Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A49 |
Comprender os cambios asociados ao proceso de envellecer e a súa repercusión na saúde. |
A50 |
Identificar as modificacións estruturais, funcionais, psicolóxicas e de formas de vida asociadas ao proceso de envellecer. |
A51 |
Coñecer os problemas de saúde máis frecuentes nas persoas maiores. |
A52 |
Seleccionar as intervencións coidadoras dirixidas a tratar ou a previr os problemas de saúde e a súa adaptación á vida diaria mediante recursos de proximidade e apoio á persoa anciá. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B8 |
Capacidade de análise e sínteses. |
B9 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
B13 |
Toma de decisións. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C10 |
CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
C11 |
CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
C12 |
CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Elexir e aplicar adecuadamente instrumentos de valoración e escalas específicas para as persoas maiores eo seu cuidador/a, demostrando capacidade e habilidade para realizar a valoración integral dos maiores utilizando referentes teóricos e evidencias científicas
|
A49 A50 A51 A52
|
B2 B3 B8 B9 B13
|
C4 C11
|
Describir e utilizar conceptos relevantes sobre os procesos de envellecemento individual e colectivo tendo en conta a sua evolución e variabilidade dende unha perspectiva histórica, antropolóxica e social. |
A49
|
B1 B2 B8
|
C4 C12
|
Analizar e discutir as diferenzas entre os cambios normais asociadas ao envellecemento de aqueles que son consecuencia dos procesos patolóxicos, relacionando estes cambios ca satisfacción das necesidades básicas. |
A49 A50 A51 A52
|
B1 B2 B3 B8 B9 B13
|
C4 C10
|
Identificar os procesos de alteración da saúde mais prevalentes nas persoas maiores no medio comunitario e hospitalario, planificando e prestando coidados de enfermaría a través dun modelo enfermeiro e un proceso de intervención baseado na linguaxe estandarizada (NANDA, NIC, NOC) |
A49 A50 A51 A52
|
B1 B2 B3 B8 B9 B13
|
C4 C11
|
Describir e analizar os distintos niveis e servizos asistenciais sanitarios e sociais identificando os recursos sociais existentes na comunidade e describindo como han de usarse tendo en conta ás necesidades das persoas maiores |
A49 A52
|
B1 B2 B3 B9 B13
|
C4 C10 C11 C12
|
Promover estilos de vida saudable e auto-coidado, apoiando o mantemento de comportamentos preventivos e terapéuticos que promovan a independencia, na satisfacción das necesidades básicas humanas e melloren a calidade de vida na vellez, describindo o medio ambiente axeitado para o benestar e protección dos maiores |
A49 A50 A51 A52
|
B1 B2 B3 B8 B9 B13
|
C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Unidade DidacticaI: Conceptos e Xeneralidades relacionados co envellecemento |
Tema 1. Conceptos xerais
Tema 2. Proceso de envellecemento e teorías de envellecemento
|
Unidade Didactica II: Aspectos sociais, antropolóxicos e económicos do envellecemento |
Tema 3. Demografía do envellecemento
Tema 4. Socioloxía do envellecemento
Tema 5. Aspectos económicos do envellecemento |
Unidade didactica III: A atención sociosanitaria en España |
Tema 6. Recursos formais e informais no coidado da persoa anciá con problemas de saúde y/o dependencia |
Unidade Didactica IV: A persoa maior san. Necesidades Básicas humanas asociadas ao proceso do envellecemento. |
Tema 7. Valoración xeriátrica integral
Tema 8. Concepto de ancián san. Coidados de enfermería
Tema 9. Concepto de ancián fráxil e síndromes xeriátricos
Tema 10. Síndromes xeriátricos relacionados coas necesidades básicas humanas
-10.1. Necesidade de eliminación
-10.2. Necesidade de movemento
-10.3. Necesidade de alimentación
-10.4. Necesidade de descanso e sono
-10.5. Necesidade de comunicación |
Unidade Didactica V: A persoa maior enferma. Características das enfermidades no ancián. Procesos patolóxicos mais frecuentes |
Tema 11. Características das enfermidades do ancián
Tema 12. Terapéutica nas persoas maiores
Tema 13. Accidente cerebrovascular
Tema 14. Enfermidade de Parkinsón
Tema 15. Trastornos neurocognitivos |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A49 A50 A51 A52 B1 C4 |
21 |
31 |
52 |
Seminario |
A52 B3 B1 B2 B8 B9 B13 |
33 |
0 |
33 |
Estudo de casos |
A49 A50 A51 A52 B1 B2 B3 B8 B9 B13 C10 C11 C12 |
3 |
0 |
3 |
Análise de fontes documentais |
A49 A50 A51 A52 B1 B3 B8 B9 C4 |
2 |
2 |
4 |
Traballos tutelados |
A49 A50 A51 A52 B1 B3 B8 B13 C4 C10 C11 C12 |
4 |
20 |
24 |
Proba mixta |
A50 A51 A52 A49 B2 B8 B9 B13 B3 C4 C4 C10 |
2 |
28 |
30 |
Actividades iniciais |
C4 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
|
Seminario |
Metodoloxía de aprendizaxe orientada a un nivel máis práctico, na que, a partir do estudo dun tema, o grupo adquira coñecementos e poida, en base a iso, expor unha discusión, hipótese ou presentar opcións de resolución de casos.
Nos seminarios promoverase a participación individual e colaborativa. Poderanse realizar nos seminarios grupos de debate, role playing con escenarios de simulación relacionados cos temas tratados na materia, para iso é posible que se modifique a estrutura dos grupos de traballo.
|
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
|
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo test e preguntas desenvolvemento. En canto preguntas test serán preguntas obxectivas de resposta única entre que se escollerá entre catro alternativas. Integra preguntas referidas aos contidos desenvoltos a través das distintas metodoloxías durante o cuadrimestre. En canto a preguntas de desenvolvemento, pode combinar preguntas abertas, de ordenación, de resposta breve, de completar e/ou de asociación. |
Actividades iniciais |
Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Traballos tutelados |
Proba mixta |
Seminario |
|
Descrición |
A atención personalizada relacionada cos traballos ten como finalidade orientar as/os estudantes na realización dos traballos. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial ou a través do correo electrónico
A atención personalizada relacionada coa proba mixta e coa leccion maxistral ten como finalidade atender as consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia. Farase de forma individualizada, ben de maneira presencial ou a través do correo electrónico.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A49 A50 A51 A52 B1 B3 B8 B13 C4 C10 C11 C12 |
A realización dos traballos tutelados será obrigatoria.
Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. A parte escrita puntuará o 10% e será a mesma para todos os membros do grupo e o 5% restante puntuará según as habilidades demostradas na exposición oral por parte de cada estudante.
Para a avaliación dos traballos seguiranse criterios de calidade sobre: presentación, estrutura, contidos, bibliografía e exposición oral. Entregarase unha rúbrica al estudantado cos criterios de avaliación do traballo tutelado.
Este traballo suporá o 15% da cualificación final.
|
15 |
Proba mixta |
A50 A51 A52 A49 B2 B8 B9 B13 B3 C4 C4 C10 |
Proba escrita para avaliar a aprendizaxe das competencias que se compoñerá de preguntas tipo test (englobarán o 70% do exame) e preguntas curtas e de resolución de casos (o 30% restante)
Os erros restrán 0,33. As preguntas en branco non puntúan. A puntuación final corresponderá ao número de respostas correctas, descontando as incorrectas. Sendo condición indispensable para superar a materia superar o examen con nota igual o superior a un 5 sobre 10.
Esta proba suporá o 60% da cualificación final.
|
60 |
Seminario |
A52 B3 B1 B2 B8 B9 B13 |
Resolveranse diversas situacións descritas en casos clínicos tanto de forma individual como en grupos de traballo.
Esta parte suporá o 25% da nota final. O traballo individual do alumno computará un 10%, o traballo en grupo un 10% e a participación e asistencia aos seminarios suporá o 5% da nota. |
25 |
|
Observacións avaliación |
-Os criterios de avaliación da segunda oportunidade serán os mesmos que os da primeira oportunidade. É dicir, o 60% da avaliación de materia depende da proba obxectiva tipo test/resposta curta. Por outra banda, o 15% da cualificación dependerá do traballo tutelado grupal (10% do traballo escrito e 5% presentación). Finalmente, o 20% da cualificación da materia dependerá da avaliación e seguimento continuo dos seminarios e da asistencia á aula (5%). -SEGUNDA OPORTUNIDADE: Para aquel alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade de avaliación, manterase os mesmos porcentaxes de avaliación que na primeira oportunidade e o alumno poderá volver realizar calquera das tarefas avaliadas que suspendese, neste caso de forma individual (mesmo as que inicialmente eran en grupo) e deberá entregalas 10 días antes da data do exame. As tarefas que non repita manterase a cualificación da primeira oportunidade. Terá que repetir, en calquera caso, o exame final da materia. As partes superadas en primeira oportunidade conservaranse só para a segunda oportunidade. -A cualificación de NON PRESENTADO: outorgarase a aqueles alumnos que non se presentan ao exame. -O alumnado de TEMPO PARCIAL, DISPENSA ACADÉMICA, ERASMUS, SICUE e BILATERAL poderá optar pola avaliación da modalidade ordinaria ou avaliación na que corresponderá o 60% coa nota de proba exame e 40% co traballo tutelado (que neste caso será individual). -Optarán á cualificación de MATRÍCULA DE HONRA o estudante que obtendo unha cualificación global superior a 9, sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa achega nas clases e seminarios sexa significativa. -Convocatorias da OPORTUNIDADE ADIANTADA DE AVALIACIÓN: Para aqueles alumnos que solicitasen a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos e concédaselle poderán presentarse ao exame teórico final cuxa cualificación suporá o 100% da cualificación da materia. -Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, si é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. -A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto si a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar o seu cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. SUSTENTABILIDADE DO MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XÉNERO - A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizaranse en formato dixital sen necesidade de impresión. - Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. -Nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero, velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos realizados na materia e nas actividades clínicas realizadas cos estudantes - Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalo e fomentar valores de respecto e igualdade. - Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
García Hernández M, Medina Aragón F J, Gallo Estrada J. (2011). Atención enfermera en los grandes síndromes geriátricos. Madrid: Fuden
García López MV, Molero Bastante M, Moraleda Torres L, David Pedraza Cantero A, Enterteca (2023). Cuidados básicos para la edad avanzada. Madrid:DAE
García López MV, Rojas Ocaña MJ (2017). Enfermería del anciano. DAEeditorial. Grupo Paradigma
Mayan Santos JM (2005). Enfermería en cuidados sociosanitarios.1ª edición. España:Difusión Avances de Enfermeria
Mayan Santos JM (2005). Enfermería en cuidados sociosanitarios.1ª edición. España:Difusión Avances de Enfermeria
Ortega García A. (2021). Enfermería en geriatría. Jaén: Formación Alcalá
Charlotte Eliopoulos (2019). Enfermería Geriátrica y Gerontológica.9ª ed.. Barcelona: Wolters Kluwer
Willians PA. (2020). Enfermería Geriátrica. 7ª ed.. Barcelona: Elsevier.
Millán Calenti (2011). Gerontología y Geriatría. Valoración e intervención. Madrid:Médica Panamericana
Bermejo Boixareu C, Rodríguez Salazar J (2017). Manual terapéutico en geriatría. 2ª edición. Madrid: Médica Panamericana
Abizanda Soler P, Cano Gutierrez C. et al. (2020). Medicina Geriátrica, una aproximación basada en problemas.2ª ed.. Madrid: Elsevier;
Guillén Llera F, Pérez del Molino Martín J, Petidier Torregrosa R. (2008). Síndromes y cuidados en el paciente geriátrico. 2ª edición. Barcelona: Elsevier
Abizanda Soler P, Rodríguez Mañas L. (2020). Tratado de Medicina Geriátrica. Fundamento de la atención sanitaria a los mayores.2ª ed.. Barcelona: Elsevier |
|
Bibliografía complementaria
|
|
Revistas científicas: - Geriatric Nursing - BMC Nursing - BMC Geriatrics - American Journal ofNursing - Revista Española de Geriatría y Geronotología - Gerokomos Páxinas web: - Sociedad Española Geriatría y Gerontología: https://www.segg.es/ - Sociedad de Enfermería Geriátrica y Gerontológica: https://seegg.es/ |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Anatomía/750G01001 | Psicoloxía/750G01003 | Fundamentos da Enfermaría/750G01007 | Nutrición/750G01009 | Farmacoloxía/750G01011 | Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/750G01016 | Estancias Clinicas I/750G01025 | Estancias Clinicas II/750G01026 | Enfermaría Comunitaria I/661G01014 | Enfermaría Clínica I/750G01034 | Enfermaría Clínica II/750G01035 | Fisioloxía/750G01105 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Enfermaría clínica III/750G01017 | Enfermaría Comunitaria II/750G01019 | Estadías Clínicas III/750G01027 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
MATERIAL DE ENSINO. Tanto o material utilizado na aula, como o dispoñible no Campus Virtual e o EQUIPO da materia están protexidos pola Lei de Propiedade Intelectual (Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido de). A Lei de Propiedade Intelectual), e pon a disposición dos estudantes matriculados na materia, exclusivamente para o seu uso persoal, calquera extracción destes materiais para polos a disposición de terceiros por calquera outro medio (fotocopiadora, correo electrónico, páxinas web, etc.). ), é un acto ilícito que levará as medidas legais e disciplinarias pertinentes, sendo considerado unha falta grave ou moi grave de acordo co Regulamento de Disciplina de Estudantes da Universidade de Coruña e unha infracción grave ou moi grave da Lei de Propiedade Intelectual. |
|