O conxunto de metodoloxías de avaliación
descritas son obrigatorias para todo o alumnado, agás para os que opten
polo adianto de oportunidade e para o alumnado con matrícula parcial.
MATRICULA ORDINARIA: A superación da materia queda suxeita a que
a Proba de Respuesta Múltiple (PRM) sexa superada pola
estudante, debendo acadar o 50% da puntuación da nota máxima. Para poder
conseguir o 50% da nota da metodoloxía Aprendizaxe Colaborativa
(AC) é preciso asistir ás clases de grupo reducido e colaborar
activamente co grupo alomenos no 80% das tarefas/traballos propostos. A nota
final da materia obterase sumando á porcentaxe da PRM (siempre
que estea aprobada) a porcentaxe obtida na AC, independentemente
do seu valor. O aprobado conseguirase cando a suma das porcentaxes resulte
igual ou superior ao 50%. No suposto de que a PRM estea
aprobada, pero non AC e a suma das porcentaxes non acaden o
50%, a/o alumna estará suspensa e deberá presentarse na segunda oportunidade á PRM para
poder acadar unha nota superior, de xeito que a suma das porcentaxes chegue ao
50%.
Na segunda oportunidade da
materia manterase a nota obtida na primeira oportunidade en AC (independientemente
do seu valor), cuxo porcentaxe será sumado á nota obtenida na PRM, sendo
preciso acadar o 50% para superar a materia.
MATRÍCULA PARCIAL: Os estudantes a tempo parcial poderán solicitar a dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases de aprendizaxe colaborativo durante o proceso de matriculación, no momento que remitan a documentación xustificativa que acredita o motivo polo que non poden realizar os estudos a tempo completo. Neste caso o alumnado deberá desenvolver de xeito individual os estudos de caso que se plantexen dentro da aprendizaxe colaborativa e realizar a PRM. Nesta opción a AC suporía igualmente o 30% da avaliación e a PRM o 70%, acadándose o aprobado segundo se especifica no apartado de matrícula ordinaria respecto aos porcentaxes.
DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS CLASES DE APRENDIZAXE COLABORATIVA DO ALUMNADO A TEMPO COMPLETO: En cumprimento da Normativa Académica da UDC, o alumnado a tempo completo poderá solicitar a dispensa da asistencia ás clases de aprendizaxe colaborativa sempre e cando acrediten mediante os xustificantes oportunos que se atopan nalgúns dos supostos recollidos na normativa e no momento indicado por esta. Se esta dispensa é concedida a/o alumna deberá desenvolver de xeito individual os estudos de caso que se plantexen dentro da aprendizaxe colaborativa e realizar a PRM. Nesta opción a AC suporía igualmente o 30% da avaliación e a PRM o 70%, acadándose o aprobado segundo se especifica no apartado de matrícula ordinaria respecto aos porcentaxes.
ADIANTO DE OPORTUNIDADE: Neste caso a Proba de Opción Múltiple suporá
o 100% da avaliación.
A cualificación de Matricula de
Honra poderá ser obtida polos alumnos que teñan un mínimo de 9, tendo
preferencia os que obtiveran a nota máis alta. En caso de igual puntuación e
haxa máis aspirantes que matrículas, prevalecerá o alumno que obtivese a maior
nota na metodoloxía de maior peso porcentual.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
Esta materia ten en conta as
recomendacións sobre SOSTIBILIDADE, MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE
DE XÉNERO para acadar unha contorna inmediata sustentable, ambiental e
social. Ademais dúas das competencias xerais que debe adquirir o alumnado
dentro do grao e da materia son B20 e B24; a primeira é a sensibilidade cara
temas medioambientais e a segunda sinala a necesidade de fomentar e aplicar os
dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. Por todo isto:
- A entrega dos traballos documentais que
se realicen nesta materia realizarase a través de MOODLE, en formato dixital
sen necesidade de imprimilos.
- Débese facer un uso sostible dos
recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
- Débense ter en conta a importancia dos
principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos
persoais e profesionais.
- Atendendo ás distintas normativas de
aplicación para a docencia universitaria, nesta materia está incorporada
a perspectiva de xénero: usarase linguaxe non sexista, utilizarase
bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención nas
distintas actividades da materia de alumnos e alumnas.
- Traballarase para identificar e
modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para
modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Prestarase especial atención en detectar
situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas
para corrixilas.
- Facilitarase a plena integración do
alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida
universitaria.