Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Tecnoloxías de Información para o Almacenamento, Xestión e Análise de Datos Código 710G05033
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Rodriguez Luaces, Miguel
Correo electrónico
miguel.luaces@udc.es
Profesorado
Rodriguez Luaces, Miguel
Correo electrónico
miguel.luaces@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo da materia é saber utilizar as novas tecnoloxías de información básicas para a transformación dixital das organizacións e que permiten realizar de forma colaborativa todas as tarefas de xestión dos datos: almacenamento, traballo colaborativo, xestión de tarefas, e visualización e análise da información.







Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Saber utilizar ferramentas colaborativas para a xestión e análise da información (Recursos de almacenamento compartido, edición de documentos e xestión de fluxos de traballo, xestión de tarefas, visualización e análise de datos, etc.) A1
A7
A8
A10
B2
B5
B7
C3
C6
Saber utilizar ferramentas de telepresenza A1
A7
A8
A10
B2
B5
B7
C3
C6

Contidos
Temas Subtemas
Ferramentas colaborativas para a xestión e análise da información Recursos de almacenamento compartido
Edición de documentos e xestión de fluxos de traballo
Xestión de tarefas
Visualización e análise de datos
Ferramentas de telepresenza

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A7 A8 A10 B2 B5 B7 C3 C6 3 39 42
Sesión maxistral A1 A7 A8 A10 B2 B5 B7 C3 C6 24 24 48
Presentación oral A1 A7 A8 A10 B2 B5 B7 C3 C6 1 9 10
Prácticas a través de TIC A1 A7 A8 A10 B2 B5 B7 C3 C6 24 24 48
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Consiste na realización autónoma dun traballo relacionado cos contidos da materia que se entregará ao remate do período lectivo.
Sesión maxistral Consiste na exposición por parte do docente dos contidos da materia.
Presentación oral Consiste nunha presentación oral do traballo tutelado, apoiada por diapositivas, na data oficial do exame.
Prácticas a través de TIC Consiste na realización, durante o período docente, de prácticas relacionadas cos contidos da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
Se estima que entre o alumnado haberá diferencias notables tanto en canto á sua familiariación con conceptos e termos informáticos, como en canta ás habilidades para o manexo de ferramentas informáticas. Por iso, prevese desenvolver unha atención personalizada para as prácticas a través de TIC e para os traballos tutelados. A atención personalizada desenvolverase de forma individualizada durante as clases ou nas horas de titoría.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A1 A7 A8 A10 B2 B5 B7 C3 C6 Avaliarase a solución aplicada polos estudantes ao problema proposto e a interacción entre os membros do grupo. 50
Traballos tutelados A1 A7 A8 A10 B2 B5 B7 C3 C6 Avaliarase que o traballo realizado cumpre cos criterios descritos no enunciado.
0
Presentación oral A1 A7 A8 A10 B2 B5 B7 C3 C6 Ao remate do traballo tutelado, cada alumno realizará unha presentación oral apoiada en transparencias. Esta presentación ponderará a cualificación do traballo tutelado, de forma que a súa cualificación pode aumentar ou diminuír. 50
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a materia é obrigatorio aprobar os traballos tutelados, unha vez ponderada a cualificación en función do resultado da exposición oral. É dicir, deberase obter unha nota mínima de 2,5 sobre 5. Se non se obtén a nota mínima nos traballos tutelados, a nota máxima global da materia non superará o 4,5.

Todo/a alumno/a que non realice a presentación oral do traballo tutelado terá a cualificación de NON PRESENTADO.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade UNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada parte se realizará en condicións similares ás da primeira oportunidade, sendo de novo necesario obter unha nota de 2,5 sobre 5 no traballo tutelado (unha vez ponderada a nota polo resultado da exposición oral).

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que opte por non recuperar ningunha parte.

DISPENSA ACADÉMICA

Dado que a asistencia ás clases presenciais non é obrigatoria, terán as mesmas condicións que o resto do alumnado aquel alumnado con matrícula a tempo parcial e con dispensa académica que o exima da asistencia ás clases.

OPORTUNIDADE ADIANTADA

Utilizaranse criterios de segunda oportunidade.

IMPLICACIÓNS DO PLAXIO

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso e a nota numérica de 0  na materia na oportunidade correspondente, mantendo as cualificacións das outras actividades para a seguinte oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica

Dado o caracter esencialmente práctico desta asignatura, a bibliografía estará composta polos manuais das ferramentas informáticas descritas.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías