Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Desenvolvemento de Produtos e Marcas de Videoxogos Código 730529002
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Análise Económica e Administración de Empresas
Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Empresa
Coordinación
Crespo Pereira, Verónica
Correo electrónico
veronica.crespo@udc.es
Profesorado
Castro Pena, Luz
Crespo Pereira, Verónica
Correo electrónico
maria.luz.castro@udc.es
veronica.crespo@udc.es
Web
Descrición xeral O principal obxectivo desta materia de máster é achegar ao alumnado a relevancia das variables Produto e Marca, e ao encaixe dun efectivo desenvolvemento das mesmas na competitiva industria dos Videoxogos. Para logralo, o estudantado abordará a investigación da política de produtos; coñecerá o proceso de innovación e desenvolvemento de produtos; e aprenderá a xestionar as marcas e o seu valor no deseño de videoxogos, como resposta ás demandas dos principais grupos de interese nunha industria global, creativa, e moi cambiante.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer os procedementos e fases da creación e lanzamento de novos produtos de videoxogos AP3
AP4
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP9
BP10
BP12
BP14
CP1
CP2
CP3
CP4
CP6
CP7
CP8
CP9
Adquirir os coñecementos tanto teóricos como prácticos para o desenvolvemento de produtos e marcas no ámbito dos videoxogos, así como implementar unha estratexia de marca que o posicione no mercado AP3
AP4
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP9
BP10
BP12
BP14
CP1
CP2
CP3
CP4
CP6
CP7
CP8
CP9

Contidos
Temas Subtemas
PARTE I: FUNDAMENTOS E XESTIÓN DE PRODUTOS Introdución: importancia das variables produto e marca
Innovación e desenvolvemento de novos produtos
Concepto de produto e xestión da carteira de produto
Ciclo de vida do produto
PARTE II: FUNDAMENTOS E XESTIÓN DE MARCAS Fundamentos do valor de marca
Decisións de marca


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A3 A4 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B12 B14 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 C9 27 54 81
Proba de resposta múltiple A3 A4 B1 B2 B3 B4 B5 B9 B10 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 C9 2 26 28
Sesión maxistral A3 A4 B1 B2 B3 B4 B5 B9 B10 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 C9 13 26 39
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Resolución de casos prácticos individuais e/ou grupais. O alumnado participará en tutorías presenciais onde acadará atención persoalizada para a súa elaboración, a cal requerirá de traballo tutelado na aula e autónomo fora dela.

A exposición e presentación dos casos prácticos realizados será presencial e plenaria dacordo á planificación e datas postas a disposición dos alumnos.
Proba de resposta múltiple O alumnado examinaráse presencialmente dos contidos da asignatura a través dunha proba tipo test de resposta múltiple na que soamente unha resposta é correcta. Esta proba realizaráse preferiblemente a través da plataforma Moodle.
Sesión maxistral Impartición presencial dos contidos teóricos da asignatura, mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, e a través de medios audiovisuais puidendo ser complementada a través de conferencias invitadas ou seminarios presenciais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Axudar ao alumnado no tratamento e resolución de problemas na preparación dos traballos tutelados e na exposición/presentación oral, tanto na aula presencialmente como a través de titorías síncronas realizadas virtualmente a través da plataforma Teams; tanto no caso do estudantado matriculado en réxime de dedicación a tempo completo, como no caso do estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A4 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B12 B14 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 C9 Desenvolvemento e exposición/presentación de caso/s e traballo/s práctico/s.

Valoraráse a asistencia, participación e preparación de calidade das tutorías presenciais e virtuais dos casos prácticos a realizar, así como a creatividade e calidade formal e de contido dos traballos resultantes.

A exposición/presentación dos traballos resultantes será presencial, oral, plenaria, e individual ou en equipo.
70
Proba de resposta múltiple A3 A4 B1 B2 B3 B4 B5 B9 B10 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 C9 Exame presencial no formato test de resposta múltiple no que soamente unha resposta é correcta. As respostas erróneas poderán penalizarse. O exame realizarase preferiblemente a través da plataforma Moodle. É imprescindible realizar o exame para aprobar a materia na primeira oportunidade. 30
 
Observacións avaliación

A nota final resultará da suma das notas totais obtidas polo alumnado nas dúas metodoloxías, sen requerirse nota mínima para aprobar cada
unha delas, e segundo os pesos indicados. Para aprobar a materia, tanto na
primeira como na segunda oportunidade, requírese un mínimo de 5 puntos sobre 10
en total. Os alumnos que suspenderan na a primeira oportunidade poderán repetir ambas partes na segunda convocatoria para alcanzar o máximo de 10 puntos, se por contra deciden non presentarse a algunha das partes conservarase a nota obtida na primeira oportunidade. Para aprobar na segunda oportunidade requírese un total de 5 puntos sobre 10 da suma das dúas partes avaliadas. 



Aplicaránse os mesmos criterios de avaliación na
primeira e segunda oportunidade. Na segunda oportunidade non se evaluará a proba oral, pasando a avaliarse o proxecto físico entregado cun peso do 100% da nota. 

Para o estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, dispensa académica e oportunidade adelantada a
ponderación para a calificación obtida no examen será do 100%. A evaluación será cun exame tipo test (proba obxetiva de resposta múltiple) onde os erros penalizarán. 

Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria ULRICH. K. (2012). Diseño y desarrollo de productos. Mexico: Mcgraw-Hill
FERNÁNDEZ DEL HOYO, A. (2009). Innovación y gestión de nuevos productos: una visión estratégica y práctica. Madrid: Pirámide
CARRILLO MARQUETA, J y SEBASTIÁN MORILLAS, A. (2010). Marketing Hero. Las herramientas comerciales de los videojuegos. Madrid: Esic
Santesmases, M. (2012). Marketing. Conceptos y Estrategias. Madrid: Pirámide 6ª edición
ERRÉ TRENZADO, J.M. y FERRÉ NADAL, J (1997). Nuevos productos. Cómo organizar la búsqueda de ideas en la empresa y desarrollar y lanzar un nuevo producto al mercado sin riesgo. Diaz de Santos.
Armstrong, G y Kotler, P. (2018). Principios de marketing. Pearson, 17ª edición
HUGUET RODRIGUEZ, J y LÓPEZ-HUERTA, J.J. (2012). Todo lo que hay que saber sobre videojuegos y marketing. Valencia: Wolters Klumer España


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Márketing Estratéxico de Videoxogos/730529001

Materias que continúan o temario
Márketing Operativo de Videoxogos/730529022

Observacións

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático. 

1.2.  Realizarase  a  través  de  Moodle,  en  formato  dixital  sen  necesidade  de  imprimilos.

1.3. De se realizar en papel:

-Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.-  Débese  facer  un  uso  sostible  dos  recursos  e  a  prevención  de  impactos  negativos  sobre o medio natural.

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da  sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

4.-  Segundo  se  recolle  nas  distintas  normativas  de  aplicación  para  a  docencia  universitaria  deberase  incorporar  a  perspectiva  de  xénero  nesta  materia.

5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

7.  Facilitarase  a  plena  integración  do  alumnado  que  por  razón  físicas,  sensoriais,  psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías