Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprender e coñecer o funcionamento das industrias culturais e os retos aos que se enfrontan no contexto da dixitalización e Internet.
|
A1 A3 A11 A17
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Comprender e coñecer o funcionamento das industrias culturais e os retos aos que se enfrontan no contexto da dixitalización e Internet. |
A1 A3 A12 A17 A22
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Industrias culturais |
1.1- Definición
1.2- Industrias culturais nucleares
1.3- Importancia en la sociedad actual
1.4- Impacto de la digitalización e Internet |
2. A industria do libro |
2.1- Conceptos principais e axentes: editorial e tipoloxías, autor, axente literario, editor, industrias gráficas, distribuidores, libreros.
2.2- Creación, edición, produción, distribución e comercialización.
2.3- O arquivo editorial e o catálogo. |
3. Fontes para a produción cultural. |
3.1- Presentacion de algúns recursos
3.2- Optimización de procuras
3.3- Adquisición de dereitos de uso |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Presentación oral |
A1 A3 A12 A22 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
1 |
6 |
7 |
Portafolios do alumno |
A1 A3 A12 A22 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
5 |
45 |
50 |
Traballos tutelados |
A1 A3 A12 A22 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
1 |
45 |
46 |
Lecturas |
A1 A3 A11 B1 |
0 |
39 |
39 |
Sesión maxistral |
A1 A3 A11 A17 B1 B7 B8 B10 C4 C5 C7 |
8 |
0 |
8 |
|
Atención personalizada |
|
0 |
|
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Presentación oral |
Ó longo das aulas procurarase a interación entre o alumnado e profesorado de xeito ordeado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. Os alumnos terán que falar de/expoñer dos traballos prácticos que realicen. Requerirase unha presentación de diapositivas con voz na que se expondrá o traballo tutelado. |
Portafolios do alumno |
Cartafol cos traballos dos alumnos que deben entregar no/s prazo/s estipulado/s pola profesora. Incluirá as distintas actividades realizadas en clase: resumenes ou esquemas, test, exercicios prácticos... Permitirá profundar sobre os contidos e realizar o seguimento dos coñecementos adquiridos. |
Traballos tutelados |
Realización por parte del alumnado de un trabajo autónomo orientado a la profundización en los contenidos de la materia, bajo la vigilancia y seguemento de la profesora. Se proporcionarán instrucciones precisas para su realización. |
Lecturas |
Prescribiranse lecturas relacionadas cos contidos da materia. |
Sesión maxistral |
Exposición oral dos contidos básicos da materia, elaborados e expostos pola docente, que pode apoiarse en medios audiovisuais. Abordaranse cuestións teóricas e prácticas necesarias para o desenvolvemento do traballo tutelado e os traballos do portafolios. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Portafolios do alumno |
Sesión maxistral |
Traballos tutelados |
Presentación oral |
Lecturas |
|
Descrición |
As titorías da materia permitirán ao alumnado resolver dúbidas sobre os contidos e a forma de preparar o traballo tutelados, traballos do portafolios y las presentaciones orales.
Con carácter xeral, e en todas as metodoloxías aplicadas, se empregarán as titorías presenciais, o correo electrónico e a plataforma Moodle da UDC. Poderán realizarse titorías por Teams, acordándoas previamente por correo electrónico coa profesora.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Portafolios do alumno |
A1 A3 A12 A22 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas persoais, a claridade na formulación e estrutura, a capacidade de síntese, a redacción e presentación, fontes e bibliografía utilizada. |
40 |
Traballos tutelados |
A1 A3 A12 A22 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Valorarase a adecuación ás pautas marcadas para cada actividade, o contido, as achegas por parte dos alumnos, a coherencia da súa estructura, a redacción e presentación. Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos alumnos. |
50 |
Presentación oral |
A1 A3 A12 A22 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Terase en conta a participación nas aulas expoñendo ou traballo propio relación co portafolios e o traballo tutelado. Valorarase a calidade do traballo e a profundidade da reflexión realizadas, así como a corrección e claridade expositiva. |
10 |
|
Observacións avaliación |
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
Para aprobar a materia, é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación. Será imprescindible obter un mínimo de 4 sobre 10 no portafolios e o traballo tutelado, de non ser así a nota global da materia non será superior a 4,5. Non se avaliarán traballos entregados fóra de prazo ou non acordados coa profesora previamente cando sexa preciso. Unha vez realizado un dos traballos do portafolios, se as restantes entregas da metodoloxía non se entregan nos prazos establecidos cualificaranse cun 0. Este será tamén o caso dos traballos que non cumpran coas instrucións prescritas para a súa elaboración ou que fosen copiados ou plaxiados. A cualificación será de non presentado (N. P.), cando non se entregue ningún dos traballos do portafolios ou o traballo tutelado,
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Poderán presentarse á segunda oportunidade UNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Realizarase unha proba mixta (exame) co valor do 50% e entregásese o traballo tutelado (50%). Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas na primeira oportunidade, polo que os alumnos entregarán só o traballo tutelado (se aprobaron o portafolios) ou realizarán só o exame (se aprobaron o traballo tutelado). Será obrigatorio comunicar á profesora como se abordará a avaliación nesta segunda oportunidade. Será obrigatorio acordar coa docente previamente o tema do traballo tutelado, se non se fixo durante o curso, como mínimo, un mes antes da data fixada para o exame pola Facultade. Para presentarse ao exame, é requisito imprescindible presentar previamente o traballo tutelado. A cualificación será de non presentado (N. P.), se non se concorre ao exame ou non presenta o traballo tutelado.
A proba mixta (exame): método de avaliación dos coñecementos e habilidades adquiridos polo alumnado, podendo combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta curta (pechada ou non) e outras algo máis extensas para que o alumno reflexione sobre os contidos tratados na materia. Valorarase a adecuación das respostas ás preguntas expostas, o nivel de coñecementos demostrado, a ausencia de erros, as achegas persoais, así como a capacidade do alumnado para sintetizar, desenvolver, comparar ou relacionar de forma autónoma o contido teórico-práctico da materia. Terase en conta a expresión, corrección ortográfica e presentación, que poderán restar puntos. ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS Ás AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA:
Terán que acordar unha titoría nas dúas primeiras semanas de clase co fin de establecer un plan de traballo idóneo e de entregas para a a primeira oportunidade. De non realizarse esa primeira titoría na que se acordará unha data de entrega alternativa, entenderase que o alumno opta por presentar os traballos na mesmas datas que o resto do alumnado. Poderán ser dispensados da participación nas aulas (o 10% de "presentación oral"), tendo neste caso o portafolios o valor do 50%. Na segunda oportunidade, non haberá diferenzas no sistema de avaliación en relación co proposto para o resto do alumnado.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
CODINA, L. Entender los bancos de imágenes. El profesional de la información,
juliol-agost 2011, vol. 20, núm. 4.
Cordón-García, J. A. et al. El sector del libro en España: las paradojas de un modelo
dual. Electronic Library, 2014, vol.
32, n. 4. http://eprints.rclis.org/29659/1/Articulo%20para%20Emerald2sp.pdf *HESMONDHALGH,
D. The cultural industries.Anonymous Thousand Oaks: SAGE, 2007.
LÓPEZ SOLÍS, Iris. El film researcher.
Barcelona: UOC, 2013.
Ministerio de Cultura y Deporte. Gobierno de España. La propiedad
intelectual. Disponible en https://www.culturaydeporte.gob.es/cultura/propiedadintelectual/la-propiedad-intelectual.html
[consulta 28-6-2022]
Ministerio de Cultura y Deporte. Gobierno de España. Panorámica de la edición
española de Libros 2019. Análisis sectorial del libro. https://www.libreria.culturaydeporte.gob.es/coleccion/panoramica-de-la-edicion-espanola-de-libros-1/
ORTEGA NUERE, C. (coord.) Nuevos desafíos de los observatorios
culturales. Bilbao, Universidad de Deusto, 2011.
ROBLEDANO
ARILLO, J. Curso de documentación audiovisual. Disponible en: https://bit.ly/3NqgRYG
[consulta 28-6-2022]
RODRÍGUEZ LÓPEZ, E. y SAAVEDRA PLACES, Á. E-ditor: herramienta de
autor en la nube para la creación de libros electrónicos. En Visibilidad y
divulgación de la investigación desde las Humanidades digitales: experiencias y
proyectos. 1 ed. Universidad de Navarra, GRISO (Grupo de Investigación
Siglo de Oro), 2014. p. 205-221.
SALGADO GARCÍA, F. y ALEJANDRO MARTÍNEZ, V. Economía de la cultura y
la comunicación en la era digital. Odivelas: MediaXXI, 2012. *SÁNCHEZ VIGIL, J. M. La edición en España: industria cultural por
excelencia : historia, proceso, gestión, documentación. Gijón: Trea, 2009.
VÁZQUEZ ÁLVAREZ, I. El libro y su industria en el marco de las industrias
culturales. Modelizaciones económicas y características económico-sociales. El profesional de la información 2022,
vol. 31, nº 2. |
Bibliografía complementaria
|
|
A profesora poderá recomendar nas clases bibliografía específica para cada un dos temas e actividades a desenvolver, co fin de adecuar e actualizar de maneira continua os contidos da materia. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|