1. Segunda oportunidade
Na segunda oportunidade aplicaranse os mesmos criterios de avaliación que na primeira.
2. Convocatoria adiantada
Ao alumnado que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios de avaliación que para a primeira e segunda oportunidade.
3. Calificación de non presentado
O alumnado que non se presente á proba práctica (exame) figurará en actas coa cualificación final de "Non Presentado" (NP).
O alumnado que se presente á proba práctica (exame), pero que non teña unha cualificación nas partes correspondentes ao obradoiro e aos traballos tutelados, figurará en actas coa cualificación final de "Non Presentado" (NP).
4. Estudiantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia
Os criterios de avaliación aquí recollidos aplicaranse tanto ao alumnado matriculado en réxime de dedicación a tempo completo como no caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial. No caso de alumnado con dispensa académica de exención de asistencia a avaliación será do seguinte modo: 100% Proba práctica.
Xerais
A presencialidade (asistencia) é imprescindible, con participación activa e aproveitamento, tanto para a realización das prácticas e traballos no taller, como para as clases teóricas e seminarios.
As prácticas do obradoiro, os traballos tutelados e a proba práctica (exame) só terán validez para o curso actual (primeira e segunda oportunidade, respectivamente), e deberán repetirse nos seguintes cursos académicos.
O comportamento fraudulento en calquera dos apartados sometidos a avaliación suporá a cualificación de "Suspenso (0)" na avaliación final.
Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”,“permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.