Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A3 |
Desenvolver destrezas para as relacións interpersoais e a interactuación con axentes do contorno e interno (clientes, provedores, medios, colaboradores...). |
A8 |
Ser capaz, con base no coñecemento do contorno social, de deseñar e pór en marcha estratexias de márketing eficaces, que consideren especialmente as variables de comunicación e distribución: mensaxes, medios, canles, relación co cliente etc... |
B1 |
Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
B5 |
Que o estudantado desenvolvera aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B6 |
Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa en contornos interdisciplinares. |
B7 |
Capacidade para analizar tendencias (razoamento crítico). |
B8 |
Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos e operacións. |
B9 |
Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C7 |
Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
C9 |
Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Identificar as diferenzas entre as relacións públicas e a publicidade e identificar a súas características e implicacións no desarrollo da comunicación dunha empresa de moda. |
A3 A8
|
B1 B2 B4
|
C1 C3
|
Identificar e analizar os suxeitos que interveñen na actividade das relacións públicas e a publiciddade, recoñecendo os roles profesionais e as súas particularidades |
A3
|
B6
|
C4 C5 C7
|
Crear notas de prensa e organizar roldas de prensa
|
A3
|
B3 B7 B9
|
C7 C8
|
Diseñar e implementar un proyecto digital (redes sociales y website) |
A8
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9
|
C3 C9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1: Introdución á práctica das relacións públicas e a publicidade na moda |
1.1. Concepto das RR.PP. e a publicidade.
1.2. Historia das RR.PP. e os catro modelos de RR.PP.
1.3. Funcións das RR.PP.
1.4. Xestión dos públicos, opinión pública.
1.5. O departamento de comunicación e roles profesionais.
1.6. As axencias de relacións públicas e de publicidade. |
Tema 2: Planificación estratéxica e operativa das Relacións Públicas e Publicidade online |
2.1. O plan de marketing dixital e de redes sociais.
2.2. Owned media.
2.3. Earned media.
2.4. Paid media.
2.5. Monitorización. |
Tema 3: Organización de eventos e protocolo |
3.1. Os eventos corporativos
3.2. Tipos de eventos na industria da moda
3.3. O fashion show
3.4. A International Fashion Week
3.5. Produción e comunicación dun evento de moda
3.6. Figuras profesionais na produción do evento
3.7. Protocolo empresarial |
|
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Presentación oral |
B6 C5 C8 |
6 |
12 |
18 |
Traballos tutelados |
B2 B3 B4 B5 B8 B9 C1 C3 C9 |
15 |
37.5 |
52.5 |
Proba de resposta múltiple |
A8 B1 |
1 |
0 |
1 |
Aprendizaxe servizo |
A3 B3 C3 C7 |
0 |
3 |
3 |
Sesión maxistral |
A3 A8 B7 C4 |
21 |
52.5 |
73.5 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Presentación oral |
Os alumnos realizarán diferentes presentacións orais ao longo do curso que serán evaluables. |
Traballos tutelados |
Nos traballos tutelados os alumnos recibirán instrucións por parte do docente para guiar o traballo práctico. Deberán elaborar, por grupos, diversos traballos que serán desarrollados tanto na aula (sesión interactiva) como fora dela (traballo autónomo) e a súa evidencia será a súa presentación por escrito ao longo de diversas entregas durante o curso. |
Proba de resposta múltiple |
Exame test de resposta múltiple onde tan só unha opción é a correcta. As respostas incorrectas penalizarán. |
Aprendizaxe servizo |
Os alumnos, de forma voluntaria, poderán realizar unha APS mediante a creación dun proxecto tutelado desde unha perspectiva social. Non existe diferenza entre as entregas e criterios de avaliación entre o proxecto solicitado baixo a metodoloxía "traballo tutelado" e o APS. A actividade de "aprendizaxe-servicio" e a actividade de "traballos tutelados" son excluíntes, polo que os alumnos deberán elixir entre realizados unha ou outra actividade. |
Sesión maxistral |
Explicación na clase dos temas con apoio de transparencias e medios audiovisuais. Valorarase a participación activa do alumnado. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Si se presenta algunha dúbida relativa ó material explicado na clase, ponse a disposición horas de tutoría a tal efecto. Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase un horario específico de tutorías, compatible coa súa dedicación. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
B6 C5 C8 |
Os estudantes presentarán oralmente o proxecto dixital ao final do curso e será valorado con 0,5 puntos. Outros 0,5 puntos provirán da participación nas presentacións mensuais que se realicen, así como doutras actividades que se leven a cabo na clase. |
10 |
Proba de resposta múltiple |
A8 B1 |
Proba individual de resposta múltiple cunha única resposta correcta. As respostas incorrectas serán penalizadas.
O exame, de carácter individual, deberá prepararse empregando todos os materiais dispoñibles na plataforma virtual, isto é, non só facendo uso das diapositivas, senón tamén das lecturas, materiais audiovisuais e notas que se tomen na aula.
É necesario que os estudantes aproben o exame, isto é, obter unha cualificación igual ou superior a 2,5 sobre un máximo de 5 puntos. |
50 |
Traballos tutelados |
B2 B3 B4 B5 B8 B9 C1 C3 C9 |
Por grupos, os estudantes deberán idear e executar o proxecto dixital. Os estudantes deberán traballar no mesmo durante todo o curso. Durante este, os estudantes presentarán un informe mensual de resultados. Valorarase a capacidade dos estudantes para monitorizar os resultados obtidos e para identificar e implementar estratexias que melloren os seus resultados. O total de puntos acadados para este proxecto é de 3. Os estudantes tamén organizarán un evento que será avaliado por un total de 1 punto. |
40 |
Aprendizaxe servizo |
A3 B3 C3 C7 |
Os alumnos que voluntariamente decidan facer APS traballarán cun proxecto dixital cun carácter social que atendan ós ODS.
Os estudantes deberán traballar no mesmo durante todo o curso. Durante este, os estudantes presentarán un informe mensual de resultados. Valorarase a capacidade dos estudantes para monitorizar os resultados obtidos e para identificar e implementar estratexias que melloren os seus resultados.
Tal e como se comentou no apartado de metodoloxía a actividade "aprendizaxe-servizo" e a actividad "traballos tutelados" son excluintes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade. De tal maneira o total de puntos acadados para este proxecto APS é de 3. Os estudantes tamén organizarán un evento que será avaliado por un total de 1 punto.
|
0 |
|
Observacións avaliación |
NORMATIVA Todos os aspectos relacionados coa "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. TIPOS DE CALIFICACIÓN a) CALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO Corresponde ao alumnado cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada. b) ESTUDANTADO CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA Os alumnos con "dispensa académica de exención de asistencia" requeriráselles unha presentación oral (10% da puntuación), un traballo escrito final (40% da puntuación) e un exame (50% da puntuación). O traballo práctico deberá traballarse de forma autónoma. Os alumnos con dispensa poderán defender oralmente o seu proxecto de forma en liña se así o solicitan. Para superar a asignatura deberá acadarse no exame final un mínimo de 2,5 puntos sobre 5, así como na parte práctica (presentación oral e traballo escrito) un mínimo de 2,5 puntos sobre 5. A nota final será a suma de ambas partes. OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN A. PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE Para aprobar a materia os alumnos deberán aprobar tanto o exame final coma o traballo final cun mínimo de 2,5 sobre 5 para cada unha das partes mencionadas. O mínimo para aprobar é de 5 puntos resultante da suma das dúas partes. No caso de suspender algunha das dúas partes, na acta reflectirase a nota da parte suspensa avaliada aplicando unha escala de 0 a 10. No caso de suspender as dúas partes, na acta reflectirase aquela con maior puntuación nunha escala de 0 a 10. O sistema e as datas oficiais de avaliación aplicaranse a todo o estudantado da materia, incluíndo estudantado Erasmus e de intercambio. Os alumnos que superaron a materia non poderán acudir á segunda oportunidade para subir nota. Os criterios de avaliación para a segunda oportunidade serán os mesmos que os da primeira.Quen non superara a materia na primeira oportunidade deberá rexer polos seguintes criterios: a) Aprobado o proxecto e suspenso o exame. Os alumnos deberán repetir o exame (50% da nota). Estes alumnos poderán presentar novamente o proxecto, doutro xeito, manterase a nota obtida na primeira oportunidade. O proxecto para entregar na segunda oportunidade deberá respectar os contidos demandados na primeira oportunidade e non será defendido oralmente. O peso ponderado do proxecto será do 50%. b) Suspenso o proxecto e aprobado o exame. O proxecto para entregar na segunda oportunidade deberá respectar os contidos demandados na primeira oportunidade e non será defendido oralmente. O peso ponderado do proxecto será do 50%. Os estudantes poderán repetir o exame (50% da nota), doutro xeito, manterase a nota obtida na primeira oportunidade. c) Suspenso o proxecto e o exame. Deberán repetirse ambas as partes. O proxecto para entregar na segunda oportunidade deberá respectar os contidos demandados na primeira oportunidade e non será defendido oralmente. O peso ponderado do proxecto será do 50%. O do exame será do 50%. B. Para a oportunidade adiantada, a avaliación será un exame tipo test (proba obxectiva deresposta múltiple) (100% nota) con varias alternativas de resposta, onde oserros penalizarán.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Mitterfellner, O. (2019). Fashion Marketing and Communication: Theory and Practice Across the Fashion Industry. Routledge
Lea-Greenwood, G. (2013). Fashion Marketing Communications. Wiley
Chevalier, M. and Mazzavolo, G. (2008). Luxury Brand Management: A World od Privilege. Jhon Willey and Sons
Aaker, D. (1991). Managing Brand Equity: Capitalizing on the Value of a Brand Name. New York: Free Press
Posner, H. (2016). Marketing de moda. Gustavo Gill
Martínez-Navarro, G. (2017). Marketing y comunicación de moda. ESIC
Garre, O. (2018). Marketing y comunicación de moda, lujo y lifestyle. CEU, Madrid
Graham, B. (2018). Promocionar la moda: comunicación, marketing y publicidad. Promopress |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Estratexias de Promoción en Moda I: Comunicación/710G03021 | Márketing e Investigación de Mercados de Moda/710G03012 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Estratexias de Promoción en Moda I: Comunicación/710G03021 |
|
|