Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Estancias Clínicas VII Código 661G01031
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos Ter superadas as Estancias Clínicas I,II,III para poder cursar esta materia.
Departamento
Coordinación
Rodríguez Costa, Francisco Javier
Correo electrónico
francisco.rodriguez.costa@udc.es
Profesorado
Rodríguez Costa, Francisco Javier
Correo electrónico
francisco.rodriguez.costa@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral A materia Estancias Clínicas VII correspóndese co nivel intermedio da aprendizaxe práctica tutelada e relaciónase directamente coa materia Enfermaría materno-infantil.
Pretende introducir ó estudante no coñecemento do contexto pediátrico, para o desenvolvemento de habilidades e destrezas nos coidados aplicados neste ámbito, co obxectivo primordial de que aprenda a planificar, prestar e avaliar os coidados de enfermaría á poboación infantil.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Capacidade de participar de xeito activo e responsable como integrante do equipo asistencial
Capacidade de participar de xeito activo e responsable como integrante do equipo asistencial
Cooperar/colaborar co equipo asistencial sanitario das unidades de coidados infantís.

Desenvolver con habilidade estratexias de comunicación coas persoas, familias, grupos e comunidade.
Desenvolver con habilidade estratexias de comunicación coas persoas, familias, grupos e comunidade.
Desenvolver estratexias de comunicación efectiva cos nenos ingresados nas unidades de coidados infantís e coas súas familias.

Amosar a capacidade de determinar as necesidades de coidado das persoas atendidas, establecendo os diagnósticos de enfermaría e complicacións potenciais. Planificar as intervencións e actividades necesarias. Executar con habilidade as intervencións de enfermaría garantindo a seguridade e avaliando a súa eficacia. Utilizar os Sistemas de Continuidade de Coidados.

Aplicar o proceso de atención de enfermaría integrando os coñecementos dos problemas de saúde dos nenos enfermos e das súas familias. Colaborar e/ou executar con habilidade as intervencións de enfermaría garantindo a seguridade do neno.

Actuar segundo os principios éticos e legais que guían á profesión. Cumplir as normas de funcionamento das Institucións Sanitarias.
Actuar segundo os principios éticos e legais que guían á profesión. Cumplir as normas de funcionamento das institucións sanitarias.
Actuar segundo os principios éticos e legais que guían á profesión. Cumplir as normas de funcionamento das institucións sanitarias.
Actuar segundo os principios éticos e legais que guían a profesión. Cumprir as normas de funcionamemto das institucións sanitarias
Actuar segundo os principios éticos e legais que guían á profesión. Cumplir as normas de funcionamento das institucións sanitarias.
Actuar segundo os principios éticos e legais que guían a profesión. Cumprir as normas de funcionamemto das institucións sanitarias
Actuar segundo os principios éticos e legais que guían á profesión. Cumplir as normas de funcionamento das Institucións Sanitarias.
Actuar segundo os principios éticos e legais que guían a profesión. Cumprir as normas de funcionamemto das institucións sanitarias
Actuar segundo os principios éticos e legais que guían a profesión. Cumprir as normas de funcionamemto das institucións sanitarias
Cooperar/colaborar co equipo asistencial sanitario das unidades de coidados infantís.
Desenvolver estratexias de comunicación efectiva cos nenos ingresados nas unidades de coidados infantís e coas súas familias.
Aplicar o proceso de atención de enfermaría integrando os coñecementos dos problemas de saúde dos nenos enfermos e das súas familias. Colaborar e/ou executar con habilidade as intervencións de enfermaría garantindo a seguridade do neno.
Aplicar o proceso de atención de enfermaría integrando os coñecementos dos problemas de saúde dos nenos enfermos e das súas familias. Colaborar e/ou executar con habilidade as intervencións de enfermaría garantindo a seguridade do neno.
Actuar segundo os principios éticos e legais que guían a profesión. Cumprir as normas de funcionamemto das institucións sanitarias
Cooperar/colaborar co equipo asistencial sanitario das unidades de coidados infantís.
Desenvolver estratexias de comunicación efectiva cos nenos ingresados nas unidades de coidados infantís e coas súas familias.

Contidos
Temas Subtemas
Prácticas clínicas tuteladas, realizadas en unidades de coidado infantil hospitalario ou de atención primaria. Permiten ó estudante integrar os coñecementos teóricos, as habilidades adquiridas, e comprender, diagnosticar os problemas de saúde, deseñar un plan de coidados e desenvolvelo tendo en conta a situación específica de saúde do neno e/ou a súa familia.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 1 0 1
Prácticas clínicas 120 0 120
Solución de problemas 2 22 24
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade de carácter obrigatorio. Realizarase unha sesión na aula na que se especificarán tódolos aspectos precisos para o correcto desenvolvemento da materia, a realización do traballo (solución de problemas), así coma a forma de avaliación.
Prácticas clínicas Desenvólvense no primeiro cuadrimestre do cuarto curso. Teñen como finalidade capacitar ós estudantes para identificar os problemas de saúde dos nenos enfermos e colaborar na planificación, execución e avaliación dos coidados prestados ó neno e á súa familia. Os rotatorios clínicos realizaranse nunha unidade pediátrica do Hospital Teresa Herrera (Materno-infantil) e en quendas rotatorias de mañá e tarde.
Solución de problemas Actividade encamiñada a promover a aprendizaxe autónoma do estudante. A asistencia será obrigatoria. O estudante poderá elixir entre describir e analizar un protocolo, técnica ou procedemento específico da unidade; ou describir e analizar unha situación clínica concreta para a súa abordaxe e resolución con metodoloxía enfermeira.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas clínicas
Solución de problemas
Descrición
A atención personalizada relacionada coas Prácticas clínicas ten como finalidade atender as consultas dos estudantes relacionadas co seguimento e avaliación dos coñecementos, actitudes, valores e habilidades que o estudante debe acadar. Farase de forma individualizada, ben de xeito presencial, ou a través do correo electrónico.

A atención personalizada relacionada coa Solución de problemas ten como finalidade orientar ós estudantes na realización e presentación das técnicas ou procedementos ou na descrición do caso clínico. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial, ou a través do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas clínicas Realizarase unha avaliación continuada a través dos criterios ou indicadores establecidos para a valoración das competencias. A asistencia será obrigatoria. 50
Solución de problemas Criterios de avaliación:
1. Presentación oral e escrita: 2 puntos.
2. Claridade do uso da terminoloxía científica na redacción: 2 puntos.
3. Capacidade de análise e síntese: 2 puntos.
4. Capacidade crítica e achega persoal: 4 puntos.
50
 
Observacións avaliación

Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado oficialmente na materia e ter superadas as Estancias Clínicas I, II e III, tal e como consta na memoria do título de grao.

A aplicación das porcentaxes na avaliación final para a superación da materia quedará suxeita a que cada unha das metodoloxías que computen na avaliación sexan superadas polo estudante segundo os criterios que se establezan.

Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán comunicarse de acordo a normativa xeral do Centro relativa as Estancias Clínicas. Éstas serán recuperadas ó remate dos rotatorios establecidos, e dentro do período de avaliación. As faltas non comunicadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro.

Ó finalizar o período de prácticas clínicas os estudantes deberán
presentar a Memoria segundo se especifica no Regulamento de Estadías
Clínicas.

As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicarase no campus virtual antes do inicio das mesmas.

 Avaliación 2ª oportunidade:

Dado que as prácticas clínicas son de carácter presencial, e polo tanto non
recuperables, os estudantes só poderán empregar a segunda oportunidade
para recuperar as actividades relativas á solución de problemas.

Adianto de oportunidade e estudantes con matrícula parcial:

Dado que as prácticas clínicas son de carácter presencial, e polo tanto non
recuperables, non é posible establecer unha avaliación diferente para estes casos.

A cualificación de Matrícula de Honra poderá obtela o alumnado que puntúe alomenos un 9, con preferencia para o alumnado que obtivera máis nota. En caso de igualdade de puntuación e habendo máis aspirantes que matrículas, prevalecerá o alumnado que obtivese máis nota na metodoloxía de práctica clínica.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Esta materia ten en conta as recomendacións sobre SOSTIBILIDADE, MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XÉNERO para acadar unha contorna inmediata sustentable, ambiental e social. Por todo isto:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de MOODLE, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

- Débense ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia está incorporada a perspectiva de xénero: usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención nas distintas actividades da materia de alumnas e alumnos.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Fontes de información
Bibliografía básica
  • Aguilar Cordero MJ. Tratado de enfermería infantil. Cuidados pediátricos. Madrid: Elsevier Science; 2008.
  • Chaure López I, Inarejos García M. Enfermería Pediátrica. Barcelona: Elsevier Masson; 2007.
  • Ruiz González MD, Martínez Barellas MR, González Carrión P. Enfermería del niño y el adolescente. 2ª ed. Madrid: Difusión Avances de Enfermería; 2009.
  • González Villanueva P. Enfermería de la infancia y la adolescencia. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces; 2011.
  • Gómez García CI, Díaz Gómez M, Ruiz García MJ. Enfermería de la infancia y la adolescencia. Madrid: McGraw-Hill Interamericana; 2001.
  • Morales Gil IM, García Piñero JM. Guía de intervención rápida en Enfermería Pediátrica. Madrid: DAE; 2003.
  • NANDA International. Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación: 2021-2023. Barcelona: Elsevier; 2021.
  • Moorhead S,Swanson E,Johnson M. Clasificación de resultados de enfermería (NOC). 7ª ed. Barcelona: Elsevier; 2024.
  • Wagner CM, Butcher HK, Clarke MF. Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC). 8ª ed. Barcelona: Elsevier; 2024.
  • Lunney M. Razonamiento crítico para alcanzar resultados de salud positivos. Barcelona: Elsevier; 2011.
  • Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo. Planes de Cuidados. A Coruña; 2002.
  • Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) . Manual de Procedimientos de Enfermeria do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña; 2008.
  • Enlaces de interés

Bibliografía complementaria

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Nutrición/661G01009
Farmacoloxía/661G01011
Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/661G01016
Enfermaría materno-infantil/661G01018
Enfermaría Comunitaria II/661G01019
Estancias Clinicas I/661G01025
Estancias Clinicas II/661G01026
Estancias Clínicas III/661G01027
Enfermaría Clínica I/661G01034
Enfermaría Clínica II/661G01035
Fundamentos de Enfermaría/661G01107

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Practicum/661G01032
Traballo fin de grao/661G01033

Observacións
<p> Tendo en conta o especificado na materia do Título, é necesario ter superadas as materias Estancia Clínica I,II e III para poder matricularse.</p>

(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías