Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A34 |
Coñecer as alteracións de saúde do adulto, identificando as manifestacións que aparecen nas distintas fases. |
A35 |
Identificar as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde. |
A36 |
Analizar os datos recollidos na valoración, priorizar os problemas do paciente adulto, establecer e executar o plan de coidados e realizar a súa avaliación. |
A37 |
Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares. |
A38 |
Seleccionar as intervencións encamiñadas a tratar ou previr os problemas derivados das desviacións de saúde. |
A39 |
Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros do equipo. |
A60 |
Coñecer os coidados paliativos e control da dor para prestar coidados que alivien a situación dos enfermos avanzados e terminais. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo. |
B8 |
Capacidade de análise e sínteses. |
B9 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
B11 |
Capacidade e habilidade de xestión da información. |
B12 |
Capacidade para organizar e planificar. |
B13 |
Toma de decisións. |
B15 |
Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia. |
B16 |
Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade. |
B19 |
Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio. |
B24 |
Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
C10 |
CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
C11 |
CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
C12 |
CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Identificar as alteracións de saúde da persoa adulta: factores que inflúen, mecanismos fisiopatolóxicos, manifestacións, métodos diagnósticos e tratamentos médicos e cirúrxicos específicos. |
A34
|
B1 B3 B4 B6 B9
|
C1 C3 C11
|
Identificar as necesidades de coidado en persoas adultas con problemas de saúde e os derivados de tratamentos, probas diagnósticas e procedementos terapéuticos. |
A34 A35
|
B1 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B11 B15 B16 B24
|
C1 C3 C4 C6 C11
|
Identificar os diagnósticos de enfermería e complicacións potenciais en persoas adultas con problemas de saúde e os derivados de tratamentos, probas diagnósticas e procedementos terapéuticos. |
A34 A35 A36
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B11 B13 B15 B16 B19 B24
|
C1 C3 C4 C6 C8 C10 C11 C12
|
Planificar coidados de enfermería as persoas adultas con problemas de saúde e os derivados de tratamentos, probas diagnósticas e procedementos terapéuticos. |
A34 A35 A36 A37 A38 A39
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B24
|
C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12
|
Identificar as necesidades específicas de coidados ás persoas con enfermidade avanzada e terminal e as súas familias e planificar coidados de enfermería |
A34 A35 A36 A37 A38 A60
|
B1 B2 B3 B8 B9 B13
|
C4 C10 C11
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Unidade didáctica VI: Atención de enfermería ás persoas con trastornos da función endócrina e metabólica. |
Recordo anatomo-fisilóxico.
Atención de enfermería as persoas con:
Diabetes mellitus.
Trastornos da hipófise.
Trastornos da glándulas suprarrenais.
Trastornos de tiroide.
Trastornos de paratiroide.
|
Unidade didáctica VII: Atención de enfermería ás persoas con trastornos da función dixestiva. |
Recordo anatomo-fisilóxico.
Síntomas e signos.
Métodos de diagnóstico.
Atención de enfermería as persoas con:
Trastornos gástricos e duodenais.
Trastornos intestinais e rectais.
Trastornos hepáticos.
Trastornos biliares.
Trastornos pancreáticos.
|
Unidade didáctica VIII: Atención de enfermería ás persoas con trastornos da función muscular e esquelética. |
Atención de enfermería as persoas con:
Alteracións traumáticas do aparello locomotor.
Trastornos dexenerativos do aparello locomotor.
Trastornos inflamatorios do aparello locomotor.
Trastornos infeciosas do aparello locomotor. |
Unidade didáctica IX: Atención de enfermería ao paciente queimado. |
Concepto, tipos de lesión por queimadura, clasificación. Valoración.
Atención extrahospitalaria e hospitalaria. Tratamento.
Plan de coidados estandarizado para as persoas con queimaduras. |
Unidade didáctica X: Atención de enfermería ás persoas en situación de enfermidade avanzada e terminal. |
Fundamentos dos Coidados Paliativos
Visión social da morte
Comunicación co paciente terminal e a súa familia
Coidados de Enfermería no paciente terminal.
Control de síntomas.
Vías e técnicas de administración de fármacos.
A agonía.
O duelo. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B6 B7 B8 B9 B12 B15 B16 B19 B24 C3 C4 C8 C10 C11 |
20 |
20 |
40 |
Análise de fontes documentais |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B1 B3 B4 B6 B11 B16 B24 C4 C6 C7 C10 C11 |
1 |
5 |
6 |
Estudo de casos |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C10 C11 C12 |
20 |
20 |
40 |
Traballos tutelados |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B11 B12 B19 C1 C3 C6 C7 C8 C10 C11 |
1 |
13 |
14 |
Proba mixta |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B16 B24 C1 C4 C10 C12 |
2 |
46 |
48 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica de saúde que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de estudantes, a través dun proceso de discusión. O alumnado sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
O procedemento de ensino-aprendizaxe nesta metodoloxía está orientado a unha aprendizaxe de tipo colaborativa, con unha organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
O traballo tutelado realízase en pequeno grupo, ten unha orientación de aprendizaxe colaborativa. |
Proba mixta |
Integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas referidas aos contidos desenvoltos a través das distintas metodoloxías durante o curso.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Nas preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Análise de fontes documentais |
Traballos tutelados |
Sesión maxistral |
Proba mixta |
Estudo de casos |
|
Descrición |
A docente realizará atención personalizada a cada estudante para seguimento, consultas, orientación do estudio e elaboración de traballos. O espazo de comunicación será a titoría presencial, virtual síncrona (Teams) e asíncrona (Moodle e correo-e) |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B11 B12 B19 C1 C3 C6 C7 C8 C10 C11 |
A realización dos traballos tutelados é de carácter grupal. A avaliación inclúe o desenvolvemento do traballo cooperativo no grupo coa valoración de competencias específicas e transversais. Farase tendo en conta, fundamentalmente, o razoamento diagnóstico e terapéutico: selección de datos recollidos na valoración, identificación de problemas (DdE e CP) e prioridades, selección de resultados (NOC) e intervencións de enfermería (NIC). |
20 |
Proba mixta |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B16 B24 C1 C4 C10 C12 |
Realizarase unha proba escrita coincidindo coa data oficial do exame da materia. As probas constarán de preguntas curtas e/ou tipo test, relacionadas con contidos teóricos, lecturas, estudio de casos e traballos tutelados. |
50 |
Estudo de casos |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C10 C11 C12 |
Desenvolverase de xeito individual e en grupo de traballo. As e os estudantes resolverán situacións de saúde descritas nos casos clínicos.
No desenvolvemento desta metodoloxía avaliarase a adquisición de competencias específicas e transversais. Na valoración inclúese a capacidade para relacionar o coñecemento xeral con problemas concretos, a capacidade de análise, a comprensión da situación e a idoneidade das solucións formuladas, a asistencia e participación activa na aula e nos grupos de traballo. No desenvolvemento da metodoloxía inclúense probas escritas presenciais de resolución de casos clínicos.
A nota final da metodoloxía será a suma das cualificacións das probas e do desenvolvemento da e do estudante na actividade individual e de grupo.
|
30 |
|
Observacións avaliación |
A aplicación das
porcentaxes na avaliación final quedará suxeita a que todas as metodoloxías que
computen na avaliación sexan superadas. A asistencia a clase será considerada
un valor positivo na avaliación sempre que supere o 85% do total de horas presenciais.
Na presentación da materia informarase en detalle dos criterios de avaliación. 2ª oportunidade: os criterios de avaliación da 2ª oportunidade serán os mesmos que os da primeira oportunidade. A proba mixta e de
estudo de casos realizarase coincidindo coa data oficial do exame da materia da
2ª oportunidade. O traballo tutelado deberá realizarse de forma individual e a
data de entrega establecerase no período de avaliación da 2ª
oportunidade. Adianto de oportunidade: Proba mixta 100%. Inclúe preguntas relativas o
desenvolvemento dos contidos, traballos tutelados e resolución de estudo de
casos. Estudantes con matrícula parcial: As metodoloxías e porcentaxes serán as
mesmas. Na metodoloxía de estudo de casos, os estudantes deberán realizar a
entrega da resolución dos casos propostos e as probas escritas presenciais
durante o curso. O traballo tutelado desenvolverase de xeito individual ou
grupal, segundo o acordo co/a estudante. A realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada,
implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se
cometa: a/o estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se
produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose preciso.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
MINISTERIO DE SANIDAD (2021). Cuidados paliativos. Guía para Atención Primaria . Madrid: Instituto Nacional de Gestión Sanitaria
NAVARRO CAMPOAMOR, JUAN (2009). Cuidados Paliativos: guía práctica . Madrid : Médica Panamericana
http://www.fisterra.com/ (). .
http://061.sergas.es (). .
Enfermería Clínica (). .
Metas de Enfermería (). .
Nursing (). .
Rol de Enfermería (). .
Enferteca (). .
GONZÁLEZ BARÓN M (2007). Tratado de Medicina Paliativa y tratamiento de soporte del paciente con cáncer. Madrid: Médica Panamericana
BAYÉS R (2006). Afrontando la vida, esperando la muerte. Madrid: alianza editorial
SMELTZER SC, BARE BG, HINKLE JL. (2013). BRUNNER Y SUDDARTH. Enfermería Médico-Quirúrgica (2 vol.). Barcelona: Lippincott-Willians
WAGNER CM, BUTCHER HK, CLARKE MF. (2024). Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC).. Barcelona: Elsevier
MOORHEAD S, SWANSON E, JOHNSON M (2024). Clasificación de Resultados de Enfermería (NOC). Barcelona: Elsevier
Jiménez López, F. R., Román López,, P., & Díaz Cortés, M. D. M (2017). Cuidados de Enfermería en situaciones complejas de salud. Proceso oncológico, cuidados paliativos, muerte y duelo. Editorial: Universidad de Almería
ASTUDILLO W, MENDINUETA C, ASTUDILLO E. (2008) (2008). Cuidados del enfermo en el final de la vida y atención a su familia. Pamplona: Eunsa
Martín-Romo Mejías, J. (Coord.). (2018). Cuidados paliativos 2a. ed.. Editorial ICB
Trujillo Garrido, N. (2015). Cuidados paliativos. . Dextra Editorial.
BRUERA E, LIMA L (). Cuidados paliativos. Guías para el manejo clínico . [en línea]. [S.I.]: ORGANIZACIÓN PANAMERICANA DE LA SALUD, [s.a]. Disponible en: http://www.paho.or.
EDUARDO BRUERA (2010). Cuidados paliativos: guías para el manejo clínico . Washington, D.C. : Organización Panamericanana de la Salud
LUIS RODRIGO MT. (2013). Diagnósticos Enfermeros. Revisión y guía práctica. Barcelona: Elsevier Masson
N.A.N.D.A. Internacional (2021). Diagnósticos enfermeros: Definiciones y clasificación 2018-2020. Barcelona: Elsevier
MORILLO RODRIGUEZ J, FERNANDEZ AYUSO D (2016 ). Enfermería Clínica I. Cuidados generales y especialidades médico-quirúrgicas. Barcelona: Elsevier
LÓPEZ IMEDIO, E (2003 reimp). Enfermería en cuidados paliativos. Madrid: Médica Panamericana
LEWIS SM, HEITKEMPER MM, DIRKSEN SR. (2004). Enfermería Medicoquirúrgica. Valoración y Cuidados de Problemas Clínicos (2 vol.). . Madrid: Elsevier-Mosby
SEIDEL HM, BALL JW, DAINS JE, FLYNN JA, SOLOMON BS, STEWART RW (2011). Exploración Física. Barcelona: Elsevier
SOCIEDAD ESPAÑOLA DE CUIDADOS PALIATIVOS ( SECPAL) (). Guía de Cuidados Paliativos. [en línea]. [S.I.]: SECPAL, [s.a.]. Disponible en: http://www.secpal.com/guiacp/index.php.
Grupo de trabajo de la Guía de Práctica Clínica sobre atención paliativa al adulto en situación de ú (2021). Guía de Práctica Clínica sobre atención paliativa al adulto en situación de últimos días. Madrid: Ministerio de Sanidad; Santiago de Compostela: Agencia de Conocimiento en Salud (ACIS). Unid
Cabodevilla Eraso I. (2014). Guía no farmacológica de atención en enfermedades avanzadas: Cuidados paliativos integrales. Editorial: Desclèe de Brouwer.
GÓMEZ SANCHO M (2005). Morir con Dignidad. Madrid: Arán Ediciones SL
KÜBLER ROSS E (1989). Sobre la muerte y los moribundos. Barcelona: Grijalbo |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Anatomía/661G01001 | Bioloxía/661G01002 | Psicoloxía/661G01003 | Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/661G01004 | Bases para a interpretación do coñecemento científico/661G01008 | Nutrición/661G01009 | Farmacoloxía/661G01011 | Situacións de risco para a saúde e Radioloxía/661G01013 | Estancias Clinicas I/661G01025 | Enfermaría Clínica I/661G01034 | Fisioloxía/661G01105 | Fundamentos de Enfermaría/661G01107 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Enfermaría Comunitaria I/661G01014 | Enfermaría da Saúde Mental/661G01015 | Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/661G01016 | Estancias Clinicas II/661G01026 |
|
Materias que continúan o temario |
Enfermaría clínica III/661G01017 | Enfermaría Comunitaria II/661G01019 | Enfermaría Xerontolóxica/661G01020 | Farmacoterapia/661G01024 | Estancias Clínicas III/661G01027 | Estancias Clínicas IV/661G01028 | Estancias Clínicas V/661G01029 | Practicum/661G01032 |
|
Observacións |
Esta materia ten en conta as
recomendacións de SOSTENIBILIDADE DO MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE
DE XENERO: - A entrega de documentación da
actividade solicitada realizarase en formato dixital, a través de
Moodle, se non se especifica outro
medio. - Na realización de traballos, o
plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través
de Internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o
permiso do seu autor/a, poderá ser considerado causa de cualificación de
suspenso na actividade. - Teranse en conta os principios
éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais
e profesionais. - Atendendo ás distintas normativas
de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en
conta a perspectiva de xénero, velando pola non utilización dunha
linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas
actividades clínicas realizadas co alumnado. - Traballarase para identificar e
modificar prexuízos e actitudes sexistas na aula ou no contexto clínico,
influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade. - Prestarase especial atención en
detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións
e medidas para corrixilas. - Facilitarase a plena integración
do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais,
experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida
universitaria. MATERIAL DE ENSINO: Tanto o material utilizado na aula, como o dispoñible no Campus Virtual e o EQUIPO da materia están protexidos pola Lei de Propiedade Intelectual (Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido de). A Lei de Propiedade Intelectual), e pon a disposición dos estudantes matriculados na materia, exclusivamente para o seu uso persoal, calquera extracción destes materiais para polos a disposición de terceiros por calquera outro medio (fotocopiadora, correo electrónico, páxinas web, etc.). ), é un acto ilícito que levará as medidas legais e disciplinarias pertinentes, sendo considerado unha falta grave ou moi grave de acordo co Regulamento de Disciplina de Estudantes da Universidade de Coruña e unha infracción grave ou moi grave da Lei de Propiedade Intelectual. |
|