Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Entender a xeometría como modelo gráfico capaz de establecer relacións espaciais que permitan a comprensión, descrición e control das formas construtivas e arquitectónicas. |
A38
|
B31 B32 B33 B34 B35
|
C1 C3 C4 C6 C7 C8
|
|
A38
|
B31 B32 B33 B34 B35
|
C1 C3 C4 C6 C7 C8
|
|
A38
|
B31 B32 B33 B34 B35
|
C1 C3 C4 C6 C7 C8
|
|
A38
|
B31 B32 B33 B34 B35
|
C1 C3 C4 C6 C7 C8
|
Coñecer os fundamentos xerais da Teoría de Sombras como racionalización xeométrica do fenómeno luminoso nos distintos Sistemas de Representación de aplicación arquitectónica. |
A38
|
B31 B32 B33 B34 B35
|
C1 C3 C4 C7 C8
|
Aplicar o Sistema de Planos Acoutados á resolución gráfica de cubertas, á representación do terreo e á resolución de topografías modificadas na execución de explanaciones e viarias. |
A38
|
B31 B32 B33 B34 B35
|
C1 C3 C4 C6 C7 C8
|
|
A38
|
B31 B32 B33 B34 B35
|
C1 C3 C4 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1.- SISTEMA DIÉDRICO:
Fundamentos e problemas posicionales. |
Introdución. Xeneralidades. Fundamentos. Representación de punto, recta e plano. Condicións de pertenza. Paralelismo. Interseccións. Perpendicularidad |
Tema 2.- SISTEMA DIÉDRICO:
Métodos gráficos e problemas métricos. |
Procedementos xeométricos: Cambios de Plano. Xiros. Abatementos. Problemas métricos: Distancias. Ángulos |
Tema 3.- SISTEMA DIÉDRICO:
Análise e representación de superficies. |
Representación de superficies. Poliedros Regulares. Radiais poliédricas: Pirámide e Prisma. Cuádricas radiadas: Cono e Cilindro. Representación da Esfera. |
Tema 4.- SISTEMA DIÉDRICO:
Intersección de superficies e Teoría de Sombras. |
Intersección de superficies. Métodos. Aplicacións arquitectónicas: bóvedas, cúpulas e lunetos. Teoría de Sombras aplicada ao Sistema Diédrico. |
Tema 5.- SISTEMA DE PLANOS ACOTADOS: Fundamentos |
Xeneralidades. Representación do plano. Problemas posicionales: paralelismo, perpendicularidad, interseccións. Abatementos. Problemas métricos: distancias e ángulos. Representación de corpos xeométricos |
Tema 6.- SISTEMA DE PLANOS ACOTADOS: Aplicacións en edificación. Cubertas. Terreos. |
Resolución gráfica de cubertas. Superficies topográficas e intervencións no terreo: explanaciones e trazado de viarios.
|
Tema 7.- AXONOMETRÍA ORTOGONAL. Fundamentos e posta en práctica. |
Axonometría Ortogonal. Xeneralidades. Clases de axonometría. Triedro trirrectángulo. Eixos axonométricos.
Escalas axonométricas. Teorema de Schlömilch-Waisbach. Representación dos elementos xeométricos fundamentais: punto, recta e plano. Problemas posicionales. Interseccións. Paralelismo e perpendicularidade. Posta en práctica da axonometría ortogonal: representación de figuras planas, corpos xeométricos e teoría de sombras. |
Tema 8.- AXONOMETRÍAS OBLICUAS: Perspectiva Cabaleira e Militar. Fundamentos e posta en práctica. |
Axonometría Oblicua. Xeneralidades. Teorema de Pohlke. Perspectiva cabaleira e militar. Dirección de proxección. Coeficientes de redución. Representación dos elementos xeométricos fundamentais: punto, recta e plano. Problemas posicionales. Interseccións. Paralelismo e perpendicularidade. Posta en práctica da axonometría oblicua: representación de figuras planas, corpos xeométricos e Teoría de Sombras.
|
Tema 9. PERSPECTIVA LINEAL. Fundamentos. |
Xeneralidades e convenios. Representación dos elementos xeométricos fundamentais: punto, recta e plano.
Problemas posicionales. Relacións de pertenza. Intersecciones. Paralelismo. Perpendicularidade.
Abatemeentos. Problemas métricos. Verdadeiras magnitudes. |
Tema 10. PERSPECTIVA LINEAL. Posta en práctica. |
Percepción visual e representación. Influencia da posición relativa dos elementos da perspectiva lineal. Ángulo de visión. Clasificación das perspectivas lineales segundo a posición do Punto de Vista e do Plano do Cadro.
Restitucións perspectivas e Teoría de Sombras. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A38 B31 B32 B33 B34 B35 C1 C3 C4 C6 C7 C8 |
45 |
60 |
105 |
Solución de problemas |
A38 B31 B32 B33 B34 B35 C1 C3 C4 C6 C7 C8 |
45 |
65 |
110 |
Proba obxectiva |
A38 B31 B32 B33 B34 B35 C1 C3 C4 C6 C7 C8 |
6 |
0 |
6 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral e gráfica na aula complementada co uso opcional de medios audiovisuais e TIC así como a introdución de preguntas dirixidas ao alumnado coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Solución de problemas |
As/os alumnas/os enfrontaranse á resolución dunha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron nas sesións expositivas e que pode ter mais dunha solución. Dentro desta dinámica interactiva realizarase unha atención personalizada. |
Proba obxectiva |
Proba gráfica utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un elemento de medida quepermite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para avaliación diagnóstica, formativa como sumativa. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
|
Descrición |
Atenderanse as necesidades e consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A38 B31 B32 B33 B34 B35 C1 C3 C4 C6 C7 C8 |
Realizaranse probas obxectivas durante o curso sobre os contidos dos diferentes Sistemas de Representación. Estas probas terán características similares aos exercicios desenvolvidos nas clases interactivas e servirán para articular un proceso de avaliación continua. |
100 |
|
Observacións avaliación |
Considérase obrigatoria a asistencia tanto ás sesións expositivas (TEORÍA) como ás interactivas (PRÁCTICA) polo que o alumnado deberá cumprir uns requisitos de asistencia mínima para poder presentarse ás probas obxectivas. Esta asistencia mínima será do 80%. Calquera incidencia relacionada coa asistencia (causas familiares, laborais, dispensa académica de exención de asistencia, etc.) deberá ser comunicada ao profesorado responsable ao comezo do período de docencia ou no momento no que esta ocorra. O peso dos diferentes sistemas na cualificación será o seguinte: Sistema Diédrico (40 %), Sistema de Planos Acoutados (20 %), Sistemas Axonométricos (20 %) e Perspectiva Lineal (20 %). Para avaliar cada sistema de representación, realizaranse probas obxectivas puntuables que se cualificarán sobre 10 puntos cada unha. A cualificación final global por sistema obterase sumando as cualificacións de cada unha delas e dividindo esta suma polo número de probas realizadas para cada sistema. Para que se poida realizar esta media, deberá obterse unha cualificación mínima de 4 puntos na proba que inclúa todos os contidos do sistema correspondente. Para poder superar a materia por curso, será obrigatorio presentarse a TODAS as probas obxectivas realizadas. O calendario e contido das probas obxectivas comunicarase aos alumnos ao comezo das actividades docentes en cada cuadrimestre. O alumnado que alcance unha cualificación media global de 5 puntos ou superior en CADA UN DOS SISTEMAS nas probas obxectivas puntuables desenvolvidas durante o curso superará a materia POR CURSO. O alumnado que non alcance a cualificación mínima global de 5 puntos nalgún dos sistemas deberá presentarse ao Exame Final oficial da materia que se celebrará ao final do 2º cuadrimestre (Primeira Oportunidade - EF1OP) segundo calendario oficial aprobado en Xunta de Escola. Co fin de favorecer o seguimento da materia na avaliación continua, gardaranse os aprobados nas probas obxectivas puntuables realizadas durante o período de docencia anual POR SISTEMAS COMPLETOS (DIÉDRICO, ACOUTADO, AXONOMETRÍA, PERSPECTIVA). Esta condición considérase vinculada ao curso académico correspondente e, por tanto, estes aprobados gardaranse para a avaliación da Primeira Oportunidade (Maio/Xuño) e para a Segunda Oportunidade (Xullo), pero exclusivamente durante o curso actual e non se manterá esta reserva para cursos posteriores. Tampouco se gardarán para a Segunda Oportunidade os aprobados parciais por sistema que se puidesen producir no Exame Final correspondente á Primeira Oportunidade (Maio/Xuño). AVALIACIÓN PRIMEIRA OPORTUNIDADE. Para que o alumnado poida ter unha cualificación de aprobado no exame final da 1ª oportunidade, deberá obter unha cualificación media global de 5 puntos ou superior en CADA UN dos sistemas.
AVALIACIÓN SEGUNDA OPORTUNIDADE. Para que o alumnado poida ter unha cualificación de aprobado no exame final da 2ª oportunidade, deberá obter unha cualificación media global de 5 puntos ou superior na suma das cualificacións obtidas nos diferentes sistemas.
IMPORTANTE. Para poder realizar a media anterior só se poderá ter unha cualificación inferior a 5 puntos nun dos catro sistemas e esta cualificación non poderá ser inferior a 3 puntos. Aos efectos de elaboración de medias, consideraranse exclusivamente as cualificacións obtidas no exame final correspondente.
Unha cualificación inferior a 5 puntos en máis dun sistema daría lugar á cualificación de SUSPENSO na materia na avaliación correspondente á Segunda Oportunidade.
Implicacións da fraude académica. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na materia na convocatoria correspondente do curso académico, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria sendo de aplicación a normativa académica sobre fraude da UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
FERRER MUÑOZ (1996). Axonometrías. Sistema de representación axonométrico. Paraninfo
GIMÉNEZ PERIS, Vicente (2007). Diédrico Directo. Tomo I. Teoría y 190 ejercicios de aplicación. Edición del autor
GIMÉNEZ PERIS, Vicente (2014). Diédrico Directo. Tomo II. Superficies, Intersecciones, CAD, Sombras. Edición del autor
IZQUIERDO ASENSI, Fernando (). Ejercicios de Geometría Descriptiva Tomo II. Sistema Acotado y Axonométrico. F. Izquierdo
IZQUIERDO ASENSI, Fernando (). Ejercicios de Geometría descriptiva. Tomo IV. Sistema Cónico.
FERNÁNDEZ SAN ELÍAS, Gaspar (1999). Fundamentos del Sistema Diédrico. Universidad de León
IZQUIERDO ASENSI, Fernando (Varias ediciones). Geometría Descriptiva. Edición del autor
FRANCO TABOADA, José Antonio (2011). Geometría Descriptiva para la representación arquitectónica. Vol. 1. Fundamentos. Santiago de Compostela: Andavira Editora
FRANCO TABOADA, José Antonio (2011). Geometría Descriptiva para la representación arquitectónica. Vol. 2. Geometría de la forma. Santiago de Compostela: Andavira Editora
TAIBO FERNÁNDEZ, Ángel (2010). Geometría Descriptiva y sus aplicaciones. Tomo I. Punto, Recta y Plano. Tébar
TAIBO FERNÁNDEZ, Ángel (2007). Geometría descriptiva y sus aplicaciones. Tomo II. Curvas y Superficies. Tébar
BARDÉS FAURA, Lluis; GIMÉNEZ RIBERA, José Manuel (2001). Geometría Descriptiva. Plans acotats i perspectives. Exercicis. Edicións UPC
BARDÉS FAURA, Lluis; GIMÉNEZ RIBERA, José Manuel (1999). Geometría Descriptiva. Sistema Dièdric. Exercicis. Edicións UPC
MARTÍN MOREJÓN, Luís (1978-80). Geometría Descriptiva. Sistema Diédrico (2 vol). Sevilla
SÁNCHEZ GALLEGO, Juan Antonio (1997). Geometría Descriptiva. Sistemas de Proyección Cilíndrica. Edicións UPC
PALANCAR PENELLA (1985). Geometría descriptiva. Sistemas de representación axonométrica. Caballera. Planos Acotados. Madrid: M. Palancar
RODRÍGUEZ DE ABAJO, F. J. (Varias ediciones). Geometría Descriptiva. Tomo I. Sistema Diédrico. Donostiarra
RODRÍGUEZ DE ABAJO, F. J. (Varias ediciones). Geometría Descriptiva. Tomo II. Sistema de Planos Acotados. Donostiarra
RODRÍGUEZ DE ABAJO (). Geometría Descriptiva. Tomo III: Sistema de Perspectiva Caballera.. Editorial Donostiarra
RODRÍGUEZ DE ABAJO (). Geometría Descriptiva. Tomo IV: Sistema Axonométrico.. Editorial Donostiarra
RODRÍGUEZ DE ABAJO (). Geometría Descriptiva. Tomo V. Sistema Cónico.. Editorial Donostiarra
COBOS GUTIERREZ, Carlos (2001). Geometría para Ingenieros. Tomo I: Representación Diédrica. Tébar
RENDÓN GÓMEZ, Álvaro (2001). Geometría paso a paso. Geometría Proyectiva y Sistemas de Representación. Vol. I. (1ª parte). Madrid: Editorial Tébar
GENTIL BALDRICH, José María (1998). Método y aplicación de representación acotada y del terreno. Bellisco
VILLANUEVA BARTRINA (2001). Perspectiva lineal. Su relación con la fotografía. Edicións UPC
BARTOLOMÉ RAMÍREZ (2011). Perspectiva: fundamentos y aplicaciones. Universidad de La Rioja. Servivio de publicaciones
FERNÁNDEZ SAN ELÍAS, Gaspar (2004). Sistema Acotado. Problemas y Aplicaciones. Asociación de Investigación Instituto Automática y Fabricación |
|
Bibliografía complementaria
|
IZQUIERDO ASENSI, F. (2002). Construcciones Geométricas. Edición del autor
ÁLVAREZ BENGOA; RODRÍGUEZ DE ABAJO (2005). Curso de Dibujo Geométrico y Croquización. Editorial Donostiarra
IZQUIERDO ASENSI, F. (2005). Fórmulas y Propiedades Geométricas. Edición del autor
IZQUIERDO ASENSI, F. (Varias ediciones). Geometría Descriptiva Superior y Aplicada.
RENDÓN GÓMEZ, Álvaro (2016). Geometría paso a paso. Vol. I. Elementos de Geometría Métrica y sus aplicaciones en Arte, Ingeniería y Construcción. Editorial Tébar Flores |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Ferramentas Gráficas Dixitais para a Edificación/670G01109 | Expresión Gráfica Arquitectónica I/670G01103 |
|
Materias que continúan o temario |
Expresión Gráfica Arquitectónica II/670G01117 | Topografía e Trazas de Planta/670G01119 |
|
Observacións |
Por abordar os fundamentos da representación gráfica, recoméndase cursar
a asignatura de Xeometría Descriptiva e da Representación de forma previa ou simultánea ao
resto de asignaturas do Área de Expresión Gráfica Arquitectónica.
PRERREQUISITOS
Recoméndase haber cursado a asignatura de Debuxo Técnico en Bacharelato
ou formación equivalente xa que se considera que o alumno debe estar
habituado ao uso dos instrumentos convencionais da representación
gráfica.
Tamén se deberían coñecer os aspectos máis básicos dos diferentes
Sistemas de Representación, especialmente do Sistema Diédrico así como
os trazados básicos da Xeometría Plana (ángulos, polígonos, cónicas,
trigonometría elemental, etc.). Finalmente considérase imprescindible unha motivación e actitude proactiva cara á representación gráfica e a comunicación visual da información técnica. |
|