Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Novas Tecnoloxías para o Almacenamento, Xestión e Tratamento da Información Código 710G04036
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Gutiérrez Asorey, Pablo
Correo electrónico
pablo.gutierrez@udc.es
Profesorado
Gutiérrez Asorey, Pablo
Correo electrónico
pablo.gutierrez@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é coñecer e ser capaz de utilizar as técnicas e tecnoloxías modernas para a xestión dos sistemas de información e as súas tarefas.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Saber utilizar as novas tecnoloxías para realizar de forma colaborativa todas as tarefas de xestión da información: almacenamento, edición colaborativa, xestión de equipos de traballo e comunidades, visualización e análise da información, xestión de tarefas e telepresencia. A1
A8
A10
A13
A19
A20
A22
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
C1
C2
C4
C6
C7
C8
Coñecer as técnicas e tecnoloxías para a xestión de sistemas de información baseados en novos modelos de negocio. A1
A8
A13
A19
A20
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
C1
C2
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Ferramentas colaborativas para a xestión e análise da información. Recursos de almacenamento compartidos
Contornas de traballo (edición de documentos e xestión de fluxos de traballo)
Xestión comunitaria (comunicación de información e recollida de opinións)
Xestión de grupos de traballo (comunicación e planificación)
Visualización e análise de datos
Xestión de tarefas
Telepresencia
Novos modelos de negocio para a xestión de sistemas de información. Software as a service
Infrastructure as a service
Platform as a service

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC A1 A8 A10 A13 A19 A20 A22 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C1 C2 C4 C6 C7 C8 16 32 48
Traballos tutelados A1 A8 A10 A13 A19 A20 A22 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C1 C2 C4 C6 C7 C8 5 75 80
Sesión maxistral A1 A8 A10 A13 A19 A20 A22 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C1 C2 C4 C6 C7 C8 20 0 20
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canal para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
Estímase que entre o alumnado haberá diferenzas notables tanto no que se refire á súa familiaridade cos conceptos e termos informáticos, como no que se refire ás habilidades para o manexo de ferramentas informáticas. Por este motivo, está previsto desenvolver unha atención personalizada tanto nas prácticas a través das TIC como no traballo tutelado. A atención personalizada desenvolverase de forma individualizada durante as clases ou nas horas de titoría.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A1 A8 A10 A13 A19 A20 A22 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C1 C2 C4 C6 C7 C8 Valorarase a calidade das prácticas a partir da solución aportada polos estudantes e terase en conta a interacción entre os membros dos grupos.

Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
40
Traballos tutelados A1 A8 A10 A13 A19 A20 A22 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C1 C2 C4 C6 C7 C8 Valorarase a calidade dos traballos realizados: adecuación ás pautas marcadas, contido, aplicación dos coñecementos adquiridos, resolución dos problemas, e entrega do traballo no prazo establecido.

Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.

Nota mínima: 3/6.
60
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

De non obter a nota mínima nos traballos tutelados, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,5.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice os traballos tutelados.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade UNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes realizarase e presentarase en condicións similares ás da primeira oportunidade. Algunhas consideracións:

  • Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
  • Para aprobar a materia na segunda oportunidade é obrigatorio obter unha nota mínima de 3 sobre 6 no traballo tutelado.
  • Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que opte por non recuperar ningunha das partes.

DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases terán as mesmas condicións que o resto do alumnado, pero poderán realizar as presentacións dos traballos fora do horario docente (en reunións pactadas co profesorado).

OPORTUNIDADE ADIANTADA

Utilizaranse os criterios da segunda oportunidade.

IMPLICACIÓNS DO PLAXIO

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica

Dado o caracter esencialmente práctico desta asignatura, a bibliografía estará principalmente composta polos manuais das ferramentas informáticas descritas.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías