Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os conceptos básicos da arquitectura tecnolóxica das bibliotecas dixitais |
A1 A3 A5 A6 A7
|
|
C2 C3 C4 C7
|
Saber xestionar o proceso de dixitalización de contidos para unha biblioteca dixital |
A1 A3 A5 A6 A7
|
B6 B7
|
C2 C3 C4 C7
|
Saber planificar, crear e xestionar unha biblioteca dixital |
A1 A2 A3 A5 A6 A7 A8
|
B6 B7
|
C2 C3 C4 C7 C9 C12 C16 C18
|
Coñecer e poder aplicar linguaxes de marcado para catalogar documentos nunha biblioteca dixital |
A1 A3 A5 A6 A7
|
|
C2 C3 C4 C7
|
Coñecer conceptos básicos de preservación dixital de documentos |
A1 A3 A5 A6 A7
|
|
C2 C3 C4 C7
|
Coñecer os principios e elementos que configuran as bibliotecas dixitais desde o punto de vista documental |
A2 A3 A5 A6
|
|
C2
|
Coñecer e saber aplicar os principais formatos e estándares |
A1 A3 A4 A5 A8
|
B6 B7
|
C2 C9 C12
|
Identificar recursos de información, pautas e proxectos relativos a bibliotecas dixitais |
A1 A6
|
B7
|
|
Coñecer e comprender a terminoloxía da materia |
A1 A3
|
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Módulo de Documentación |
1) Bibliotecas dixitais: concepto, características e evolución
2) Planificación e xestión de bibliotecas dixitais
3) A colección na biblioteca dixital: os procesos documentais
4) Bibliotecas dixitais: avaliación, exemplos e proxectos
|
Módulo de Informática |
1) Arquitectura de bibliotecas dixitais
2) Creación e xestión dunha biblioteca dixital
3) Linguaxes de marcado
4) Preservación dixital |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Estudo de casos |
A2 A3 A4 A5 A8 C2 |
10 |
20 |
30 |
Sesión maxistral |
A1 A6 A7 C3 C4 C7 |
21 |
0 |
21 |
Portafolios do alumno |
B6 B7 C2 C9 C12 C18 |
11 |
20 |
31 |
Traballos tutelados |
A7 A8 B6 B7 C2 C9 C12 C16 C18 |
0 |
66 |
66 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Estudo de casos |
Análise e resolución de situacións e problemas vinculados á planificación e xestión de bibliotecas dixitais. |
Sesión maxistral |
Desenvolvemento expositivo dos contidos esenciais correspondentes aos temas en que se divide o programa. Visualización de exemplos e modelos. Resposta a dúbidas e preguntas. |
Portafolios do alumno |
Carpeta de traballo dos alumnos que deben entregar periódicamente e no prazo estipulado á profesora coas distintas actividades plantexadas: resumos e análises de lecturas, esquemas e contido teórico-práctico, exercicios prácticos e probas escritas para o seguemento dos coñecementos adquiridos. |
Traballos tutelados |
Estarán orientados á aplicación dos conceptos e técnicas da materia de forma autónoma por parte do alumnado, contando sempre coa atención personalizada e seguimento dos docentes. Os traballos elaboraranse de acordo coas pautas formais e de contido proporcionadas polos profesores. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Estudo de casos |
Portafolios do alumno |
|
Descrición |
Axuda e resolución de problemas.
Este tipo de atención terá especial peso nos traballos tutelados, para os cales os docentes irán marcando as pautas a seguir en cada caso, podendo propor as variacións ou modificacións necesarias.
Con carácter xeral, e en todas as metodoloxías aplicadas, utilizaranse as tutorías presenciais, o correo electrónico e a plataforma informática da UDC.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A7 A8 B6 B7 C2 C9 C12 C16 C18 |
Terase en conta a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas, a resolución de problemas, fontes e bibliografía utilizada, e a entrega do traballo no prazo establecido.
Realizarase unha presentación oral do traballo que tamén se terá en conta na avaliación. |
50 |
Estudo de casos |
A2 A3 A4 A5 A8 C2 |
Valoración da resolución, claridade expositiva e presentación dos casos. |
25 |
Portafolios do alumno |
B6 B7 C2 C9 C12 C18 |
Valorarase a adecuación do portafolios presentado aos temas propostos para cada actividade, o contido, con especial interese nas achegas dos alumnos, a coherencia da súa estrutura, a redacción e a presentación.
Entregarase cada actividade na data indicada polo profesor.
Non se avaliarán as actividades presentadas fóra de prazo, con faltas de ortografía ou aquelas que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración. |
25 |
|
Observacións avaliación |
Ao tratarse dunha materia da que non se imparten aulas durante o curso 2023-2024, será obrigatorio para TODO O ALUMNADO acordar unha titoría NAS DÚAS PRIMEIRAS SEMANAS DO CUADRIMESTRE co fin de establecer un plan de traballo idóneo. Establecerase entón un calendario para consensuar o tema do traballo tutelado e das prácticas que o precisen e realizar as entregas.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE Para aprobar a materia é obligatorio: - Obter unha nota mínima global de 5 (sobre 10).
- Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 5) nos traballos tutelados.
- A presentación de todos os estudos de casos e o portafolios do alumno.
De non obter a nota mínima nos traballos tutelados ou de non presentar os estudos de casos e o portafolios do alumno, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,9.
SEGUNDA OPORTUNIDADE Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma: - Traballos tutelados (50% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
- Estudos de casos, portafolios do alumno e sesións maxistrais (50% da nota final): realización dunha proba escrita teórica e práctica.
- Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación dalgunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
- Os/as estudantes con nota inferior a 2 nos traballos tutelados na primeira oportunidade deberán recuperalos obligatoriamente na segunda oportunidade para aprobar a materia.
- Para aprobar a materia é obligatorio obter unha nota mínima de 2 sobre 5 nos traballos tutelados, e de 5 sobre 10 na nota global.
DISPENSA ACADÉMICA Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases poderán, en primeira oportunidade, demostrar o seu coñecemento da materia mediante un exame teórico e práctico que valerá o 50% da nota e entregar os traballos tutelados. Para a segunda oportunidade, as condicións son as mesmas que as do resto do alumnado.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
MARTÍNEZ EQUIHUA, Sául (2007). Biblioteca digital: conceptos, recursos y estándares. Buenos Aires: Alfagrama
VOUSTSSÁS MÁRQUEZ, Juan (2006). Bibliotecas y publicaciones digitales. México: UNAM, Centro de Investigaciones Bibliotecológicas
VANDENDORPE, Christian (2009). From Papyrus to Hypertext: Toward the Universal Digital Library. University of Illinois Press
FERRER SAPENA, Antonia; PESET MANCEBO, Fernanda; MORENO NÚÑEZ, María T.; LLORET ROMERO, Nùria (2005). Guía metodológica para la implantación de una biblioteca digital universitaria. Gijón: Trea
MORALES DEL CASTILLO, José Manuel (2011). Hacia la biblioteca digital semántica. Gijón: Trea
DÍEZ CARRERA, Carmen (2012). La biblioteca digital. Gijón: Trea |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Informática Aplicada/710G02004 | Análise Documental/710G02013 | Informática Documental/710G02015 | Aspectos Xurídicos de Acceso á Información/710G02020 | Catalogación Formal de Documentos Electrónicos/710G02022 | Fontes de Información Especializadas/710G02024 | Bases de Datos Documentais/710G02025 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Prevención e Conservación Documental/710G02038 | Deseño de Recursos Informativos en Web/710G02039 |
|
Materias que continúan o temario |
|
|