Será necesario obter como mínimo o 50% da nota para aprobar a materia. Ademais, para aprobar a materia será preciso (en calquera oportunidade) obter un mínimo dun 40% da nota na proba obxectiva. En caso contrario, a nota máxima que se poderá obter é de 4.5.
A nota da proba obxectiva NON se conserva en ningunha convocatoria. A nota de "prácticas de laboratorio" e de "traballos tutelados" consérvase para o resto de oportunidades do curso académico.
1. PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Ó longo do curso realizaranse unha serie de "prácticas de laboratorio" e un "traballo tutelado", coas características e peso indicados no cadro anterior.
Ó finalizar o curso realizarase unha "proba obxectiva", coas características e peso indicados no cadro anterior.
2. SEGUNDA OPORTUNIDADE E OPORTUNIDADE ADIANTADA
Realizarase unha "proba obxectiva", coas características e peso indicados no cadro anterior.
A nota de "prácticas de laboratorio" poderá recuperarse mediante a realización das prácticas que se determinen para a segunda oportunidade (ou oportunidade adiantada). A presentación das prácticas na convocatoria de segunda oportunidade (ou oportunidade adiantada) implica a renuncia á nota obtida previamente, se a houbese.
A nota do "traballo tutelado" poderá recuperarse mediante a realización dun novo traballo, cuxa temática debe ser acordada co coordinador da materia. A presentación do traballo tutelado na convocatoria de segunda oportunidade (ou oportunidade adiantada) implica a renuncia á nota obtida na primeira oportunidade, se a houbese.
Caso de querer recuperar a nota de prácticas de laboratorio ou do traballo tutelado na convocatoria de segunda oportunidade (ou oportunidade adiantada), o alumnado deberá contactar co coordinador da materia, cunha antelación mínima de 20 días naturais antes da data do exame da correspondente convocatoria.
3. CONDICIÓN DE "NON PRESENTADO"
Considerarase como "non presentado" ao alumnado que non se presente a ningunha das actividades avaliables nunha convocatoria dada.
4. DISPENSA ACADÉMICA, DEDICACIÓN AO ESTUDO, PERMANENCIA E FRAUDE ACADÉMICA
Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC (dispoñible en https://www.udc.es/es/normativa/academica).