Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Patrimonio Cultural e Museoloxía Código 710521002
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Rodríguez Caramés, Santiago
Correo electrónico
s.rodriguez.carames@udc.es
Profesorado
Rodríguez Caramés, Santiago
Correo electrónico
s.rodriguez.carames@udc.es
Web
Descrición xeral Materia que permite coñecer a evolución do concepto de patrimonio cultural e dos museos ao longo do tempo. A través de clases teórico-prácticas entenderanse os museos como exemplos completos da xestión do patrimonio e estudaranse diversos modelos a partir de experiencias de primeira man.


Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer os diferentes bens de interese cultural de Galicia e o seu réxime xurídico. AP1
AP2
AP3
AP8
AP10
Analizar a produción de bens culturais e o concepto de patrimonio tanto do pasado como do presente BP1
BP2
BP4
BP5
BP6
BP7
BP8
BP12
Entender os procesos de xestión de patrimonio AP1
AP2
AP3
AP4
AP5
AP8
AP10
BP1
BP2
BP4
BP6
BP8
BP12
CP1
CP2
CP3
CP4
CP5
CP9
CP10
Estudar os museos e a súa evolución e comprender o seu funcionamento como centros de investigación, de conservación e difusión dos bens culturais CP1
CP2
CP3
CP9
Repasar o percorrido histórico da teoría do patrimonio e a museoloxía e a interrelación entrambos os dous. AP1
BP1
BP2
BP4
BP5
BP6
BP12
CP1
CP3
CP4

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I. O PATRIMONIO CULTURAL

1. O concepto do Patrimonio Cultural
1.1. Definición e xeneralidades do Patrimonio Cultural
1.2. Patrimonio Cultural ou Patrimonio Histórico?
1.3. Patrimonio Cultural versus Patrimonio Natural
1.4. Patrimonio Nacional e patrimonios nacionais
1.5. Patrimonio material e inmaterial
2. A teoría do Patrimonio: unha breve historia
2.1. Da Antigüidade ao Renacemento
2.2. A Ilustración e as primeiras teorías da restauración: Francia e Italia
2.3. As dúas grandes figuras do XIX: Viollet-le-Duc e Ruskin
2.4. Aloïs Riegl e os valores do monumento
2.5. A Escola do Restauro italiana
2.6. A teoría do Patrimonio após a Segunda Guerra Mundial
2.7. Teorías actuais e xiros identitarios
3. Lexislación do Patrimonio Cultural 3.1. Institucións e Patrimonio
3.2. Marcos internacionais: UNESCO
3.3. A lexislación estatal: a Lei de Patrimonio Histórico Español (1985)
3.4. A lexislación galega: a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia (1995 e 2016)
3.5. Máis aló das institucións: a dimensión social e popular
4. Tipos de Patrimonio e as súas especificidades 4.1. Patrimonio arquitectónico
4.2. Patrimonio arqueolóxico
4.3. Patrimonio etnolóxico
4.4. Patrimonio industrial científico e técnico
4.5. Patrimonio documental e bibliográfico
5. Xestión, difusión e didáctica do Patrimonio Cultural 5. Xestión, difusión e didáctica do Patrimonio Cultural
6. Patrimonio e turismo
6. Patrimonio e turismo
BLOQUE II. MUSEOLOXÍA E PATRIMONIO CULTURAL

1. Museo, museografía e museoloxía: introdución conceptual
1. Museo, museografía e museoloxía: introdución conceptual
2. Breve historia do museo e a ciencia museolóxica 2.1. Da Antigüidade á Ilustración
2.2. O século XIX e os comezos da museoloxía contemporánea
2.3. Tendencias museolóxicas na primeira metade do século XX
2.4. Nova Museoloxía
2.5. Tendencias actuais, xénero e decolonialidade
3. O museo como espazo do patrimonio: concienciación, investigación, protección e conservación 3. O museo como espazo do patrimonio: concienciación, investigación, protección e conservación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A2 A3 A8 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C9 C10 8 96 104
Saídas de campo A1 A2 A4 A5 B1 B2 B12 C10 4 8 12
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A8 B1 B2 B4 B5 B12 C3 C10 16 0 16
Discusión dirixida A1 A2 A8 A10 B1 B2 B4 C1 C2 C3 4 12 16
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Investigación (Proxecto de investigación) Aplicación dos os coñecementos adquiridos na aula a través dunha pequena investigación sobre casos concretos.
Saídas de campo Visita e posterior reflexión a unha institución museística e ao patrimonio da cidade de Ferrol como forma de achegamento ao patrimonio próximo.
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia, aberta sempre á discusión co alumnado.
Discusión dirixida Preparación e posta en común dunhas temáticas para debate conxunto na aula.

Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Discusión dirixida
Saídas de campo
Sesión maxistral
Descrición
A atención personalizada levará a cabo a través de titorías previamente concertadas co profesor da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A2 A3 A8 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C9 C10 Traballo individual principal do curso, consistente na análise de casos a través dos contidos e as metodoloxías académicas vistas na aula. 60
Discusión dirixida A1 A2 A8 A10 B1 B2 B4 C1 C2 C3 Preparación e celebración dun debate conxunto por equipos e a asunción de diferentes roles na discusión. 20
Saídas de campo A1 A2 A4 A5 B1 B2 B12 C10 Reflexión individual do alumnado sobre a saída de campo. 20
 
Observacións avaliación

Aqueles/as alumnos /as que teñan algún tipo de excepcionalidade para vir a clase legalmente concedida, que falen co/a pofesor/a á comezos de curso para establecer as titorías e os sistemas de avaliación correspondentes.

Avaliarase toda proba realizada individualmente ou en grupo tanto na aula como fóra.

Cada parte da avaliación deberá superar 50% da nota para poder facer o cómputo final


As probas non realizadas puntúan como cero.


A calificación de "no presentado" corresponde ao alumnado que non participase en ningunha proba da avaliación.

Avaliación extraordinaria: nesta avaliación, o traballo de investigación computará 100%.

Implicacións da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, cos servizos dispoñíbeis na UDC, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/).


Fontes de información
Bibliografía básica GONZÁLEZ-VARAS IBÁÑEZ, Ignacio (2008). Conservación de bienes culturales: teoría, historia, principios y normas. Madrid: Cátedra
QUEROL, María Ángeles (2010). Manual de gestión del patrimonio cultural. Madrid: Akal
LORENTE, Jesús Pedro (2012). Manual de historia de la museologi?a. Xixón: Trea
ALONSO FERNÁNDEZ, Luis (1993). Museología: introducción a la teoría y práctica del museo. Madrid: Itsmo
GONZÁLEZ-VARAS IBÁÑEZ, Ignacio (2015). Patrimonio cultural. Conceptos, debates y problemas. Madrid: Cátedra
HERNÁNDEZ HERNÁNDEZ, Francisca (2006). Planteamientos teóricos de la museología. Xixón: Trea

Bibliografía complementaria CHOAY, François (2007). Alegoría del patrimonio. Barcelona: Gustavo Gili
GARCÍA MORALES, María Victoria; SOTO CABA, Victoria e Joaquín MARTÍNEZ PINO (2017). El estudio del patrimonio cultural. Madrid: UNED-Ramón Areces
SCHUBERT, Karsten (2008). El Museo, historia de una idea: de la Revolución Francesa a hoy. Granada: Turpiana
AMBROSE, Timothy e Crispin PAINE (2019). El museo: manual internacional. Madrid: Akal
LOWENTHAL, David ((1998) [1985]). El pasado es un país extraño. Madrid: Akal
MACARRÓN MIGUEL, Ana María (1995). Historia de la conservación y la restauración. Madrid: Tecnos
GONZÁLEZ, Matilde; LEZCANO, María Elvira e Araceli SERANTES (2014). Interpretación do patrimonio artístico. Guía para profesionais do turismo. A Coruña: CEIDA
TUGORES TRUYOL, Francesca e Rosa PLANAS FERRER (2006). Introducción al patrimonio cultural. Xixón: Trea
MACARRÓN MIGUEL, Ana María e Ana GONZÁLEZ MOZO (1998). La conservación y restauración en el siglo XX. Madrid: Tecnos
BOLAÑOS, María (ed.) (2002). La memoria del mundo. Cien años de museología,1900-2000. Xixón: Trea
RIVIÈRE, Georges Henri (1993). La Museología: curso de museología, textos y testimonios. Madrid: Akal
HERNÁNDEZ HERNÁNDEZ, Francisca (1994). Manual de museología. Madrid: Síntesis
MONTERROSO MONTERO, Juan Manuel (2001). Protección y conservación del patrimonio. Principios teóricos. Santiago de Compostela: Tórculo
LORENTE, Jesús Pedro (2022). Reflexiones sobre museología crítica, dentro y fuera de los museos. Xixón: Trea
FONTENLA SAN JUAN, Concha (1997). Restauración e Historia del Arte en Galicia. Santiago de Compostela: CSIC-IEGPS


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Patrimonio Bibliográfico Documental e Arquivística/710521003

Materias que continúan o temario
Sistema Español de Museos, Arquivos e Bibliotecas/710521004
Museografía/710521010
Historia dos Museos e do Coleccionismo/710521008
Organización e Xestión de Museos/710521011

Observacións
  • Asistencia a clase: É importante a asistencia a clase, xa que moitas das probas avaliábeis se desenvolverán no seu transcurso. 
  • Perspectiva de xénero: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías