Para liberar a materia do examen parcial, requerirase obter unha calificación mínima de 4 sobre 10, tanto na parte de teoría como na práctica.
A nota final da proba mixta obterase da media das notas dos exames, sempre que se obteña en cada un deles unha nota mínima de 4 sobre 10.
Para superar a materia é CONDICIÓN NECESARIA superar todas as partes das recollidas na táboa, sen que ningunha das notas sexa inferior a 4 (nota mínima para compensar). Nos casos en que a nota media sexa igual ou superior a 5 pero nalgunha das partes non se alcance o valor mínimo de 4, a calificación final será de suspenso (4).
As notas dos traballos e do exame parcial guardarase ata a 2º oportunidade (xulio).
Na evaluación da oportunidades adiantada de decembro, só se terá en conta o exame que terá unha ponderación do 100%. Para superar a materia nesta oportunidades deberanse cumplir os requisitos mínimos fixados no exame.
O "alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia" comunicará o inicio do curso a súa situación á profesora da materia, según establece a normativa da UDC.