Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Idioma Estranxeiro I: Francés Código 710G05049
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Francés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Luís Gamallo, María Obdulia
Correo electrónico
m.luis@udc.es
Profesorado
Luís Gamallo, María Obdulia
Correo electrónico
m.luis@udc.es
Web http://secretaria.uvigo.gal/docnet-nuevo/guia_docent/?centre=108&ensenyament=O08G440V01
Descrición xeral A presente materia pretende introducir o estudiante ao francés oral e escrito do mundo profesional das
relacións internacionais a un nivel A1/A2

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Manexar as tics para comunicarse,buscar, analizar aspectos socioculturais en lingua francesa A1
B1
B4
B8
Ter a capacidade de comprender e expresar mensaxes sinxelos en lingua francesa B1
B2
B3
B5
B8
C2
Comprender a realidade sociopolítica do país de estudo A1
A2
A7
A10
B1
B2
B3
B7
B8
B9
B11
C2
Planificar o estudo da lingua francesa manexando recursos diversos en autonomía B6
B8
B9
B11
Understand and appreciate the importance of the French language and culture in the world of relationships international and value it with a view to its professional future B1
B2
B3
B4
B5

Contidos
Temas Subtemas
1.Saudar e presentarse. Dar as grazas. Despedirse. Preguntar por novas. Presentar alguén. Preguntar de onde eres. Escribir un email ou carta. 1. Gramática: Os artigos indefinidos; o xénero dos adxectivos de
nacionalidade; as preposicións de lugar à / en + cidade / país. A negación
Ne...pas.
Verbos: o presente o indicativo de "être, avoir, s'appeler". Os verbos do
primeiro grupo en -er. Partir e aller.
Vocabulario: números de 1 a 20. A identificación. A conferencia. A tarxeta
de visita. Os países. As capitales. As linguas.
Fonética: o abecedario.
2. Caracterizar alguén. Falar das responsabilidades profesionais. Empezar unha conversación. Facer preguntas sobre alguén. Preguntar a profesión de alguén. 2. Gramática: os presentativos C'est/Ce sont; o xénero e o número do nome
e do adxetivo; as preposicións à e de; as contracións au, aux, du, des. A
interrogación directa con où, quand, comment, qui/que, qui est-ce qui,
qu'est-ce que.
Verbos: faire, connaître, venir.
Vocabulario: as características físicas e morais; profesións e funcións.
Fonética: as siglas.
3. Escribir un email, unha tarxeta, unha carta. Apreciar. Caracterizar un lugar positivamente e negativamente. Fixar, aceptar, rexeitar unha cita. Falar da súa familia. 3. Gramática: Os indicadores temporais; a interrogación directa con est-ce
que, inversion do suxeito e cambio de intonación; o pasado recente e o
futuro próximo; os adxectivos posesivos.
Verbos: as irregularidades do verbos do 1eiro grupo; os verbos
pronominais.
Vocabulario: os meses, os días, os momentos do día; as actividades
profesionais; os números de máis de 20.
Fonética: a intonación interrogativa.
4. Falar por teléfono. Gravar unha mensaxe nun contestador. Expresar a frecuencia. 4. Gramática:
Verbos: os verbos pouvoir, devoir, vouloir; o imperativo dos verbos parler,
partir, faire, être, avoir, aller, vouloir; o passé composé con être e avoir. A
forma negativa no passé composé. Os verbos en ir do 2do grupo.
Vocabulario: o teléfono; as funcións e as teclas do teléfono; foros e chats;
o ocio con faire du, sortir, rester à la maison.
Fonética: o acento tónico.
5. Situar no espazo. Orientarse nun lugar.
Preguntar/indicar o camiño.
5. Gramática: repaso dos presentativos; as preposicións e os adverbios de
lugar; os adxectivos e os pronomes demonstrativos. os pronomes
adverbiais en/y.
Verbos: os verbos mettre, savoir, attendre, prendre, descendre; a forma
impersonal il y a; o futuro dos verbos arriver, finir, mettre, être, avoir.
Vocabulario: o mobiliario da oficina; o inmoble; a cidade; os
desprazamentos e medios de transporte; os ordinais.
Fonética: o e mudo.
6. Acoller, ser acollido. Tomar/pedir un pedido. Pedir a conta nun restaurante. Pedir unha comida a domicilio. Invitar alguén, aceptar, rexeitar unha invitación. Desculparse. Ofrecer/dar as grazas. Contactar. Propoñer, aceptar, rexeitar. Despedirse. 6. Gramática: a cantidade; os partitivos; os pronomes tónicos; a negación
non/si; o pronome en;
Verbos: boire e servir; o imperfecto dos verbos avoir, être, parler.
Vocabulario: no restaurante, tipos, comida, a carta; a vaixela.
Fonética: as liaisons.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A2 A1 A7 A10 B3 B4 B7 B8 C2 10 10 20
Simulación A2 A1 A7 B2 B3 B11 B1 C2 5 15 20
Glosario A2 A1 A7 B6 B11 B8 C2 4 10 14
Proba de resposta múltiple A2 A1 A7 B8 C2 10 10 20
Proba oral A2 A1 A7 B6 C2 10 10 20
Solución de problemas A2 A1 A7 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B1 C2 8.5 15.5 24
Sesión maxistral A2 A1 A7 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B11 B8 B1 C2 5 17 22
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Prácticas que inclúen actividades, problemas ou exercicios a resolver.
Simulación Tarefa na que os estudantes simulan situacións en francés para mellorar as súas competencias orais e
escritas en lingua francesa.
Glosario Preparación de diferentes tarefas que se conservarán para retroalimentación en cartafol.
Proba de resposta múltiple Probas para avaliar as competencias adquiridas que inclúen actividades, problemas ou
exercicios a resolver.
Avaliación.
Proba oral Avaliación das capacidades comunicativas e de comprensión do estudantado en lingua francesa.
Solución de problemas Actividades que plantexan ao estudantado unha busca que ha de resolver para acadar un resultado.
Sesión maxistral Exposición e explicación dos contidos gramaticais, léxicos e culturais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba de resposta múltiple
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Descrición
Prácticas de laboratorio: Os estudantes han de responder a actividades formuladas aplicando competencias orais e escritas da materia.
Proba de resposta múltiple: Exame de preguntas obxectivas. Probas para avaliar as competencias adquiridas que inclúen actividades, problemas ou exercicios a resolver.
Resolución de problemas: Os estudantes han de responder de maneira directa en base aos coñecementos que adquiriron da materia.
Sesión maxistral: Despois das exposicións de contidos ábrese debate para preguntas e respostas do
estudantado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Simulación A2 A1 A7 B2 B3 B11 B1 C2 Simulacións que poñan en práctica as competencias de expresión
orais.
10
Proba de resposta múltiple A2 A1 A7 B8 C2 Probas que avalían as diferentes competencias orais e escritas
postas en práctica na aula.
50
Prácticas de laboratorio A2 A1 A7 A10 B3 B4 B7 B8 C2 Actividades, exercicios diversos a resolver na aula ou na casa para
entregar.
Resolución de problemas: tarefas de comprensión ou expresión escrita ou oral a entregar.
40
 
Observacións avaliación

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de
medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva,
cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o
caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos
prazos oficiais
estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade
de
Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/).


1. Na primeira oportunidade, os alumnos haberán de asistir a clase para beneficiarse da avaliación continua (con máis de 5
clases sen xustificar perderase o dereito a avaliación continua) que consiste na recollida de tarefas e actividades feitas na clase ou na casa a entregar, ademais de presentacións de simulacións orais a entregar (50 % da nota final). Para avaliación continua
será necesario traer a diario o método de lingua francesa: RIEHL, SOIGNET, AMIOT,

Le français des relations internacionales et européennes, Objectif Diplomatie 1, ed. Hachette, nouvelle édition, 2017.

A avaliación continua inclúe un control a mediados do cuatrimestre e outro final o último día de clase (total: 50% da nota
final). Os controis poderán incluir algún tipo de proba oral de expresión como parte da nota. Haberá alcanzarse cando menos
unha media de 5 no conxunto dos dous controis para facer media coa nota das tarefas de clase que haberá de ser como
mínimo un 4.

Os alumnos que non aproben durante o curso poderán presentarse ao examen final en primeira convocatoria previsto pola
Xunta de facultade, así como aqueles que queiran subir nota. Neste caso o examen final consitirá nunha proba con
preguntas obxectivas que pretende avaliar as 4 competencias da lingua extranxeira. Os alumnos que non superan a avaliación contínua durante o curso, nin o exame da primeira convocatoria, haberán presentarse ao exame final de 2da convocatoria previsto pola Xunta de facultade.

2. Avaliación da segunda oportunidade: De suspender a materia na primeira oportunidade por non acadar a puntuación mínima na proba escrita e/ou na proba oral, o alumnado deberá facela(s) de novo na segunda oportunidade.
A data, horario e ubicación da proba escrita deben ser contrastados polo alumnado na páxina web da facultade.

3. Na convocatoria extraordinaria de decembro
o alumnado será avaliado dos seus coñecementos e competencias nas
distintas destrezas da materia mediante unha proba escrita e unha proba oral.
Para as implicacións da realización fraudulenta ou irregular da proba escrita ou oral, ver apartado 6.

4. En cada oportunidade de avaliación o alumnado recibirá a cualificación NP
de non terse presentado a
ningunha das probas de avaliación (escrita e oral).

5. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial con dispensa académica,
previa comunicación e acreditación documental de dita situación á
profesora, pode, sen asistir ás aulas, realizar e entregar as
actividades de avaliación continua
programadas para a primeira oportunidade, segundo o disposto no
apartado 1. As actividades
presenciais serán sustituídas por outras non presenciais equivalentes.
Seranlle de aplicación as demáis metodoloxías avaliables (proba escrita e
oral) cos mesmos requisitos e características que para o resto do
alumnado.
Para a avaliación da segunda oportunidade, aplicaráselle o disposto no apartado 2.

6. Os traballos académicos (entendendo por tal todo o material que o
alumnado presente para ser obxecto de avaliación) deberán ser de elaboración individual (agás
indicación expresa da profesora) e persoal.
A
realización fraudulenta ou irregular das probas e/ou de calquera das
actividades de avaliación continua implicará automaticamente a
cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente,
invalidándose as cualificacións obtidas nas distintas metodoloxías
avaliables.

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao
Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos
previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo
mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas
circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de
grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

7. Nos casos non contemplados anteriormente
aplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación
das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC.

Segundo as distintas normativas que regulan as ensinanzas universitarias, cómpre incorporar a perspectiva de xénero nesta materia. Isto inclúe, entre outras medidas, o uso dunha linguaxe non sexista, bibliografías inclusivas desde a perspectiva de xénero e o fomento da participación de todo o alumnado na clase, independentemente do seu xénero.

Prestaremos especial atención en identificar e abordar os prexuízos e as actitudes sexistas. Traballaremos activamente para cambiar este entorno e promover valores de respecto e igualdade.

Os nosos esforzos centraranse na detección de casos de discriminación de xénero e na posta en marcha das accións oportunas para corrixir estes casos.



Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía Básica

RIEHL, L; SOIGNET, M.; AMIOT, M.-H., Objectif Diplomatie 1, 987-2-01-513535-9, Hachette, 2017

GRÉGOIRE, M.; THIÉVENAZ, O., Grammaire progressive du français, CLE International,

Bibliografía Complementaria

ABRY, D.; CHALARON, M.-L., Phonétique, 350 exercices, Hachette, 2011.

Collectif, Bescherelle La conjugaison pour tous, Hatier, 2012

FAFA, C.; LOISEAU, Y. ; PETITMENGIN, V. Grammaire et conjugaison du français A1 (470 exercices et corrigés), Didier, 2020.

GLAUD, L. ; LANNIER, M. et LOISEAU, Y. ; PETITMENGIN, V. Grammaire et conjugaison du français A2 (470 exercices et corrigés), Didier, 2020

MIQUEL, C., Vocabulaire progressif du français, CLE International,

BLANC, J; CARTIER, J.-M.; LEDERLIN, P., Scénarios professionnels. Niveau 1, CLE International, 1994

CLOOSE, E., Le français du monde du travail, PUG, 2014

DANILO, M.; PENFORNIS, J.-L., Le français de la communication professionnelle, CLE International, 1993

FERRE, A.; GERRIER, N., Points de vue : Culture, société, littérature, art, CIDEB/Black Cat Publishing, 2014

LAMOUREUX, J., Les combines du téléphone, PUG, 2009

LESOT, A., Bescherelle L'essentiel, Hatier, 2013

PENFORNIS, J.-L., Vocabulaire du français des affaires avec 200 exercices, CLE Internacional, 2004

ZOUARI, I., Petit dictionnaire du monde francophone : tout ce qu'il faut savoir sur les 45 pays et territoires francophones, L'Harmattan, 2015

Sites web

TV5monde, www.tv5monde.com

Le point du fle, www.lepointdufle.net

Alfabeto fonético internacional para el francés,https://easypronunciation.com/es/french-letters-pronunciation-ipa-chart#french_nasal_vowels

Phonétique FLE, cours de prononciation,http://flenet.unileon.es/phon/indexphon.html

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase asistir a clase con regularidade e seguir a avaliación contínua, coas indicacións que se atopan no portal Moovi
da materia.

Recoméndaselle ao alumnado que lea atentamente esta guía docente: nos seus diferentes apartados atopará resposta a moitas preguntas que lle xurdan sobre a concepción, organización e obxectivos do curso. Non dubide en acudir á profesora para aclarar calquera cuestión ao respecto. Debe prestar especial atención aos seguintes aspectos: • Realice puntualmente as actividades encomendadas. Os retrasos acumulados prexudican a evolución da súa aprendizaxe e o desenvolvemento progresivo de competencias, e fan que o seu aproveitamento sexa progresivamente menor; ademais, lembre que, agás causa xustificada, e sempre co acordo expreso da profesora, non se permite a entrega de actividades fóra do prazo establecido. • Procure observarse e autoavaliarse, tomando conciencia das súas carencias e dos seus avances. • As súas exposicións ou intervencións escritas e orais deben ser adecuadas ao nivel de estudos no que se atopa e á actividade que está a desenvolver.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías