Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Biblioteconomía Código 710G04004
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
López Venancio, María José
Correo electrónico
m.j.lvenancio@udc.es
Profesorado
López Venancio, María José
Correo electrónico
m.j.lvenancio@udc.es
Web
Descrición xeral A materia constitúe unha introdución á Biblioteconomía e ás bibliotecas na contorna dixital. Os seus obxectivos son:
-A comprensión e o coñecemento do papel das bibliotecas na sociedade, e o seu valor para as comunidades.
-A comprensión e o coñecemento das funcións, procesos técnicos e servizos das bibliotecas.
-A comprensión e o coñecemento dos distintos tipos de bibliotecas e as funcións das mesmas.
-O desenvolvemento de habilidades informativas no uso e aproveitamento das bibliotecas.
-A adquisición dunha formación profesional básica para a realización de tarefas profesionais nas bibliotecas.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecemento da Biblioteconomía no marco das Ciencias da Información e a súa relación con outras Ciencias Sociais A1
A3
Dominio do vocabulario e terminoloxía da materia A1
A6
Coñecemento do sistema galego e español de bibliotecas A1
A3
A6
Formación de profesionais que poden desenvolver as súas funcións en bibliotecas e noutras unidades de información A4
B2
B5
B6
B8
B9
C6
C8
Desenvolvemento de habilidades informativas no uso dos recursos das bibliotecas e doutras unidades de información A18
A19
B11
C2

Contidos
Temas Subtemas
Módulo 1. Biblioteconomía e Ciencias da Información Tema 1. Concepto de Biblioteca. A Biblioteconomía e as súas relacións con outras disciplinas
Módulo 2. Os procesos técnicos nas bibliotecas Tema 2. As coleccións: introdución á formación e organización
Tema 3. O catálogo
Módulo 3. Servizos das bibliotecas Tema 4. Servizos de consulta e préstamo
Tema 5. Servizos de información e formación de usuarios. A alfabetización informacional
Tema 6. A web institucional e a creación de contidos. Contidos dixitais: modelos institucionais e participativos (crowdcontent)
Módulo 4. Tipoloxía de bibliotecas Tema 7. Bibliotecas públicas e escolares
Tema 8. Bibliotecas universitarias e especializadas
Tema 9. Bibliotecas nacionais
Módulo 5. Cooperación, sistemas e redes bibliotecarias Tema 10. Sistemas bibliotecarios. O sistema bibliotecario español e galego. Redes e consorcios de bibliotecas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Portafolios do alumno A6 B6 B8 B9 C2 C6 C8 25 47 72
Proba mixta A4 B2 B5 2 47 49
Sesión maxistral A1 A3 A18 A19 B11 25 0 25
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Portafolios do alumno Carpeta de traballo do alumnado que debe entregar periodicamente e no prazo estipulado á profesora coas distintas actividades plantexadas: resumos e análises de lecturas, exercicios prácticos, reflexións críticas e estudos de caso.
Proba mixta Proba que pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación sobre os contidos teóricos e prácticos da materia para a avaliación dos coñecementos adquiridos.
Sesión maxistral Exposición oral por parte da profesora, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir os coñecementos fundamentais da materia e facilitar a aprendizaxe. Fundamentarase na exposición de contidos teóricos, a visualización de exemplos e a resolución de dúbidas por parte da profesora.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Portafolios do alumno
Proba mixta
Descrición
Resolver dúbidas, ampliar formulacións, suxerir actividades e distintas formas de traballo que axuden ao alumnado na súa aprendizaxe. Motivar á participación. Seguimento personalizado e constante de cada unha das tarefas desenvolvidas polos/as alumnos/as.

Na medida do posible, intentarase facilitar a atención personalizada a aquel alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A6 B6 B8 B9 C2 C6 C8 Valórase a adecuación do traballo do alumnado aos temas propostos para cada actividade; o contido, con especial interese nas achegas do alumnado; a coherencia da súa estrutura; a redacción e a presentación. En cada unha das actividades valórase, polo tanto, a capacidade de análise e resolución de problemas, as habilidades informativas e a expresión oral e escrita. Ademáis do esforzo e dedicación demostrados polo alumnado.

Entregarase cada actividade na data indicada pola profesora.

Non se avaliarán as actividades presentadas fóra de prazo, aquelas con faltas de ortografía ou as que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
50
Proba mixta A4 B2 B5 Cuestionarios de avaliación de cada tema da materia:
Avalíanse o número de erros e acertos de cada cuestionario. No caso das preguntas de resposta breve ademáis os contidos das mesmas: a adecuación ás preguntas realizadas; a capacidade de argumentación; o emprego da terminoloxía; a expresión escrita; a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.); a creatividade e o espírito crítico.

Os/as alumnos/as deberán revisar e razoar previamente todo o contido da documentación relacionada cos temas/subtemas da materia para dar resposta a cada cuestionario.

Os cuestionarios deberán completarse de xeito síncrono en liña, a través de Forms, e nun tempo determinado. Fóra do tempo establecido non serán avaliados.
50
 
Observacións avaliación
Requisitos imprescindibles:

-Para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo da mesma, é dicir, se un/unha alumno/a non supera o portafolios non se lle avaliará a proba mixta e viceversa.

-Para superar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo é preciso realizar nos tempos indicados todas as actividades propostas. 

-O alumnado que non entregue ou non supere o portafolios completo e todos os cuestionarios, xunto co alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados nos exames oficiais (primeira e segunda oportunidade) dos contidos teóricos e prácticos da materia (cualificación: 100 %).

-A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención na clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e propoñeranse accións e medidas para corrixilas.


Fontes de información
Bibliografía básica
  1. Boletín de la Asociación Andaluza de Bibliotecarios. Málaga: Asociación Andaluza de Bibliotecarios, 1984-
  2. Boletín de ANABAD. Madrid: Asociación Nacional de Archiveros, Bibliotecarios, Museólogos y Documentalistas, 1950-
  3. Carrión Gutiez, Manuel. Manual de bibliotecas. 2ª ed., 3ª reimp. Salamanca: Fundación Germán Sánchez Ruipérez, 2001
  4. Cuevas, Aurora; Simeão, Elmira (coords.). Alfabetización informacional e inclusión digital: hacia un modelo de infoinclusión social. Gijón: Trea, 2011
  5. Drake, Miriam A., ed. Encyclopedia of library and information science. 2nd. ed. New York: Marcel Dekker, [2003-2005]
  6. Fernández y Fernández-Cuesta, Paz. Bibliotecas y personas: hacia un nuevo enfoque en biblioteconomía. Gijón: Trea, 2005
  7. García Martínez, Ana Teresa. Sistemas bibliotecarios: análisis conceptual y estructural. Oviedo: Trea, D.L. 2006
  8. Gimeno Perelló, Javier; López López, Pedro; Morillo Calero, Mª Jesús (coords.). De volcanes llena: biblioteca y compromiso social. Gijón: Trea, D.L. 2007
  9. López Gómez, Pedro; Santos Paz, José Carlos (eds.). Guía para bibliotecas escolares. A Coruña: Universidade da Coruña, 2009
  10. López López, Pedro; Gimeno Perelló, Javier (coords.). Información, conocimiento y bibliotecas en el marco de la globalización neoliberal. Gijón: Trea, D.L. 2005
  11. Lozano Díaz, Roser. La biblioteca pública del siglo XXI: atendiendo clientes, movilizando personas. Gijón: Trea, D.L. 2006
  12. Magán Wals, José Antonio (coord.). Tratado básico de biblioteconomía. 4ª ed. rev. y act. Madrid: Universidad Complutense, 2002
  13. Magán Wals, José Antonio (coord.). Temas de biblioteconomía universitaria y general. Madrid: Editorial Complutense, [2002]
  14. Martínez de Sousa, José. Diccionario de bibliología y ciencias afines. 3ª ed. corr. y notablemente aum. Gijón (Asturias): Trea, [2004]
  15. Merlo Vega, José Antonio. (2012). Acción ante la recesión: el compromiso de las bibliotecas con los ciudadanos [En línea]. En: Boletín de la Asociación Andaluza de Bibliotecarios [En línea], n. 104, Julio-Diciembre, pp. 65-91.
  16. Mouren, Rapjaële et Peignet , Dominique. Le Métier de bibliothécaire. 10è ed. [S.l.]: Editions du Cercle de la Librairie, cop. 2003
  17. Orera Orera, Luisa (ed.). Manual de Biblioteconomía. 3ª reimp. Madrid: Síntesis, 2002
  18. Orera Orera, Luisa (ed.). La biblioteca universitaria análisis en su entorno híbrido. Madrid: Síntesis, [2005].
  19. Pérez Pulido, Margarita; Herrera Morillas, José Luis. Teoría y nuevos escenarios de la biblioteconomía. 2ª ed. aum. Buenos Aires: Alfagrama, 2006
  20. Saorín Pérez, Tomás; Mª Verónica de Haro de San Mateo (coords.). Contenidos digitales locales: modelos institucionales y participativos. Madrid: Arco Libros, 2011
  21. Seminario Internacional La Biblioteca un agente social para el desarrollo de la lectura. Santiago (Chile). 2013: La Biblioteca un agente social para el desarrollo de la lectura. Santiago: Embajada de España, 2014. Dispoñible en: http://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=1&ved=0CCIQFjAA&url=http%3A%2F%2Fwww.aecid.es%2FCentro-Documentacion%2FDocumentos%2FPublicaciones%2520coeditadas%2520por%2520AECID%2FLibro_Digital_Semin_Bibliotecologia%2520%252015%252004%25202014%2520reduc.pdf&ei=CSaNVcmuIIPWU4iXlBg&usg=AFQjCNFtwW5OT-Mzf05TnDXGKnlWubpldw&bvm=bv.96782255,d.d24
  22. Stueart, Robert D. International librarianship: a basic guide to global knowledge Access. Lanham (Maryland): Scarecrow, 2007
Bibliografía complementaria

A profesora proporcionará nas clases e no material de traballo bibliografía específica para cada un dos temas e actividades a desenvolver, co fin de adecuar e actualizar de maneira continua os contidos da materia.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Xestión e Planificación de Bibliotecas/710G04017

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías