A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN
1. Condicións de avaliación: está prohibido o acceso ás aulas de examen con calquer dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de datos (teléfonos móviles, reloxos intelixentes, etc.).
2. Identificación do estudantado: o estudantado ten que acreditar a súa identidade de acordo á normativa vixente.
B) TIPOS DE CALIFICACIÓN
1. CALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO
Corresponde ó alumnado cando solo participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ó 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.
2. ESTUDANTADO CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE
ASISTENCIA
Para o estudantadomatriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia a proba de resposta múltiple suporá o 100 % da calificación final.
C. OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN
1. PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE
O sistema e datas oficiais de avaliación aplicaránse a todos o estudantado da materia, incluidos estudantado Erasmus e de intercambio.
No caso do estudantado non presentado ou suspenso na primeira oportunidade (suspensos= cualificación final < 5,00), ben por insuficiente cualificación na avaliación continua ou por ter suspendido o exame de test -non é posible ir á segunda oportunidade para subir a nota da primeira-), para a segunda oportunidade elixirase a mellor das seguintes 2 cualificacións como cualificación final:
a) Cualificación final = 100% da cualificación do exame de test de 2ª oportunidade,
b) Cualificación final = suma das puntuacións obtidas na avaliación continua (primeira oportunidade: 30% + 10%) e no exame de test da 2ª oportunidade (60%) sempre e cando a cualificación obtida no exame sexa igual ou superior a 5,00.
En ambos casos solo será aprobado o estudantado que obteñan unha cualificación final igual ou superior a 5,00.
2. CONVOCATORIA ADIANTADA
As condicións de avaliación da oportunidade adiantada (art. 19 das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamacións das Cualificacións dos Estudos de Grao e Mestrado Universitario) serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba de resposta múltiple que suporá o 100 % da calificación final.
D. OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN
Os estudantado que suspendan a proba de resposta múltiple recibirán a cualificación do examen como cualificación final en todas as oportunidades.
As calificacións obtidas polo estudantado na avaliación continua como resultado dos proxectos prácticos en equipo (30%) e a asistencia individual (10%) serán válidas solo durante o curso académico en cuestión.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.