

 

NO CASO DE QUE A ENTREGA dos traballos, fose en papel:

- Non se empregarán plásticos

- Realizaranse impresións a dobre cara

- Empregarase, preferentemente, papel reciclado

- Evitarase a impresión de borradores.

 

- Na realización dos traballos tutelados, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluido aquel obtido a través de Internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade.

 

 

- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

 

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado.

 

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

 

- Prestará especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

 

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías