Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A15 |
Recoñecer as situacións de risco vital e saber executar manobras de soporte vital básico e avanzado. |
A34 |
Coñecer as alteracións de saúde do adulto, identificando as manifestacións que aparecen nas distintas fases. |
A35 |
Identificar as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde. |
A36 |
Analizar os datos recollidos na valoración, priorizar os problemas do paciente adulto, establecer e executar o plan de coidados e realizar a súa avaliación. |
A37 |
Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares. |
A38 |
Seleccionar as intervencións encamiñadas a tratar ou previr os problemas derivados das desviacións de saúde. |
A39 |
Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros do equipo. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo. |
B8 |
Capacidade de análise e sínteses. |
B9 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
B11 |
Capacidade e habilidade de xestión da información. |
B12 |
Capacidade para organizar e planificar. |
B13 |
Toma de decisións. |
B14 |
Habilidades interpersonais. |
B15 |
Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia. |
B16 |
Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade. |
B19 |
Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio. |
B21 |
Implicación na calidade e busca/procura da excelencia. |
B24 |
Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
C10 |
CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
C11 |
CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
C12 |
CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprender e identificar as alteracións de saúde da persoa adulta: identificando os factores que inflúen, os mecanismos fisiopatolóxicos, as manifestacións que aparecen nas súas distintas fases, os métodos diagnósticos e os tratamentos médicos e cirúrxicos específicos.
|
A34
|
B1 B3 B4 B6 B9
|
C1 C3 C11
|
Comprender e identificar as necesidades de coidado en persoas adultas con problemas de saúde, así coma os derivados de tratamentos, probas diagnósticas e procedementos terapéuticos.
|
A34 A35
|
B1 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B15 B16
|
C1 C3 C6 C11
|
Identificar e priorizar os diagnósticos de enfermaría e complicacións potenciais relativos ás necesidades de coidados en persoas adultas con problemas de saúde e os derivados de tratamentos, probas diagnósticas e procedementos terapéuticos. |
A34 A35 A36
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B11 B13 B14 B15 B16 B19 B24
|
C1 C3 C6 C8 C11
|
Planificar coidados de enfermaría en persoas adultas con problemas de saúde e os derivados de tratamentos, probas diagnósticas e procedementos terapéuticos. |
A34 A35 A36 A37 A38 A39
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B21 B24
|
C1 C3 C6 C7 C8 C10 C12
|
Comprender e identificar os procesos patolóxicos que desencadenan riscos vitais e identificar as necesidades das persoas adultas en situación crítica e as das súas familias. |
A15 A34 A35
|
B1 B2 B3 B4 B8 B9 B19
|
C1 C3 C11
|
Valorar e planificar coidados de enfermaría en persoas adultas en situación crítica e comprender
os principios científicos e recursos tecnolóxicos das técnicas, procedementos e tratamentos que se precisan no coidado do paciente crítico. |
A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B12 B13 B14 B16 B21
|
C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C12
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
UNIDADE DIDÁCTICA 1: Atención de enfermaría a pacientes con alteracións Cardiacas. |
1.1. Recordo anatomo-fisiolóxico.
1.2. Cardiopatía isquémica.
1.3. Insuficiencia cardíaca.
1.4. Valvulopatías.
1.5. Miocardiopatías.
1.6. Cardiopatías infecciosas.
1.7. Tromboembolismo pulmonar.
1.8. Procedementos terapéuticos e técnicas diagnósticas en Cardioloxía.
1.9. Valoración de enfermaría a persoas con alteracións cardíacas. Problemas/diagnósticos de enfermaría máis frecuentes. Actividades específicas. |
UNIDADE DIDÁCTICA 2: Atención de enfermaría a pacientes con alteracións Neurolóxicas.
|
2.1. Procedementos e técnicas diagnósticas en Neuroloxía.
2.2. Epilepsia.
2.3. Meninxite.
2.4. Esclerose múltiple.
2.5. Trastornos da transmisión neuromuscular. Miastenia Gravis.
2.6. Lesións medulares.
2.7. Tumores cerebrais.
2.8. Valoración de enfermería a persoas con alteracións neurolóxicas. Problemas/diagnósticos de enfermaría máis frecuentes. Actividades específicas. |
UNIDADE DIDÁCTICA 3: Atención de enfermaría a pacientes con alteracións Hematolóxicas.
|
3.1. Anemias.
3.2. Policitemias.
3.3. Leucemias.
3.4. Linfomas.
3.5. Neoplasia de células plasmáticas.
3.6. Aplasia medular.
3.7. Trastornos da hemostasia.
3.8. Valoración de enfermaría a persoas con alteracións hematolóxicas. Problemas/diagnósticos de enfermaría máis frecuentes. Actividades específicas.
|
UNIDADE DIDÁCTICA 4: Atención de enfermaría a pacientes con alteracións Inmunolóxicas.
|
4.1. Autoinmunidade e enfermidades autoinmunes.
4.2. Síndrome de inmunodeficiencia adquirida. Infección VIH/SIDA.
4.3. Enfermidades autoinmunes: Artrite reumatoide. Lupus eritematoso.
4.4. Transplante de órganos e tecidos.
4.5. Valoración de enfermaría a persoas con alteracións da resposta inmune. Problemas/diagnósticos de enfermaría máis frecuentes. Actividades específicas.
|
UNIDADE DIDÁCTICA 5: Atención de enfermaría a pacientes con alteracións Visuais.
|
5.1. Métodos diagnósticos. Exame e valoración física.
5.2. Principais alteracións das pálpebras.
5.3. Principais alteracións do aparello lacrimal.
5.4. Principais alteracións da conxuntiva.
5.5. Principais alteracións da córnea.
5.6. Principais alteracións da úvea.
5.7. Principais alteracións do cristalino.
5.8. Principais alteracións da cámara anterior do ollo.
5.9. Principais alteracións da mácula.
5.10. Principais alteracións da retina.
5.11. Trastornos de refracción
5.12. Estrabismo
5.13. Presbicia.
5.14. Valoración de enfermaría a persoas con alteracións visuais. Problemas/diagnósticos de enfermaría máis frecuentes. Actividades específicas. |
UNIDADE DIDÁCTICA 6: Atención de enfermaría a pacientes con alteracións Auditivas.
|
6.1. Problemas de audición.
6.2. Trastornos do oído externo.
6.3. Trastornos do oído medio.
6.4. Trastornos do oído interno.
6.5. Valoración de enfermaría a persoas con alteracións auditivas. Problemas/diagnósticos de enfermaría máis frecuentes. Actividades específicas.
|
UNIDADE DIDÁCTICA 7: Atención de enfermaría a pacientes con alteracións Dermatolóxicas. |
7.1. Lesións elementais da pel.
7.2. Coidados de enfermaría a persoas con problemas dermatolóxicos.
7.3. Dermatite.
7.4. Procesos infecciosos.
7.5. Procesos inflamatorios.
7.6. Tumores cutáneos. Melanoma.
|
UNIDADE DIDÁCTICA 8: Atención de enfermaría a pacientes con Intoxicacións agudas.
|
8.1. Conceptos básicos en toxicoloxía.
8.2. Clasificación de tóxicos. Antídotos.
8.3. Vías de intoxicación máis frecuentes.
8.4. Avaliación e tratamento das intoxicacións agudas.
8.5. Triaxe. |
UNIDADE DIDÁCTICA 9: Atención de enfermaría a pacientes adultos en estado crítico. |
9.1. Características principais das Unidades de Coidados Intensivos.
9.2. Paciente politraumatizado.
9.3. Paciente con traumatismo craneoencefálico.
9.4. Exploración neurolóxica do coma. Morte cerebral.
9.5. Shock.
9.6. Análise sistematizado do electrocardiograma. Principais trastornos do ritmo cardíaco.
9.7. Reanimación Cardiopulmonar. Soporte Vital Avanzado.
9.8. Insuficiencia respiratoria aguda. Ventilación mecánica: non invasiva e invasiva.
9.9. Paciente crítico postcirúrxico.
9.10. Paciente gran queimado. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
B6 |
1 |
0 |
1 |
Sesión maxistral |
A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B5 B7 B8 B12 B14 B15 B16 B19 B24 C4 C7 C10 C11 |
40 |
60 |
100 |
Lecturas |
A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B4 B11 B21 C6 C7 C8 C11 |
0 |
8 |
8 |
Traballos tutelados |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 B24 B21 B19 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 |
1 |
20 |
21 |
Proba mixta |
A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B2 B3 B8 B12 B13 B15 B16 C1 C11 C12 |
3 |
34 |
37 |
Seminario |
A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B24 B21 B15 B14 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C6 C7 C8 C10 C11 C12 |
2 |
2 |
4 |
Estudo de casos |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 B24 B21 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C6 C7 C10 C11 C12 |
30 |
22 |
52 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe co fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Lecturas |
Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela da profesora e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
O traballo tutelado realízase en pequeno grupo, ten unha orientación de aprendizaxe colaborativa. |
Proba mixta |
Integra estudo de casos, preguntas de tipo probas de ensaio e preguntas de tipo probas obxectivas referidas aos contidos desenvoltos a través das distintas metodoloxías durante o curso.
O estudo de casos recolle preguntas de analise da situación, identificación de problemas e planificación de accións para previr ou resolver os problemas identificados.
As preguntas de ensaio recollen preguntas de desenvolvemento aberto. Nas preguntas obxectivas, podense combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
|
Seminario |
Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario. Nos seminarios promoverase a participación individual e colaborativa.
Nos seminarios realizaranse escenarios de simulación relacionados cos temas tratados na materia. |
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica de saúde que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de estudantes, a través dun proceso de discusión. O alumnado sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
O procedemento de ensino-aprendizaxe nesta metodoloxía está orientado a unha aprendizaxe de tipo colaborativa, con unha organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
Traballos tutelados |
Proba mixta |
Seminario |
|
Descrición |
A atención personalizada proporcionarase a demanda do alumnado a fin de que éste poida seguir con aproveitamento o ritmo de aprendizaxe do grupo.
A atención personalizada relacionada cos traballos tutelados ten como finalidade orientar aos estudantes no desenvolvemento das actividades relativas a esta metodoloxía. O seguimento farase de forma grupal, ben de maneira presencial, a través do correo electrónico ou por Teams.
A atención personalizada relacionada coa proba mixta ten como finalidade atender as consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia. Farase de forma individualizada, ben de maneira presencial, a través do correo electrónico ou por Teams.
A atención personalizada relacionada cos seminarios ten como finalidade orientar aos estudantes no desenvolvemento das actividades relativas a esta metodoloxía. O seguimento farase presencialmente e de forma individual e/ou grupal.
A atención personalizada relacionada cos estudos de casos ten como finalidade orientar aos estudantes no desenvolvemento das actividades relativas a esta metodoloxía. O seguimento farase de forma individual, ben de maneira presencial, a través do correo electrónico ou por Teams.
MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA Ó ALUMNADO:
- Resolución de dúbidas a través do campus virtual ou do correo electrónico da UDC.
- Titorías presenciais: terán lugar nos horarios marcados para as titorías presenciais, previa solicitude ó docente.
- Titorías virtuais: terán lugar nos horarios marcados para as titorías presenciais. En caso de ser preciso,
adaptaranse os horarios para facilitar as reunións.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Estudo de casos |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 B24 B21 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C6 C7 C10 C11 C12 |
Esta metodoloxía desenvolverase de xeito individual e grupo pequeno de traballo. As e os estudantes resolverán situacións de saúde descritas nos casos clínicos. No desenvolvemento desta metodoloxía avaliarase a adquisición de competencias específicas e transversais. Valorarase a capacidade para relacionar o coñecemento xeral con problemas concretos, a capacidade de análise, a comprensión da situación e a idoneidade das solucións formuladas, a asistencia e participación activa na aula e nos grupos de traballo.
No desenvolvemento da metodoloxía inclúense probas escritas presenciais de resolución de casos clínicos. A asistencia a clase e a entrega dos estudos de caso en tempo e forma será obrigatoria.
A nota final da metodoloxía será a suma das cualificacións das probas e do desenvolvemento da e do estudante na actividade individual e de grupo.
O profesor comunicará ao estudantado as datas de asistencia obrigatoria con, mínimo, 15 días de antelación.
Cada estudo de caso puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. A nota desta metodoloxía será a media ponderada dos casos realizados. Para a súa superación é preciso obter unha media de 5 sobre 10. A non asistencia sen causa xustificada e os estudos de caso non entregados avaliaranse con “0” puntos.
O Estudo de casos suporá o 15% da cualificación final.
|
15 |
Traballos tutelados |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 B24 B21 B19 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 |
A realización dos traballos tutelados será obrigatoria e de carácter grupal. A avaliación dos traballos inclúe o desenvolvemento do traballo cooperativo no grupo e a valoración de competencias específicas e transversais. Farase tendo en conta, fundamentalmente, o razoamento diagnóstico e terapéutico: selección de datos recollidos na valoración , identificación de problemas (DdE e CP) e establecemento de prioridades, e selección de resultados e intervencións de enfermaría (NOC, NIC).
A entrega na plataforma Moodle deberá realizarse en tempo e forma para poder ser avaliada.
O Traballo Tutelado puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. Suporá o 15% da cualificación final. |
15 |
Proba mixta |
A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B2 B3 B8 B12 B13 B15 B16 C1 C11 C12 |
Realizaranse unha proba escrita coincidindo coa data oficial do exame da materia ao finalizar o curso. As probas constarán de casos clínicos, preguntas curtas e/ou tipo test relacionadas con contidos teóricos, lecturas, seminarios, estudo de casos e traballos tutelados.
A Proba mixta puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. Suporá o 70% da cualificación final.
|
70 |
|
Observacións avaliación |
O conxunto de metodoloxías de avaliación descritas son obrigatorias para todo o alumnado, agás para os que opten polo adianto de oportunidade e para o alumnado con matrícula parcial. A asistencia a clase será considerada positivamente na avaliación sempre que exista unha participación activa por parte da/o estudante e supere o 85% do total de horas presenciais. Na presentación da materia informarase en detalle dos criterios de avaliación. Realizarase unha avaliación parcial mediante unha proba mixta das mesmas características descritas para a avaliación final. O alumnado que obteña unha cualificación inferior a 5 puntos se examinará de todos os contidos da materia na data oficial do exame da materia ao finalizar o curso. MATRÍCULA ORDINARIA: A aplicación das porcentaxes na avaliación final para a superación da materia quedará suxeita ás seguientes condicións: - será necesario obter unha cualificación mínima de 5 puntos na proba mixta.
- será necesario obter unha calificación mínima de 5 puntos nos estudos de casos.
- será necesario obter una calificación mínima de 4,5 puntos no traballo tutelado.
2ª oportunidade: respetaranse as notas das partes superadas na 1ª oportunidade. A metodoloxía de proba mixta realizarase coincidindo coa data oficial do exame da materia da 2ª oportunidade. Criterios de avaliación da/o estudante con metodoloxías non superadas: - Proba mixta: 85% (inclúe preguntas relativas ao desenvolvemento dos traballos tutelados).
- Estudo de casos: 15% (a/o alumna/o deberá resolver un novo estudo de caso que deberá ser entregado a través do Moodle coincidindo coa data oficial do exame da materia da 2ª oportunidade).
MATRÍCULA PARCIAL: Os estudantes a tempo parcial poderán solicitar a dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases de aprendizaxe colaborativo durante o proceso de matriculación, no momento que remitan a documentación xustificativa que acredita o motivo polo que non poden realizar os estudos a tempo completo. Neste caso o alumnado deberá desenvolver e presentar o Traballo tutelado individualmente ou en grupo (previo acordo co docente) e realizar a Proba mixta. Nesta opción o Traballo tutelado suporá o 30% da avaliación e a Proba mixta o 70% (sendo preciso superar ambas metodoloxías para acadar o aprobado). DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS CLASES OBRIGATORIAS DE ESTUDOS DE CASO DO ALUMNADO A TEMPO COMPLETO: En cumprimento da Normativa Académica da UDC, o alumnado a tempo completo poderá solicitar a dispensa da asistencia ás clases de carácter obrigatorio de estudos de caso sempre e cando acrediten mediante os xustificantes oportunos que se atopan nalgúns dos supostos recollidos na normativa e o soliciten no momento indicado por esta. Se esta dispensa é concedida a/o alumna/o deberá desenvolver e presentar o Traballo Tutelado individualmente ou en grupo (previo acordo co profesor) e realizar a Proba mixta. O Traballo Tutelado suporá o 30% da avaliación e a Proba mixta o 70% (sendo preciso superar ambas metodoloxías para acadar o aprobado). ADIANTO DE OPORTUNIDADE: - Proba mixta 100% (inclúe preguntas relativas ao desenvolvemento dos contidos, traballos tutelados e resolución de estudos de casos).
A cualificación de Matricula de Honra poderá ser obtida polos alumnos que teñan un mínimo de 9, tendo preferencia os que obtiveran a nota máis alta. En caso de igual puntuación e que houbese máis aspirantes que matrículas, prevalecerá a/o alumna/o que obtivese a maior nota na metodoloxía de estudo de caso e, de seguir persistindo a igualdade, a do traballo tutelado. A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, suporá directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: a/o alumna/o será cualificada/o con “suspenso” (cualificación numérica 0) na correspondente convocatoria do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación no informe de primeira oportunidade, en caso de ser necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
LeMone P, Burke K. (2009). Enfermería medicoquirúrgica: pensamiento crítico en la asistencia del paciente. Vol. II. (4a. ed.). Madrid: Pearson Educación.
Harrison TR, Loscalzo J. (2023). Principios de Medicina Interna (2 vol.). (21 ed.). Ciudad de México: McGraw-Hill
Smeltzer SC, Hinkle JL, Bare BG, Cheever KH. (2013). Brunner y Suddarth. Enfermería medicoquirúrgica. Volumen I, II.. (12a. ed.). Barcelona: Wolters Kluwer Health
Wagner CM, Butcher HK, Clarke MF (2024). Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC).. Barcelona: Elsevier
Moorhead S, Swanson E, Johnson M, Maas ML. (2024). Clasificación de Resultados de Enfermería (NOC). Barcelona: Elsevier
Casillas ML, García E. (2020). Cuidados al paciente crítico adulto. Tomo I.. Editorial DAE (Grupo Paradigma)
Luis Rodrigo MT. (2013). Diagnósticos Enfermeros. Revisión y guía práctica. Ed. Elsevier. Barcelona
Jenkins RD, Gerred SJ. (2012). ECG en ejemplos.. (3ª ed). Barcelona: Elsevier
LeMone P, Burke K. (2009). Enfermería medicoquirúrgica: pensamiento crítico en la asistencia del paciente. Vol. I. (4a. ed.). Madrid: Pearson Educación.
Aragonés R, Rincón MD (2019). Manual de Cuidados Intensivos para Enfermería. Madrid: Panamericana
Flynn MB, Martínez MR, Ackley BJ, Ladwig GB. (2024). Manual de diagnósticos de enfermería: guía para la planificación de cuidados. Barcelona: Elsevier
Soto F (2016). Manual de Ventilación Mecánica para Enfermería. Madrid: Panamericana
Domarus A von, Rozman C, Farreras Valentí P, Cardellach F (2020). Medicina Interna. (2 vol.). (19ª ed.) Barcelona: Elsevier
NANDA Internacional. (2021). NANDA Internacional. Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación: 2021-2023. . 12 ed.Ed. Elsevier. Madrid
Netter FH, Runge MSR, Ohman EM. (2006). Netter. Cardiología. . Barcelona: Elsevier
Lunney M (2011). Razonamiento crítico para alcanzar resultados de salud positivos: estudio de casos y análisis de enfermería. Madrid: Elsevier Masson
Ortega I, Díaz-Santos A. (2019). Urgencias esenciales para enfermería. Madrid: Editorial DAE (Grupo Paradigma) |
ACCESO AOS LIBROS ELECTRÓNICOS REFERENCIADOS (DE ACCESO ABERTO A TRAVÉS DA BIBLIOTECA DA UDC): - Brunner y Suddarth. Enfermería medicoquirúrgica: https://elibro-net.accedys.udc.es/es/ereader/bibliotecaudc/127469
- Enfermería medicoquirúrgica: pensamiento crítico en la asistencia del paciente. Vol. I: https://www-ingebook-com.accedys.udc.es/ib/NPcd/IB_BooksVis?cod_primaria=1000187&codigo_libro=4544
- Enfermería medicoquirúrgica: pensamiento crítico en la asistencia del paciente. Vol. II: https://www-ingebook-com.accedys.udc.es/ib/NPcd/IB_Escritorio_Visualizar?cod_primaria=1000193&libro=4547
EN REDE: REVISTAS: - Enfermería clínica
- Enfermería Intensiva
- Index de enfermería
- International Nursing Review
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Anatomía/661G01001 | Bioloxía/661G01002 | Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/661G01004 | Nutrición/661G01009 | Farmacoloxía/661G01011 | Situacións de risco para a saúde e Radioloxía/661G01013 | Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/661G01016 | Estancias Clinicas I/661G01025 | Estancias Clinicas II/661G01026 | Enfermaría Clínica I/661G01034 | Enfermaría Clínica II/661G01035 | Fisioloxía/661G01105 | Fundamentos de Enfermaría/661G01107 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Enfermaría Comunitaria II/661G01019 | Enfermaría Xerontolóxica/661G01020 | Xestión dos servizos da Enfermaría/661G01021 |
|
Materias que continúan o temario |
Estancias Clínicas IV/661G01028 | Estancias Clínicas V/661G01029 | Practicum/661G01032 |
|
Observacións |
Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE
MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XÉNERO: - A entrega dos traballos documentais que se realicen
nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen
necesidade de imprimilos. No caso de que a entrega dos traballos, fose en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. - Teranse en conta os principios éticos relacionados
cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. - Atendendo ás distintas normativas de aplicación para
a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva
de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula,
nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas
co alumnado. - Traballarase para identificar e modificar prexuízos
e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na
contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. - Prestará especial atención en detectar situacións de
discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas. - Facilitarase a plena integración do alumnado que por
razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |
|