Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A10 |
Ter os fundamentos económico-financeiros necesarios para coñecer o estado dunha empresa de moda e xestionala adecuadamente desde unha tripla perspectiva de liquidez, solvencia e rendibilidade. |
B1 |
Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
B5 |
Que o estudantado desenvolvera aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B8 |
Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos e operacións. |
B9 |
Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
C9 |
Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer a terminoloxía contable e financeira |
A10
|
B4
|
|
Coñecer o método contable e o seu output: os estados financeiros |
A10
|
|
C5
|
Coñecer a problemática financeira da empresa |
A10
|
|
C5
|
Interpretar a información financeira co obxectivo de emitir opinións e tomar decisións |
A10
|
B1 B2 B3 B4 B9
|
|
Transmitir información contable e financeira, tanto de forma oral como escrita, nun idioma estranxeiro |
|
B1 B2 B4
|
C2
|
Utilizar ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida |
|
|
C5 C8
|
Ter a capacidade para aprender de xeito autónomo, buscando a solución a novos problemas a través da aplicación dos coñecementos adquiridos |
|
B2 B5 B8 B9
|
C9
|
Ter a capacidade para traballar en equipo de maneira consultiva |
|
B4 B5 B8
|
C9
|
Ter un comportamento ético nos negocios |
A10
|
B2 B5
|
C5
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Xestión financeira da empresa |
Función financeira da empresa
O departamento financeiro da empresa: funcións e obxectivos
|
Actividade empresarial e necesidade de información |
Información financeira e non financeira
|
Contabilidade financeira |
Estados financeiros
Rexistros contables
Ciclo contable |
Análise contable |
Contido dos estados financeiros
Liquidez e solvencia
Rendibilidade |
Fundamentos de análise das operacións financeiras |
Valor temporal do diñeiro
Operacións financeiras |
Decisión de investimento |
Proxectos de investimento
Avaliación de proxectos de investimento |
Decisión de financiamento |
Fontes financeiras
Custo das fontes financeiras
Xestión do ciclo de capital e do ciclo de explotación da empresa |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A10 B4 C2 C5 |
13 |
13 |
26 |
Discusión dirixida |
B1 B2 B3 C2 |
13 |
26 |
39 |
Solución de problemas |
A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C9 |
26 |
52 |
78 |
Traballos tutelados |
A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C8 C9 |
8 |
40 |
48 |
Foro virtual |
B2 B4 C2 C8 |
0 |
3 |
3 |
Proba obxectiva |
A10 B1 B2 B3 B4 B8 B9 C2 C9 |
4 |
20 |
24 |
|
Atención personalizada |
|
7 |
0 |
7 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición, feita polo docente, dos conceptos básicos necesarios para que o alumnado poida buscar solución aos problemas contables e financeiros tratados no programa. En ocasións especiais, conferencias impartidas por expertos en temas da materia. |
Discusión dirixida |
Preparación dos temas formulados polo docente e participación na discusión dos mesmos. |
Solución de problemas |
Resolución, presentación e discusión de exercicios e casos prácticos, a partir dos coñecementos que se traballaron mediante sesión maxistral e discusión dirixida. Traballo realizado tanto na aula como fora dela, tanto individual como en grupo. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover o traballo en equipo e a aprendizaxe autónoma, baixo a tutela do profesorado e en escenarios variados (académicos e/ou profesionais e/ou COIL - Aprendizaxe Internacional Colaborativa en Línea). |
Foro virtual |
Utilización do foro de Moodle para propor dúbidas e/ou responder ás preguntas dos compañeiros sobre calquera aspecto relacionado coa materia. |
Proba obxectiva |
Exame parcial e exame final sobre aspectos teóricos e prácticos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Discusión dirixida |
|
Descrición |
TODA A COMUNICACIÓN CO EQUIPO DOCENTE (TITORÍAS, E-MAILS, ETC.) DEBE SER EN INGLÉS
A atención personalizada (titorías individuais e grupais) desenvolverase mediante videoconferencias en Teams. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Solución de problemas |
A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C9 |
Avaliación continua dos exercicios e casos prácticos propostos para a súa resolución. |
30 |
Traballos tutelados |
A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C8 C9 |
Avaliación continua dos traballos realizados en equipo, que poderán ser presentados e/ou debatidos oralmente. |
20 |
Proba obxectiva |
A10 B1 B2 B3 B4 B8 B9 C2 C9 |
AVALIACIÓN DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE
- No primeiro cuadrimestre, no día e hora fixados polo docente, realizarase o primeiro exame parcial para o 25% da cualificación final.
- A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, o alumnado realizará un destes dous:
(i) o segundo exame parcial, que suporá o 25% da cualificación final.
(ii) o exame final global, que suporá o 50% da cualificación final.
AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE
A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame final global. Para poder recuperar a avaliación continua da primeira oportunidade, tomarase a maior entre:
a) Cualificación acadada ao longo do curso nas metodoloxías de avaliación continua (50%); máis a cualificación acadada na proba obxectiva da segunda oportunidade (50%).
b) Exclusivamente pola cualificación acadada na proba obxectiva da segunda oportunidade (100%). |
50 |
|
Observacións avaliación |
ASISTENCIA A CLASE E AVALIACIÓN CONTINUA A asistencia a clase é fundamental para acadar os obxectivos de aprendizaxe da materia. Por esta razón, para valorar as actividades de avaliación continua será necesaria unha asistencia mínima do 50% das clases prácticas. Se non se alcanza esta porcentaxe, estas actividades serán valoradas con cero puntos. Proba obxectiva. En cada proba obxectiva, a primeira e a segunda partes da materia avaliaranse por separado, sendo obrigatorio obter unha NOTA MÍNIMA de 4 sobre 10 en ambas partes para aprobar a materia. De non cumprirse este requisito, a nota rexistrada na materia limitarase a un máximo de 4,5 sobre 10. No exame global da Primera Oportunidade participarán: - O alumnado que non obtuvo a nota mínima esixida de 4 sobre 10 no primeiro exame parcial.
- O olumnado que obtivo a nota mínima, mais renunciou a ela e obtivo unha autorización formal por escrito do profesor para presentarse ao exame global.
Os criterios de avaliación empregados na Primeira Oportunidade aplican tamén á Segunda Oportunidade. Cualificación de non presentado. Considerarase como “Non presentado” (NP) o alumnado que non se presente á proba do período oficial de avaliación e só participe de actividades de avaliación continua que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada. Convocatoria adiantada Seguirá os mesmos criterios que os utilizados na avaliación da primeira oportunidade, coa excepción da avaliación continua: agrégase nunha única proba oral a realizar na mesma data do exame da oportunidade de avaliación adiantada. Dispensa académica. Non se recoñece para esta materia. Outras observacións Para todos os aspectos relacionados con “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” seguirase a normativa académica vixente da UDC. All communications between faculty members and students, all teaching and classroom activities, as well as the assessment process will be in English.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Sutton, T. (2004). Corporate financial accounting and reporting. Prentice Hall 2nd ed.
Reverte, C. (2014). Exercises of financial accounting. Ecobook
Lozano Gutiérrez, M.C., Ramón Llorens, M. C. (2017). Financial mathematics: fundamental concepts. Universidad Politécnica de Cartagena
Ortega, R. (2017). Fundamentals of financial management. ESIC
Robinson, T.R., Henry, E., Broihahn, M.A. (2020). International financial statement analysis. Wiley
Götze, U., Northcott, D, Schuster, P. (2008). Investment appraisal, methods and models. Springer |
|
Bibliografía complementaria
|
Jones, M.J. (2014). Accounting and finance. Wiley
Watson, D., Head, A. (2016). Corporate finance: principles and practice. Pearson 7th ed.
Phillips, F., Libby, R., Libby, P.A. (2016). Fundamentals of financial accounting. McGraw Hill 5th ed.
Robinson, T.R., Henry, E., Broihahn, M.A. (2020). International financial statement analysis - Workbook. Wiley
Brealey, R.A., Myers, S.C., Allen, F. (2018). Principles of corporate finance. McGraw Hill 12th ed.
Schoenmaker, D., Schramade, W. (2019). Principles of sustainable finance. Oxford University Press
Lev, B., Gu, F. (2016). The end of accounting and the path forward for investors and managers. Wiley |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Fundamentos de Xestión da Empresa de Moda/710G03004 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Modelos e Técnicas de Simulación Empresarial: Xogo de Empresa/710G03026 | Planificación e Control de Xestión en Empresas de Moda/710G03022 |
|
|