Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Bases para a interpretación do coñecemento científico Código 661G01008
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Enfermaría
Coordinación
Fernández Fraga, María Ines
Correo electrónico
ines.fernandez.fraga@udc.es
Profesorado
Fernández Fraga, María Ines
Correo electrónico
ines.fernandez.fraga@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral Esta materia consta de dúas partes diferenciadas: Metodoloxía da Investigación Cualitativa (2 ECTs) e Bioestatística e Metodoloxía da Investigación Cuantitativa (4 ECTs). Cada parte da materia é impartida por profesores especializados en cada unha das áreas. A finalidade común é establecer os elementos metodolóxicos, cuantitativos e cualitativos, que necesita o/a estudante para ser consumidor/a crítico/a da información científica da súa disciplina no ámbito das Ciencias da Saúde.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
1.- Identificar e describir os principais fundamentos teóricos da investigación cualitativa A18
B1
B3
C6
C7
C8
2.- Identificar e describir as características metodolóxicas da investigación cualitativa A18
B1
B3
B21
B23
C6
C7
C8
C11
3.- Describir os métodos e as técnicas para a obtención e a análise de datos cualitativos A18
B1
B3
B8
B11
B21
B23
C6
C7
C8
C11
C13
4.- Identificar e describir as características metodolóxicas da investigación cuantitativa A19
A20
B1
B3
B8
B11
B21
B23
C6
C7
C8
C11
C13
5.- Describir e utilizar os métodos estadísticos frecuentes en estudios da área de ciencias da saúde A19
A20
B1
B3
B8
B11
B21
B23
C6
C7
C8
C11
C13
6.- Comprender os elementos necesarios para a execución dun estudio clínico-epidemiolóxico A19
A20
B1
B3
B8
B11
B21
B23
C6
C8
C11
C13

Contidos
Temas Subtemas
TEMA I: Fundamentos da investigación cualitativa. Características. Deseño cualitativo. Pregunta de investigación.
1.1. Investigación cualitativa en enfermaría.
1.2. Fontes de coñecemento e investigación científica.
1.3. Paradigmas da investigación en ciencias da saúde e fundamentos da investigación cualitativa.
1.4. Deseño cualitativo: Pregunta de investigación. Proceso circular na investigación.

Tema II: Investigación cualitativa: métodos e técnicas de colleita de datos. 2.1. Principais Métodos.
2.1.1. Fenomenolóxico.
2.1.2. Teoría fundamentada.
2.1.3. Etnográfico.
2.1.4. Estudios de caso.
2.1.5. Historias de vida.
2.2. Principais Técnicas:
2.1.1. A observación.
2.1.2. Técnicas conversacionais:
2.1.2.1. Entrevista en profundidade e entrevista semiestructurada.
2.1.1.2. Grupos de discusión.
2.3. Rol do investigador.
2.4. A selección de participantes.
Tema III: Investigación cualitativa: análise de datos e elaboración de informe 3.1. Análise cualitativa.
3.2. O rigor na investigación.
3.3. A ética na investigación cualitativa.
3.4. Presentación do informe final.
TEMA IV: Bioestatística 4.1. Concepto de estatística. Tipo de variables e codificación.
4.2. Métodos de recollida de datos. Tipos de cadernos de recollida de datos.
4.3. Programas informáticos para análise estatística.
4.4. Análise descritiva e representación gráfica de datos.
4.5. Cálculo de probabilidades. A distribución normal. Características e aplicacións.
4.6. Introdución á estatística inferencial. Estimación de parámetros e intervalos de confianza.
4.7. Introdución aos contrastes de hipóteses. A significación estatística. Erro de tipo I e erro de tipo II. Potencia estatística.
4.8. Cálculo do tamaño da mostra.
4.9. Datos relacionados e independentes.
4.10. Análise estatística bivariada. Probas paramétricas e non paramétricas.
4.11. Introdución á análise multivariante. Regresión lineal múltiple, regresión loxística e regresión de Cox.
4.12. Significación estatística vs. Relevancia clínica.
4.13. Medidas de frecuencia de enfermidade.
4.14. Cuantificación do risco e medidas de efecto.
Tema V: Metodoloxía de investigación cuantitativa 5.1. Tipos de estudos clínico-epidemiolóxicos.
5.2. Esquema básico dun protocolo de investigación en Ciencias da Saúde.
5.3. Poboación e xustificación da mostra. Tipos de mostraxe.
5.4. Lectura e análise de resultados dun artigo de investigación en Ciencias da Saúde.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A18 A19 A20 B1 B3 B8 B11 B21 B23 C6 C7 C8 C11 C13 11 22 33
Presentación oral A18 A19 A20 B1 B3 B8 B11 C11 1 3 4
Sesión maxistral A18 A19 A20 B1 B3 B8 B11 C8 C11 C13 20 28 48
Solución de problemas A18 A19 A20 B8 C7 C11 C13 6 9 15
Lecturas A18 A19 A20 B1 B3 B8 B11 B21 B23 C6 C8 C11 C13 0 20 20
Prácticas a través de TIC A19 A20 B1 B3 B8 B11 C6 C7 C8 C11 C13 8 12 20
Proba mixta A18 A19 A20 B3 B8 B11 C6 C11 2 0 2
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa "Metodoloxía Cualitativa": As/os estudantes en grupo ou individualmente realizarán actividades relacionadas cos contidos, dende a proposta dunha pregunta, á lectura crítica dun informe final e á realización dunha proposta de investigación cualitativa.
Presentación oral "Metodoloxía Cualitativa": Presentación da proposta de investigación elaborada individualmente ou en grupo.
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesor dos contidos téoricos de cada tema da materia, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de exemplos e preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe

Solución de problemas Formulación aos alumnos de casos prácticos que deben resolver facendo uso dos coñecementos teóricos que se traballan na materia
Lecturas Revisión de textos e documentos dixitais como profundización dos contidos traballados na materia
Prácticas a través de TIC Actividades de carácter práctico, mediante a utilización das TIC, para aplicar na práctica os contidos teóricos da materia. Utilizarase software de análise estatística e epidemiolóxica
Proba mixta Proba obxectiva que pode integrar preguntas test, de resposta breve e/ou exercicios de cálculo

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Solución de problemas
Prácticas a través de TIC
Descrición
A atención personalizada relacionada con estas metodoloxías ten como finalidade orientar as/os estudantes na realización dos traballos propostos. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial ou telemática (a través do correo electrónico, Moodle ou Teams)

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A18 A19 A20 B1 B3 B8 B11 B21 B23 C6 C7 C8 C11 C13 "Metodoloxía de Investigación Cualitativa":
O traballo tutelado realizado como actividade de grupo será entregado previamente á súa exposición.
A nota representará o 80% da cualificación total desta parte da materia.
24
Proba mixta A18 A19 A20 B3 B8 B11 C6 C11 "Metodoloxía de Investigación Cualitativa":
Proba escrita con preguntas tipo test e/ou curtas relacionadas cos contidos teóricos, lecturas e aprendizaxe colaborativa.
A nota representará o 20% da cualificación total desta parte da materia.

"Metodoloxía de Investigación Cuantitativa/Bioestatística":
A proba escrita constará de preguntas tipo test, preguntas de resposta breve e/ou exercicios de cálculo relacionados cos contidos teóricos, coas lecturas e cos problemas expostos no desenvolvemento da materia.
A nota representará o 50% da cualificación total desta parte da materia.
41
Solución de problemas A18 A19 A20 B8 C7 C11 C13 "Metodoloxía de Investigación Cuantitativa/Bioestatística": Realizaránse probas de coñecemento ou boletíns de exercicios prácticos e/ou estudos de casos que se deben resolver de xeito individual ou en grupos mediante a aplicación dos coñecementos traballados e o uso de programas estatísticos-epidemiolóxicos.

Puntuarase:
- A entrega da totalidade dos traballos propostos
- A adecuación das respostas proporcionadas
- A presentación e a claridade na descripción dos resultados
- A utilización das ferramentas informáticas e os recursos web axeitados para a resolución do problema

Estas probas puntuarase de 0 a 10 puntos. A nota representará o 50% da cualificación total desta parte da materia.
35
 
Observacións avaliación

A materia Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico consta de 2 bloques:

• METODOLOXÍA DA INVESTIGACIÓN CUALITATIVA (2 ECTs): a cualificación deste bloque representará o 30% da nota final

• BIOESTATÍSTICA E METODOLOXÍA CUANTITATIVA (4 ECTs): a cualificación deste bloque representará o 70% da nota final.

O criterio para a superación da materia é que cada un dos bloques sexan superados.

No caso de que a/o estudante non realice algunha das actividades da aprendizaxe solicitadas en cada unha das metodoloxías de avaliación, as devantidas actividades estas serán cualificadas con 0 puntos.

Se a/o estudante non superase algún dos bloques da materia na 1ª oportunidade, a nota que figurará será a correspondente á parte suspensa.

A cualificación final calcularase de acordo ao número de créditos de cada unha das partes da materia. Por tanto, a nota final será a media ponderada calculada coa fórmula: Nota final = 0,3 * Nota Investigación Cualitativa + 0,7 * Nota Investigación Cuantitativa/ Bioestatística.

SEGUNDA OPORTUNIDADE: A/o estudante deberá presentarse á avaliación daquelas metodoloxías non superadas na 1ª oportunidade.

OPORTUNIDADE ADIANTADA: Proba mixta 80% (inclúe preguntas relativas o desenvolvemento dos contidos). O traballo tutelado suporá o 20% da avaliación.

MATRICULA A TEMPO PARCIAL: As metodoloxías e porcentaxes a aplicar serán as mesmas. Na metodoloxía de solución de problemas e aprendizaxe colaborativo, as/oos estudantes deberán realizar as entregas propostas e as probas escritas durante o curso. As actividades e o traballo tutelado en investigación cualitativa poderá realizarse de xeito individual ou grupal, segundo acordo coa/o estudante.

FRAUDE: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: a/o estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do "I Plan de Sustentabilidade Medio-Ambiental do Green Campus ", os traballos que se realicen nesta materia solicitaranse en formato virtual e soporte informático. De realizarse en papel:

a.-Non se empregarán plásticos.

b.- Realizaranse impresións a dobre cara.

c.- Empregarase papel reciclado.

d.- Evitarase a impresión de borradores, moi especialmente en cor.


Fontes de información
Bibliografía básica Strauss A. (2008). Bases de la investigación cualitativa. Medellín: Editorial Universidad de Antioquia
Callejo J (2001). El grupo de discusión: introducción a una práctica de investigación. Barcelona: Ariel
Fortín MF (1999). El proceso de investigación: de la concepción a la realización. Madrid: Mc Graw-Hill/Interamericana
Fletcher RH, Fletcher SW (2007). Epidemiología Clínica (4ª ed.). . Lippincott Williams & Wilkins
Marcia Soler L, Moncho Vasallo J (2021). Estadística aplicada a las ciencias de la salud. . Elsevier
Vázquez Navarrete ML (2006). Introducción a las técnicas cualitativas de investigación aplicadas en salud. Barcelona: Universidad Autónoma de Barcelona
Taylor S, Bogdan R (1996). Introducción a los métodos cualitativos de investigación. Barcelona: Paidós
Polit D, Hungler B (2000). Investigación científica en ciencias de la salud (9ª ed.). México: Mc Graw-Hill/Interamenticana
Aranzamendi M, López-Dicastillo, VC (2021). Investigación Cualitativa. Eunate
Pedraz Marcos A, Zarco Colón J, Ramasco Gutiérrez M, Palmar Santos AM (2014). Investigación cualitativa. Barcelona: Elsevier España
Mercado FJ, Gastaldo D, Calderón C (2002). Investigación cualitativa en salud en Iberoamérica. Métodos, análisis, ética. Guadalajara (México): Universidad de Guadalajara
Burns N, Grove S (2004). Investigación en enfermería (5ª ed.). Madrid: Elsevier
Grove S. (2019). Investigación en enfermería: desarrollo de la práctica enfermera basada en la evidencia. Barcelona: Elsevier
Cabello López JB (2021). Lectura crítica de la evidencia clínica (2ª ed.). Elsevier
Rodríguez Gómez G, Gil Flores J, García Jiménez E (1996). Metodología de la investigación cualitativa. Granada: Aljibe
Ruiz Olabuénega JI. (2012). Metodología de la Investigaicón Cualitativa. Bilbao: Universidadd de Deusto
Argimón Pallás & Jiménez Villa (2019). Métodos de investigación clínica y epidemiológica (5ª ed.). Barcelona: Elsevier
LoBiondo-Wood G (2018). Nursing Research. Methods and Critical Appraisal for Evidence-Based Practice. St. Louis: Mosby – Elsevier
Mercado FJ, Gastaldo D, Calderón C (2002). Paradigmas y diseños de la investigación cualitativa en salud. Una antología iberoamericana. Guadalajara (México): Universidad de Guadalajara
Altman DG (1991). Practical statistics for medical research. Chapman & Hall
Holloway I (2017). Qualitative research in nursing and healthcare. Chichester: Wiley

Bibliografía complementaria

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/661G01004

Materias que continúan o temario

Observacións

A materia Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico establece os elementos metodolóxicos, cuantitativos e cualitativos, que necesita a/o estudante para ser consumidor crítica/o da información científica da súa disciplina. É por iso que en todas as materias posteriores de 2º, 3º e 4º Grao de Enfermería as/os estudantes, de modo transversal, terán que facer uso das competencias adquiridas nesta materia. Será unha necesidade, nas materias subseguintes, profundar desde un enfoque práctico e clínico na capacidade da/o estudante para consumir información científica, realizar unha análise crítica da mesma, aplicala no contexto de cada materia e nos casos que o precisen tomar decisións clínicas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías