PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Para aprobar a materia é obligatorio:
- Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) nos traballos tutelados.
- Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) na proba mixta.
De non obter a nota mínima nos traballos tutelados ou na proba mixta, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,5.
Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba mixta.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma:
- Traballos tutelados (40% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
- Proba escrita teórica e práctica (60% da nota final): corresponde á proba mixta e á recuperación da nota dos estudos de casos.
Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
Os/as estudantes con nota inferior a 2 nos traballos tutelados na primeira oportunidade deberán recuperalos obligatoriamente na segunda oportunidade para aprobar a materia.
Para aprobar a materia é obligatorio obter unha nota mínima de 2 sobre 4 no traballo tutelado, e de 3 sobre 6 na proba mixta.
Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes.
DISPENSA ACADÉMICA
Dado que a asistencia ás sesións presenciais non é obligatoria, aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases terán as mesmas condicións que o resto do alumnado.
OPORTUNIDADE ADIANTADA
Utilizaranse os criterios da segunda oportunidade
IMPLICACIÓNS DO PLAXIO
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso e a nota numérica de 0 na materia na oportunidade correspondente, mantendo as cualificacións das outras actividades para a seguinte oportunidade.