Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Enfermaría Comunitaria II Código 661G01019
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Souto Fernández, Estela
Correo electrónico
estela.souto@udc.es
Profesorado
Souto Fernández, Estela
Correo electrónico
estela.souto@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral O propósito desta materia é capacitar a/o estudante para promover hábitos saudables na poboación, así como desenvolver os coidados necesarios nos doentes con problemas de saúde prevalentes na comunidade. Para ilo integraranse os conceptos da promoción da saúde, prevención da enfermidade, a atención curativa, paliativa ou rehabilitadora, segundo leva a cabo a enfermeira de familia e comunitaria o seu exercicio profesional coa colaboración intersectorial, participación da comunidade e a autorresponsabilidade dos cidadáns.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A26 Capacidade para describir os fundamentos do nivel primario de saúde e as actividades a desenvolver para proporcionar un coidado integral de enfermaría ao individuo, a familia e comunidade.
A27 Comprender a función e actividades e actitude cooperativa que o profesional desenvolverá nun equipo de Atención Primaria de Saúde.
A28 Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-enfermidade.
A29 Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas do entorno, para atender as persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade.
A30 Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos.
A33 Educar, facilitar e apoiar a saúde e o benestar dos membros da comunidade, cuxas vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B13 Toma de decisións.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B18 Desenvolver a capacidade de liderado.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B22 Capacidade para motivarse e motivar a outros.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C10 CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Describir o concepto, fundamentos e desenvolvemento da atención primaria de saúde. A26
B1
B3
B8
C1
C7
Definir o concepto de traballo en equipo de saúde, os principios que o determinan e identificando o rol da enfermeira/o comunitaria. A27
B1
B3
B6
B11
B12
B13
B18
B22
C1
C4
C6
C7
C10
C11
Identificar as necesidades de coidado da persoa, grupos e comunidades. A28
A29
A30
A33
B1
B6
B11
B16
C1
C4
C6
C10
Identificar os problemas de saúde (diagnóstico de enfermaría e/ou complicacións potenciais) na persoa, grupos e comunidades. A28
A29
A30
A33
B1
B3
B8
B11
B13
B18
B20
B24
C1
C4
C7
Planificar coidados de enfermaría para os problemas de saúde das persoas, grupos e comunidades. A28
A29
A30
A33
B3
B6
B8
B11
B12
B13
B16
B20
B24
C1
C4
C6
C7
C10
C12
Identificar e desenvolver as diferentes fases dos programas de prevención, promoción e educación para a saúde. A26
A27
A28
A29
A30
A33
B1
B3
B6
B8
B12
B13
B16
B20
B22
B24
C1
C4
C6
C7
C11
C12

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE TEMÁTICO I.- Atención Primaria de saúde e saúde comunitaria


- Conceptualización e evolución do concepto de saúde.
- Factores determinantes da saúde: Biolóxicos, ambientais, estilo de vida e sistema sanitario.
- Repercusión dos determinantes sociais da saúde na saúde individual, familiar e comunitaria.
- Saúde pública e saúde comunitaria.
- Definición de Atención Primaria. Evolución Histórica.
- Estrutura e organización da Atención Primaria en España e en Galicia.
- A comunidade como obxectivo da Atención Primaria. Concepto de comunidade e saúde da comunidade. Diagnóstico de saúde na comunidade.
- Programas e intervencións de promoción da saúde comunitaria.
Programa de actividades preventivas e de promoción da saúde (PAPPS). A prevención da enfermidade. Niveis e tipos.
- Modelo de atención primaria orientada cara a comunidade (APOC).


BLOQUE TEMÁTICO II.- Equipo interdisciplinario de salud


- Composición e funcións do equipo de saúde.
- A enfermeira de familia e comunitaria dentro do equipo de Atención Primaria. Modelos organizativos de prestación de coidados.
BLOQUE TEMÁTICO III.- Enfermaría Familiar e Comunitaria
- Coidados de enfermaría a nivel primario de saúde.
- Competencias da enfermaría familiar e comunitaria.
- Modelos organizativos do traballo da enfermaría comunitaria.
- Modalidades de atención de enfermaría familiar e comunitaria: consulta de enfermaría. Instrumentos de atención directa: entrevista clínica, entrevista motivacional.
- Calidade en Atención Primaria de Saúde e en Enfermaría Comunitaria.
- A familia como unidade básica de atención da enfermaría de familia e comunitaria.
- Atención Domiciliaria. Características. Etapas da atención domiciliaria. Programa de atención ao paciente inmobilizado.
BLOQUE TEMÁTICO IV.- Atención de enfermaría nos problemas de saúde prevalentes na comunidade

- Concepto de plan da saúde. Etapas dun plan de saúde. Concepto de programa de saúde. Metodoloxía da programación de saúde.
- Participación da enfermería familiar e comunitaria nos distintos programas e procesos de saúde.
- Programa de atención na infancia e na adolescencia.
- Programa de atención á saúde sexual, reprodutiva e de xénero. Detección e prevención da violencia de xénero.
- Programa de atención ao adulto. Programa galego de vacinación ao adulto.
- Programa de atención ao maior. Atención á saúde ante situacións de fraxilidade ou risco sociosanitario.
- Procesos e subprocesos de enfermaría na atención integrada dos problemas de saúde prevalentes na comunidade. Atención de enfermaría na Hipertensión Arterial.
- Atención de enfermería na Diabetes Mellitus. Técnica da retinografía. Prevención do pé diabético. Medición do Índice nocello brazo.
- Atención de Enfermaría no paciente con Enfermedad Obstructiva Crónica. Técnica da espirometría.
- Atención de enfermaría ao doente con úlceras ou lesións cutáneas.
BLOQUE TEMÁTICO V.- Educación para a saúde
- Concepto de Educación para a Saúde. Obxectivos. Axentes.
- Métodos e técnicas didácticas na educación sanitaria.
- A Comunicación e a Educación para a Saúde.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B6 1 0 1
Sesión maxistral A26 A27 A28 A29 A30 A33 B1 B3 B6 B16 B20 B24 C6 22 44 66
Aprendizaxe colaborativa A26 A27 A28 A29 A30 A33 B24 B22 B20 B18 B16 B13 B12 B11 B8 B6 B3 B1 C1 C4 C6 C11 C12 12 12 24
Traballos tutelados A26 A27 A28 A29 A30 A33 B1 B3 B6 B8 B11 B13 B20 C1 C4 C6 C7 C10 C11 C12 2 20 22
Proba de resposta múltiple A26 A27 A29 A30 B3 B8 B16 B20 B24 C7 C10 C11 C12 2 34 36
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe co fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do estudantado e o seguimento desa aprendizaxe polo profesorado.
Proba de resposta múltiple Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida.



Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Proba de resposta múltiple
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizado relacionada coa Proba de Resposta Múltiple ten como finalidade atender as consultas do alumnado relacionadas co estudo dos bloques temáticos da materia. Farase de forma individualizada, de maneira presencial (na aula ou no horario de titoría) ou a través do correo electrónico, Teams ou Moodle.

A atención personalizada relacionada co Traballo Tutelado ou coas tarefas da Aprendizaxe Colaborativa ten como finalidade orientar, apoiar e motivar ás/aos estudantes na realización dos traballos. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial (nas sesións de grupo de 20 persoas ou no horario de titoría) ou a través do correo electrónico, Teams ou Moodle.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A26 A27 A28 A29 A30 A33 B24 B22 B20 B18 B16 B13 B12 B11 B8 B6 B3 B1 C1 C4 C6 C11 C12 Realizarase en grupos de 5 persoas ou menos. Cada grupo deberá solucionar as tarefas propostas pola docente. Para a avaliación empregarase unha rúbrica específica onde se valorará:
- Presentación (escrita e oral): 2 puntos
- Estrutura: 2 puntos
- Contidos: 4 puntos
- Fontes consultadas: 2 puntos
A asistencia e participación nesta actividade, a través dos grupos de traballo é obrigatoria. O alumnado deberá seguir as indicacións para levar a cabo as tarefas, subindo semanalmente o traballo desenvolto ao Moodle para o seu seguimento e avaliación final.
15
Proba de resposta múltiple A26 A27 A29 A30 B3 B8 B16 B20 B24 C7 C10 C11 C12 A proba incluirá preguntas sobre os 5 bloques temáticos que compoñen a materia.

60
Traballos tutelados A26 A27 A28 A29 A30 A33 B1 B3 B6 B8 B11 B13 B20 C1 C4 C6 C7 C10 C11 C12 Esta metodoloxía desenvolverase entre 2-3 alumnos de xeito progresivo a partir dunha proposta validada pola docente. A avaliación dos traballos realizarase mediante unha rúbrica específica onde os aspectos a valorar serán:
- Presentación e estrutura: 1 punto o traballo escrito e 2 puntos a presentación oral
- Claridade e uso da terminoloxía científica: 2 puntos
- Capacidade de análise e síntese: 3 puntos
- Capacidade de crítica e achega persoal: 2 puntos
É obrigada a presentación oral do Traballo Tutelado (con apoio audiovisual) para que poida ser avaliado. A presentación oral será valorada mediante unha rúbrica propia. A entrega na plataforma Moodle e a presentación deberá realizarse en tempo e forma para poder ser avaliadas.
25
 
Observacións avaliación

O conxunto de metodoloxías de avaliación descritas son obrigatorias para todo o alumnado, agás para os que opten pola adianto de oportunidade e para o alumnado con matrícula parcial.

MATRÍCULA ORDINARIA: A superación da materia está supeditada a que a Proba de Resposta Múltiple (PRM) e o Traballo Tutelado (TT) sexan superados de xeito autónomo polo alumno, que deberá acadar o 50% da nota máxima en cada unha deles. Para obter o 50% da nota da metodoloxía Aprendizaxe Colaborativa (AC) é preciso asistir ás clases de grupo reducido e colaborar activamente co grupo alomenos no 80% das tarefas propostas. A nota final obterase sumando ás porcentaxes da PRM e do TT (sempre que estean superados) a porcentaxe obtida en AC, independentemente do seu valor. O aprobado acadarase cando a suma dos porcentaxes resulte igual o maior ao 50%. No suposto de que a PRM e o TT estean aprobados, pero non o AC  e a suma dos porcentaxes non alcance o 50%, neste caso o alumnado estará suspenso e deberá presentarse na segunda oportunidade á PRM para poder alcanzar una nota superior, de xeito que a suma das porcentaxes alcance o 50%.

A avaliación do TT e da AC está condicionada á participación e ao traballo en grupo, polo que se algún membro non supera esta condición no caso concreto do TT, deberá volver a entregalo e presentalo individualmente na segunda oportunidade (sendo autoridade do profesorado a asignación dun tema diferente se a situación o requira).

Na segunda oportunidade da materia respectarase a nota da PRM ou do TT (sempre que se superen na primeira oportunidade) e manterase a nota obtida na primeira oportunidade en AC (independentemente do seu valor) , cuxa porcentaxe se sumará á nota obtida nas outras dúas metodoloxías.

No caso de que o TT non fose aprobado na primeira oportunidade, o traballo entregarase o día sinalado para a segunda oportunidade da PRM a través de Moodle, realizándose a exposición oral máis tarde, pero sempre dentro do período establecido para a avaliación.

MATRÍCULA PARCIAL: Os estudantes a tempo parcial poderán solicitar a dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases de aprendizaxe colaborativo durante o proceso de matriculación, no momento que remitan a documentación xustificativa que acredita o motivo polo que non poden realizar os estudos a tempo completo. Neste caso o alumnado deberá desenvolver e presentar o TT individualmente ou en grupo (previo acordo coa docente) e realizar a PRM. Nesta opción o TT suporía o 40% da avaliación e a PRM o 60% (sendo preciso superar ambas metodoloxías para acadar o aprobado). 

DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS CLASES DE APRENDIZAXE COLABORATIVA DO ALUMNADO A TEMPO COMPLETO: En cumprimento da Normativa Académica da UDC, o alumnado a tempo completo poderá solicitar a dispensa da asistencia ás clases de aprendizaxe colaborativa sempre e cando acrediten mediante os xustificantes oportunos que se atopan nalgúns dos supostos recollidos na normativa e o soliciten no momento indicado por esta. Se esta dispensa é concedida a/o alumna deberá desenvolver e presentar o TT individualmente ou en grupo (previo acordo coa profesora) e realizar a PRM. O TT suporía o 40% da avaliación e a PRM o 60% (sendo preciso superar ambas metodoloxías para acadar o aprobado).

ADIANTO DE OPORTUNIDADE: Neste caso a Proba de Resposta Múltiple suporá o 100% da avaliación.

A cualificación de Matricula de Honra poderá ser obtida polos alumnos que teñan un mínimo de 9, tendo preferencia os que obtiveran a nota máis alta. En caso de igual puntuación e haxa máis aspirantes que matrículas, prevalecerá o alumno que obtivese a maior nota na metodoloxía de maior peso porcentual. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Esta materia ten en conta as recomendacións sobre SOSTIBILIDADE, MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XÉNERO para acadar unha contorna inmediata sustentable, ambiental e social. Ademais dúas das competencias xerais que debe adquirir o alumnado dentro do grao e da materia son B20 e B24; a primeira é a sensibilidade cara temas medioambientais e a segunda sinala a necesidade de fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. Por todo isto:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de MOODLE, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

- Débense ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia está incorporada a perspectiva de xénero: usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención nas distintas actividades da materia de alumnos e alumnas.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.


Fontes de información
Bibliografía básica Martin A, Jodar G (2023). Atención familiar y salud comunitaria : conceptos y materiales para docentes y estudiantes.
Martin A, Jodar G (2018). Atención Familiar y Salud Comunitaria: Conceptos y Materiales para Docentes y Estudiantes. BARCELONA: ELESEVIER
Wagner CM, Butcher HK, Clarke MF (2024). Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC). BARCELONA: Elsevier
Moorhead S, Swanson E, Johson M, Maas ML (2024). Clasificación de resultados de enfermería (NOC): medición de resultados de salud. BARCELONA: Elsevier
(2017). Colección de guías prácticas de feridas do Servizo Galego de Saúde. Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade. SERGAS. Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria
NANDA International (2021). Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación: 2021-2023. MADRID: Elsevier
Campo A (2009). Enfermería comunitaria. Madrid: Difusión Avances de enfermería
Acinas P et al. (2018). Enfermería Familiar y Comunitaria. Formación Alcalá
Arias JM, Blanco ML, Constenla A (2005). Estandarización de coidados de enfermería ao paciente inmobilizado no domicilio. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade. SERGAS
Flynn MB, Martínez MR, Ackley BJ, Ladwig GB (2024). Manual de diagnósticos de enfermería: guía para la planificación de cuidados. BARCELONA: Elsevier
Martínez JR, Del Pino R (2020). Manual práctico de enfermería comunitaria. BARCELONA: ElSEVIER
Lunney M (2011). Razonamiento crítico para alcanzar resultados de salud positivos. MADRID: Elservier Masson
Frías A (2000). Salud Pública y educación para la salud. Masson

ACCESO AOS LIBROS ELECTRÓNICOS REFERENCIADOS (DE ACCESO ABERTO A TRAVÉS DA BIBLIOTECA DA UDC):

  • Atención Familiar y Salud Comunitaria: Conceptos y Materiales para Docentes y Estudiantes (2018):https://ebookcentral.proquest.com/lib/udces/reader.action?docID=5554081
Bibliografía complementaria (). https://estilosdevidasaludable.sanidad.gob.es/.
(). https://obsaludasturias.com/obsa/guia-de-recomendacion-de-activos-en-el-sistema-sanitario/.
(). https://papps.es/resumen-recomendaciones-2022/.
(). https://www.sanidad.gob.es/areas/calidadAsistencial/estrategias/cancer/docs/ESTRATEGIA_EN_CANCER_DEL_SNS.pdf.
(). https://www.sanidad.gob.es/areas/promocionPrevencion/actividadFisica/recomendaciones.htm.
(). https://www.sanidad.gob.es/areas/promocionPrevencion/alcohol/documentosTecnicos/limiteConsumoBajoRiesgo.htm.
(). https://www.sanidad.gob.es/areas/promocionPrevencion/cribado/cribadoCancer/home.htm.
(). https://www.sanidad.gob.es/areas/promocionPrevencion/envejecimientoSaludable/activo/docs/Consejo_Integral_EstiloVida_en_AtencionPrimaria.pdf.
(). https://www.sanidad.gob.es/areas/promocionPrevencion/estrategiaSNS/docs/EstrategiaPromocionSaludyPrevencionSNS.pdf.
(). https://www.sanidad.gob.es/profesionales/saludPublica/prevPromocion/vacunaciones/home.htm.
(). https://www.sergas.es/Saude-publica/Calendario-comun-vacinacion.
(). https://www.sergas.es/Saude-publica/Programa-apoio-cesacion-tabaquica?idioma=es.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Bioloxía/661G01002
Nutrición/661G01009
Farmacoloxía/661G01011
Enfermaría Comunitaria I/661G01014
Enfermaría da Saúde Mental/661G01015
Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/661G01016
Estancias Clinicas I/661G01025
Estancias Clinicas II/661G01026
Enfermaría Clínica I/661G01034
Enfermaría Clínica II/661G01035
Fundamentos de Enfermaría/661G01107

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Enfermaría clínica III/661G01017
Enfermaría materno-infantil/661G01018
Enfermaría Xerontolóxica/661G01020
Xestión dos servizos da Enfermaría/661G01021

Materias que continúan o temario
Estancias Clínicas IV/661G01028
Practicum/661G01032

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías