Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Patrimonio e Documentación Audiovisual Código 710521029
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Fernandez Travieso, Carlota
Correo electrónico
carlota.ftravieso@udc.es
Profesorado
Fernandez Travieso, Carlota
Correo electrónico
carlota.ftravieso@udc.es
Web http://http://pdi.udc.es/es/File/Pdi/4S46G
Descrición xeral A materia ten como obxectivo principal dotar ao alumnado de recursos e competencias teórico/prácticos para o desempeño das distintas tarefas relacionadas coa xestión da documentación audiovisual. Ensinaráselles a ponderar recursos e fontes especializadas na materia e a analizar e avaliar a calidade da información con especial orientación a maximizar a rendibilidade socio-económica dos fondos documentais.
Así mesmo promoverase o coñecemento da importancia da escolla e conservación dos contidos audiovisuais como legado patrimonial de extraordinario valor socio-cultural.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecemento das características particulares da documentación audiovisual e as súas tipoloxías. AP3
BP10
CP8
CP10
Coñecemento das técnicas e normas de xestión, clasificación, descrición e conservación da documentación audiovisual. AP1
BP5
CP3
Coñecemento dos recursos de información especializados en patrimonio audiovisual desde o punto de vista da recuperación de información. AP3
BP2
BP12
CP10
Coñecemento do marco legal-legal para o acceso, explotación e conservación do patrimonio audiovisual. AP7
BP2
CP3
CP9

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Documentación audiovisual. 1.1. Definición, características e tipoloxías da documentación audiovisual.
1.2. Breve percorrido pola historia da documentación audiovisual.
1.3. Patrimonio audiovisual: concepto, valor e papel de filmotecas, servizos de documentación en televisións e Internet.
1.4. Soportes e formatos audiovisuais.
Tema 2. Fontes para a producción audiovisual. 2.1. Grandes depósitos audiovisuais, hemerotecas, arquivos e bancos de imaxes fixas e en movemento.
2.1.1 Proceso de búsqueda e recuperación de imaxes.
2.1.2 Adquisición e Condicións legais de uso, difusión e explotación.
Tema 3. A cadea documental aplicada aos documentos audiovisuais. 3.1. Fases da cadea documental: Funcións de entrada, tratamento, saída e difusión e mantemento en filmotecas e servizos de documentación de televisións.

3.2. Especificidade do análise de documentos audiovisuais
3.2.1 A normalización e descripción dos documentos
audiovisuais.
3.2.2 Análise de documentos audiovisuais.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Proba mixta B10 2 0 2
Sesión maxistral B5 B12 C10 8 0 8
Presentación oral B10 C8 2 5 7
Proba de resposta múltiple B2 B5 C3 1 18 19
Estudo de casos A1 A3 A7 C3 C8 C9 5 30 35
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Método de avaliación dos coñecementos e habilidades adquiridos polo alumnado, puidendo combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta curta (pechada ou non) e outras algo máis extensas para que o alumno reflexione sobre os contidos tratados na materia.
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos básicos da materia, elaborados e expostos pola docente, que pode apoiarse en medios audiovisuais. Abordaranse cuestións teóricas e prácticas necesarias para o desenvolvemento e resolución dos estudos de caso propostos.
Presentación oral Ó longo das aulas procurarase a interación entre o alumnado e profesorado de xeito ordeado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. Os alumnos terán que falar de/expoñer os estudos de casos.
Proba de resposta múltiple Test cos que o alumnado demostrará o seguimento das sesións maxistrais e actividades desenvolvidas que se realizarán paulatinamente ó ritmo das aulas.
Estudo de casos Os estudantes enfrontaranse ao estudo e resolución de casos prácticos relacionados coa xestión, descrición, procura e recuperación de documentación audiovisual

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba de resposta múltiple
Sesión maxistral
Estudo de casos
Proba mixta
Descrición
As titorías da materia permitirán ó alumnado resolver dúbidas sobre os contidos, a forma de preparar a proba oral, os traballos tutelados, traballos do obradoiro, lecturas e calquera outra actividade orientada ao longo do curso.

Empregaránse preferentemente as titorías presenciais e o correo electrónico. Acordándose previamente coa profesora, poderase tamén realizar titorías por vídeo-conferencia a través de Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple B2 B5 C3 Contará o número de acertos e erros. 30
Estudo de casos A1 A3 A7 C3 C8 C9 Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas persoais, a claridade na formulación e estrutura, a capacidade de síntese, a redacción e presentación, fontes e bibliografía utilizada.
Será imprescindible acordar o tema coa profesora dentro do prazo establecido a tal fin.
Poderá requirirse a súa exposición na clase.
60
Presentación oral B10 C8 Terase en conta a participación nas aulas expoñendo o traballo propio relación cos estudos de casos. 10
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

Para aprobar a materia, é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación. Será imprescindible obter un mínimo de 5 sobre 10 nas probas de resposta múltiple e nos estudos de casos, de non ser así a nota global da materia non será superior aun 4,9. Non se avaliarán traballos entregados fora de prazo ou non consensuados coa profesora previamente cando sexa preciso. Unha vez realizada unha das probas de resposta múltiple ou un dos estudos de casos, se as restantes entregas da metodoloxía non se entregan nos plazos establecidos cualificaranse cun 0. Este será tamén o caso dos traballos que non cumpran coas instrucións prescritas para a súa elaboración ou que fosen copiados ou plaxiados. Se non se participa en ningunha das probas de resposta múltiple ou non se entrega, a lo menos, un dos estudos de casos a cualificación será de non presentado (N. P.).

SEGUNDA OPORTUNIDADE:

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Realizarase unha proba mixta (exame) co valor do 40% e entregaránse os estudos de casos (60%). Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas na primeira oportunidade, polo que os alumnos poderán recuperarán só o exame (se a media das probas de resposta múltiple non chega ao 5) ou só os estudos de casos concretos que teña suspensos ou non presentados. Será obrigatorio comunicar á profesora cómo se abordará a avaliación nesta segunda oportunidade. Será obrigatorio consensuar coa docente previamente o tema dos estudos de casos, se non se fixo durante o curso, como mínimo un mes antes da data fixada para o exame pola Facultade. Será obrigatorio presentar os estudos de caso como mínimo 15 días antes da data fixada para o exame pola Facultade. Para presentarse ao exame, é requisito imprescindible ter presentado previamente os estudos de casos. De non concurrir ó exame ou non participar, a lo menos, cunha das actividades dos estudos de casos, a cualificación será de non presentado (N. P.).


ALUMNOS CON ADICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA:

Terán que acordar unha titoría nas dúas primeiras semanas de clase co fin de establecer un plan de traballo idóneo e de entregas para a a primeira oportunidade. De non realizarse esa primeira titoría na que se acordará unha data de entrega alternativa, entenderase que o alumno opta por presentar os traballos na mesmas datas que o resto do alumnado.

Poderán ser dispensados da participación nas aulas (o 10% de "presentación oral"), tendo neste caso as probas de resposta múltiple o valor do 40%. Na segunda oportunidade, non haberá diferencias no sistema de avaliación en relación co proposto para o resto do alumnado.


Fontes de información
Bibliografía básica LÓPEZ SOLÍS, Iris (2013). El film researcher. Barcelona: UOC
Ministerio de Cultura y Deporte. Gobierno de España. (). Centro de Conservación y Restauración de Filmoteca Española. <http://www.culturaydeporte.gob.es/cultura/areas/cine/mc/fe/ccr/inicio.html> [Consulta 24/06/2019].
ROBLEDANO ARILLO, J. (2014). Curso de documentación audiovisual. Disponible en: https://bit.ly/3NqgRYG [consulta: 28/6/2022]]
IFLA. ISBD. (). Descripción Bibliográfica Internacional Normalizada. Edición consolidada. . Disponible en: https://www.ifla.org/files/assets/hq/publications/series/44-es.pdf [25/3/2020]
CARIDAD, Mercedes, Tony Hernández, David Rodríguez y Belén Pérez (2011). Documentación Audiovisual. Madrid: Síntesis
CALDERA-SERRANO, Jorge y Pilar Arranz-Escacha (2012). Documentación audiovisual en Televisión. Barcelona: UOC.
LÓPEZ SOLÍS, Iris, (2015). El uso de la documentación audiovisual en programas informativos no diarios de TVE: "Informe Semanal, En portada y Crónicas", Tesis dirigida por Elena de la Cuadra Colmenares en la Universid. Disponible en línea en: https://eprints.ucm.es/29490/1/T35959.pdf [30/03/2021]
FIAF (). FIAF Cataloguing Rules. Disponible en: https://www.fiafnet.org/images/tinyUpload/E-Resources/Commission-And-PIP-Resources/CD
Ministerio de Cultura y Deporte. Gobierno de España. (). Filmoteca Española. <http://www.culturaydeporte.gob.es/cultura/areas/cine/mc/fe/portada.html> [Consulta 24/06/2019.
PINTO MOLINA, M.; F. Javier García Marco y C. Agustín Lacruz (2002). Indización y resumen de documentos digitales y multimedia. Técnicas y procedimientos. Gijón: Trea
Ministerio de Cultura y Deporte. Gobierno de España. (). La propiedad intelectual.. Disponible en línea en: http://www.culturaydeporte.gob.es/cultura/propiedadintelectual/la-propiedad-
(1998). Los materiales especiales en las Bibliotecas. Coordinado y dirigido por Carmen Díez Carrera. . Gijón: Trea.
CASTILLO POMEDA, José María. (2004). Televisión y lenguaje audiovisual.. Madrid: Instituto Oficial de Radio y Televisión
LÓPEZ HERNÁNDEZ, Ángeles (). “Análisis del documento fílmico. (Un ejemplo ilustrativo: Solas).”, Frame. Revista de la Biblioteca de la Facultad de Comunicación, nº1, pp. 228-235. . Disponible en línea en: https://idus.us.es/bitstream/handle/11441/96192/1.2.pdf?sequence=1&isAll
PEDREGOSA, J. (). “Búsqueda de documentos multimedia en los bancos de imágenes comerciales” en Documentación Audiovisual, Grado Multimedia, UOC. Disponible en: https://bit.ly/3wNlB2c [consulta: 19/7/2021]
CODINA, Lluís (2019). “Getty Images: banco de imágenes para producciones audiovisuales y editoriales”. Disponible en: https://bit.ly/3BsWo0y [consulta: 19/7/2021]]
PEDREGOSA, J. (). “Getty Images”. En el blog Documentación Audiovisual del grado de multimedia de la UOC. . Disponible en: https://bit.ly/3euvSd1 [consulta 19/7/2021]]
PEDREGOSA, J. (). “Las Creative Commons y otras alternativas a los bancos de imágenes comerciales” en Documentación Audiovisual, Grado Multimedia, UOC. Disponible en: https://bit.ly/3kDWtbP [consulta: 19/7/2021]
VALLE GASTEMINZA, Félix del (1989). “Las funciones documentales tipología de centros y servicios de documentación”, en Fundamentos de información y documentación, José López Yepes (comp.), 1989, págs. 210-214. Madrid: Eudema
CODINA, Lluís. (2011). «Entender los bancos de imágenes» . El profesional de la información, juliol-agost 2011, vol. 20, núm. 4.

A profesora poderá proporcionarán nas clases bibliografía específica para cada un dos temas e actividades a desenvolver, co fin de adecuar e actualizar de maneira continua os contidos da materia.

Bibliografía complementaria

Directorios de legislación sobre propiedad intelectual. Página del Ministerio de Cultura de España. URL: http://www.mcu.es/propiedadInt/index.html

FIAF Cataloguing Rules. &lt;https://www.fiafnet.org/images/tinyUpload/E-Resources/Commission-And-PIP-Resources/CDC-resources/FIAF_Cat_Rules.pdf&gt; [Consulta 20/06/2019]

Linares, Juan, Codina, Lluis, Abadal, Ernest e Guallar, Javier. "Periodismo en bases de datos y buscabilidad de la información"- Revista Hipertest.net. Anuario académico sobre Documentación digital y comunicación interactiva , nº 14, 2016, pp.1-61

Reglas de Catalogación del Ministerio de Educación y Cultura (1995). &lt;http://www.bne.es/media/Perfiles/Bibliotecarios/reglas-catalogacion.pdf&gt; [Consulta 20/06/2019]


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías