Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Comunicación Intercultural Código 710G05013
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
González Neira, Ana María
Correo electrónico
ana.gneira@udc.es
Profesorado
González Neira, Ana María
Correo electrónico
ana.gneira@udc.es
Web http://:https://secretaria.uvigo.gal/docnet-nuevo/guia_docent/index.php?centre=108&ensenyament=O03G440V01&assignatura=O03G440V0
Descrición xeral Destacarase a importancia da comunicación como factor clave no eido da relacións internacionais. Farase fincapé no concepto de comunicación intercultural, na influencia da comunicación dende o ámbito internacional así coma nas diferentes realidades que atinxen á comunicación alternativa

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer os medios de comunicación comunitarios e non comunitarios para aprender a incorporalos aos plans de comunicación A3
A10
B2
B3
B7
C1
Acadar unha maior comprensión dos conflictos interculturais e as súas posibles causas. A3
B2
B6
B7
B8
C4
C7
Aprender a planificar diferentes estratexias de comunicación B2
B3
C1
C7
Saber interpretar a importancia da comunicación nas relacións internacionais e na percepción que se ten do mundo. A3
A10
B3
B6
B8
C4
Mellorar a comprensión dos conflitos interculturais e as súas posibles causas. A3
B2
B6
B8
C4

Contidos
Temas Subtemas
1. Comunicación intercultural. .
2. Comunicación e desarrollo. .
3. Estructura de comunicación. 3.1 Modelos de comunicación
3.2 Imperialismo cultural e estudios culturais.
3.3 Fontes e desinformación.
4. Comunicación alternativa. Valores sociais e comunitarios na comunicación. .
5. Novas tecnoloxías da comunicación e desarrollo social .

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B7 1 1 2
Sesión maxistral B2 B3 16 16 32
Presentación oral C1 2 4 6
Estudo de casos B6 B7 B8 C1 7 7 14
Traballos tutelados B7 B3 C1 C4 C7 24 48 72
Proba mixta A3 A10 C4 C7 2 20 22
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Proba mixta Proba que pode integrar preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O desenvolvemento de cada unha destas actividades contará con atención personalizada e continuada tanto na aula como fóra dela, co obxecto de apoiar ou reconducir a planificación ou execución de cada un dos traballos e liquidar as dúbidas oportunas.

Para o desenvolvemento desta atención personalizada contémplanse titorías presenciais, xunto co seguimento continuo na aula e a través da plataforma virtual docente.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A3 A10 C4 C7 Proba escrita na que se avaliarán os contidos impartidos na materia.
Para superar a materia é preciso superar o exame .
50
Estudo de casos B6 B7 B8 C1 Valorarase a participación activa.
10
Traballos tutelados B7 B3 C1 C4 C7 Os docentes presentarán ao longo do curso un ou varios traballos ao alumnado. É imprescindible seguir as instruccións dadas e cumprir cos prazos e requisitos previstos.
O incumprimento destes requerimentos implicará a anulación da entrega e, por tanto, da súa valoración (cero puntos).
40
 
Observacións avaliación

O sistema de avaliación descrito nesta guía corresponde a un modelo de avaliación continua, que require asistencia ás clases. Porén, o alumnado pode optar por unha avaliación final, baseada nunha serie de metodoloxías comunicadas ao alumnado polo docente co fin de avaliar a adquisición das competencias requeridas. A partires do inicio do curso académico, o alumnado que opte por esta última opción deberá comunicar ao profesorado encargado, no prazo dun mes, a súa renuncia á avaliación continua.

As datas, horarios e lugar de realización das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2024-2025 e documentación concordante.

O alumnado que goce de dispensa académica e non desexe a avaliación final pode poñerse en contacto coa profesora da asignatura, ata o día 25 de setembro, a fin de acordar un itinerario personalizado que supla as ausencias nas aulas. Fóra desta data non serán atendidas peticións deste tipo.

Na avaliación continua, a superación da materia require que o/a estudante obteña un mínimo de 5 na puntuación global (50 puntos), sendo preciso aprobar ambas partes (teórica e práctica). Neste cómputo non se inclúen os exercicios non orixinais do/a estudante nin aqueles traballos entregados fóra de prazo ou nun formato diferente ao indicado.

Valorarase positivamente a participación activa durante as clases, tanto nas teóricas como nas prácticas.

Coa proposta de cada traballo e/ou actividade, o/a docente explicará detalladamente o contido e normas formais, así como o tipo de soporte e data de entrega.

Aqueles estudantes que non completen o proceso de avaliación continua e/ou que non se presentaron ao exame da convocatoria oficial poderán optar á segunda oportunidade establecida polo calendario de exames oficiais. Nesta convocatoria o/a docente fixará un novo prazo de entrega dos traballos prácticos antes da data prevista para a convocatoria oficial do exame.

En termos xerais, en todos os exercicios prácticos valorarase a capacidade de expresión, análise e síntese; a capacidade crítica, analítica e reflexiva; a redacción, o estilo e a corrección gramatical e ortográfica, así como o coidado formal na presentación dos exercicios.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

As titorías do profesorado da poden consultarse e/ou solicitarse enviando unha mensaxe a través da páxina da materia na plataforma virtual docente.


Fontes de información
Bibliografía básica

Barranquero, A., & Baeza, C. S. (2021). La comunicación desde abajo: Historia, sentidos y prácticas de la comunicación

alternativa en España. Editorial Gedisa.

Grupo CRIT (2006). Culturas cara a cara: relatos y actividades para la comunicación intercultural. Edinumen.

León Civera, José María de (2003). Entre culturas anda el juego: comunicación intercultural e internacionalización. Granica.

Rodrigo Alsina, Miquel (1999). Comunicación intercultural. Anthropos.

Bibliografía complementaria
Celedón, Margarita (2021). Comunicación intercultural. Guía para saber comunicar y negociar con otras culturas. Fundación Confemetal.

García López, M., García Galindo, J. A., & Huerta Floriano, M. A. (2014). El papel de la Universidad en los procesos de comunicación y cooperación para el desarrollo social y humano. Fragua

Grupo, C. R. I. T. (2003). Claves para la comunicación intercultural (Vol. 11). Publicacions de la Universitat Jaume I. ON LINE UDC

Martínez Hermida, M. A., & Sierra Caballero, F. (Eds.). (2012). Comunicación y desarrollo: prácticas comunicativas y empoderamiento local. Gedisa.

Ivorra Pérez, F. M. (2014). La comunicación intercultural y el discurso de los negocios. Universidad de Alicante. UDC On line

Candón-Mena, J. (2023). El tercer sector de la comunicación. Comunicación Social

Hernández Sacristán, C. (1999). Culturas y acción comunicativa. Introducción a la pragmática intercultural. Octaedro.

McEntee, E. (2023). Comunicación interultural. McEntee.

Meyer, E. (2022). El mapa cultural. Península.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Os/as alumnos/as deberán consultar semanalmente a plataforma virtual de docencia, pois será o espazo a través do cal se lles comunicará toda a información necesaria sobre a materia: documentos, avisos e calificacións.

No inicio do curso os docentes poderán facilitar máis bibliografía e material centrado na materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías