Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Fundamentos de Enfermaría Código 661G01107
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Primeiro Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Garcia Fraguela, Berta
Correo electrónico
berta.fraguela@col.udc.es
Profesorado
Garcia Fraguela, Berta
Correo electrónico
berta.fraguela@col.udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral Co estudo de Fundamentos de Enfermería preténdese introducir ao alumnado na Ciencia da Enfermería a través da súa evolución histórica, as distintas Teorías e Modelos de Enfermería, a metodoloxía enfermeira e os Coidados Básicos de Enfermería. A finalidade é que o alumnado sexa capaz de comprender a función principal e diferenciada da profesión enfermeira e integre os conceptos fundamentais e a metodoloxía de traballo enfermeiro no coidado do individuo e dos grupos, na investigación, na xestión e na docencia.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A21 Identificar, integrar e relacionar o concepto de saúde e os coidados, desde unha perspectiva histórica, para comprender a evolución do coidado de enfermaría.
A22 Comprender desde unha perspectiva ontolóxica e epistemolóxica, a evolución dos conceptos centrais que configuran a disciplina de enfermaría, así como os modelos teóricos máis relevantes, aplicando a metodoloxía científica no proceso de coidar e desenvolvendo os planes de coidados correspondentes.
A23 Aplicar o proceso de enfermaría para proporcionar e garantir o benestar, a calidade e seguridade ás persoas atendidas.
A24 Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermaría.
A25 Dirixir, avaliar e prestar os coidados integrais de enfermaría, ao individuo, a familia e a comunidade.
A37 Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B10 Capacidade para adaptarse ás situacións novas.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B13 Toma de decisións.
B14 Habilidades interpersonais.
B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B18 Desenvolver a capacidade de liderado.
B19 Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B21 Implicación na calidade e busca/procura da excelencia.
B22 Capacidade para motivarse e motivar a outros.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C10 CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Analizar o desenvolvemento das sociedades ao longo da historia, describindo o proceso saúde-enfermidade para identificar a función de coidar nas sociedades de cada época. A21
A24
B1
B3
B4
B8
B10
B11
B18
B21
B22
C4
C7
Identificar a función da Enfermería e comprender a importancia do establecemento dun marco teórico. A22
A24
B1
B2
B3
B6
B8
B9
B11
B12
B16
B18
B20
B21
B24
C4
C7
C8
C12
Comprender as teorías e modelos conceptuais máis relevantes. A22
B1
B2
B3
B6
B8
B16
B24
C4
C8
Describir a aplicación da metodoloxía científica en enfermaría: Proceso de Atención de Enfermaría. A22
A23
B1
B2
B3
B6
B8
B12
B13
B16
B24
C3
C4
Valorar e planificar coidados básicos para a atención das necesidades fundamentais do ser humano. A22
A23
A24
A25
A37
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B19
B20
B21
B22
B24
C3
C4
C6
C10
C11
C12
Aplicar o Proceso de Atención de Enfermaría. A22
A23
A24
B1
B2
B3
B4
B8
B9
B12
B13
C3
C4

Contidos
Temas Subtemas
UNIDADE DIDÁCTICA I.-HISTORIA DA ENFERMARÍA TEMA 1. EVOLUCIÓN HISTÓRICA DOS COIDADOS DE ENFERMARÍA
TEMA 2. A ORIXE DOS COIDADOS
TEMA 3. AS CIVILIZACIÓNS ANTIGAS
TEMA 4. A IDADE MEDIA
TEMA 5. O MUNDO MODERNO E CONTEMPORÁNEO
TEMA 6. A CRUZ VERMELLA INTERNACIONAL
TEMA 7. DESENVOLVEMENTO HISTÓRICO DA ENFERMARÍA EN ESPAÑA
TEMA 8. A ENFERMARÍA DO PRESENTE
TEMA 1. EVOLUCIÓN HISTÓRICA DOS COIDADOS DE ENFERMARÍA 1.1 Os coidados aos enfermos a través dos tempos.
1.2 Factores condicionantes.
1.2.1 Evolución dos conceptos de saúde e enfermidade.
1.2.2 Comportamento social ante os enfermos e a enfermidade.
1.2.3 Consideración social das mulleres a través da historia.
1.2.4 Evolución do coñecemento
TEMA 2. A ORIXE DOS COIDADOS 2.1 Coidado dos enfermos nos pobos primitivos. Coidados de supervivencia.
2.2 O papel da muller nos coidados.
TEMA 3. AS CIVILIZACIÓNS ANTIGAS 3.1 Egipto, China e India
3.2 O Mundo Mediterráneo: Grecia e Roma
3.2.1 Características xerais da época.
3.2.2 O xuramento hipocrático.
3.2.3. O papel da muller nos coidados.
TEMA 4. A IDADE MEDIA 4.1 Perspectiva histórica.
4.2 Os mosteiros e hospitais
4.3 A atención dos enfermos.
4.4 A influencia das cruzadas
4.5 Os hospitais e tipo de coidados na Coruña
4.6 O papel da muller nos coidados.
TEMA 5. O MUNDO MODERNO E CONTEMPORÁNEO 5.1 Os avances da ciencia.
5.2 O nacemento da Enfermaría profesional:
5.2.1 Diaconisas de Kaisserswert.
5.2.2 Florence Nightingale. A súa vida e a súa obra. Repercusiones da súa obra.
5.3 Os hospitais e tipo de coidados na Coruña
5.4 O papel da muller nos coidados
TEMA 6. A CRUZ VERMELLA INTERNACIONAL 6.1 Fundación, funcións e ámbito de actuación.
TEMA 7. DESENVOLVEMENTO HISTÓRICO DA ENFERMARÍA EN ESPAÑA 7.1 Século XIX. Os coidados: unha nova perspectiva para Enfermaría.
7.2 Enfermaría. Consideración social.
7.3 Practicantes.
7.4 Matronas.
7.5 Fundación da primeira escola de enfermeiras.
7.6 Expedición Balmis
7.7 O papel das mulleres nos coidados
7.7 Hospitais e tipos de coidados
TEMA 8. A ENFERMARÍA DO PRESENTE 8.1 Século XX. Desenvolvemento da profesión.
8.2 Primeiros ordenamentos legais.
8.3 Situación da Enfermaría nas primeiras décadas.
8.4 Colexios profesionais.
8.5 Reorganización da Enfermaría: Axudantes Técnicos Sanitarios (A.T.S.)
8.6 Especialidades.
8.7 O papel das mulleres nos coidados
8.7 Proceso de integración das Escolas de .A.T.S. na Universidade.
8.8 Lei de Reforma Universitaria (L.R.U). Profesorado.
8.9 Reforma dos Plans de Estudos.
8.10 Lei Orgánica Universitaria (L.O.U)
8.11 Proceso de Bolonia
8.12 Organismos relacionados coa Enfermería
UNIDADE DIDÁCTICA II. ENFERMARIA PROFESIONAL.MODELOS E TEORIAS DE ENFERMERIA TEMA 1. A ENFERMARÍA PROFESIONAL.FUNCIÓN DIFERENCIADA DA PROFESIÓN DE ENFERMARÍA
TEMA 2. MARCO CONCEPTUAL DA PROFESIÓN DE ENFERMARÍA.MODELOS DE COIDADOS EN ENFERMARÍA
TEMA 3. TENDENCIA NATURALISTA
TEMA 4. TENDENCIA DE SUPLENCIA/AXUDA
TEMA 5.TENDENCIA DE INTERRELACIÓN
TEMA 6. TEORÍAS DE ENFERMARÍA
TEMA 7. TEORÍAS DE ENEFERMARÍA DE NIVEL MEDIO
TEMA 1. A ENFERMARÍA PROFESIONAL.FUNCIÓN DIFERENCIADA DA PROFESIÓN DE ENFERMARÍA 1.1 Concepto e características de profesión
1.2 Concepto de enfermaría. A enfermería como profesión
1.2 Campo de actuación.
1.3 Supostos básicos da profesión de enfermaría.
1.4 Funcións de enfermería
1.5 O equipo de saúde: a enfermeira como membro do equipo de saúde.
TEMA 2. MARCO CONCEPTUAL DA PROFESIÓN DE ENFERMARÍA.MODELOS DE COIDADOS EN ENFERMARÍA 2.1 O concepto de marco conceptual dunha profesión.
2.2 A necesidade de establecer un marco conceptual
2.3 Elementos que compoñen o marco conceptual.
2.4 Concepto de Modelo. Elementos dun modelo.
2.5 Necesidade de adoptar un modelo na práctica.
2.6 Criterios de clasificación dos modelos. Tendencias.
TEMA 3. TENDENCIA NATURALISTA 3.1 Florence Nightingale.
3.2 Fundamentos do modelo.
3.3 Significado do modelo para a enfermaría.
TEMA 4. TENDENCIA DE SUPLENCIA/AXUDA 4.1 O modelo de coidados de Virginia Henderson.
4.1.1 As necesidades humanas e a súa relación coa enfermaría.
4.1.2 Función da enfermaría nestes modelos.
TEMA 5.TENDENCIA DE INTERRELACIÓN 5.1 O modelo de Hildegarde Peplau.
TEMA 6. TEORÍAS DE ENFERMERÍA 6.1 Modelo de promoción da saúde. Nola J. Pender
6.2 Teoría da diversidade e da universalidade dos coidados culturais. Madeleine Leininger
TEMA 7. TEORÍA DE ENFERMARÍA DE NIVEL MEDIO 7.1 Teoría do confort de Katharine Kolcaba.
UNIDADE DIDÁCTICA III.-METODOLOXÍA CIENTÍFICA E A SÚA APLICACIÓN EN ENFERMARÍA. O PROCESO DE ATENCIÓN DE ENFERMARIA TEMA 1. A APLICACIÓN DO MÉTODO CIENTÍFICO EN ENFERMARÍA: O PROCESO DE ATENCIÓN DE ENFERMARÍA.
TEMA 2. PRIMEIRA ETAPA DO PROCESO DE ATENCIÓN DE ENFERMARÍA: A VALORACIÓN
TEMA 3. SEGUNDA ETAPA DO PROCESO DE ATENCIÓN DE ENFERMARÍA: IDENTIFICACIÓN DE PROBLEMAS: O DIAGNÓSTICO DE ENFERMARÍA.
TEMA 4. TERCEIRA ETAPA DO PROCESO DE ENFERMARÍA: A PLANIFICACIÓN DOS COIDADOS
TEMA 5. CUARTA ETAPA DO PROCESO DE ENFERMARÍA: A EXECUCIÓN DO PLAN DE COIDADOS.
TEMA 6. QUINTA ETAPA DO PROCESO DE ENFERMARÍA: A AVALIACIÓN
TEMA 1. A APLICACIÓN DO MÉTODO CIENTÍFICO EN ENFERMARÍA: O PROCESO DE ATENCIÓN DE ENFERMARÍA. 1.1 O Proceso de Atención de Enfermaría: orixe e historia.
1.2 O Proceso como método de solución de problemas.
1.3 Etapas do proceso de Enfermaría.
TEMA 2. PRIMEIRA ETAPA DO PROCESO DE ATENCIÓN DE ENFERMARÍA: A VALORACIÓN 2.1 A recollida e selección de datos. Métodos para a recollida. Fontes que aportan datos.
2.2 A recollida de datos a través da entrevista. A entrevista como forma de comunicación e como medio de obtención de datos.
2.3 A recollida de datos a través da observación.
2.3.1Concepto e fins da observación.
2.4. Valoración segundo o modelo de V. Henderson
2.5. Valoración segundo os patróns funcionales de M. Gordon
TEMA 3. SEGUNDA ETAPA DO PROCESO DE ATENCIÓN DE ENFERMARÍA: IDENTIFICACIÓN DE PROBLEMAS: O DIAGNÓSTICO DE ENFERMARÍA. 3.1 Análise dos datos recollidos.
3.2 Diagnóstico de Enfermaría. Concepto. Evolución histórica.
3.3 Sistemas de clasificación dos Diagnósticos de Enfermaría
3.3.1 Taxonomía diagnóstica.
3.4 Compoñentes do Diagnóstico de Enfermaría: etiqueta, definición, características definitorias, factores relacionados, condición asociada e poboación de risco.
3.5 Clasificación dos Diagnósticos de Enfermería: reais, de risco, de promoción da saúde e de síndrome.
3.6 Formulación correcta do Diagnóstico de Enfermaría.
3.7 Problemas Interdependentes. Concepto. Diferenzas entre Diagnóstico de Enfermería e Problema interdependiente
TEMA 4. TERCEIRA ETAPA DO PROCESO DE ENFERMARÍA: A PLANIFICACIÓN DOS COIDADOS. 4.1 Concepto e finalidade.
4.2 Selección de prioridades.
4.3 Establecemento de obxectivos.
4.3.1 Clasificación dos Resultados de Enfermaría:NOC
4.4 Determinación de actividades.
4.2.1Clasificación das Intervencions de Enfermaría:NIC
TEMA 5. CUARTA ETAPA DO PROCESO DE ENFERMARÍA: A EXECUCIÓN DO PLAN DE COIDADOS. 5.1 A execución do planificado. Persoas que interveñen na execución do Plan de Coidados.
5.2 Formas de intervención da enfermeira no Plan de Coidados
TEMA 6. QUINTA ETAPA DO PROCESO DE ENFERMARÍA: A AVALIACIÓN 6.1 Concepto de avaliación no Proceso de Enfermaría.
6.2 Elementos e aspectos da avaliación.
6.3 Instrumentos de avaliación. Formas de avaliación
UNIDADE DIDÁCTICA IV. COIDADOS BÁSICOS DE ENFERMARÍA TEMA 1. COIDADOS BÁSICOS PARA A ATENCIÓN DAS NECESIDADES FUNDAMENTÁIS DO SER HUMANO ADAPTADOS AO MODELO DE VIRGINIA HENDERSON.
TEMA 2. COIDADOS BÁSICOS PARA A ATENCIÓN DAS NECESIDADES FUNDAMENTÁIS DO SER HUMANO ADAPTADOS AOS PATRÓNS FUCIONAIS DE SAÚDE DE MARGORY GORDON
TEMA 3.COIDADOS BÁSICOS NUN ENTORNO MULTICULTURAL
TEMA 1. COIDADOS BÁSICOS PARA A ATENCIÓN DAS NECESIDADES FUNDAMENTÁIS DO SER HUMANO ADAPTADOS AO MODELO DE VIRGINIA HENDERSON. 1.1. Introdución
1.2. Necesidade de respirar normalmente
1.3. Necesidade de alimentarse e hidratarse adecuadamente
1.4 Necesidade de eliminar por todas as vías corporais
1.5. Necesidade de moverse e de manter posturas adecuadas
1.6. Necesidade de durmir e descansar
1.7. Necesidade de escoller a roupa adecuada: vestirse e desvestirse
1.8. Necesidade de manter a temperatura corporal dentro dos límites normais, adecuando a roupa e modificando o ambiente
1.9. Necesidade de manter a hixiene corporal e a integridade da pel
1.10. Necesidade de evitar os perigos ambientais e lesionar a outras persoas
1.11. Necesidade de comunicarse cos demais expresando emocións, necesidades, temores ou opinións
1.12. Necesidade de vivir segundo as súas crenzas e valores
1.13. Necesidade de ocuparse en algo de tal forma que o seu labor teña un sentido de realización persoal
1.14. Necesidade de participar en actividades recreativas
1.15. Necesidade de aprender, descubrir ou satisfacer a curiosidade que conduce a un desenvolvemento normal e a usar os recursos dispoñibles
TEMA 2. COIDADOS BÁSICOS PARA A ATENCIÓN DAS NECESIDADES FUNDAMENTÁIS DO SER HUMANO ADAPTADOS AOS PATRÓNS FUCIONAIS DE SAÚDE DE MARJORY GORDON. 2.1. Introdución
2.2. Percepción - manexo da saúde
2.3. Nutricional - metabólico
2.4. Eliminación
2.5. Actividade- exercicio
2.6. Sono- descanso
2.7. Cognitivo-perceptual
2.8. Autopercepción- autoconcepto
2.9. Rol- relacións
2.10. Sexualidade- reprodución
2.11. Adaptación- tolerancia ao estrés
2.12. Valores- crenzas
TEMA 3.COIDADOS BÁSICOS NUN ENTORNO MULTICULTURAL 3.1. Saúde e enfermidade
3.2. Modelos de saúde
3.3. Enfermaria transcultural
3.4. Competencia cultural
3.5. Valoración cultural
3.6 Aproximación ao paciente inmigrante

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A21 A22 1 0 1
Sesión maxistral A21 A22 A24 B6 B7 B8 B16 60 50 110
Estudo de casos A22 A23 A24 A25 A37 B1 B2 B3 B4 B6 B8 B11 B12 B13 B16 C3 C6 35 5 40
Proba mixta A21 A23 A24 B2 B3 B8 B9 3 55 58
Saídas de campo A21 B1 B11 C7 C11 C12 1 4 5
Aprendizaxe colaborativa A21 A22 A23 B3 B5 B8 B10 B13 B14 B15 B16 B18 B19 B20 B22 B24 C4 C8 25 15 40
Traballos tutelados B1 B2 B3 B4 B8 C11 C12 7 25 32
Lecturas A21 A22 B6 B7 B8 B16 B20 B21 B24 C7 C10 C11 C12 2 10 12
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade para a presentación da materia, horarios e coñecer intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o estudo da Enfermaría
Sesión maxistral Actividade na que a profesora expón de xeito oral e con medios audiovisuais contidos teóricos do programa e a orientación bibliográfica dos mesmos
Estudo de casos Actividade na que o estudantado, ante un caso concreto, debe ser capaz de valorar as necesidades básicas, analizar os datos, identificar problemas de saúde da persoa, familia e comunidade e planificar os coidados e aplicar coidados para resolvelos ou, se isto non é posible, proporcionar unha morte digna
Proba mixta Proba escrita con pregunta curta, tipo test e casos.
Saídas de campo Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (monumentos, museo, ruas, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información e posterior presentación na aula
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Lecturas Lectura de libros e artigos de revistas cientificas para profundizar nos contidos do programa.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Traballos tutelados
Estudo de casos
Proba mixta
Actividades iniciais
Saídas de campo
Descrición
As actividades iniciais teñen como obxectivo a presentación da materia, horarios e coñecer o concepto que o alumnado trae sobre o que é a Enfermaría e coñecer as motivacións que lle induciron á elección da mesma

A atención personalizada (titorías) ten como finalidade atender as consultas do estudantado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia. Farase de forma individual e presencial no despacho da profesora, a través da plataforma Teams ou a través do correo electrónico.

A atención relacionada cos traballos tutelados e presentación oral ten como finalidade orientar ao estudantado na realización dos traballos. O seguemento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial ou da plataforma Teams.

Tanto para a atención personalizada como grupal deberase pedir cita previamente.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A21 A22 A23 B3 B5 B8 B10 B13 B14 B15 B16 B18 B19 B20 B22 B24 C4 C8 Entrega e defensa de traballos de carácter obrigatorio que se desenvolven mediante traballo conxunto dun grupo de estudantes.
A profesora especificará previamente a data de entrega.
Valorarase a presentación escrita e oral
Escrita:
- Extensión e formato
- Expresión e ortografía
- Aspectos relevantes
- Conclusións e discusión
- Bibliografía actualizada e adaptada á normativa de Vancouver
Oral:
- Expresión oral e expresividade
- Contestación correcta ás preguntas , sobre o traballo, realizadas pola profesora
- Recursos didácticos
- Orixinalidade
- Adaptación ao tempo
20
Traballos tutelados B1 B2 B3 B4 B8 C11 C12 Consistirá no desenvolvemento dun caso clínico de xeito grupal e/o individual.
A avaliación farase tendo en conta, fundamentalmente, o razoamento diagnóstico: selección de datos recollidos na valoración, identificación de problemas (DdE) e intervencións de enfermería (NIC).
A profesora especificará, previamente, a data de entrega.
20
Proba mixta A21 A23 A24 B2 B3 B8 B9 No primeiro cuadrimestre realizarase unha proba dos contidos de Historia da Enfermaría e outra de Modelos de Enfermaría. Cada unha das partes suporá o 10% da nota final desta metodoloxía.
As probas constarán de preguntas curtas e preguntas tipo test, relacionadas con contidos teóricos, lecturas e os traballos tutelados.

No segundo cuadrimestre realizarase outra proba sobre os contidos do Proceso de Atención de Enfermaría e de Coidados Básicos de Enfermaría. As probas constarán de preguntas tipo test e preguntas curtas relacionadas cos contidos teóricos, lecturas, estudos de casos e traballos tutelados. Cada unha das partes suporá o 10% da nota final desta metodoloxía.
Resolución dun caso de un problema de saúde-enfermidade, esta suporá o 20% da nota final desta metodoloxía.
A superación desta metodoloxía implica a superación de todas as probas realizadas.
60
 
Observacións avaliación

A asistencia ás clases de pequenos grupos éobrigatoria. Cada falta de asistencia será penalizada con 0,25 puntos ata untotal de 2 puntos na aprendizaxe colaborativa ou traballo tutelado.
Toda aquela materia que se traballa noaula é materia de exame, independentemente do tipo de matrícula.
A aplicación das porcentaxes na avaliaciónfinal quedará suxeita a que todas as metodoloxías que computen na avaliación sexan superadas.

O alumnado que, no exame parcial, nonsuperase a proba de Historia e Modelos de Enfermería, fará a recuperacióndurante a proba ordinaria.

A asistencia a clase será considerada unvalor positivo na avaliación sempre que supere o 85% do total de horaspresenciais.

Na segundaoportunidade respectaranse as notas das partes superadas na primeira oportunidade.

Matrículaparcial: o estudantado a tempo parcial poderá solicitar a dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases durante o proceso de matriculación, no momento que remitan a documentación xustificativa que acredita o motivo polo que non poden realizar os estudos a tempo completo. Neste caso o alumnado terá que presentar, a través da plataforma Moodle, os mesmos traballos que o resto do estudantado que, poderá facer de xeito individual ou en grupo (previo acordo coa profesora). A proba mixta suporá o 75% (40% o exame teórico e 35% o caso clínico), os traballos suporán o 25% da avaliación.

Dispensa de asistencia ás clases: en cumprimento da Normativa Académica da UDC, o alumnado a tempo completo poderá solicitar a dispensa da asistencia ás clases sempre e cando acrediten mediante os xustificantes oportunos que se atopan nalgún dos supostos recollidos na normativa e o soliciten no momento indicado por esta. Neste caso o alumnado terá que presentar, a través da plataforma Moodle, os mesmos traballos que o resto do estudantado que poderá facer de xeito individual ou en grupo (previo acordo coa profesora). A proba mixta suporá o 75% (40% o exame teórico e 35% o caso clínico), os traballossuporán o 25% da avaliación.

Adianto de oportunidade: neste caso a proba mixta suporá o 100% da avaliación.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: a/o estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
Luis;Rodrigo M.T. (2014). Los diagnósticos enfermeros. Revisión crítica y guía práctica. 9ª ed. Barcelona: Elsevier
Carlos M. Fernández (1995). Antiguos Hospitales. A Coruña: Galaxia
Alfaro, R. (2014). Aplicación del proceso enfermero: fundamento del razonamiento clínico . (8ª Ed.) Barcelona: Wolters Kluwer
Wagner Ch M, Butcher HK, Clarke MF. (2024). Clasificación de las Intervenciones de Enfermería (NIC). 8ª Edición. Barcelona: Elsevier
Moorhead S,Swanson E,Johnson M. (2024). Clasificación de Resultados de Enfermería (NOC). Medición de Resultados en Salud. 7ª Edición. Barcelona:Elsevier
NANDA Internacional (2021). Diagnósticos enfermeros: Definiciones y Clasificación 2021-2023. 12ª ed. Barcelona: Elsevier
Potter, P., & Ostendorf, W. R. (2023). Fundamentos de enfermería. (11ª Edición Premium) Barcelona: Elsevier
Kozier, B., Erb, G., Berman, A., Snyder, S., Snyder, S., & Snyder, S. (2013). Fundamentos de Enfermería. Conceptos, proceso y práctica. (9ª ed.) Madrid : Pearson Prentice Hall
García Martínez MJ, García Martínez, AC (coord) (2001/04). Híades. Revista de Historia de la Enfermería. Alcalá de Guadaira
Martínez Martin ML, Chamorro Rebollo E (2023). Historia de la Enfermería. Evolución histórica del cuidado enfermero.. (4ª Ed.) Barcelona: Elsevier
López Mariño, A. (2022). Isabel Zendal. La madre de todas las vacunas. Santiago de Compostela: Teófilo Edicións
González Guitián C. Galdo Fernández F. (1996). La Coruña en la historia de la viruela. A Coruña: Galaxia
Spector R.E, Muñoz M.J (2003). La cultura de la salud. Madrid: Pearson Educación
Germán Bes C, Martínez Santos Y, Mas Espejo M (2020). Las primeras enfermeras laicas españolas. Aurora Mas y los orígenes de una profesión en el S XX. Zaragoza:Servicio de publicaciones. Universidad de Zaragoza
Alligood MR. (2023). Modelos y Teorías en enfermería. (10ª ed.) Barcelona: Elsevier Mosby
Nightingale, F. (1990). Notas sobre Enfermería. Barcelona: Masson- Salvat
Moreno Preciado, M (2021). Transculturalidad, género y salud. Barcelona: Elsevier
Bibliografía complementaria Poletti, R (1980). Cuidados de Enfermería. Tendencias y conceptos actuales. Barcelona: Rol
(). Cuiden.
(). Cultura de cuidados.
(). Enfermería Clínica.
Adam, E. (1982). Hacia dónde va la Enfermería. Madrid: Interamericana
Donahue, P (1988). Historia de la enfermería. Barcelona: Doyma
Hernández Martín, F (1996). Historia de la Enfermería en España. Desde la antigüedad hasta nuestros días.. Madrid: Síntesis
Eseverri Chaverri, C (1995). Historia de la Enfermería española e Hispanoamericana. Madrid: Universitas
Hernández Conesa, J (1996). Historia de la enfermería. Un análisis histórico de los cuidados de enfermería.. Madrid: interamericana McGraw-Hill
(). Index de enfermería.
Henderson, V (1984). La naturaleza de la Enfermería. Madrid: Interamericana
Domínguez Alcón, C (1986). Los cuidados y la profesión enfermera en España. Madrid: Pirámide
Carpenito, L.J. (2017). Manual de diagnósticos de enfermería. barcelona: Wllkers Kluwer
(). Metas de Enfermería.
Valls Llobet, C (2020). Mujeres invisibles para la medicina. 3ª ed. Madrid: Capitán Swing; 2020
Collière MF (1983). Promover la vida. De la práctica de las mujeres cuidadoras a los cuidados de enfermería. Madrid: interamericana McGraw-Hill
(). Rol de enfermería.
Kozier B., Erb G (2004). Técnicas de Enfermería Clínica. Madrid: McGraw-Hill Interamericana
Riopelle, L.; Grondin, L. Phaneuf (1993). Un proceso centrado en las necesidades de la persona. Madrid: Interamericana

Recursos electrónicos:

Bibliteca Virtual en Salud
http://bvs.isciii.es/E/index.php

Centro colaborador español del Instituto Joanna Briggs
http://es.jbiconnect.org/

Guía Salud
https://portal.guiasalud.es/

Universidade de A Coruña. Bibliteca
https://www.udc.es/es/biblioteca/

Cuiden
http://www.index-f.com
Cuidatge
http://teledoc.urv.es/cuidatge/
Medline
http://www.ncbi.nlm.nih.gov/PubMed


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Anatomía/661G01001
Fisioloxía/661G01105

Materias que continúan o temario

Observacións

Esta materia ten en conta as recomendacións de: SUSTENTABILIDADE DO MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO E CULTURA.

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia farase a través de MOODLE, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais eprofesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero; velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías