Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprender o funcionamento real da economía na sociedade contemporánea e mais as interrelacións dos ámbitos empresarial, laboral, financeiro, social e político para acadar unha percepción xeral dos problemas microeconómicos e macroeconómicos en entornos internacionais e globalizados. |
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
|
Capacidade de síntese e de aplicación práctica dos conceptos teóricos para o tratamento e resolución de problemas económicos en xeral (e da industria da moda, en particular) de forma reflexiva, crítica e autónoma. Capacidade de expresión oral e escrita. Capacidade de traballo en equipo. |
|
B6 B7 B8 B9
|
C2
|
Sensibilización na obriga de todo cidadán de contribuír cos seus coñecementos a tratar de resolver as necesidades humanas individuais e colectivas cunha mellor comprensión da natureza e problemática destas últimas. Desenvolvemento do alumnado na toma de decisións económicas ao longo da súa vida tendo presente o enfoque da economía sostible (vínculos económico-social-ambiental) como fonte de xeración de benestar a longo prazo |
A2 A7
|
|
C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
MODULO I. INTRODUCCIÓN |
Tema 1. Introducción: Principios e Práctica da economía
Tema 2. Demanda, Oferta, e Equilibrio |
MÓDULO II. FUNDAMENTOS DE MICROECONOMÍA |
Tema 3. Consumidores e incentivos
Tema 4. Vendedores e incentivos
Tema 5. Competencia perfecta e man invisíbel: Comercio e benestar
Tema 6. Externalidades e bens públicos
Tema 7. Mercados para Factores de Produción. O mercado laboral |
MÓDULO III. PODER DE MERCADO |
Tema 8. Monopolio. Poder de mercado e discriminación de prezos
Tema 9. Teoría de xogos e xogos estratéxicos
Tema 10. Oligopolio e competencia monopolística |
MÓDULO IV. INTRODUCCIÓN Á MACROECONOMÍA |
Tema 11. Los agredados macroeconómnicos
Tema 12. Políticas fiscais e monetarias, economía aberta e comercio Internacional |
MÓDULO V. A INDUSTRIA DA MODA |
Diversas lecturas avaliables sobre a industria da moda seleccionadas debidamente polo corpo docente correspondentes a cada bloque da materia. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
B1 B2 B3 B4 B5 C2 |
36 |
40 |
76 |
Lecturas |
B4 B5 B6 B8 B9 C7 |
5 |
35 |
40 |
Proba de resposta múltiple |
B1 B2 B3 B4 B5 |
2 |
0 |
2 |
Obradoiro |
A2 A7 B7 C8 |
2 |
10 |
12 |
Proba obxectiva |
B1 B2 B3 B4 B5 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
18 |
0 |
18 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
O profesor explicará cada un dos temas do programa, insistindo nos conceptos fundamentais e as súas interrelacións.
A asistencia a clase é obrigatoria. |
Lecturas |
Os alumnos resolverán cuestións e problemas relacionados con cada un dos capítulos do temario.
O profesor explicará previamente a metodoloxía que debe seguirse e a orientación bibliográfica. |
Proba de resposta múltiple |
Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida. |
Obradoiro |
Realizánse obradoiros ou conferencias de participantes invitados/as, con persoas directamente relacionadas con proxectos ou experenzas que aporten coñecemento empírico sobre o contido da asignatura.
Estes oobradoiros poderán ser presenciais ou online. |
Proba obxectiva |
O exame final da materia é de carácter escrito. Optarase preferiblemente por probas tipo test de resposta múltiple aínda que poderá constar tamén de preguntas breves e/ou preguntas de ensaio. |
Atención personalizada |
|
Descrición |
O profesor estará dispoñible para a atención personalizada ao alumnado cando o requiran presencialmente ou por correo electrónico, para aqueles temas que estimen oportunos en relación co temario da asignatura e, particularmente, para resolver as dúbidas do proceso de avaliación continua.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
B1 B2 B3 B4 B5 |
Valoraranse os coñecementos e competencias mostradas polo alumnado de xeito obxectivo no exame final proposto polo equipo docente. |
80 |
Proba de resposta múltiple |
B1 B2 B3 B4 B5 |
Esta actividade forma parte da avaliación continua. Valoraranse os coñecementos e habilidades amosadas polo alumnado na realización de probas entregables co fin de que traballen continuamente na aula.
Ademais haberá leituras avaliables por moodle para concienciar ao alumndado coa industria da moda. |
20 |
|
Observacións avaliación |
Os criterios de avaliación son os seguintes: 1. Calificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participen en actividades de avaliación que teñan un peso inferior ao 20% da nota final, independentemente da calificación acadada. 2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: a) Segunda oportunidade: As condicións de avaliación da segunda oportunidade (artigo 18, apartado 5, das Normasde Avaliación, Revisión e Reclamacións das Calificacións dos Estudos de Grao e Mestrado) dictaminan que a segunda oportunidade deber garantir a posibilidade de superación da materia polo estudante, polo que compre modificar as porcentaxes de calificación respecto da primeira oportunidade. Así mesmo, a actividade da segunda oportunidade consistirá nun único exame final que representará o 100% da nota final e que se realizará na data do calendario oficial. b) Oportunidade adiantada: As condicións de avaliación da oportunidade adiantada (artigo 19 das Normas de Avaliación,Revisión e Reclamacións das Calificacións dos Estudos de Grao e Mestrado Universitario) serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba obxectiva que representará o 100% da calificación final. 3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Na primeira e segunda oportunidade, os criterios de avaliación rexiránse dacordo á realización dunha proba obxectiva cun peso do 100% sobre a calificación final. Consistirá nunha proba obxectiva na que se incluirán cuestións teóricas e prácticas nas que os estudantes terán que demostrar ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia. 4. Sobre condicións de avaliación final: Está prohibido acceder á aula de exame concualquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información. 5. Identificación do estudante: O alumno deberá demostrar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente. Outras observacións de avaliación. Sobre mínimos nos criterios de avaliación: no conxunto, o estudante deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos para superar a materia. Sobre copias, plaxios ou outras faltas: afectará á convocatoria na que se comete a falta e respecto do asunto en que se cometeu. Polo tanto, o alumno ou alumna será cualificada con "suspenso" (nota numérica 0) na correspondente convocatoria do curso académico, tanto se a infracción se comete na primeira oportunidade como na segunda. Para iso, modificarase a súa valoración no informe de primeira oportunidade, se é necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Acemoglu, D., Laibson, D. I., & List, J. A. (2019). Economics. Pearson. Krugman, P., Wells, R. & Graddy K. (2014). Essentials of economics. 3rd Edition. Reverté |
Bibliografía complementaria
|
|
Blanchard, O. (2017). Macroeconomics. 7th Edition. Pearson Dillon, S. (2012). Principios de gestión en empresas de moda. Barcelona. Editorial Gustavo Gili Donzé, P. Y. (2023). Selling Europe to the World: The Rise of the Luxury Fashion Industry, 1980-2020. Bloomsbury Publishing Evans, N., Jeffrey, M., & Craig, S. (2020). Costing for the fashion industry. Bloomsbury Publishing Frank, R.H. (2010). Microeconomics and Behavior. McGraw-Hill Kew, S. J. (2023). The Path to Net Zero for the Fashion Industry: Five Strategies for Decarbonisation. Taylor & Francis Martin, M.S. (2009). El todo en uno del diseñador de moda. Barcelona: Promopress. McRobbie, A., Strutt, D., & Bandinelli, C. (2022). Fashion as Creative Economy: Micro-Enterprises in London, Berlin and Milan. John Wiley & Sons Mochón Morcillo, F. (2009). Introducción a la Macroeconomía. Madrid. Mcgraw-Hill Mouratidou, E. (2020). Re-presentation Policies of the Fashion Industry: Discourse, Apparatus and Power. John Wiley & Sons Pindyck R. S. and Rubinfeld, D. L. (2013). Microeconomics. Pearson Reilly, A. (2014). Key concepts for the fashion industry. Bloomsbury Publishing Sayem, A. S. M. (Ed.). (2023). Digital fashion innovations: advances in design, simulation, and industry. CRC Press White, N., & Griffiths, I. (2000). The fashion business: theory, practice, image. Berg |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
3. Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade
4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria 5. Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado. 6. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria incorporare a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). 7. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 8. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise a adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Humanidades. |
|