Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A62 |
Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e as materias que conforman o titulo, en forma de rotatorio clínico independente e con avaliación final de competencias; nos Centros de Saúde, Hospitais e outros centros asistenciais. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo. |
B8 |
Capacidade de análise e sínteses. |
B9 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
B10 |
Capacidade para adaptarse ás situacións novas. |
B11 |
Capacidade e habilidade de xestión da información. |
B12 |
Capacidade para organizar e planificar. |
B13 |
Toma de decisións. |
B14 |
Habilidades interpersonais. |
B15 |
Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia. |
B16 |
Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade. |
B19 |
Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio. |
B20 |
Sensibilidade cara a temas medioambientais. |
B22 |
Capacidade para motivarse e motivar a outros. |
B24 |
Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C10 |
CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
C11 |
CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
C12 |
CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Cooperar co equipo asistencial sanitario e/ou sociosanitario |
A62
|
B1 B3 B5 B7 B8 B9 B10 B14 B22
|
C1 C3 C4 C7 C12
|
Desenvolver estratexias de comunicación efectiva coas persoas atendidas, as súas familias ou grupos. |
A62
|
B1 B7 B9 B10 B11 B14 B15 B16 B22 B24
|
C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12
|
Aplicar o PAE integrando os coñecementos dos problemas de saúde das persoas nas diferentes etapas do ciclo vital. Executar con habilidade as intervencións de enfermaría garantindo a seguridade. |
A62
|
B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24
|
C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12
|
Actuar segundo os principios éticos e legáis que guían á profesión. Cumprir as normas de funcionamento das Institucións Sanitarias. |
A62
|
B1 B6 B8 B9 B11 B12 B13 B16 B20 B24
|
C1 C3 C4 C7 C11 C12
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Prácticas clínicas tuteladas, realizadas en institucións hospitalarias, con rotatorios polas unidades médico-cirúrxicas, os quirófanos, as unidades de saúde mental e institucións sociosanitarias. |
- Realización do ingreso de doentes segundo protocolo.
- Manexo seguro do material estéril, material contaminado e punzantes. Prevención de riscos.
- Medición, avaliación e rexistro de constantes vitais e parámetros antropométricos. Realización e interpretación do EKG básico.
- Realización de curas.
- Asistencia e circulación no quirófano. Instrumentación básica.
- Aplicación, segundo protocolo, de medidas de illamento (respiratorio, de contacto...)
- Recollida de mostras biolóxicas para análise.
- Axuda ó doente encamado nas actividades de autocoidado: hixiene, alimentación, eliminación e mobilidade.
- Mobilización e asistencia ó doente para adoptar e manter distintas posicións, exercicios básicos para previr problemas derivados da inmobilidade prolongada.
- Aplicación das medidas preventivas e de tratamento das úlceras por decúbito.
- Preparación e administración de fármacos por via oral, tópica, rectal, ótica, nasal, oftálmica, inhalatoria, vaxinal, subcutánea, intradérmica, intramuscular e intravenosa.
- Realización de venoclisis e soroterapia. Mantemento.
- Realización das técnicas básicas de fisioterapia respiratoria(clapping, aerosolterapia, drenaxe postural, tos asistida, uso de incentivadores...)
- Aplicación de medidas para o mantemento da temperatura corporal dentro dos límites fisiolóxicos.
- Realización de sondaxe vesical, rectal e nasogástrico. Mantemento.
- Aplicación de oxixenoterapia. Mantemento e avaliación.
- Adecuación da dieta do doente en función da sua doenza e tolerancia. Aplicación de coidados de alimentación enteral e/ou parenteral.
- Realización de balances hídricos.
- Realización e avaliación de glicemias.
- Administración e mantemento de transfusións sanguíneas.
