Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Xogos Serios Código 730529034
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Segundo Optativa 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Castro Pena, Luz
Correo electrónico
maria.luz.castro@udc.es
Profesorado
Castro Pena, Luz
Correo electrónico
maria.luz.castro@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia veremos que os videoxogos poden ser máis que entretemento e aprenderemos a deseñar e avaliar xogos aplicados a diferentes ámbitos: educativo, sanitario, empresarial, etc.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
O obxectivo é que o alumnado coñeza as aplicacións dos videoxogos máis alá da industria do entretemento. O alumnado aprenderá a deseñar videoxogos para ser usados en contornas alternativas como poden ser a educación, entrenamento e simulación, optimización de procesos empresariais etc. AP1
AP23
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP7
BP8
BP10
BP11
BP13
BP14
CP5
CP6
CP7
CP8

Contidos
Temas Subtemas
Xogos Serios
Gamificación.
Simulación e entrenamento.
Edutainment.
Aplicacións sectoriais.
VX para a industria 4.0.
Advergaming.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A23 B1 C5 C7 4 6 10
Prácticas de laboratorio B2 B3 B7 B8 B10 B13 B14 C6 C8 7 28 35
Traballos tutelados B2 B3 B4 B5 B10 B11 B13 B14 C5 C6 4 20 24
Proba mixta A23 B2 B4 B13 C6 C8 2 0 2
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases de teoría onde se imparten os contidos do temario.
Prácticas de laboratorio Elaboración de traballos prácticos no laboratorio.
Traballos tutelados Resolución de traballos tutelados propostos e resoltos en horario de titorías.
Proba mixta Entrega e presentación dun traballo práctico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Prácticas de laboratorio
Proba mixta
Descrición
Resolución de dúbidas de teoría ou prácticas, traballos tutelados, etc. en horario de titorías, presencialmente e de forma telemática mediante correo electrónico e Teams.

O seguimento da materia non debe presentar problemas ao estudantado con matrícula a tempo parcial, xa que non se esixe asistencia. Porén, este alumnado é responsable de estar ao corrente dos materiais colgados no Moodle, así como das tarefas que por ese medio se propoñan para entrega. Estas entregas, de non ser telemáticas, serán acordadas co estudantado a tempo parcial de xeito que se compatibilice na medida do posible coa súa dispoñibilidade e a do profesorado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados B2 B3 B4 B5 B10 B11 B13 B14 C5 C6 Resolución e participación en traballos tutelados. Computa un máximo de 2 puntos da nota final. A súa realización non é obrigatoria para superar a materia. 20
Prácticas de laboratorio B2 B3 B7 B8 B10 B13 B14 C6 C8 Entrega e defensa de traballos prácticos de laboratorio. Computa ata un máximo de 2 puntos na nota final. A súa realización non é obrigatoria para superar a materia. 20
Proba mixta A23 B2 B4 B13 C6 C8 Entrega e defensa dun traballo final que computa un máximo de 6 puntos sobre a nota final (5 puntos o traballo e 1 punto a presentación). É necesario obter unha nota mínima de 5 nesta proba para superar a materia. 60
 
Observacións avaliación

En caso de non acadar o mínimo na proba mixta, a nota final será a obtida nesta proba.

Realizarase unha avaliación continua do traballo do alumnado e terase en conta a participación activa e con aproveitamento.

A avaliación será a mesma para todas as convocatorias.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao
estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa
normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica Werbach, K. & Hunter, D. (2014). Gamificación. Pearson Educación S.A.
Belén Gómez Sanz (2020). Gamificación y Juegos Serios. ra-ma
Flavio Escribano (2020). Homo Alien. Héroes de papel
McGonigal, Jane (2012). Reality is Broken. Vintage
Quintana, Yuri & García, Óscar (2017). Serious Games for Health. Gedisa Ed.
Ralf Dörner, Stefan Göbel, Wolfgang Effelsberg, Josef Wiemeyer (eds.) (2018). Serious Games. Foundations, Concepts and Practice. Springer Cham

Bibliografía complementaria ArsGames (2018). El aprendizaje en juego. Plataforma Ed. Sello ArsGames
Ordás, Ana (2018). Gamificación en bibliotecas. Ed. UOC
Asi Burak, Laura Parker (2021). Power Play. Cómo los videojuegos pueden salvar el mundo. Héroes de papel
Ute Ritterfeld, Michael Cody, Peter Vorderer (eds.) (2009). Serious Games. Mechanisms and Effects. Routledge
Daniel Muriel, Garry Crawford (2018). Video Games as Culture. Considering the Role and Importance of Video Games in Contemporary Society. Routledge


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":
A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través do Campus Virtual, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Incorpórase perspectiva de xénero na docencia desta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).
Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías