Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A29 |
Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas do entorno, para atender as persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade. |
A30 |
Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos. |
A31 |
Aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde mais relevantes nunha comunidade. |
A32 |
Analizar os datos estatísticos referidos a estudios poblacionais, identificando as posibles causas de problemas de saúde. |
A33 |
Educar, facilitar e apoiar a saúde e o benestar dos membros da comunidade, cuxas vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B10 |
Capacidade para adaptarse ás situacións novas. |
B16 |
Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade. |
B20 |
Sensibilidade cara a temas medioambientais. |
B24 |
Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
C10 |
CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
C11 |
CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
C12 |
CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprender a evolución historica e a situación actual da enfermeria comunitaria. Identificar o obxectivo fundamental das intervencións das enfermeiras/os na comunidade. |
A30 A33
|
B6 B10 B16 B20 B24
|
C10 C11 C12
|
Identificar e analizar factores determinantes da saúde (biolóxicos, ambientais, estilos de vida, e sistemas sanitarios). |
A29 A30
|
B1 B3 B16 B24
|
C4 C10 C11 C12
|
Desenvolver habilidades para identificar, analizar e interpretar datos estatísticos referidos a estudos poboacionais. |
A31 A32
|
B1 B3 B6
|
C8 C10 C11 C12
|
Utilizar ferramentas informáticas de utilidade para análise de datos tabulados e análise estatístico de bases de datos.
|
A29 A30 A31 A32
|
B1 B3
|
C6 C8
|
Características e obxectivos dos distintos tipos de estudos epidemiolóxicos. Técnicas e instrumentos de recollida de datos. |
A29 A30 A31 A32
|
B1 B3 B6
|
C6 C8 C11
|
Describir a epidemioloxía das enfermidades transmisibles e non transmisibles na comunidade. |
A29 A30 A31 A32 A33
|
B1
|
C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
BLOQUE TEMATICO I.- SALUD E FACTORES DETERMINANTES |
-Conceptualización e evolución do concepto de saúde
-Factores determinantes da saúde: Biolóxicos, ambientais, estilo de vida e servizo sanitario
-Repercusións dos determinantes da saúde na saúde individual, familiar e comunitaria
|
BLOQUE TEMATICO II.- FUNDAMENTACION TEÓRICA E XENERALIDADES DA SAUDE PÚBLICA E ENFERMARÍA COMUNITARIA |
-Concepto e funcións da saúde pública. A saúde pública en España
-Funcións e actividades da saúde pública: A promoción da saúde. Programa de actividades preventivas e de promoción da saúde.
-Da enfermaría da saúde pública á enfermaría comunitaria. Situación actual.
-A comunidade como suxeito de atención da enfermaría comunitaria
-O diagnóstico de saúde na comunidade e planificación sanitaria para enfermeiros comunitarios |
BLOQUE TEMATICO III.- DEMOGRAFIA E ESTATÍSTICAS DE POBOACIÓN |
-Fontes de información demográfica.
-Estrutura de poboación.
-Mortaldade. Esperanza de vida. Natalidade e fecundidade.
-Movementos migratorios.
-Transición demográfica, epidemiolóxica e sanitaria.
-Medidas de frecuencia de enfermidade |
BLOQUE TEMATICO IV.- EPIDEMIOLOXÍA XERAL |
-Concepto de epidemioloxía dentro da saúde pública
-Historia natural das enfermidades
-Determinación de causalidade
-Epidemioloxía das enfermidades transmisibles
-Epidemioloxía das enfermidades non transmisibles
-Vixilancia epidemiolóxica |
BLOQUE TEMATICO V.- EPIDEMIOLOXÍA CLÍNICA |
-Validez das probas diagnósticas
-Detección precoz de enfermidades con probas de cribado |
BLOQUE TEMATICO VI.- EPIDEMIOLOXÍA APLICADA
|
-A epidemioloxía na planificación dos servizos de saúde
-¿Qué e un diagnóstico de saúde?
-¿Qué indicadores están accesibles? |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba obxectiva |
A29 A30 A31 A32 A33 B1 B3 B6 B10 B16 B20 B24 C4 C6 C8 |
5 |
40 |
45 |
Sesión maxistral |
A29 A30 A31 A32 A33 B1 B3 B6 B16 B20 B24 C8 C6 |
14 |
42 |
56 |
Prácticas a través de TIC |
A32 B1 B3 C8 |
6 |
0 |
6 |
Traballos tutelados |
A29 A30 A31 A32 A33 B1 B3 B10 B16 B20 B24 C4 C6 C8 |
7 |
10 |
17 |
Estudo de casos |
A32 B3 C6 C8 C11 |
7 |
10 |
17 |
Seminario |
A29 A33 B10 B16 C4 C11 C12 |
2 |
0 |
2 |
Análise de fontes documentais |
A29 A30 A31 A32 A33 B1 B3 B6 B16 B24 C4 C6 C8 |
2 |
4 |
6 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba obxectiva |
Evaluara os traballos tutelados e o estudo de casos.
Teoria: Proba escrita tipo test e/ou pregunta curta. Practicas: Proba individual escrita de preguntas cortas e exercicios. |
Sesión maxistral |
Actividade na que o profesor expón de maneira oral e con medios audiovisuais contidos teóricos do programa e a orientación bibliográfica dos mesmos. |
Prácticas a través de TIC |
Actividade na que os estudantes traballarán con tres programas que permiten realizar analise estatístico e epidemiolóxico. |
Traballos tutelados |
Actividade na que os estudantes de forma autónoma profundizan e relacionan coñecementos expostos polo profesor. |
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. |
Seminario |
Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. |
Análise de fontes documentais |
Actividade na que o estudante a través da lectura de artigos científicos analiza os tipos de estudos de investigación e a metodoloxía. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
Proba obxectiva |
Sesión maxistral |
Análise de fontes documentais |
Traballos tutelados |
Prácticas a través de TIC |
Seminario |
|
Descrición |
A atención personalizada relacionada coa proba obxectiva ten como finalidade atender ás consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia. Farase de forma individualizada, ben de maneira presencial ou a través do correo electrónico ou video-conferencia.
A atención personalizada relacionada cos traballos tutelados ten como finalidade orientar os estudantes na realización dos traballos. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial ou a través de video-conferencia.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A29 A30 A31 A32 A33 B1 B3 B6 B10 B16 B20 B24 C4 C6 C8 |
A proba constará de preguntas tipo test e/ou preguntas cortas relacionadas con contidos teóricos, lecturas, e traballos tutelados. Cada resposta errónea restara 0,125 puntos.
Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. A puntuación mínima para superar a proba será de 5. É preciso ter esta aparte aprobada para facer media ca parte practica. |
60 |
Traballos tutelados |
A29 A30 A31 A32 A33 B1 B3 B10 B16 B20 B24 C4 C6 C8 |
A avaliación dos traballos farase tendo en conta os seguintes apartados:
-Traballo cos programas Excel, Epidat e SPSS
-Descrición e síntese da información dos contidos ou temas relativos aos traballos
-Exercicios realizados de forma individual
Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. A puntuación mínima para superar a proba será de 5. Fara media ca proba obxectiva ainda que non se supere a puntuacion minima desta parte |
40 |
|
Observacións avaliación |
A cualificación de Matricula de Honra poderá ser obtida polos alumnos que teñan un mínimo de 9, tendo preferencia os que obtiveran a nota máis alta. En caso de igual puntuación e haxa máis aspirantes que matrículas, prevalecerá o alumno que obtivese a maior nota na metodoloxía de maior peso porcentual. O exame de recuperación non fara media ca parte practica da materia. En caso de que o alumnado non fixera previamente os traballos tutelados non poderan presentarse ao examen de recuperación. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA: 1.- Argimón Pallàs JM, Jiménez Villa J. Métodos de investigación
clínica y epidemiológica. 5ª ed. Madrid: Elsevier; 2019 2.- Hernandez-Aguado I, Lumbreras Lacarra B. Manual de Epidemiología y Salud Pública para
Grados en Ciencias de la Salud. 3ª ed. Panamericana; 2018 3.- Celentano
& Szklo. GORDIS
Epidemiologia. 6ª ed. Madrid: Elsevier; 2019. 4.- Piedrola Gil. Medicina Preventiva y Salud Pública. 12ª ed. Madrid Elsevier: 2016 5.- Martínez JR, Del Pino R (2020). Manual práctico de enfermería comunitaria. BARCELONA: ElSEVIER 6.- Acinas P et al. (2018). Enfermería Familiar y Comunitaria. Formación Alcalá 8.- Martin A, Jodar G (2018). Atención Familiar y Salud Comunitaria: Conceptos y Materiales para Docentes y Estudiantes. BARCELONA: ELESEVIER 9.- Campo A (2009). Enfermería comunitaria. Madrid: Difusión Avances de enfermería 10.- Frías A (2000). Salud Pública y educación para la salud. Masson |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Bioloxía/661G01002 | Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/661G01004 | Bases para a interpretación do coñecemento científico/661G01008 |
|
Observacións |
Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE
MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO: - A entrega dos traballos documentais que se realicen
nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen
necesidade de imprimilos. No caso de que a entrega dos traballos, fose en papel: - Non se empregarán plásticos - Realizaranse impresións a dobre cara - Empregarase papel reciclado - Evitarase a impresión de borradores. - Na realización dos traballos tutelados, o plaxio e a
utilización de material non orixinal, incluíndo aquel obtido a través de
Internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso
do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade. - Teranse en conta os principios éticos relacionados
cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. - Atendendo ás distintas normativas de aplicación para
a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva
de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula,
nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas
co alumnado. - Traballarase para identificar e modificar prexuízos
e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na
contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. - Prestará especial atención en detectar situacións de
discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas. - Facilitarase a plena integración do alumnado que por
razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |
|