Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Tecnoloxía Eléctrica Código 730497201
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Méndez Sanmartín, Cristian
Correo electrónico
cristian.mendez@udc.es
Profesorado
Méndez Sanmartín, Cristian
Correo electrónico
cristian.mendez@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es
Descrición xeral Nesta materia descríbense e analizan Sistemas de Enerxía Eléctrica (SEE).

A materia divídese en dous partes. A primeira está dedicada á análise de circuítos eléctricos e aos fundamentos das máquinas eléctricas; nesta parte cabe destacar a descrición, modelización e análise dos transformadores e as máquinas síncronas. Nunha segunda parte introdúcense os SEE, descríbense os elementos que os compoñen, así como aspectos operativos, construtivos e analíticos destes sistemas.

Calquera cambio ou evento relacionado coa docencia e avaliación da materia será anunciado polo profesor da mesma nas clases presenciais. Con todo, o profesor habilitará canles telemáticas alternativas para os alumnos que non asisten ás clases presenciais co obxecto de manterse ao corrente de calquera anuncio ou incidencia.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
O alumno será capaz de coñecer, identificar, avaliar e dimensionar os distintos elementos dun sistema de enerxía eléctrica, que, entre outros, inclúen as máquinas eléctricas, canalizacións eléctricas, aparamenta eléctrica e proteccións. Así mesmo, saberá analizar o comportamento dos anteriores elementos a partir dos seus modelos e circuítos equivalentes. AP1
AP6
BP2
BP5
BP6
BP7
BP13
BP16
CP1
CP3
CP5
CP8
CP9
CP11

Contidos
Temas Subtemas
Os bloques ou temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, que son: Análise e deseño de:
- Sistemas de xeración eléctrica.
- Sistemas de transporte e distribución de enerxía eléctrica.
Explotación e xestión as distintas fontes de enerxía.
Introdución Análises de Circuítos Eléctricos
Fundamentos Electromagnetismo
Xeralidades dos Sistemas de Enerxía Eléctrica Introdución ó análise de sistemas de enerxía eléctrica.
Elementos nos sistemas de enerxía eléctrica.
- Liñas de transporte de enerxía eléctrica.
- Transformadores de potencia.
- Máquinas asíncronas e síncronas.
- Subestacións. Configuración e operacións con barras.
Modelización de elementos eléctricos (Cuadripolos).
- Parámetros de impedancia.
- Parámetros de admitancia.
- Parámetros de híbridos e híbridos inversos.
- Parámetros de transmisión e transmisión inversos.
- Conversión de parámetros.
- Conexión de cuadripolos.
Análise de Fluxos de Carga Introducción ó sistema por unidade.
Teorema de Kennelly
Fluxos de carga.
- Clasificación de nós, estado de rede e teorema de Boucherot.
- Ecuacións matriciais de nó por matrices de conexión.
- Acoplamentos magnéticos.
- Ecuacións matriciais de nó por inspección directa de circuitos.
- Definición de matriz de admitancias de nó.
- Cálculo de voltaxes de nó e fluxos de carga.
- Métodos de resolución iterativos: Gauss-Seidel e Newton-Raphson.
Análise de Cortocircuitos Definición de matriz de impedancias de nó.
- Construción de matriz de impedancias de nó de forma directa.
- Modificación de estado de rede.
Definición de cortocircuito.
- Actuación de dispositivos de protección. Interruptores de potencia e seccionadores.
- Definición de rexímenes transitorio e subtransitorio.
Cálculo de cortocircuitos simétricos.
- Cortocircuito trifásico dunha máquina síncrona en vacío.
- Cortocircuito trifásico dunha líña en vacío.
Componentes simétricas (Teorema de Fortescue-Stokvis).
- Componente directa.
- Componente inversa.
- Componente homopolar (grupos de conexión).
Cálculo de cortocircuitos asimétricos.
- Cortocircuito fase-tierra.
- Cortocircuito fase-fase.
- Cortocircuito fase-fase-tierra.
- Falla de conductor abierto.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A6 B2 C1 29 0 29
Solución de problemas A1 B2 B13 C1 C5 C11 12.1 26.9 39
Prácticas a través de TIC A1 A6 B2 B13 B6 C5 C11 0 16.2 16.2
Traballos tutelados A1 A6 B2 B5 B13 B16 B7 B6 C1 C3 C5 C8 C9 C11 2 20.3 22.3
Saídas de campo A1 A6 B2 B13 B6 C5 C11 2 0 2
Proba obxectiva A1 A6 B2 B6 C1 C5 2 0 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesión introductoria á asignatura.
Explicación de contidos por parte do profesor.
Solución de problemas Os alumnos resolven problemas de cálculo propostos polo profesor.
Prácticas a través de TIC Dependendo da dispoñibilidade / Non confirmado:
-------------------------------------------------- ---
Prácticas onde o alumnado se encarga da realización de exercicios utilizando ferramentas TIC.

Se esta bolsa de horas non se pode destinar ás prácticas, reutilizaranse na sesión maxistral e na resolución de problemas.
Traballos tutelados Esta é unha actividade que o profesor poderá propoñer individualmente ou por grupos. Os traballos poden ser de distintas naturezas, en función das necesidades e circunstancias de cada curso e sempre co criterio de avaliación continua. Comunmente, isto incluirá, primeiramente, o estudo dun tema e/ou o desenvolvemento dunha ferramenta software para un tema en concreto e, a continuación, a resolución de problemas relacionado co asunto proposto.
Saídas de campo Dependendo da dispoñibilidade / Non confirmado:
-------------------------------------------------- ---
Eventos científicos e/ou divulgativos ou saídas de campo.
Charlas ou clases convidadas impartidas por expertos ou por empresas colaboradoras relacionadas coas competencias de cada materia.
Visitas a instalacións industriais relacionadas coas competencias de cada materia.

Se esta bolsa de horas non se pode destinar ás prácticas, reutilizaranse na sesión maxistral e na resolución de problemas.
Proba obxectiva Resposta a preguntas ou resolución de exercicios sen medios de consulta ou con medios de consulta restrinxidos, nun espazo de tempo concreto limitado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Solución de problemas
Descrición
O profesor responde de forma individualizada ou en grupo, ás preguntas ou consultas realizadas polos alumnos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A6 B2 B5 B13 B16 B7 B6 C1 C3 C5 C8 C9 C11 No caso de realizar calquera traballo supervisado, se é o caso, incluirase unha valoración do 30 % deste apartado. Será voluntario. De non ser así, esta porcentaxe sumaríase á proba obxectiva. 30
Proba obxectiva A1 A6 B2 B6 C1 C5 Na corrección das probas mixtas poderánse ter en conta entre outros factores:
- O seguimiento das instrucións para a súa realización.
- A corrección técnica dos cálculos e resultados.
- A orde, limpeza e organización do material entregado.
- A correcta expresión das ideas e razonamientos empregados.
70
 
Observacións avaliación

avaliación da materia realizarase mediante as seguintes probas:

Actividades que se poden realizar durante o período lectivo:

  • Poderase propoñer a realización de traballos tutelados cun valor de ata o 30% do valor total da nota da materia (no caso da proposta de realización destas puntuacións non será recuperable).

Proba obxectiva final:

  • A realización desta proba obxectiva será obrigatoria para superar a materia, debendose presentar e superar correctamente o 40% da proba para a suma da puntuación das actividades que se poidan realizar durante o período lectivo. Dependendo da organización ou non das actividades durante o período lectivo, a valoración da puntuación das mesmas sumaríase á porcentaxe final da proba obxectiva final, podendo variar entre o 70 % e o 100 % da ponderación da nota final, sendo necesario superar o 50% da proba para superar a materia. O método de avaliación será igual para a primeira e a segunda oportunidade.

Nota sobre a avaliación das actividades non presenciais:

Actividades non presenciais:

  • O profesor reservarase o dereito de solicitar información complementaria por videoconferencia para poder validar a veracidade da autoría dos contidos presentados, reservándose o dereito a unha redución de ata o 100% da puntuación obtida no caso de respostas non concluíntes que podan presentar dúbidas sobre o traballo realizado.

Condicións adicionais:

Condición de non presentado:

  • O alumnado que non se presente á proba obxectiva de primeira ou segunda oportunidade obterá a condición de non presentado, con independencia da valoración das posibles actividades realizadas durante o período lectivo.

Convocatoria adiantada:

  • O alumnado que realice unha convocatoria anticipada poderá conservar a puntuación obtida nas actividades realizadas durante o periodo lectivo durante unha convocatoria. Despois disto, se a materia non estivese superada ou non se tivese realizado ningunha proba, avaliaranse mediante unha proba obxectiva final, puntuando a mesma no 100% da nota da materia, sendo necesario superar o 50% da proba para superar a materia.

Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse pola normativa vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica Grainger J. J., Stevenson W. D. (1996). Análisis de Sistemas de Potencia. McGraw Hill
Jesús Fraile Mora (2008). Máquinas Eléctricas. McGraw Hill
Theodore Wildi (2007). Máquinas Eléctricas y Sistemas de Potencia. Pearson
Kothari D. P., Nagrath I. J. (2008). Modern Power System Analysis. McGraw Hill
Saadat H. (2011). Power System Analysis. PSA Publishing LLC
Bergen A.R., Vittal V. (1986). Power System Analysis. Prentice-Hall International
Fermín Barrero (2004). Sistemas de Energía Eléctrica. Thomson

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostido e cumplir co obxetivo da acción número 5: “Docencia e investigación saludable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 

  • 1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático. 
  • 1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
  • 1.3. De se realizar en papel: 

- Non se empregarán plásticos

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

Ademáis de isto, facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías