Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A4 |
Coñecer o uso e a indicación de produtos sanitarios vinculados aos coidados de enfermaría. |
A5 |
Coñecer os diferentes grupos de fármacos, os principios da súa autorización, uso e indicación, e os mecanismos de acción dos mesmos. |
A6 |
Utilización dos medicamentos, avaliando os beneficios esperados e os riscos asociados e/ou efectos derivados da súa administración e consumo. |
A38 |
Seleccionar as intervencións encamiñadas a tratar ou previr os problemas derivados das desviacións de saúde. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C10 |
CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
C12 |
CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Identificar e valorar o uso e indicación de medicamentos e produtos sanitarios de prescripción independente |
A4 A5 A6 A38
|
B2 B4 B5
|
C1 C4 C7 C10 C12
|
Describir o uso e indicación de medicamentos e produtos sanitarios de prescrición colaborativa individualizada. |
A4 A5 A6 A38
|
B2 B4 B5
|
C1 C4 C7 C10 C12
|
Describir o uso e indicación de medicamentos e produtos sanitarios de prescrición colaborativa estandarizada. |
A4 A5 A6 A38
|
B2 B4 B5
|
C1 C4 C7 C10 C12
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
PRESCRICIÓN INDEPENDENTE |
Apósitos e produtos para cura en ambiente húmido
Medicamentos para:
A- Tracto alimentario e metabolismo
B- Sangue e órganos hematopoiéticos
C- Sistema cardiovascular
D- Dermatolóxicos
G- Sistema xenitourinario e hormonas sexuais
J- Antiinfecciosos para uso sistémico
L- Axentes antineoplásicos e inmunomoduladores
M- Sistema musculoesquelético
N- Sistema nervioso
P- Produtos antiparasitarios, insecticidas e repelentes
R- Sistema respiratorio
S- Órganos dos sentidos |
PRESCRICIÓN COLABORATIVA INDIVIDUALIZADA |
Medicamentos para:
A- Tracto alimentario e metabolismo
B- Sangue e órganos hematopoiéticos
C- Sistema cardiovascular
D- Dermatolóxicos
G- Sistema xenitourinario e hormonas sexuais
H- Preparados hormonais, excluíndo hormonas sexuais e insulinas
J- Antiinfecciosos para uso sistémico
L- Axentes antineoplásicos e inmunomoduladores
M- Sistema musculoesquelético
N- Sistema nervioso
P- Produtos antiparasitarios, insecticidas e repelentes
R- Sistema respiratorio
S- Órganos dos sentidos |
PRESCRICIÓN COLABORATIVA ESTANDARIZADA |
Medicamentos para:
A- Tracto alimentario e metabolismo
B- Sangue e órganos hematopoiéticos
C- Sistema cardiovascular
D- Dermatolóxicos
G- Sistema xenitourinario e hormonas sexuais
H- Preparados hormonais, excluíndo hormonas sexuais e insulinas
J- Antiinfecciosos para uso sistémico
L- Axentes antineoplásicos e inmunomoduladores
M- Sistema musculoesquelético
N- Sistema nervioso
P- Produtos antiparasitarios, insecticidas e repelentes
R- Sistema respiratorio
S- Órganos dos sentidos |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
C1 C4 C7 |
1 |
0 |
1 |
Sesión maxistral |
A4 A5 A6 A38 B2 B4 B5 C4 C10 C12 |
20 |
40 |
60 |
Análise de fontes documentais |
A4 A5 A6 A38 B2 C1 C4 C7 C10 C12 |
4 |
8 |
12 |
Aprendizaxe colaborativa |
A4 A5 A6 A38 B2 B4 B5 C1 C4 C7 C10 C12 |
12 |
12 |
24 |
Estudo de casos |
A4 A5 A6 A38 B2 C1 C4 C7 C10 C12 |
0 |
10 |
10 |
Proba de resposta múltiple |
A4 A5 A6 A38 B2 B4 C4 C7 C10 C12 |
2 |
40 |
42 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe co fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado. |
Sesión maxistral |
Exposición oral on line a través de Teams, actividad síncrona, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Aprendizaxe colaborativa |
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. |
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumnado sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser quen de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Proba de resposta múltiple |
Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba de resposta múltiple |
Aprendizaxe colaborativa |
|
Descrición |
A atención personalizado relacionada coa Proba de Resposta Múltiple ten como finalidade atender as consultas do alumnado relacionadas co estudo dos bloques temáticos da materia. Farase de forma individualizada, de maneira presencial (na aula ou no horario de titoría) ou a través do correo electrónico, Teams ou Moodle.
A atención personalizada relacionada coas tarefas da Aprendizaxe Colaborativa ten como finalidade orientar, apoiar e motivar ás/aos estudantes na realización dos traballos, así como favorecer a aprendizaxe autónoma da/do estudante. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial (nas sesións de grupo de 20 persoas ou no horario de titoría) ou a través do correo electrónico, Teams ou Moodle. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba de resposta múltiple |
A4 A5 A6 A38 B2 B4 C4 C7 C10 C12 |
A proba incluirá preguntas sobre os bloques temáticos que compoñen a materia. |
70 |
Aprendizaxe colaborativa |
A4 A5 A6 A38 B2 B4 B5 C1 C4 C7 C10 C12 |
Realizarase en grupos de 5 persoas ou menos. Cada grupo deberá solucionar as tarefas propostas pola docente. Para a avaliación empregarase unha rúbrica específica onde se valorará:
- Presentación (escrita e oral): 2 puntos
- Estrutura: 2 puntos
- Contidos: 4 puntos
- Fontes consultadas: 2 puntos
A asistencia e participación nesta actividade, a través dos grupos de traballo é obrigatoria. O alumnado deberá seguir as indicacións para levar a cabo as tarefas, subindo semanalmente o traballo desenvolto ao Moodle para o seu seguimento e avaliación final. |
30 |
|
Observacións avaliación |
O conxunto de metodoloxías de avaliación
descritas son obrigatorias para todo o alumnado, agás para os que opten
polo adianto de oportunidade e para o alumnado con matrícula parcial. MATRICULA ORDINARIA: A superación da materia queda suxeita a que
a Proba de Respuesta Múltiple (PRM) sexa superada pola
estudante, debendo acadar o 50% da puntuación da nota máxima. Para poder
conseguir o 50% da nota da metodoloxía Aprendizaxe Colaborativa
(AC) é preciso asistir ás clases de grupo reducido e colaborar
activamente co grupo alomenos no 80% das tarefas/traballos propostos. A nota
final da materia obterase sumando á porcentaxe da PRM (siempre
que estea aprobada) a porcentaxe obtida na AC, independentemente
do seu valor. O aprobado conseguirase cando a suma das porcentaxes resulte
igual ou superior ao 50%. No suposto de que a PRM estea
aprobada, pero non AC e a suma das porcentaxes non acaden o
50%, a/o alumna estará suspensa e deberá presentarse na segunda oportunidade á PRM para
poder acadar unha nota superior, de xeito que a suma das porcentaxes chegue ao
50%. Na segunda oportunidade da
materia manterase a nota obtida na primeira oportunidade en AC (independientemente
do seu valor), cuxo porcentaxe será sumado á nota obtenida na PRM, sendo
preciso acadar o 50% para superar a materia. MATRÍCULA PARCIAL: Os estudantes a tempo parcial poderán solicitar a dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases de aprendizaxe colaborativo durante o proceso de matriculación, no momento que remitan a documentación xustificativa que acredita o motivo polo que non poden realizar os estudos a tempo completo. Neste caso o alumnado deberá desenvolver de xeito individual os estudos de caso que se plantexen dentro da aprendizaxe colaborativa e realizar a PRM. Nesta opción a AC suporía igualmente o 30% da avaliación e a PRM o 70%, acadándose o aprobado segundo se especifica no apartado de matrícula ordinaria respecto aos porcentaxes. DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS CLASES DE APRENDIZAXE COLABORATIVA DO ALUMNADO A TEMPO COMPLETO: En cumprimento da Normativa Académica da UDC, o alumnado a tempo completo poderá solicitar a dispensa da asistencia ás clases de aprendizaxe colaborativa sempre e cando acrediten mediante os xustificantes oportunos que se atopan nalgúns dos supostos recollidos na normativa e no momento indicado por esta. Se esta dispensa é concedida a/o alumna deberá desenvolver de xeito individual os estudos de caso que se plantexen dentro da aprendizaxe colaborativa e realizar a PRM. Nesta opción a AC suporía igualmente o 30% da avaliación e a PRM o 70%, acadándose o aprobado segundo se especifica no apartado de matrícula ordinaria respecto aos porcentaxes. ADIANTO DE OPORTUNIDADE: Neste caso a Proba de Opción Múltiple suporá
o 100% da avaliación. A cualificación de Matricula de
Honra poderá ser obtida polos alumnos que teñan un mínimo de 9, tendo
preferencia os que obtiveran a nota máis alta. En caso de igual puntuación e
haxa máis aspirantes que matrículas, prevalecerá o alumno que obtivese a maior
nota na metodoloxía de maior peso porcentual. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Esta materia ten en conta as
recomendacións sobre SOSTIBILIDADE, MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE
DE XÉNERO para acadar unha contorna inmediata sustentable, ambiental e
social. Ademais dúas das competencias xerais que debe adquirir o alumnado
dentro do grao e da materia son B20 e B24; a primeira é a sensibilidade cara
temas medioambientais e a segunda sinala a necesidade de fomentar e aplicar os
dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. Por todo isto: - A entrega dos traballos documentais que
se realicen nesta materia realizarase a través de MOODLE, en formato dixital
sen necesidade de imprimilos. - Débese facer un uso sostible dos
recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. - Débense ter en conta a importancia dos
principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos
persoais e profesionais. - Atendendo ás distintas normativas de
aplicación para a docencia universitaria, nesta materia está incorporada
a perspectiva de xénero: usarase linguaxe non sexista, utilizarase
bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención nas
distintas actividades da materia de alumnos e alumnas. - Traballarase para identificar e
modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para
modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. - Prestarase especial atención en detectar
situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas
para corrixilas. - Facilitarase a plena integración do
alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida
universitaria.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Zabalegui A (2020). Administración de medicamentos y cálculo de dosis. Barcelona: Elsevier
Hernández M, Castells J, Castells S (2024). Castells Hernández: farmacología en Enfermería. Barcelona: Elsevier
(2021). Catálogo de produtos farmacéuticos para indicación, uso e autorización da dispensación por parte da enfermaría. https://www.sergas.es/Asistencia-sanitaria/Catalogo-de-Medicamentos-enfermeria
Somoza B, Cano MV, Guerra P (2020). Farmacología en enfermería: teoría y casos prácticos. Madrid: Panamericana
(2018). RD 954/2015. Indicación, uso y autorización de dispensación de medicamentos y productos sanitarios de uso humano por parte de los enfermeros. https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2015-14028
(2020). Resolución. Guía para la indicación, uso y autorización de dispensación de medicamentos sujetos a prescripción médica por parte de las/los enfermeras/os de: Heridas. https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2020-13190
(2023). Resolución. Guía para la indicación, uso y autorización de dispensación de medicamentos sujetos a prescripción médica por parte de las/os enfermeras/os de: anticoagulación oral. https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2023-17987
(2024). Resolución. Guía para la indicación, uso y autorización de dispensación de medicamentos sujetos a prescripción médica por parte de las/os enfermeras/os: anestésicos locales. https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2024-6702
(2024). Resolución. Guía para la indicación, uso y autorización de dispensación de medicamentos sujetos a prescripción médica por parte de las/os enfermeras/os: deshabituación tabáquica. https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2024-6701
(2023). Resolución. Guía para la indicación, uso y autorización de dispensación de medicamentos sujetos a prescripción médica por parte de las/os enfermeras/os: fiebre. https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2024-202
(2022). Resolución. Guía para la indicación, uso y autorización de dispensación de medicamentos sujetos a prescripción médica por parte de las/os enfermeras/os: Ostomías. https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2022-23740
(2022). Resolución. Guía para la indicación, uso y autorización de dispensación de medicamentos sujetos a prescripción médica por parte de las/os enfermeras/os: Quemaduras. https://www.boe.es/boe/dias/2022/07/18/pdfs/BOE-A-2022-11945.pdf
(2022). Resolución. Guías para la indicación, uso y autorización de dispensación de medicamentos sujetos a prescripción médica por parte de las/los enfermeras/os de: Hipertensión / Diabetes mellitus 1 y 2. https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2022-11127 |
ACCESO AOS LIBROS ELECTRÓNICOS REFERENCIADOS (DE ACCESO ABERTO A TRAVÉS DA BIBLIOTECA DA UDC): |
Bibliografía complementaria
|
Lorenzo P (2012). Velázquez: Manual de farmacología básica y clínica. Madrid: Panamericana
(). Agencia española del medicamentos y productos sanitarios. https://www.aemps.gob.es/?lang=gl
Rang HP (2008). Farmacología. Madrid: Elsevier
Florez J (2014). Farmacología humana. Barcelona: Elsevier
Adams MP (2009). Farmacología para enfermería: un enfoque fisiopatológico. Madrid: Pearson Prentice Hall
Ruiz M (2013). Fundamentos de farmacología básica y clínica. Madrid: Panamericana |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Bioloxía/661G01002 | Fisioloxía I/661G01005 | Coidados Básicos en Enfermaría/661G01006 | Fisioloxía II/661G01010 | Farmacoloxía/661G01011 | Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/661G01016 | Estancias Clinicas I/661G01025 | Estancias Clinicas II/661G01026 | Enfermaría Clínica I/661G01034 | Enfermaría Clínica II/661G01035 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Enfermaría clínica III/661G01017 | Enfermaría materno-infantil/661G01018 | Enfermaría Comunitaria II/661G01019 | Enfermaría Xerontolóxica/661G01020 | Xestión dos servizos da Enfermaría/661G01021 | Estancias Clínicas III/661G01027 |
|
Materias que continúan o temario |
Estancias Clínicas IV/661G01028 | Estancias Clínicas V/661G01029 | Estancias Clínicas VI/661G01030 | Estancias Clínicas VII/661G01031 | Practicum/661G01032 |
|
|