- Realización de coidados postmortem. Relación de axuda e apoio ós familiares |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Solución de problemas |
A62 B1 B3 B8 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 |
0 |
30 |
30 |
Portafolios do alumno |
A62 B1 B3 B8 B9 B10 B11 B19 B22 C1 C3 C7 C10 C11 C12 |
0 |
2 |
2 |
Actividades iniciais |
A62 B1 B10 C11 |
1 |
0 |
1 |
Seminario |
A62 B1 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B20 |
3 |
15 |
18 |
Presentación oral |
A62 B1 B5 B8 B11 B14 C1 C3 C7 C10 C11 C12 |
3 |
2 |
5 |
Prácticas clínicas |
A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 |
360 |
30 |
390 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Solución de problemas |
Actividade na que o estudante selecciona unha situación clínica concreta a fin de identificar e valorar os problemas de saude para realizar unha planificación de coidados individualizada.
Terá que realizar un plan de coidados individualizado no último dos rotatorios clínicos.
Segundo a unidade de rotación, realizará un plan de coidados médico ou cirúrxico. |
Portafolios do alumno |
O portafolios do estudante constará de duas partes:
1- MEMORIA DE PRÁCTICAS, integrada pola valoración crítica das unidades de rotación, a avaliación da aprendizaxe e a autoavaliación do estudante mediante items normativizados. As suxerencias de mellora no que respecta a asignatura.
2- DIARIO REFLEXIVO DE PRÁCTICAS, como exercicio de introspección respecto da experiencia clínica e valoración das perspectivas profesionais e persoais. |
Actividades iniciais |
Actividades que se levan a cabo antes de iniciar as prácticas clínicas no entorno hospitalario. Realizarase unha sesión na aula na que se explicarán tódolos aspectos precisos para o correcto desenvolvemento da materia.
Especificaránse todolos traballos a entregar e datas de entrega, sistemas de avaliación e normas das tutorías personalizadas.
Responderase, dentro do posible a todalas dudas dos estudantes con respecto á materia. |
Seminario |
Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema con técnicas de participación, discusión e elaboración de conclusións.
Realizaranse dous seminarios obrigatorios:
- Seminario sobre Historia Clínica Electrónica de Enfermería ao inicio do rotatorio.
- Seminario Cirúrxico previo á rotación polos quirófanos do complexo hospitalario, ao obxecto de practicar unha aprendizaxe colaborativa no ámbito cirúrxico e de xeito teorico-práctico coñecer os requerimentos da actividade cirúrxica e preparar os rotatorios nestas unidades especiais.
|
Presentación oral |
O traballo realizado coa metodoloxía de Solución de Problemas no último rotatorio clínico, será presentado, en sesión conxunta de grupos seleccionados, de xeito oral con apoio audiovisual e rolda de preguntas finaís.
A presentación oral é obrigatorio e terá unha duración de 3 horas.
|
Prácticas clínicas |
As Practicas Clínicas entendense como un proceso de aprendizaxe no medio real onde ten lugar o exercizo da profesión enfermeira. Proporcionan o estudante a oportunidade de observar e participar nas actividades clínicas deseñadas para aplicar os coñecementos, prinicipios e procedementos da práctica da enfermaría. Desenvolveránse en dous rotatorios de seis semanas de duración, cada un deles, que terán lugar nas unidades médico-cirúrxicas e de saúde mental do CHUAC. Estes rotatorios organizaranse en circuitos integrados (con inclusión dos quirófanos, laboratorios e hospitáis de día) para permitir ó estudante abarcar o maior coñecemento posible sobre as unidades clínicas de rotación.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas clínicas |
Solución de problemas |
Portafolios do alumno |
Presentación oral |
Seminario |
|
Descrición |
A atención personalizada relacionada coa solución de problemas ten como finalidade orientar os estudantes na realización e presentación do Plan de Coidados que teñen que realizar no segundo rotatorio clínico. Farase de xeito individual ou en grupo e será preferiblemente presencial. Inda que as consultas puntuais poderanse facer a través do correo electrónico e/ou o campus virtual da materia.
A atención persoalizada relacionada co Portafolios do Alumno ten como finalidade dar unhas pautas orientativas na realización da Autoavaliación e do Diario Reflexivo de Prácticas Clínicas. A tal fin se colgarán os contidos orientativos no campus virtual da materia e atenderanse as consultas dos estudantes polo mesmo canal ou a través do correo electrónico.
A atención personalizada relacionada cos Seminarios, ten como finalidade:
1- Formar aos estudantes no uso da Historia Clínica Electrónica como recurso básico no desenvolvemento da actividade de enfermaría.
2- Formar e entrenar aos estudantes nas actividades mais habituais nas Salas Cirúrxicas previo ao seu rotatorio polos quirófanos.
Farase mediante simulación teórico-práctica e sesión de preguntas, respostas, análise de situacións e conclusións.
A atención personalizada relacionada coa Presentación Oral ten como finalidade orientar os estudantes no uso da comunicación oral e os medios audiovisuais existentes. Poderá realizarse de xeito presencial e/ou a través do campus virtual da materia.
A atención personalizada relacionada coas Prácticas Clínicas ten como finalidade atender as consultas dos estudantes relacionadas co seguimento e avaliación dos coñecementos, habilidades e actitudes que o estudante debe acadar. Farase de forma individualizada e presencial a través das visitas que as profesoras realizan ás unidades de práctica clínica, outras consultas poderanse facer de xeito virtual mediante o correo electrónico e/ou o campus virtual da materia.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas clínicas |
A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 |
Realizarase unha avaliación continuada a través dos criterios ou indicadores establecidos para a valoración das competencias. A asistencia é obrigatoria en tempo, horario e centro establecido polas profesoras da asignatura e segundo as normas da Escola. Como resultado do rotatorio clínico a Supervisora da Unidade de Práctica Clínica emitirá un informe que será valorado polas profesoras da asignatura para a nota final. Na elaboración do informe teranse en consideración os coñecementos, actitudes, habilidades e destrezas técnicas e as aptitudes do estudante. O estudante coñecerá a ficha de avaliación previamente ó comenzo da Práctica Clínica.
Cada un dos rotatorios clínicos avaliarase de xeito individual, e a avaliación conxunta das practicas clínicas terá un peso do 50% na nota final da asignatura. |
50 |
Solución de problemas |
A62 B1 B3 B8 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 |
O traballo de Solución de Problemas realizado no último rotatorio avaliarase cos seguintes criterios que estarán especificados na rúbrica que consta no Cuaderno do Estudante:
1. Presentación e capacidade de síntesis do contido: máximo 1 punto
2. Valoración por necesidades básicas: uso da entrevista, agrupamento dos datos, uso de escalas, manifestación de dependencia: máximo 2 puntos
3. Razoamento diagnóstico: relación entre manifestacións de dependencia e diagnosticos de enfermaría: máximo 2 puntos
4. Determinación de prioridades, selección de problema ou problemas mais importantes tendo en conta o estado actual e os resultados esperados: máximo 2 puntos
5. Selección adecuada de intervencións de enfermaría e avaliación do plano de coidados segundo o planificado: máximo 2 puntos
6. Bibliografía actualizada e adecuada ao tema tratado, citada no texto do traballo e con referencias Vancouver: máximo 1 punto
O peso do traballo na nota total da asignatura e do 30%. A súa presentación e obrigatoria. |
30 |
Portafolios do alumno |
A62 B1 B3 B8 B9 B10 B11 B19 B22 C1 C3 C7 C10 C11 C12 |
Entregarase, de xeito obrigatorio, ao finalizar os rotatorios clínicos. Avaliarase segundo a rúbrica publicada no Caderno do Estudante:
1- A capacidade de síntese no análise da unidade clínica donde o alumno realizóu o rotatorio. A claridade e corrección na redacción: máximo 3 puntos
2- A correcta cumplimentación de todolos items de autoavaliación e a capacidade autocrítica do estudante: máximo 3 puntos
3- A redacción, presentación, e razoamento reflexivo do Diario de Prácticas, así como a valoración persoal do estudante do seu paso pola unidade clínica e as súas expectativas con respecto a profesión enfermeira: máximo 4 puntos
O peso total do Portafolios na nota final e do 5%. |
5 |
Presentación oral |
A62 B1 B5 B8 B11 B14 C1 C3 C7 C10 C11 C12 |
A presentación oral do traballo realizado ao final do último rotatorio é obrigatoria.
Realizarase nas datas asinadas polas profesoras e avaliarase segundo os criterios que se relacionan a continuación e se especifican na rúbrica publicada no Cuaderno do estudante:
- Calidade da presentación, clara, legible: máximo 2 puntos
- Axuste ao tempo previsto de exposición: máximo 2 puntos
- Capacidade de síntese, orde na exposición: máximo 2 puntos
- Dominio dos contidos, exposición fluida, terminoloxía científica e nivel de contacto co auditorio: máximo 4 puntos
O peso da presentación oral na nota final da asignatura e do 5%. |
5 |
Seminario |
A62 B1 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B20 |
A asistencia ao Seminario de Historia Clínica electrónica e Seminario Cirúrxico é obrigatoria.
Se valorará a participación dos estudantes en cada un dos seminarios e eventualmente, poderán ter que realizar documentos de conclusións e/ou proba de coñecementos relacionados cos temas tratados en cada un dos Seminarios realizados.
Cada un dos seminarios terá un peso na nota final da materia dun 5%. Polo que o peso total será dun 10% |
10 |
|
Observacións avaliación |
PRÁCTICAS CLÍNICAS:
Para poder realizar as Prácticas Clínicas correspondentes é obrigatorio estar matriculado oficialmente na materia Estadías Clínicas III e ter superadas as Estadías Clínicas I e II, tal como consta na memoria do Título de Grao en Enfermaría. Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán xustificarse de acordo á normativa xeral do Centro relativa as Estadías Clínicas. As ausencias serán recuperadas ao rematar os rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas, as profesoras publicarán o listado de recuperacións no campus virtual da materia, ninguna recuperación fóra de este listado será tida en conta. As faltas non xustificadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro. As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicaranse no campus virtual da materia antes do inicio das mesmas. Ao finalizar o periodo de prácticas clínicas os estudantes deberán presentar a Memoria segundo se especifica no regulamento de Estadías Clínicas. Para aprobar a materia é preciso superar de xeito independente tódalas probas (Prácticas Clínicas, Solución de Problemas, Presentación Oral, Seminario e Portafolios).
A non superación de unha das partes suporá a cualificación de SUSPENSO en acta.
A cualificación numérica obterase establecendo un mínimo, segundo criterio do profesor, en cada unha das partes. Avaliación 2ª oporunidade: dado que a práctica clínica é unha actividade presencial non recuperable, os estudantes so poderán rempregar a 2ª oportunidade para recuperar: portafolios e presentación oral. Adianto de portunidade e estudantes con matrícula parcial: dado que a práctica clínica é unha actividade presencial non recuperable, non é posible establecer unha avaliación diferente para estes casos. A cualificación de Matrícula de Honra poderá obtela o alumnado que puntúe alomenos un 9, con preferencia para o alumnado que obteviera mais nota. En caso de ugualdade de puntuación e habendo mais aspirantes que matrículas, prevalecerá o alumnado que obtivese máis nota na metodoloxía de práctica clínica. A realización freudulenta das robas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualifiación de suspenso na convocatoria en que se cometa: a/o estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Flynn Makic MB, Martínez-Kratz MR. (2023). Ackley y Ladwig. Manual de Diagnósticos de Enfermería. Barcelona: Elsevier
Wagner CM, Butcher HK, Clarke MF. (2024). Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC). Barcelona: Elsevier
Moorhead S,Swanson E,Johnson M. (2024). Clasificación de Resultados de Enfermería (NOC). Medición de Resultados en Salud. Barcelona: Elsevier
NANDA International (2021). Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación 2021-2023. Barcelona: Elsevier
CHUAC (2008). Manual de Diagnósticos de Enfermería do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña..
CHUAC (2008). Manual de Procedimientos de Enfermeria do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña..
CHUAC (2008). Manual para Personal del Bloque Quirúrgico.
Alfaro-Lefevre, R. (2021). Pensamiento crítico, razonamiento clínico y juicio clínico en enfermería. Barcelona:Elsevier
Johnson M, Moorhead S, Bulechek GM, Butcher HK, Maas ML, Swanson E. (2012). Vínculos de NOC y NIC a Nanda-I y diagnósticos médicos. Barcelona: Elsevier
Lunney M. (2011). “Razonamiento Crítico para alcanzar resultados de salud positivos”. Madrid: Elsevier-Masson |
A Bibliografía básica para esta materia, ademáis da relacionada neste apartado, está relacionada coa das materias que se recomenda ter cursadas no momento de comenzar as Estadías Clínicas III. Ver o apartado 9 Recomendacións.
E recomendable, ademáis, a consulta da páxina web:
https://www.fisterra.com/
Fuentes Pumarola, C. Sirvent, J. y Bonet Saris, A. (2013). Manual de
enfermería intensiva. Documenta Universitaria.https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/115423
Martín-Romo Mejías, J. (Coord.). (2014). Actuación
de Enfermería en urgencias (2a. ed.). Editorial ICB.https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/113010 Barranco
Martos, A. (2013). Tutorial enfermería de urgencias. Tomo I. Editorial CEP,
S.L.https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/50560
Barranco
Martos, A. (2013). Tutorial enfermería de urgencias. Tomo II. Editorial CEP,
S.L.https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/50561
Barranco
Martos, A. (2013). Tutorial enfermería de urgencias. Tomo III. Editorial CEP,
S.L.https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/50562
Barranco
Martos, A. (2013). Tutorial enfermería de urgencias. Editorial CEP, S.L.https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/50563 |
Bibliografía complementaria
|
Bardají Fandós T. (2008). El diario reflexivo como herramienta de autoaprendizaje en la formación de enfermería . Revista Nursing, Agosto-2008; 26(7):52-8
Kübler-Ross E. (1993). Sobre la muerte y los moribundos. Ed. Grijalbo. Barcelona |
Bibliografía; que complementa os libros básicos da asignatura e que os docentes poden recomendar a través do campus virtual da materia ó longo do curso académico. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/661G01004 | Coidados Básicos en Enfermaría/661G01006 | Fundamentos da Enfermaría/661G01007 | Bases para a interpretación do coñecemento científico/661G01008 | Enfermaría Clínica (I y II)/661G01012 | Enfermaría da Saúde Mental/661G01015 | Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/661G01016 | Estancias Clinicas I/661G01025 | Estancias Clinicas II/661G01026 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Enfermaría clínica III/661G01017 | Enfermaría Xerontolóxica/661G01020 |
|
Materias que continúan o temario |
Estancias Clínicas IV/661G01028 | Estancias Clínicas V/661G01029 | Estancias Clínicas VI/661G01030 | Estancias Clínicas VII/661G01031 | Practicum/661G01032 |
|
Observacións |
Segundo establece o Título de Grao en Enfermaría e necesario ter superadas as Estadías Clínicas I e II para poder matricularse nesta materia. Esta materia ten en conta as recomendacións de SUSTENTABILIDADE MEDIOAMBIENTAL, IMPORTANCIA DAS PERSOAS E IGUALDADE DE XÉNERO: - A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle ou correo electrónico, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. - Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. - Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe non sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado. - Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. - Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. - Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimente dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |
|