PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Para aprobar a materia é obligatorio:
- Unha NOTA MÍNIMA de 4 (sobre 8) nos traballos tutelados.
De non obter a nota mínima nos traballos tutelados, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,5.
Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non presente os traballos tutelados.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma:
- Traballos tutelados (100% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade, permite recuperar nota das prácticas a través de TIC.
Os/as estudantes que non acaden a nota mínima nos traballos tutelados na primeira oportunidade deberán recuperalos obligatoriamente na segunda oportunidade para aprobar a materia.
Para aprobar a materia na segunda oportunidade é obligatorio obter unha nota mínima de 5 sobre 10 no traballo tutelado.
Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación do traballo tutelado.
DISPENSA ACADÉMICA
Dado que a asistencia ás sesións presenciais non é obligatoria, aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases terán as mesmas condicións que o resto do alumnado.
OPORTUNIDADE ADIANTADA
Utilizaranse os criterios da segunda oportunidade
IMPLICACIÓNS DO PLAXIO
A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez verificado, implicará directamente unha nota de "0" na materia na oportunidade correspondente.