Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir
co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e
sustentable ambiental e social” do Plan de Acción Green Campus Ferrol: A
entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia
realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de
imprimilos. Ademais: • Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural •
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados
cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e
profesionais • Incorpórase perspectiva de xénero na docencia
desta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de
autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de
alumnos e alumnas…) • Traballarase para identificar e
modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para
modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. • Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e propoñeranse accións e medidas para corrixilas. • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas,
sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un
acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |