Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Enfermaría Comunitaria I Código 661G01014
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Seijo Bestilleiro, Rocio
Correo electrónico
r.seijob@udc.es
Profesorado
García Rodríguez, María Teresa
Seijo Bestilleiro, Rocio
Correo electrónico
m.t.garcia.rodriguez@udc.es
r.seijob@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral O desenvolvemento da asignatura debe familiarizar os estudantes co método epidemiolóxico para utilizalo a cotio como instrumento de traballo na análise, planificación e realización das súas actividades de cuidados (promoción, prevención, diagnósticas, curativas e de investigación). Especialmente contextualizado no ámbito poblacional co estudo dos grandes problemas de salud que afectan as nosas comunidades.


Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Comprender a evolución historica e a situación actual da enfermeria comunitaria. Identificar o obxectivo fundamental das intervencións das enfermeiras/os na comunidade. A30
A33
B6
B10
B16
B20
B24
C10
C11
C12
Identificar e analizar factores determinantes da saúde (biolóxicos, ambientais, estilos de vida, e sistemas sanitarios). A29
A30
B1
B3
B16
B24
C4
C10
C11
C12
Desenvolver habilidades para identificar, analizar e interpretar datos estatísticos referidos a estudos poboacionais. A31
A32
B1
B3
B6
C8
C10
C11
C12
Utilizar ferramentas informáticas de utilidade para análise de datos tabulados e análise estatístico de bases de datos. A29
A30
A31
A32
B1
B3
C6
C8
Características e obxectivos dos distintos tipos de estudos epidemiolóxicos. Técnicas e instrumentos de recollida de datos. A29
A30
A31
A32
B1
B3
B6
C6
C8
C11
Describir a epidemioloxía das enfermidades transmisibles e non transmisibles na comunidade. A29
A30
A31
A32
A33
B1
C8

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE TEMATICO I.- SALUD E FACTORES DETERMINANTES -Conceptualización e evolución do concepto de saúde
-Factores determinantes da saúde: Biolóxicos, ambientais, estilo de vida e servizo sanitario
-Repercusións dos determinantes da saúde na saúde individual, familiar e comunitaria
BLOQUE TEMATICO II.- FUNDAMENTACION TEÓRICA E XENERALIDADES DA SAUDE PÚBLICA E ENFERMARÍA COMUNITARIA -Concepto e funcións da saúde pública. A saúde pública en España
-Funcións e actividades da saúde pública: A promoción da saúde. Programa de actividades preventivas e de promoción da saúde.
-Da enfermaría da saúde pública á enfermaría comunitaria. Situación actual.
-A comunidade como suxeito de atención da enfermaría comunitaria
-O diagnóstico de saúde na comunidade e planificación sanitaria para enfermeiros comunitarios
BLOQUE TEMATICO III.- DEMOGRAFIA E ESTATÍSTICAS DE POBOACIÓN -Fontes de información demográfica.
-Estrutura de poboación.
-Mortaldade. Esperanza de vida. Natalidade e fecundidade.
-Movementos migratorios.
-Transición demográfica, epidemiolóxica e sanitaria.
-Medidas de frecuencia de enfermidade
BLOQUE TEMATICO IV.- EPIDEMIOLOXÍA XERAL -Concepto de epidemioloxía dentro da saúde pública
-Historia natural das enfermidades
-Determinación de causalidade
-Epidemioloxía das enfermidades transmisibles
-Epidemioloxía das enfermidades non transmisibles
-Vixilancia epidemiolóxica
BLOQUE TEMATICO V.- EPIDEMIOLOXÍA CLÍNICA -Validez das probas diagnósticas
-Detección precoz de enfermidades con probas de cribado
BLOQUE TEMATICO VI.- EPIDEMIOLOXÍA APLICADA
-A epidemioloxía na planificación dos servizos de saúde
-¿Qué e un diagnóstico de saúde?
-¿Qué indicadores están accesibles?

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A29 A30 A31 A32 A33 B1 B3 B6 B10 B16 B20 B24 C4 C6 C8 2 35 37
Sesión maxistral A29 A30 A31 A32 A33 B1 B3 B6 B16 B20 B24 C6 C8 14 42 56
Prácticas a través de TIC A32 B1 B3 C8 6 0 6
Traballos tutelados A29 A30 A31 A32 A33 B1 B3 B10 B16 B20 C6 C8 14 0 14
Proba de ensaio A29 A31 A32 B1 B3 B10 B16 B20 B24 C4 2 20 22
Lecturas A29 A30 A31 A32 A33 B1 B3 B6 B16 B24 C4 C6 C8 4 10 14
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba escrita tipo test e/ou pregunta curta.
Sesión maxistral Actividade na que o profesor expón de maneira oral e con medios audiovisuais contidos teóricos do programa e a orientación bibliográfica dos mesmos.
Prácticas a través de TIC Actividade na que os estudantes traballarán con tres programas que permiten realizar analise estatístico e epidemiolóxico.
Traballos tutelados Actividade na que os estudantes de forma autónoma profundizan e relacionan coñecementos expostos polo profesor.
Proba de ensaio Proba individual escrita de preguntas cortas e exercicios.
Lecturas Actividade na que o estudante a través da lectura de artigos científicos analiza os tipos de estudos de investigación e a metodoloxía.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Sesión maxistral
Lecturas
Traballos tutelados
Prácticas a través de TIC
Proba de ensaio
Descrición
A atención personalizada relacionada coa proba obxectiva ten como finalidade atender ás consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia. Farase de forma individualizada, ben de maneira presencial ou a través do correo electrónico ou video-conferencia.

A atención personalizada relacionada cos traballos tutelados ten como finalidade orientar os estudantes na realización dos traballos. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial ou a través de video-conferencia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A29 A30 A31 A32 A33 B1 B3 B6 B10 B16 B20 B24 C4 C6 C8 A proba constará de preguntas tipo test e/ou preguntas cortas relacionadas con contidos teóricos, lecturas, e traballos tutelados. Cada resposta errónea restara 0,125 puntos.
Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. A puntuación mínima para superar a proba será de 5. É preciso ter esta aparte aprobada para facer media ca parte practica.
60
Traballos tutelados A29 A30 A31 A32 A33 B1 B3 B10 B16 B20 C6 C8 A avaliación dos traballos farase tendo en conta os seguintes apartados:
-Traballo cos programas Excel, Epidat e SPSS
-Descrición e síntese da información dos contidos ou temas relativos aos traballos
-Exercicios realizados de forma individual
Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. A puntuación mínima para superar a proba será de 5. Fara media ca proba obxectiva ainda que non se supere a puntuacion minima desta parte
40
 
Observacións avaliación

cualificación de Matricula de Honra poderá ser obtida polos alumnos que teñan un mínimo de 9, tendo preferencia os que obtiveran a nota máis alta. En caso de igual puntuación e haxa máis aspirantes que matrículas, prevalecerá o alumno que obtivese a maior nota na metodoloxía de maior peso porcentual. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica

BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA:

1.- Argimón Pallàs JM, Jiménez Villa J. Métodos de investigación clínica y epidemiológica. 5ª ed. Madrid: Elsevier; 2019

2.- Hernandez-Aguado I, Lumbreras Lacarra B.  Manual de Epidemiología y Salud Pública para Grados en Ciencias de la Salud. 3ª ed. Panamericana; 2018

3.- Celentano & Szklo. GORDIS Epidemiologia. 6ª ed. Madrid: Elsevier; 2019.

4.- Piedrola Gil. Medicina Preventiva y Salud Pública. 12ª ed. Madrid Elsevier: 2016

5.- Martínez JR, Del Pino R (2020). Manual práctico de enfermería comunitaria. BARCELONA: ElSEVIER

6.- Acinas P et al. (2018). Enfermería Familiar y Comunitaria. Formación Alcalá

8.- Martin A, Jodar G (2018). Atención Familiar y Salud Comunitaria: Conceptos y Materiales para Docentes y Estudiantes. BARCELONA: ELESEVIER

9.- Campo A (2009). Enfermería comunitaria. Madrid: Difusión Avances de enfermería

10.- Frías A (2000). Salud Pública y educación para la salud. Masson

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Bioloxía/661G01002
Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/661G01004
Bases para a interpretación do coñecemento científico/661G01008

Observacións

Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

No caso de que a entrega dos traballos, fose en papel:

- Non se empregarán plásticos

- Realizaranse impresións a dobre cara

- Empregarase papel reciclado

- Evitarase a impresión de borradores.

- Na realización dos traballos tutelados, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluíndo aquel obtido a través de Internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade.

- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestará especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías