Para superar a materia, a calificación de cada unha das probas avaliables (proba mixta, proba práctica e traballo tutelado) deberá ser 5 sobre 10. Non se admitirán os traballos entregados fora de prazo sen causa debidamente xustificada. Os estudantes que non se presenten o día da proba mixta oficial acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso.
Calquera caso de plaxio ou fraude académico significará un suspenso (0) na materia, tal e como aparece recollido no "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC":
Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
OPORTUNIDADE de XULLO:
No caso de non superar algunha das actividades de avaliación na primeira oportunidade, deberanse repetir na segunda oportunidade segundo a seguinte distribución de porcentaxes: proba mixta (60%) e unha tarefa equivalente ás probas prácticas (40%).
O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de DECEMBRO avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
Atención á DIVERSIDADE:
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro.
Igualdade de XÉNERO:
Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores e de autoras e propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas. Do mesmo xeito, traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, así como formentar valores de respecto e igualdade. No caso de detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas.