Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado Código 661G01016
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
García Trigo, Beatriz
Correo electrónico
beatriz.trigo1@udc.es
Profesorado
García Trigo, Beatriz
Rumbo Prieto, José María
Correo electrónico
beatriz.trigo1@udc.es
jose.maria.rumbo@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral O propósito desta materia é conseguir que o alumnado, mediante un proceso de ensino-aprendizaxe, adquira as competencias básicas que lle permitan coñecer as normas legais de referencia no ámbito sanitario, saber os dereitos e as obrigas profesionais e dos usuarios; así como, adquirir as habilidades básicas fronte os problemas, dilemas e conflitos éticos ou bioéticos que poidan xurdir na práctica dos coidados de enfermaría, para tomar as mellores decisións que permitan un axeitado desenvolvemento ético-profesional.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A56 Coñecer a lexislación aplicable e o código ético e deontolóxico da enfermaría española, inspirado no código europeo de ética e deontoloxía de enfermaría.
A57 Prestar coidados, garantindo o dereito á dignidade, privacidade, intimidade, confidencialidade e capacidade de decisión do paciente e familia.
A58 Individualizar o coidado considerando a idade, o xénero, as diferenzas culturais, o grupo étnico, as crenzas e valores.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C10 CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Comprender e aceptar as condicións éticas legais e profesionais que conforman a práctica de enfermaría. A56
A57
B2
B3
B6
C1
C3
C4
C6
C7
C11
Recoñecer os códigos deontolóxicos da profesión e normas legais de ámbito profesional, asi como a lexislación en materia de saúde. A56
A57
A58
B1
B4
B5
B6
B8
B11
B12
B16
B24
C1
C4
C7
C10
C11
Identificar e xustificar o dereito á dignidade, privacidade, intimidade e conficencialidade das persoas con problemas de saúde. A56
A57
A58
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B11
B12
B16
B24
C1
C3
C4
C6
C7
C10
C12
Identificar e defender o dereito á información, á autonomía na toma de decisións do usuario e a súa familia. A56
A57
A58
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B11
B12
B16
B24
C1
C3
C4
C6
C7
C10
C11
C12
Interpretar e sintetizar críticamente as fontes de datos e a información que faciliten a libre elección do usuario. A56
A57
A58
B1
B2
B4
B5
B6
B8
B11
B16
B24
C1
C3
C4
C6
C7
C10
Identificar e utilizar intervencións enfermeiras no marco ético e deontológico da enfermaría A56
A57
A58
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B11
B12
B16
B24
C1
C3
C4
C6
C7
C10
C11
C12

Contidos
Temas Subtemas
1- CONSIDERACIÓNS XERAIS DE ÉTICA E MORAL 1.1. Concepto de ética e moral. Etapas evolutivas da ética
1.2. Ética e fiolosofía do coidado
2- A BIOÉTICA E OS SEUS PRINCIPIOS ESPECÍFICOS 2.1. Concepto de bioética. Principios fundamentais e valores
2.2. Comités de ética e bioética. Casos prácticos
3- ÉTICA CÍVICA E DEREITOS FUNDAMENTAIS 3.1. Concepto de ética cívica e dereitos fundamentais
3.2. A persoa
3.3. Declaración Universal dos Dereitos Humanos
4- ENFERMARÍA E ÉTICA PROFESIONAL 4.1. Código deontolóxico de enfermaría. Casos Prácticos
4.2. Ética Profesional de enfermaría. Casos Prácticos
5- RESPONSABILIDADE ÉTICA E LEGAL 5.1. A responsabilidade e as súas clases
5.2. Responsabilidade e calidade dos coidados
5.3. Dereito á información
5.4. Segredo profesional
5.5. As lesións
5.6. Marco lexislativo civil e penal no exercicio da profesión
5.7. Aspectos éticos-legais ao final da vida. Caso práctico
6- DILEMAS ÉTICOS NA PRÁCTICA PROFESIONAL 6.1. Protección de menores e incapacitados
6.2. Atención aos doentes con SIDA
6.3. O aborto
6.4. Experimentación humana
6.5. Outros dilemas éticos. Casos prácticos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A56 A57 A58 B2 B3 B5 B6 B8 B12 B16 B24 C3 C4 C6 C7 C11 C12 21 30 51
Traballos tutelados A56 A57 A58 B2 B3 6 38 44
Aprendizaxe colaborativa A56 A57 A58 B1 B2 B5 B6 B8 B11 B12 C3 C4 C6 C7 C10 C11 8 21 29
Lecturas B4 B8 B11 C7 4 12 16
Presentación oral C1 C11 C12 1 4 5
Proba mixta A56 A57 A58 B2 B3 B6 B8 B11 B12 B16 B24 C1 C4 C10 C11 C12 2 2 4
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Actividade na que o profesor expón de maneira oral e con medios audiovisuais contidos teóricos do programa e a orientación bibliográfica dos mesmos. Durante as clases tamén se requirirá a participación activa do alumnado coa realización de foros de discusión sobre algún tema específico e cuestionarios de coñecementos online.
Traballos tutelados Actividade na que se sitúa os estudantes ante un caso (situación real da actividade profesional). Deben ser capaces de analizar os feitos (habitualmente en grupo) para comprender a situación e desenvolver as accións para resolver o problema.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas, solucións de problemas, análisis de casos, prácticas guiadas, debates, etc., asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. E preciso a elaboración de documentos breves, exposición na clase e participación e xestión de debates e deliberación.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación bibliográfica que utilizaranse o longo do curso para profundizar en diferentes temas e a súa lectura crítica. Esta metodoloxía realizarse de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre o docente e o alumnado.
Presentación oral Será a exposición oral do traballo tutelado
Proba mixta Proba escrita con pregunta curta e tipo test para avaliar, fundamentalmente, a aprendizaxe dos contidos teóricos. E resolución páctica dun caso clínico (situación real da actividade profesional). Deben ser capaces de analizar os feitos para comprender a situación e desenvolver as accións para resolver o problema.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
A atención personalizada relacionada coa proba mixta ten como finalidade atender as consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia. Farase de forma individualizada, ben de maneira presencial ou a través do correo electrónico.

A atención personalizada relacionada cas lecturas e os estudos de casos ten como finalidade orientar os estudantes na realización dos mesmos. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial ou a través do correo electrónico.





Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A56 A57 A58 B2 B3 Actividade na que se sitúa os estudantes ante un caso (situación real da actividade profesional). Deben ser capaces de analizar os feitos (habitualmente en grupo) para comprender a situación e desenvolver as accións para resolver o problema.

É obrigatoria entregar o traballo e facer unha presentación oral. Supón o 25% (2,5 puntos) da nota final. Será necesario alcanzar unha puntuación do 50% para sumar as cualificaciones do resto de actividades.
25
Proba mixta A56 A57 A58 B2 B3 B6 B8 B11 B12 B16 B24 C1 C4 C10 C11 C12 Realizaranse unha proba escrita coincidindo coa data oficial do exame da materia ao finalizar o curso. A proba constará de preguntas curtas, tipo test e casos clínicos, relacionadas cos contidos da asignatura.

A puntuación mínica obrigatoria é contestar correctamente ao 75% das preguntas.
Esta proba suporá o 50% (5 puntos) da cualificación final.
50
Aprendizaxe colaborativa A56 A57 A58 B1 B2 B5 B6 B8 B11 B12 C3 C4 C6 C7 C10 C11 Valórase a participación e a entrega das actividades e tarefas derivadas nas situacións expostas nas clases polo profesorado.

Valórase a asistencia e a participación nos eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, ciclo de conferencias, exposicións, etc.).

É obrigatoria e supón o 25% (2,5 puntos) da nota final. Será necesario alcanzar unha puntuación do 50% para sumar as cualificaciones do resto de actividades.
25
 
Observacións avaliación

Debido a que
a materia é impartida por dous docentes e partes de contidos diferenciadas, as
metodoloxías de avaliación son realizadas de xeito separado por cada un dos
docentes..

* A aplicación das porcentaxes no cómputo da avaliación parcial e final, para a superación da materia, quedará suxeita a que cada unha das metodoloxías que computen na avaliación sexan superadas pola/o alumna/o segundo os criterios que establezan os docentes.

* 2ª oportunidade. Proba mixta. Será obrigatorio ter superadas as outras probas (traballo tutelado e aprendizaxe colaborativo).

* Adianto oportunidade: Proba mixta 70% e presentación oral dun traballo 30% (deberá presentalo o día acordado entre o profesor e o estudante a o longo do curso académico)

* Estudantes con matricula parcial: Proba mixta 70% e presentación oral dun traballo 30% (deberá presentalo o día acordado entre o profesor e o estudante a o longo do curso académico)

*O alumnado con matrícula a tempo parcial (con o sin dispensa académica) poderá optar a non acudir as actividades grupais presenciais, pero deberá participar nas tareas, foros, eventos e traballos programados e presentalas de forma individual na plataforma virtual.

Para optar á matrícula de honra, o alumnado deberá acadar unha calificación final entre 9,5 - 10.

* A cualificación de non presentado: otorgarase ao alumnado que non se presente ao exame nin participe nas actividades programadas. 

*SICUE, ERASMUS E BILATERAL. Os estudiantes vinculados cos programas de movilidade deben cumprir os mesmos requisitos que na convocatoria ordinaria para a superación da materia.

FRAUDE: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica
  • Vielva Asenjo J. Ética profesional de la Enfermería. 2ª Ed. Bilbao: Editorial Descleé de Brouwer, 2007.
  • Medina Castellano CD. Ética y legislación. 3ª Ed. Madrid: Editorial DAE; 2015.
  • Ruiz de la Cuesta A (coordinador). Bioética y derechos humanos: implicaciones sociales y jurídicas. Sevilla: Editorial Universidad de Sevilla, 2017.
  • Andorno R, Vitulis Ivone (coordinadores). Casos de bioética y derecho. Valencia: Tirant lo blanch ; 2015.
  • Boladeras M (coord.). Bioética del cuidar: ¿Qué significa humanizar la asistencia? Madrid: Tecnos, 2015.
  • Sánchez Caro J, Abellán F. Enfermería y Paciente. Cuestiones prácticas de bioética y derecho sanitario. Granada: Editorial COMARES; 2007.
  • Guillén Velasco RC, ?Compton García Fuentes CC. Filosofía y práctica de enfermería. México DF: Universidad Nacional Autónoma de México, 2016.
  • Consejo Internacional de Enfermería (CIE). Código deontológico del CIE para la profesión de enfermería. Ginebra (suiza): CIE; 2012.
  • Consejo General de Enfermería (CGE). Código deontológico de la enfermería española. Madrid: CGE; 1989.
  • Boletín Oficial de Galicia (DOG)
  • Boletín Oficial del Estado (BOE)
Bibliografía complementaria
  • Revista Ética de los cuidados. Hemeroteca de la Fundación Index
  • DILEMATA: Revista Internacional de éticas aplicadas.
  • Revista Cuadernos de bioética. Asociación Española de Bioética y Ética Médica.
  • Nursing Ethics. SAGE Journals.
  • Veiga Rodríguez, María. El profesional de enfermería ante la planificación anticipada de cuidados. [Tesis Doctoral]. A Coruña: Universidade da Coruña. Departamento de Dereito Público Especial; 2015.
  • Gracia D. Bioética mínima. Madrid: Triacastela; 2019.
  • de la Torre Díaz J(editor). Bioética y ancianidad en una sociedad en cambio. Madrid: Publicaciones de la Universidad Pontificia Comillas, 2015.
  • Feito Grande L. Ética y enfermería. Madrid: San Pablo, 2009.
  • RUC: Repositorio de la Universidade da Coruña
  • DIALNET. Respositorio da Universidad de la Rioja
  • RUNA: Repositorio de saúde (Sergas)
  • Pórtico: Metabuscador da UDC
  • Bibliosaúde: Biblioteca Virtual do Servizo Galego de Saúde (Sergas)

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/661G01004
Bases para a interpretación do coñecemento científico/661G01008
Estancias Clinicas I/661G01025
Fundamentos de Enfermaría/661G01107

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Enfermaría Clínica (I y II)/661G01012
Estancias Clinicas II/661G01026

Materias que continúan o temario
Traballo fin de grao/661G01033

Observacións

Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

No caso de que a entrega dos traballos, fose en papel:

- Non se empregarán plásticos

- Realizaranse impresións a dobre cara

- Empregarase papel reciclado

- Evitarase a impresión de borradores.

 

- Na realización dos traballos tutelados, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluíndo aquel obtido a través de Internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade.

- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestará especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías