Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A62 |
Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e as materias que conforman o titulo, en forma de rotatorio clínico independente e con avaliación final de competencias; nos Centros de Saúde, Hospitais e outros centros asistenciais. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo. |
B8 |
Capacidade de análise e sínteses. |
B9 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
B10 |
Capacidade para adaptarse ás situacións novas. |
B11 |
Capacidade e habilidade de xestión da información. |
B12 |
Capacidade para organizar e planificar. |
B13 |
Toma de decisións. |
B14 |
Habilidades interpersonais. |
B15 |
Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia. |
B16 |
Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade. |
B19 |
Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio. |
B20 |
Sensibilidade cara a temas medioambientais. |
B22 |
Capacidade para motivarse e motivar a outros. |
B24 |
Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C10 |
CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
C11 |
CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
C12 |
CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Cooperar co equipo asistencial sanitario |
A62
|
B3 B5 B6 B7 B8 B9
|
C1 C3 C12
|
Desenvolver estratexias de comunicación efectiva coas persoas atendidas e as súas familias |
A62
|
B3 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B16 B22 B24
|
C1 C3 C4 C10 C12
|
Aplicar o proceso de atención de enfermaría integrando os coñecementos dos problemas de saúde das persoas adultas en situación critica. Executar con habilidade as intervencións de enfermaría garantindo a seguridade |
A62
|
B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24
|
C1 C3 C4 C7 C11
|
Actuar segundo os principios éticos e legais que guían a profesión. Cumprir as normas de funcionamiento das institucións sanitarias |
A62
|
B5 B6 B7 B9 B10 B13 B14 B15 B16 B24
|
C1 C4 C7 C11
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Prácticas clínicas tuteladas, realizadas en unidades hospitalarias de atención ás persoas adultas en situación crítica. |
Colaboración co equipo asistencial.
Comunicación efectiva coas personas atendidas de acordo co seu grao de competencia.
Aplicación do proceso de atención de enfermaría a persoas en situación crítica.
Realización de rexistros de acordo as normas éticas, deontolóxica e legais.
Participación na xestión e organización dos servizos de enfermaría.
Realización dos coidados de enfermaría baseándoos nos principios dunha práctica reflexiva.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas clínicas |
A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 |
120 |
0 |
120 |
Traballos tutelados |
A62 B1 B3 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 |
2 |
15 |
17 |
Lecturas |
A62 B3 B16 C4 C7 C11 |
0 |
3 |
3 |
Simulación |
A62 B3 B5 B6 B7 B9 B10 B12 B13 B14 B15 B16 B20 B22 B24 C1 C4 C7 C10 C11 C12 |
2 |
0 |
2 |
Seminario |
A62 B1 B3 B8 B11 B12 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 |
2 |
0 |
2 |
Estudo de casos |
A62 B3 B6 B8 B9 B11 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 |
0 |
3 |
3 |
Actividades iniciais |
A62 B1 B6 B10 B11 B14 |
1 |
0 |
1 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas clínicas |
O ensino clínico enténdese como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente relacionado co exercicio dunha profesión, no que os estudantes observan e participan en actividades clínicas. Isto lles proporciona a oportunidade que supón a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma.
Estas prácticas desenvólvense no primeiro cuadrimestre do cuarto curso, tendo como finalidade capacitar aos estudantes para identificar os problemas de saúde reais ou potenciais das persoas en situación crítica, e colaborar na planificación, execución e avaliación dos coidados aplicados a ditas persoas e as súas familias.
Os rotatorios clínicos realizaranse no Hospital Universitario A Coruña e as prácticas realizaranse en quendas rotatorias de maña e tarde.
|
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudante, baixo a tutela do profesor e en escenarios profesionais variados. Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Concretamente nesta materia o estudante deberá elexir entre describir e analizar unha técnica, procedemento ou protocolo específico da unidade onde rota, no que a colaboración ou responsabilidade da enfermeira/o sexa relevante (previa validación pola profesora responsable da materia). |
Lecturas |
Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte para afondar nos contidos traballados. |
Simulación |
Consiste na representación dun fenómeno de natureza física, técnica ou psicolóxica, que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua que se se levase a cabo sobre o orixinal ou na realidade. Ponse o suxeito ante unhas condicións hipotéticas nas cales se proba o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias.
Baséase, por tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación.
|
Seminario |
Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario. |
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante unha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto.
O alumno sitúase ante un problema concreto (caso) da vida profesional, e debe ser quen de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razonada a través dun proceso de discusión. |
Actividades iniciais |
Actividade obrigatoria que se leva a cabo nun aula antes de iniciar as prácticas clínicas. Nela explicanse pormenorizadamente as competencias que debe adquirir o alumno nesta asignatura, a forma de avaliación da mesma, e aspectos organizacionais e de regulamento relevantes para o bo desenvolvemento das prácticas clínicas.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
Traballos tutelados |
Prácticas clínicas |
Lecturas |
|
Descrición |
A atención personalizada relacionada coas prácticas clínicas ten como finalidade atender as consultas das/dos estudantes e realizar o seguimiento dos coñecementos, habilidades e actitudes que estes deben acadar. Farase de xeito inidividualizado.
A atención personalizada relacionada co traballo tutelado ten como finalidade orientar ao alumnado na realización e presentación da técnica, procedemento ou protocolo a analizar e desenvolver. O seguemento farase de forma individual ou en pequenos grupos.
A atención personalizada coas lectura realizarase de xeito individual e consistirá en orientar e guiar ao alumnado na interpretación dos textos. A documentación a revisar, relacionada coas materias teóricas cuxo coñecemento é relevante nos coidados críticos, será facilitada a través de Moodle e dinamizarase o aprendizaxe abrindo foros dirixidos co fin último de que haxa unha transferencia do coñecemento á práctica clínica.
A atención personalizada relacionada co Estudo de casos ten como finalidade orientar, de xeito individual, ao alumnado na interpretación correcta dunha situación real da vida profesional que debe describir e ser capaz de analizar en referencia a un campo particular do coñecemento.
Para realizar a atención personalizada de forma presencial, ou a través de Teams, respectarase o horario recollido na páxina web para as titorías, ou noutro horario previo acordo entre alumnado e docente. En todo caso é precisa a solicitude da titoría a través do correo electrónico da Universidade.
A atención personalizada tamén poderá realizarse a través de Moodle ou o correo electrónico da Universidade, según demanda do alumnado. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Estudo de casos |
A62 B3 B6 B8 B9 B11 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 |
O alumnado presentará por escrito un estudo de caso de xeito individual. Sendo preciso que realice unha descrición pertinente e sexa quen de analizar a situación en relación a un campo particular do coñecemento, o cal será especificado polo profesorado.
Para a avaliación empregaranse os seguintes criterios:
Presentación e estrutura: 2 puntos
Descrición do caso: 2 puntos
Analise do caso: 3 puntos
Fontes consultadas: 1 punto |
20 |
Traballos tutelados |
A62 B1 B3 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 |
O estudantado realizará e presentará o traballo tutelado por parellas, grupos de tres ou individualmente segundo se consensúe coa docente da materia. Na presentación do traballo, a cal é obrigatoria, deberán responder ás preguntas realizadas pola docente e o resto do alumnado presente. Á presentación oral do traballo tutelado asignaráselle una puntuación máxima de 10 puntos e suporá o 20% do total da nota neste apartado.
Para a avaliación da presentación oral terase en conta a capacidade de resposta, a xestión do tempo, a estrutura da exposición, o formato e a explicación dos contidos.
Ao traballo tutelado asignaráselle unha puntuación máxima de 10 puntos e suporá o 80% do total da nota neste apartado.
Criterios de avaliación do traballo tutelado:
1. Presentación e estructura: ata 2 puntos
2 Claridade e uso da terminoloxía científica na redacción: ata 2 puntos
3. Capacidade de análise e síntese: ata 3 puntos
4. Capacidade crítica e achega persoal: ata 3 puntos |
30 |
Prácticas clínicas |
A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 |
A asistencia ás prácticas clínicas será obrigatoria. Realizarase unha avaliación continuada da adquisición das competencias a través dos criterios ou indicadores establecidos, para elo disponse dun informe de seguimento e avaliación específico para esta materia.
O seminario e a simulación que se desenvolvan terán carácter obrigatorio, así como o propósito de facilitar a integración dos coñecementos, habilidades e actitudes precisas para o coidado dos doentes críticos. As evidencias que neles se recollan sobre o alumnado serán tidas en conta na avaliación dos distintos indicadores do informe de seguimento e avaliación. |
50 |
|
Observacións avaliación |
Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado oficialmente na materia e ter superadas as Estadías Clínicas I, II e III, tal e como consta na Memoria do Título de Grao. A superación da materia queda suxeita a que as prácticas clínicas sexan aprobadas polo estudante de forma independente, acadando o 50% da nota máxima posible da porcentaxe que lle corresponde. Mentres que no sumatorio entre a metodoloxía de Traballo Tutelado e Estudo de casos tamén é preciso que o alumnado acade o 50% da nota máxima posible, debendo ser a nota mínima no Traballo Tutelado ou no Estudo de Caso o 40% da máxima nota posible nesa metodoloxía, para que se poida realizar o sumatorio e superar a materia. Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán comunicarse de acordo á normativa xeral do centro académico, relativa ás Estadías Clínicas. Estas serán recuperadas ao remate dos rotatorios establecidos e dentro do período de avaliación. As faltas non comunicadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do centro académico. As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicaranse na plataforma Moodle con suficiente antelación ao inicio das mesmas. Ao finalizar o período de prácticas clínicas os estudantes deberán presentar a Memoria Final de Prácticas, segundo se especifica no regulamento de Estadías Clínicas, para poder ser avaliados. Avaliación 2ª oportunidade: Dado que a práctica clínica é unha actividade presencial non recuperable, o alumnado so poderá empregar a 2ª oportunidade para recuperar as actividades relativas ao traballo tutelado e á súa presentación, así como ao estudo de caso. Adianto de oportunidade e estudantes con matrícula parcial: Dado que a práctica clínica é unha actividade presencial non recuperable, non é posible establecer unha avaliación diferente para estos casos. A cualificación de Matrícula de Honra poderá obtela o alumnado que puntúe alomenos un 9, con preferencia para o alumnado que obtivera máis nota. En caso de igualdade de puntuación e habendo máis aspirantes que matrículas, prevalecerá o alumnado que obtivese máis nota na metodoloxía de práctica clínica. No caso de empate prevalecerá a nota do Traballo Tutelado. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Esta materia ten en conta as recomendacións sobre SOSTIBILIDADE, MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XÉNERO para acadar unha contorna inmediata sustentable, ambiental e social. Ademais dúas das competencias xerais que debe adquirir o alumnado dentro do grao e da materia son B20 e B24; a primeira é a sensibilidade cara temas medioambientais e a segunda sinala a necesidade de fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. Por todo isto: - A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de MOODLE, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. - Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. - Débense ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. - Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia está incorporada a perspectiva de xénero: usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención nas distintas actividades da materia de alumnas e alumnos. - Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. - Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. - Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Casillas ML, García E. (2020). Cuidados al paciente crítico adulto. Tomo I.. Editorial DAE (Grupo Paradigma)
Aragonés R, Rincón MD (2019). Manual de Cuidados Intensivos para Enfermería. Madrid: Panamericana |
A bibliografía básica para esta materia é a utilizada nas materias: Enfermaría Clínica I, II e III.
Os documentos subidos ao Moodle desta materia serán de lectura obrigada, sempre que así se indique en dita plataforma. |
Bibliografía complementaria
|
Martín-Romo Mejías, J. (Coord.) (2014). Actuación de Enfermería en urgencias. LIBRO ELECTRÓNICO. Editorial ICB
Wagner CM, Butcher HK, Clarke MF (2024). Clasificación de intervenciones de enfermería (NIC). Barcelona: Elsevier
Moorhead S,Swanson E,Johnson M, Maas ML (2024). Clasificación de resultados de enfermería (NOC): medición de resultados de salud. Barcelona: Elsevier
Casillas ML, García E (2020). Cuidados al paciente crítico adulto. Tomo I. Editorial DAE (Grupo Paradigma)
NANDA International (2021). Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación: 2021-2023. Madrid: Elsevier
Rull PE, Pérez D, Solís M (2022). Enfermería en trasplantes. LIBRO ELECTRÓNICO. Editorial DAE (Grupo Paradigma)
Somoza B, Cano MV, Guerra P (2020). Farmacología en enfermería: teoría y casos prácticos. Sección III: Farmacología en situaciones críticas. Madrid: Panamericana
Aragonés R, Rincón MD (2019). Manual de Cuidados Intensivos para Enfermería. Madrid: Panamericana
Flynn MB, Martínez MR, Ackley BJ, Ladwig GB (2024). Manual de diagnósticos de enfermería: guía para la planificación de cuidados. Barcelona: Elsevier
Fuentes Pumarola, C. Sirvent, J. y Bonet Saris, A (2013). Manual de enfermería intensiva. LIBRO ELECTRÓNICO. Documenta Universitaria
Soto F (2016). Manual de Ventilación Mecánica para Enfermería. Madrid: Panamericana
Lunney M (2011). Razonamiento crítico para alcanzar resultados de salud positivos. Madrid: Elsevier Masson |
ACCESO AOS LIBROS ELECTRÓNICOS REFERENCIADOS (DE ACCESO ABERTO A TRAVÉS DA BIBLIOTECA DA UDC): |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Nutrición/661G01009 | Farmacoloxía/661G01011 | Situacións de risco para a saúde e Radioloxía/661G01013 | Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/661G01016 | Enfermaría clínica III/661G01017 | Enfermaría Xerontolóxica/661G01020 | Xestión dos servizos da Enfermaría/661G01021 | Enfermaría Clínica I/661G01034 | Enfermaría Clínica II/661G01035 | Fundamentos de Enfermaría/661G01107 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Practicum/661G01032 | Traballo fin de grao/661G01033 |
|
Observacións |
Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado oficialmente na materia e ter superadas as Estadías Clínicas I, II e III, tal e como consta na Memoria do Título de Grao. |
|