NORMATIVA
Todos os aspectos relacionados coa "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
TIPOS DE CALIFICACIÓN
a) CALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO Corresponde ao alumnado cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.
b) ESTUDANTADO CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA
Os alumnos con "dispensa académica de exención de asistencia" requeriráselles unha presentación oral (10% da puntuación), un traballo escrito final (40% da puntuación) e un exame (50% da puntuación). O traballo práctico deberá traballarse de forma autónoma. Os alumnos con dispensa poderán defender oralmente o seu proxecto de forma en liña se así o solicitan. Para superar a asignatura deberá acadarse no exame final un mínimo de 2,5 puntos sobre 5, así como na parte práctica (presentación oral e traballo escrito) un mínimo de 2,5 puntos sobre 5. A nota final será a suma de ambas partes.
OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN
A. PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE
Para aprobar a materia os alumnos deberán aprobar tanto o exame final coma o traballo final cun mínimo de 2,5 sobre 5 para cada unha das partes mencionadas. O mínimo para aprobar é de 5 puntos resultante da suma das dúas partes. No caso de suspender algunha das dúas partes, na acta reflectirase a nota da parte suspensa avaliada aplicando unha escala de 0 a 10. No caso de suspender as dúas partes, na acta reflectirase aquela con maior puntuación nunha escala de 0 a 10.
O sistema e as datas oficiais de avaliación aplicaranse a todo o estudantado da materia, incluíndo estudantado Erasmus e de intercambio. Os alumnos que superaron a materia non poderán acudir á segunda oportunidade para subir nota. Os criterios de avaliación para a segunda oportunidade serán os mesmos que os da primeira.Quen non superara a materia na primeira oportunidade deberá rexer polos seguintes criterios:
a) Aprobado o proxecto e suspenso o exame. Os alumnos deberán repetir o exame (50% da nota). Estes alumnos poderán presentar novamente o proxecto, doutro xeito, manterase a nota obtida na primeira oportunidade. O proxecto para entregar na segunda oportunidade deberá respectar os contidos demandados na primeira oportunidade e non será defendido oralmente. O peso ponderado do proxecto será do 50%.
b) Suspenso o proxecto e aprobado o exame. O proxecto para entregar na segunda oportunidade deberá respectar os contidos demandados na primeira oportunidade e non será defendido oralmente. O peso ponderado do proxecto será do 50%. Os estudantes poderán repetir o exame (50% da nota), doutro xeito, manterase a nota obtida na primeira oportunidade.
c) Suspenso o proxecto e o exame. Deberán repetirse ambas as partes. O proxecto para entregar na segunda oportunidade deberá respectar os contidos demandados na primeira oportunidade e non será defendido oralmente. O peso ponderado do proxecto será do 50%. O do exame será do 50%.
B. Para a oportunidade adiantada, a avaliación será un exame tipo test (proba obxectiva deresposta múltiple) (100% nota) con varias alternativas de resposta, onde oserros penalizarán.